Deportes

16, Febreiro 2014

Os verdes conseguiron un meritorio punto no campo de Oira nun partido no que o trio árbitral foi o protagonista negativo. Permitiron o xogo extremadamente duro dos pontinos, escamotearon un penalti de libro sobre Bardelás e anularon un gol legal ao Arenteiro. Por si fora pouco, na xogada do gol do Ponte Ourense, a asistente  párase e levanta a bandeirola, logo bota a correr e concede validez o tanto, que sube ao marcador.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Alex, M. Sotelo, V. Gallego, Manu, Bardelás e Prada. Tamén xogaron Óscar, Omar, Álex Santiago e Fran.

Goles:

1-0. Minuto 72. Xogada polémica, a asistente levanta a bandeirola pero logo permite a continuidade da xogada, a dianteira do Ponte toma ventaxa e Ivo remata a placer.

2-0. Minuto 80. Centro de Carlos e cabezazo de Victor Gallego, como mandan os canones, ao estilo Carlos Santillana.

O Partido: Condicionado pola desafortunada labor do árbitro ourensano Iago Grande e os seus asistentes. Na primeira parte privaron ao Arenteiro de adiantarse no marcador cos seus graves erros. Na segunda metade permitiron o continuo carrusel de faltas dos locais, sen apenas penalización, o Ponte fíxose co control do partido e puxo en apuros a portería de Pachi, ata que o gol de Victor Gallego fixo xustiza no marcador. 

9, Febreiro 2014

O Club Deportivo Arenteiro sumou ante o Sporting Celanova outros 3 puntos que lle permiten afianzarse como líder da 1ª autonómica, son xa 18 os partidos consecutivos que levan os carballiñeses invictos nesta liga, 15 victorias e 3 empates. Tras as intensas chuvias dos últimos dias, que tiveron continuidade nas horas previas e durante o encontro, Espiñedo atopábase en moi mal estado, aínda asi o árbitro decidiu xogar o partido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Dabarca, Omar, M. Sotelo ( Oscar, m.77),V. Gallego ( Alex. m. 74), Quiroga, Bardelás ( Robin, m. 77) e Manu ( Martín, m. 71).

Goles

1-0: Minuto 20. Quiroga aproveita un pase medido de Manu dende a banda dereita.

2-0. Minuto 49. Marcos Sotelo practicamente a placer tras un erro do porteiro visitante, ao que perxudica o mal estado do terreo de xogo.

2-1. Minuto 66. Acorta distancias Codeso, tras unha falta lanzada por Chamo.

3-1. Minuto 70. Tras unha recuperación de balón de Victor Gallego, éste habilita para Quiroga, que cruza ante a saída do meta celanovense.

4-1. Minuto 93. No último suspiro do partido amplia diferencias Carlos Escudero.

O Partido: A actitude dos xogadores do Arenteiro volveu a ser decisiva para encarar un partido nos que os carballiñeses tiñan un doble rival: o Sporting Celanova e o mal estado do terreo de xogo, non obstante o empuxe dos locais moi pronto situou o partido ao seu favor, o Sp. Celanova apenas disfrutaría de maís ocasións que a do propio gol e so a balón parado foron capaces os de San Rosendo de achegarse, moi de cando en vez, aos dominios de Pachi.

7, Febreiro 2014

O auditorio do Carballiño acolleu a celebración da sexta edición da Gala do Deporte do Carballiño, que con carácter anual organiza a Área de Deportes do concello carballiñés.

Na mesma, entregaronse os trofeos aos deportistas carballiñeses que destacaron pola súa traxectoria durante o última ano 2013, nas máis diversas modalidades deportivas. Tamén se recoñeceu a colaboración dos patrocinadores.

Como mellores deportistas carballiñeses do ano, Vicente Crespo, campión de europa e terceiro no campionato do mundo co equipo de España en pesca con mosca, e Alba Martínez, campioa galega de triplo salto.

Ademais destes dous deportistas foron premiados tamén o Aparthotel Arenteiro e Autocares Rodríguez, polo seu patrocinio en numerosas probas, competicións deportivas e as escolas municipais de futbol.

Chema Ferreiro e Fernando Guerra , como  mellores deportistas veteranos, a Andadina do Pulpo como mellor proba deportiva do pasado ano, Sandra Senra como deportista revelación, e Miguel Angel Romeu “mechas” por toda unha vida no deporte carballiñés.

Así mesmo repartíronse diplomas a deportistas destacados, como os alumnos do a escolaa municipal de futbol, que xa deixaron ésta logo de pasar por todas as categorías, ou ao piloto e copiloto de rallies de históricos Alfonso Gracía e Jesús López. O capítulo de diplomas pechouse cos de Manuela Fernández e Guillerme Iglesias, pola súa participación en andainas de máis de 50 quilómetros, e Alfonso Medela, campión galego de Canicross.

7, Febreiro 2014

Os valdeorreses do Centro de Deportes Barco, na actualidade un dos equipos punteiros da Preferente, será o rival de C.D. Arenteiro nos cuartos de final da Copa Deputación de Fútbol, asi o deparou o sorteo celebrado na Delegación Provincial de Fútbol. 

