O Concello do Carballiño renovará os pavimentos do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de augas pluviais da zona
O Concello do Carballiño renovará o pavimento do Polígono Empresarial e executará un novo tramo da rede de evacuación de augas pluviais da zona. A intervención, valorada en 150.000 euros, conta cunha subvención de preto do 80% do investimento por parte da Xunta. O proxecto pon de manifesto a aposta do goberno local polo espazo industrial, principal motor económico e de emprego da comarca. “Esta obra mellorará notablemente o día a día das moitas empresas e traballadores do noso Polígono, xa que a reparación dos pavimentos era unha demanda moi reiterada polo sector”, destaca José Castro-Gil, alcalde en funcións. A…