Día: 22 de septiembre de 2026

As tradicións musicais galega e africana animan este sábado 26 O Carballiño na Fo-liada de Avantar

As tradicións musicais galega e africana animan este sábado 26 O Carballiño na Fo-liada de Avantar

A asociación cultural Avantar impulsa este sábado unha nova edición da súa coñecida Fo-liada. As rúas e locais hosteleiros do Carballiño encheranse, como é habitual, de música tradicional galega, á que desta vez se unirá a tradición africana. “É unha moi boa oportunidade para desfrutar da nosa cultura e da fusión musical”, destacou Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación da actividade. O edil puxo en valor o importante apoio de Avantar á tradición musical galega e convidou á veciñanza e á poboación doutras zonas da provincia a achegarse ao evento. A Fo-liada, que desde este ano se chamará Fo-liada…
Read More

D. Manuel Gómez Heredia -D.E.P.-

Faleceu aos 92 anos. Esposa; Elisa Casal Rodríguez. Fillos: Manuel Gómez Casal. Filla política: Mari Carmen Estévez Martínez . Netos: Samuel, Mikel e Diego Gómez Estévez. Netas políticas: Karla e Eli. Irmá: Dolores Gómez Heredia. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o martes día 22 as oito menos cuarto da tarde dende o Tanatorio ata a capela nova de O Pico na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio novo de O Pico. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More