Boborás reformará o pavillón polideportivo cun investimento de 1,2 millóns de euros, a obra estará rematada a finais de 2027
O Concello de Boborás acometerá a reforma integral do Pavillón Municipal de Boborás, unha actuación cun investimento de 1,2 millóns de euros que permitirá renovar e modernizar unha infraestrutura esencial para o municipio e ampliar de maneira significativa as posibilidades de uso deportivo, educativo e social destas instalacións. O proxecto de Boborás é un dos 26 seleccionados pola Xunta de Galicia para recibir financiamento destinado a investimentos municipais estratéxicos. A actuación estará financiada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Deputación de Ourense, facendo posible abordar unha intervención de gran envergadura que completará as melloras realizadas polo Concello durante os…