Mes: octubre 2026

O Irixo convértese este sábado no punto de encontro galego para os amantes da música tradicional, coa celebración da Bullada do Outono e o concerto de Xisco Feijóo

O Irixo convértese este sábado no punto de encontro galego para os amantes da música tradicional, coa celebración da Bullada do Outono e o concerto de Xisco Feijóo

A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo e a Asociación de Gaiteiros do Irixo teñen todo a punto para a IV Bullada de Outono, que se celebrará este sábado 17 de outubro a partir das 18:00 horas no Pavillón Polideportivo Municipal. O evento, que busca recuperar as tradicionais bulladas, denominación propia do Irixo para referirse ás foliadas,promete consolidarse como unha das grandes citas culturais do outono na contorna, cun programa que inclúe música en directo e o concerto do recoñecido artista Xisco Feijóo. A xornada comezará cun obradoiro de baile tradicional galego impartido por Ismael Rodríguez. A partir das…
Read More

D. Amancio Nóvoa González -D.E.P.-

Faleceu en Ourense aos 80 anos. Esposa: Sinda Bernárdez Filgueira. Fillos: Alberto e María Novoa Bernárdez. Filla político: Chus García. Irmáns: Rafael e José Luis Novoa González. Irmáns políticos: Manuela, Teresa, Antonio (ausente) e Marisol (ausente). Sobriños: Javier, Lucas, Vanesa, Raquel, Anna, Neus e Dani. Primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o sábado día 17 as doce da mañá dende Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (sala nº3) ata a igrexa parroquial de Santiago de Partovia (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán…
Read More
Medio Rural detecta un caso de lingua azul do serotipo 8 nunha explotación bovina de San Amaro, primeiro deste ano na provincia

Medio Rural detecta un caso de lingua azul do serotipo 8 nunha explotación bovina de San Amaro, primeiro deste ano na provincia

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun animal bovino infectado polo serotipo 8 da lingua azul, confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), nunha explotación bovina do Concello de San Amaro. Ao tratarse do primeiro caso detectado nesa provincia do serotipo 8 nesta temporada de circulación viral, é necesaria a notificación oficial ao MAPA. Este foco é o sexto notificado en 2026 na nosa comunidade desde a finalización en abril do período invernal de cese circulación do vector…
Read More

1º Cabodano Dña. Rosalía Rodríguez Rúa (Rosario) -D.E.P.-

Falecida o día 11 de outubro de 2025 en Paciños -Mudelos- (O Carballiño) aos 82 anos. Esposo: Lino Mosquera Álvarez. Filla: María Fe Mosquera Rodríguez (Profesora do Colexio Concepción Arenal). Fillo político: José Francisco Álvares López "Pancho" (empregado de Eroski -San Francisco-) Netos: María Belén e Francisco Álvarez Mosquera. Neto político: Manuel Cabrera Marrero. Irmáns: Rosa, Florentino, Asunción, Salustiano(+), Manolo (+), Pilar (+), Hermesindo (+), Francisca (+) e Avelino (+). Irmáns políticos: Andrés (+), María Teresa, Cayetano (+), Pura, Rosa (+), Pepe (+), Paquita e Pepe. Consogros: Pepe (+) e María Olvido. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración…
Read More

1º Cabodano D. José Manuel Fernández González (Electricista de O Lago) -D.E.P.-

Falecido o día 5 de outubro de 2025 en O Carballiño aos 73 anos. Esposa: Josefina Trigás Gozález. Fillos: Ramón e José Benito Fernández Trigás. Fila política: Soraya Cortiñas. Netos: Teo e Noé. Demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia o sábado día 17 as cinco da tarde ao funeral de cabodano na igrexa parroquial de San Martiño do Lago (Maside). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Ano Santo Xubilar da Veracruz xa ten cartel, Himno e Oración, mentres continúan os preparativos para a súa apertura o próximo 31 deste mes de outubro

O Ano Santo Xubilar da Veracruz xa ten cartel, Himno e Oración, mentres continúan os preparativos para a súa apertura o próximo 31 deste mes de outubro

O Bispado da Diocése de Ourense acolleu o acto de presentación no que participaron o Bispo José Leonardo Lemos Montanet, asi como o Párroco Jorge Juan Pérez e o alcalde en funcións do concello carballiñés, Pepe Castro-Gil. Tamén estiveron presente Gabriel González, o ilustrador gráfico carballiñés é o autor do cartel que inclúe o deseño propio da Cruz debuxada por Antonio Palacios e dedicada polo arquitécto ao Santuario da Veracruz, e que ademáis servirá como o logotipo do Ano Santo Xubilar. Pola súa parte, o compositor e tamén carballiñés Abraham Santiago Reboredo, é o autor do Himno dedicado ao Ano…
Read More

D. José Rodríguez López -D.E.P.-

Faleceu en Anllo (San Amaro). Esposa: Josefina Pérez Fernández. Filla: Sandra Rodríguez Pérez. Irmá: Natalia Rodríguez López. Irmán político: Roberto Civeira Arean. Sobriña: Ainara Civeira Rodríguez. Tios, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 16 as seis da tarde dende o velorio de Anllo (San Amaro) ata a igrexa parroquial de Santiago de Anllo (San Amaro) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Carballiño correrá contra a leucemia infantil nunha carreira solidaria aberta a toda a veciñanza

O Carballiño correrá contra a leucemia infantil nunha carreira solidaria aberta a toda a veciñanza

O Carballiño acollerá este venres, 16 de outubro, unha carreira solidaria a favor da Fundación Unoentrecienmil, destinada a recadar fondos para a investigación contra a leucemia infantil. A iniciativa, impulsada pola ANPA e o colexio Sagrado Corazón coa colaboración do Concello, partirá da Veracruz ás 17:30 horas e está aberta á participación de toda a veciñanza. A presentación contou coa participación do alcalde do Carballiño, Pepe Castro; do director do centro educativo, Alberto, e da secretaria da ANPA, Eva. Durante a súa intervención, Castro animou a cidadanía a sumarse a unha convocatoria que combina deporte e solidariedade: “Son dous quilómetros…
Read More
O PP pon en valor o emprendemento feminino no rural cunha visita a dúas iniciativas impulsadas por mulleres no Irixo

O PP pon en valor o emprendemento feminino no rural cunha visita a dúas iniciativas impulsadas por mulleres no Irixo

A Vicesecretaría de Igualdade do Partido Popular de Ourense, liderada por Elena Freijedo, realizou unha visita ao municipio do Irixo con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra cada 15 de outubro, para coñecer de primeira man dúas iniciativas emprendedoras impulsadas por mulleres neste concello. Durante a xornada, na que estiveron acompañadas polo presidente da xestora local do PP do Irixo, Álvaro Penedo, as representantes populares visitaron a Casa Niño que xestiona Alba Gil Bernárdez e a parrillada Abanico, rexentada por Julia Crespo Pérez. A visita permitiu achegarse a dúas experiencias de emprendemento feminino en…
Read More