Año: 2026

A Policia Local investiga a denuncia presentada por un pai de dous cativos que xogaban no parque infantil da Alameda ante a sospeitosa actitude dun home que os invitou a dar un paseo

A Policia Local investiga a denuncia presentada por un pai de dous cativos que xogaban no parque infantil da Alameda ante a sospeitosa actitude dun home que os invitou a dar un paseo

O pai dos cativos fixo constar na súa denuncia ante a Policia Local do Carballiño que según o relato dos dous cativos un home "con aparencia normal achegouse a eles decindolle que era amigo do seu pai e que os invitaba a dar un paseo con él". Aconteceu na tarde deste pasado xoves. A Policia Local do Carballiño abríu unha investigación para aclarar os feitos denunciados polo proxenitor dos nenos, incluíndo o visionado e estudo das grabacións das cámaras de video-vixilancia recentemente instaladas polo concello do Carballiño nesta zona do parque infantil da Alameda.
Read More
A Entidade Local Menor de Berán adxudica a explotación do novo balneario por un periodo de 15 anos

A Entidade Local Menor de Berán adxudica a explotación do novo balneario por un periodo de 15 anos

Fumata branca, á Entidade Local Menor de Berán adxudicou á empresa Balneario de Berán S.L. para os próximos 15 anos a xestión das instalacións balnearias, a adxudicataria pagará un canon anual de 5.000 euros. Haberá que realizar algunhas obras para proceder á súa apertura ao público. Desta maneira, e 20 anos despóis de que rematase a construcción do novo balnerario, dase agora un paso decisivo para poñer en valor unhas augas que contan cun gran recoñecento polas súas propiedades. Primeiro problemas administrativos, logo continuos desencontros no seo da Entidade, e varios fallidos intentos de adxudicación, a úlitma quedara deserta ao…
Read More

Dña. Emma Corral Álvarez (Natural de Dadín-O Irixo -) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 92 anos.. Esposo: Rogelio Nogueira Gallego. Fillos: Laureano e Rogelio José Nogueira Corral (De tienda EBANO) Netos: Iván e María. Neta política: Noelia. Bisnetos: Bruno e Vega. Irmáns; Maruja (+) e Laureano (+) Corral Álvarez. Irmáns políticos: Adolfo (+), Aurelio (+) e María (+) Nogueira Gallego; Digna, Rosa (+), Camilo (+) e José (+). Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 21 de agosto as seis da tarde dende "Velatorio Veracruz Centro" do Carballiño ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior…
Read More
A Banda de Gaitas de Cea prepara un novo curso para seguir consolidando a recuperación dunha das bandas con máis premios e historia de Galicia

A Banda de Gaitas de Cea prepara un novo curso para seguir consolidando a recuperación dunha das bandas con máis premios e historia de Galicia

A recuperada formación ven de actúar recentemente con Carlos Núñez na súa xira "Lugares Máxicos" en Oseira e prepara xa un novo curso na súa escola de formación na que a partir do vindeiro mes de outubro poderán seguirse ensinanzas de gaita, pandeireta, tambor, timbal e bombo. Nesta entrevista de COPE O Carballiño podes escoitar a Aldara, Aroa, Diego e Jacobo, que nos falan do brillante pasado da Banda de Gaitas de Cea, e tamén dos seus proxectos de presente e futuro. Escóitaa aquí:
Read More
O Carballiño abre ao público o seu primeiro parque canino, con 1.642 m2 dedicado aos animais de compañía

O Carballiño abre ao público o seu primeiro parque canino, con 1.642 m2 dedicado aos animais de compañía

O Concello do Carballiño inaugurou esta mañá no Parque Municipal un novo recinto destinado ao esparexemento canino, un espazo delimitado e equipado para dar resposta á demanda dun lugar público específico para os animais de compañía. A concelleira de Medio Ambiente e Termalismo, Elvira Torres, explicou durante a inauguración que o Concello quixo atender "unha das demandas que máis se nos fixo", vinculada ao incremento da presenza de mascotas nos fogares e á necesidade de dispoñer "dun espazo público adecuado para elas". Das ganas deste servizo deron conta os a ducia de peludos que visitaron o espazo xa na súa…
Read More
O BNG pide ao concello medidas urxentes “para asegurar o abastecemento de auga a O Carballiño e Maside e preservar a calidade da auga e do río Arenteiro”. Escoita aquí a Manuel Chan.

