Os bombeiros do Carballiño rescatan con vida a un home en parada cardiorrespiratoria que flotaba nas augas do río Silvaboa, en Piñor
O doente entrou en parada cardiorrespiratoria, sendo finalmente trasladado con vida en helicóptero medicalizado, despois de ser rescatado no río Silvaboa, a altura de Casfigueiro, na parroquia da Canda, no termo municipal do concello de Piñor. Aconteceu ao mediodia deste lúns 8 de xuño cando o 112 Galicia atendeu unha petición de colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dunha persoa que aboiaba na auga do río. Era necesario o rescate para prestar asistencia médica a un home que flotaba na auga e parecía estar aínda con vida. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de…