Año: 2026

D. Manuel Casero Rodríguez -D.E.P.-

Faleceu en Arcos o día 22 de Abril aos 95 anos. Esposa: Milagros Leiro Rodríguez. Fillos: Juan Andrés e María Milagros Casero Leiro. Fillo político; Avelino González Fernández. Netos: Noemí e Borja. Netos políticos: Markus e Adriana. Bisnetas: Valentina e Sofía. Irmán: Camilo Casero Rodríguez (+). Irmáns políticos: Celsa, Trinidad , Juan (+), Carmen (+) e Manolo. Sobriños, primos e demais familia róganlles unha oración e a asistencia a conducción o xoves día 23 as sete da tarde dende o Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata a igrexa parroquial de Santa María de Arcos na que se celebrará o…
Read More
Escoita aquí “As mortes de Oseira” o programa especial de COPE O Carballiño que homenaxea ás vítimas da traxedia do 22 de abril de 1909

Escoita aquí “As mortes de Oseira” o programa especial de COPE O Carballiño que homenaxea ás vítimas da traxedia do 22 de abril de 1909

No 117 cabodano que se cumplen neste 2026 COPE O Carballiño emitíu a producción radiofónica desta emisora de radio que narra os feitos e que recibira no ano 2006 o premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, que cada ano convoca a Deputación de Ourense. Desta vez, acompañou a Xan Pinal, autor do programa, Manuel Vázquez en representación da recentemente creada asociación para recuperación da memoria da comarca do Carballiño, que aproveitou a súa intervención para anunciar varias actividades que van promover arredor deste tráxico episodio histórico, entre as que figuran promover un monumento en Oseira, que recorde rinda homenaxe ás…
Read More
Eladio Santos destaca en Boborás o labor do Goberno para fortalecer o patrimonio histórico e turístico da provincia de Ourense grazas aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino

Eladio Santos destaca en Boborás o labor do Goberno para fortalecer o patrimonio histórico e turístico da provincia de Ourense grazas aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destaca en Boborás o labor que fai o Goberno para fortalecer o patrimonio histórico e turístico da provincia de Ourense grazas aos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD). O subdelegado visitou hoxe as obras de dotación dun aparcadoiro disuasorio no núcleo de Pazos de Arenteiro, en Boborás, unha acción enmarcada no PSTD “Ourense colle velocidade, vilas históricas e termais”.  Na visita, Eladio Santos explicou que o aparcadoiro disuasorio contribuirá á eliminación do tráfico contaminante do núcleo de Pazos de Arenteiro, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). “Esta actuación responde ao obxectivo dos…
Read More
Medio Rural reforza a súa colaboración coa Deputación de Ourense para constituír 22 brigadas de prevención de incendios en seis mancomunidades, entre elas as do Carballiño e O Ribeiro

Medio Rural reforza a súa colaboración coa Deputación de Ourense para constituír 22 brigadas de prevención de incendios en seis mancomunidades, entre elas as do Carballiño e O Ribeiro

A Consellería do Medio Rural, no marco do protocolo coa Deputación de Ourense, reforza a súa colaboración coas mancomunidades municipais ourensás para a constitución de 22 brigadas e afondar así na prevención de incendios forestais. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asinou o convenio a través do cal as mancomunidades da Comarca de Ourense e Santa Águeda se suman a esta colaboración subscrita o pasado ano coas do Ribeiro, Terra de Celanova, Comarca do Carballiño e Comarca de Verín. Durante o acto, no que tamén estiveron presentes o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco; o delegado…
Read More

Dña. Carmen Rodríguez Rodríguez (Viúva de Albino Salgueiro González) -D.E.P-

Faleceu en Vigo aos 100 anos. Fillos: José Alfonso e Maria del Carmen Salgueiro Rodríguez. Fillos políticos: Elena Acea Espiñeira e Pedro Díaz Rodríguez. Netos: David e Alfonso. Netas políticas: Natalia e Gloria. Bisneto: Martín. Irmáns políticos: Odilo, Felita e Mari Carmen. Sobriños, e demáis familia, roganlles unha oración e a asistencia á condución o mércores dia 22 de abril ás cinco da tarde, desde o tanatorio Vigomerial de Vigo (Sala nº 8) ata a igrexa parroquial de San Estebo de Castrelo de Miño, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles…
Read More
O PSdeG-PSOE alerta sobre o momento crítico que vive O Ribeiro e lamenta que o PP rexeitase no Senado a proposta socialista para reforzar a Denominación de Orixe Protexida

O PSdeG-PSOE alerta sobre o momento crítico que vive O Ribeiro e lamenta que o PP rexeitase no Senado a proposta socialista para reforzar a Denominación de Orixe Protexida

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia que o Partido Popular rexeitou na Comisión de Agricultura, Gandería e Alimentación do Senada unha moción impulsada polo Grupo Grupo Parlamentario Socialista para reforzar a sustentabilidade e protección da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Ribeiro, unha das máis antigas e emblemáticas do viño galego. “Ningún senador do PP de Ourense atreveuse a tomar a palabra para xustificar o seu voto en contra”, sinalou o senador socialista por Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, que destacou que a intervención do PP finalmente foi realizada polo senador por Lugo, José Manuel Balseiro. A negativa do PP prodúcese nun momento especialmente…
Read More

Dña. María Teresa Álvarez Álvarez (Viúva de Enrique Rivadulla Suárez e natural de Castiñeiras -Ribeira- A Coruña-) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 68 anos. A súa familia rógalles unha oración e asistencia a conducción que terá lugar o martes día 21 de Abril as sete da tarde, dende "Velatorios Veracruz Centro" ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, favores polos que lles quedarán muy agradecidos. Posteriormente procederáse a incineración na intimidade familiar.
Read More

D. Julio Fidalgo Lence “Julito-Yum” -D.E.P.-

Faleceu en Abelenda das Penas (Carballeda de Avia) aos 63 anos. Filla: Úrsula Fidalgo Trigás. Irmá: Blanca Caruso Fidalgo. Irmán político: Franco Caruso. Sobriños: Patrizia, Claudio e Sandra; Vitto e Julia Caruso. Veciño e amigo: Anselmo e familia. Primos e demais familia agradecen unha oración. Sairá un omnibús de Autocares Rodríguez as cinco da tarde dende Villar de Condes pasando por Saa, Vilariño, Carballeda de Avia, Muimenta ata o velorio de Abelenda das Penas, con paradas onde sexa necesario e regreso á terminación. 20 de Abril do 2026 as seis da tarde será a conducción dende o velorio de Abelenda…
Read More

Dña. Francisca Nogueira Nogueira “Paquita” (viuva de Manuel Nogueira Diéguez e natural de Parada de Laviote -O Irixo-) -D.E.P.-

Faleceu en O Carballiño aos 99 anos. Fillos: José, Conchita e Isolina Nogueira Nogueira. Fillos políticos: Alicia López Reinoso e Manuel Dobarro (+). Netos: Esther Nogueira e Javier Dobarro. Netos políticos: Alberto Decabo de Andrea Rodríguez. Bisnetos: Esteban e Almudena Decabo. Irmáns: Felicita (+) e Víctor (+) Nogueira. Irmá política: Esther López Bernárdez. Sobriños, primos e demais familia agradecen unha oración. 20 de Abril do 2026 as seis da tarde será a conducción dende Velatorio Veracruz Centro O Carballiño ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín.
Read More