O BNG pide ao concello medidas urxentes “para asegurar o abastecemento de auga a O Carballiño e Maside e preservar a calidade da auga e do río Arenteiro”. Escoita aquí a Manuel Chan.

O responsable local e candidato á alcadía do Carballiño da formación nacionalista pasou polos micrófonos de COPE para mostrar a súa preocupación polo abastecemento municipal de auga, demandando medidas concretas como "o control das fugas na rede e analíticas máis completas". Ademáis, Manuel Chan pide a restauración e limpeza das presas existentes no río Arenteiro e sobre todo augas arriba do punto de captación e mesmo estudar a posibilidade do bombeo de auga desde o río Miño, que desde o deposito distribuidor do monte de San Trocado abastece aos municipios de Cenlle, San Amaro e Punxín. Para o BNG "o…
Read More

D. Agustín González López -D.E.P.-

Faleceu en A Quintá -San Fiz- (San Amaro) aos 66 anos. Esposa: Rosa García Muradás. Fillos: Julio, Juan Manuel e David González García. Fillas políticas: Paula Arias González e Victoria Cacheda Rodríguez. Netos: Aarón, Iara e Hugo. Irmáns: Julio, Rosa e Avelino González López. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia agradecen unha oración. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o xoves día 20 as doce da mañá dende o velorio de San Amaro ata a igrexa parroquial de San Fiz de Navío ( San Amaro) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial.…
Read More
O viño coa gastronomía, a artesanía, a música ou os produtos de proximidade esta próxima fin de semana protagonistas no “Festival Espírito Ribeiro” en Cenlle

O viño coa gastronomía, a artesanía, a música ou os produtos de proximidade esta próxima fin de semana protagonistas no “Festival Espírito Ribeiro” en Cenlle

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou na presentación do Festival Espírito Ribeiro, que se celebrará en Cenlle os días 22 e 23 de agosto, no Campo do Cabalo, en Laias, no marco dos Concertos do Xacobeo de Turismo de Galicia. Tras a celebración da pasada edición en Castrelo de Miño, Cenlle toma este ano o relevo antes de que a iniciativa pase á Arnoia en 2027,…
Read More

D. Modesto Mosquera Rodríguez (Natural de Faramontaos de Pereda-Cea) -D.E.P.-

Faleceu en Vigo aos 92 anos. Esposa: Felisinda Pérez Mosquera. Fillo: Hilario Mosquera Pérez. Irmáns: Antonio, Celso, Concha, Felisa e Camilo Mosquera Rodríguez. Irmáns políticos: Maria del Carmen, Lucita, Cilencio, Paco, Genoveva, Antolina, José María, José Antonio, Paca, Ana, Ramiro, Jesús, Sara, Hortensia e Juan. Sobirños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este martes 18 de agosto ás 7 da tarde desde o velorio municipal de San Cristovo de Cea ata a igrexa parroquial de San Salvador de Souto, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial,…
Read More
O Alcalde en Funcións avanza que o concello do Carballiño convocará novas prazas para ampliar a plantilla da Policia Local. Escoita aquí o repaso á actualidade municipal con Pepe Castro-Gil

O Alcalde en Funcións avanza que o concello do Carballiño convocará novas prazas para ampliar a plantilla da Policia Local. Escoita aquí o repaso á actualidade municipal con Pepe Castro-Gil

A OPE -Oferta Pública de Emprego- do concello carballiñés ten previsto a convocatoria de novas prazas de axentes para a Policia Local. O Alcalde en Funcións fixo este anuncio despóis de compartir o malestar de oíntes do barrio de Flores que cada fin de semana veñen soportando actos de gamberrismo, entre os que denunciaron pintadas nas fachadas das casas, o pateo de portas e persianas. Pepe Castro-Gil, que continúa exercendo de alcalde en funcións ante a prolongada baixa médica do alcalde Francisco Fumega, tamén confirmou que está xa en marcha o procedemento de licitación para a obra de reforma integral…
Read More