O primeiro partido xogaráse no Barco de Valdeorras o 17 de Abril, Xoves Santo, e a volta en Espiñedo o dia 1 de Maio, tamén xoves. No caso de superar esta eliminatoria, o C.D. Arenteiro enfrontaríase en semifinais co vencedor da eliminatoria Melias-Verín.

2, Febreiro 2014

Os verdes poideron sentenciar o partido na primeira parte, cando máis e mellor xogaron, imprimindo un forte ritmo que non obstante so lle deu para retirarse 1-0 ao descanso. Na segunda parte, tras desviar Pachi o balón nunha pena máxima a favor dos visitantes, o Arenteiro tivo que agardar aos minutos finais para resolver definitivamente. Excelente entrada en Espiñedo, máis de 400 afeccionados.

C.D. Arenteiro:Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar ( Dabarca, m. 68 ), Alex, Marcos Sotelo Martín, m. 71, Victor Gallego,  Diego Quiroga ( Manu, m. 75), Alex Bardelás e Miguel Prada ( Omar, m. 87 ).

Goles:

1-0.Minuto 23. Diego Quiroga en boca de gol tras unha boa xogada por banda de Miguel Prada

2-0.Minuto 83. Martín tras un pase milimétrico de Manu.

3-0.Minuto 85. Outra vez Martín, que gaña as costas á defensa visitante e en vaselina envia ao fondo da portería. Gol de auténtico crack.

O Partido: Aos 9 minutos M. Sotelo enviaba ao longueiro tras executar unha falta, a partir dese minuto sucederonse as numerosas ocasións de gol, sempre a favor do Arenteiro, que debeu chegar ao descanso cun marcador máis amplo. Na segunda parte, os carballiñeses cederon terreo no centro do campo, custaballes sair e propiciou que a U.P. Taboadela se decidise a buscar o empate. A xogada clave pudo ser a do minuto 60, cando o árbitro inventase un penalti a favor do equipo visitante, pero na portería carballiñesa estaba Pachi -soberbio de reflexos- para desvialo fora. A partir de ahí, o Arenteiro volveu a facerse co mando do partido, que sentenciou merecidamente nos minutos finais.

26, Xaneiro 2014

O líder impuxo a súa superioridade pola vía rápida, golendo sen apenas atrancos ao At. Vilariño no partido correspondente á 20ª xornada de liga desputado no campo do Medo, ante numerosos seguidores carballiñeses.

C. D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Bardelás, Victor Gallego, Canexón, Quiroga e Prada. Tamén xogaron Perdiz, Omar, Alex Santiago, Oliver e Martín, éste último aos 20 minutos para sustituír a Canexón, que resultou lesionado.

Goles:

0-1. Minuto 11. Tras un rexeitamento do meta local, Victor Gallego adiantase ao central do Vilariño e envia o balón ao fondo da portería.

0-2. Minuto 25. Forte disparo de Victor Gallego que despexa nunha gran intervención o gardameta local Roi, o balón chega a Diego Quiroga que executa á perfección.

0-3: Minuto 53. Córner que lanza Quiroga e Diego López, de cabeza, fai o terceiro.

0-4: Minuto 59. Xogadón de Miguel Prada para enmarcar. Tras deixar atrás ata 4 xogadores do Vilariño sirve en bandexa a Martín, que so ten que empuxar.

1-4. Minuto 75. Penalti a favor dos locais que tranforma en gol Meji.

O Partido: Solvente encontro dos carballiñeses que dende o primeiro minuto de partido non deron opción para a sorpresa, os carballiñeses anticipanbanse unha e outra vez aos locais, e froito da presión que exercian, comezaron a chegar as ocasións de gol. O mellor xogador local, o porteiro, que sobre todo na segunda metade, evitou que o Arenteiro lograse unha victoria aínda máis ampla. O pior da tarde, a lesión de Canexón, unha escordadura que probablemente obrigarao a gardar repouso durante varias semanas.

19, Xaneiro 2014

Os verdes desaproveitaron as numerosas ocasións que tiveron ante a portería rival, e a falta de acertou pagouna o equipo deixando escapar dous puntos de Espiñedo nunha tarde infernal de frio, choiva e vento e co terreo de xogo moi pesado que perxudicou o xogo do Arenteiro ante un rival, o Ramirás, que sigue sendo a besta negra dos carballiñeses.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Dabarca, Lois, Oscar, Alex, Bardelás, Gallego, Prada, Manu e M, Sotelo. Tamén xogaron Quiroga, Martín, Canexón e Omar,

O Partido: Faltoulle esta tarde ao Arenteiro a sorte que acaso tivo noutros partidos. Na primeira media hora os carballiñeses sumaron ata catro ocasións de gol, pero non era a tarde dos dianteiros , igual aconteceu na segunda parte, sobre todo na recta final do partido, cando primeiro una volea de Canexón encontrase ao porteiro vistante e un cabezazo de Martín vaise ao poste e o rebote as mans do porteiro. Con todo, a ocasión máis diáfana chegaba no minuto 89 cando V. Gallego senta ao guardameta do Rámirás e despois falla a portería vacía cando xa se cantaba o gol na grada.

12, Xaneiro 2014

Os verdes comezan a segunda volta do campionato sumando outros tres puntos que os afianzan no liderato da 1ª autonómica,  tras gañar un partido no que a S.D.C. Arrabaldo vendeu cara a derrota.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Quiroga, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Prada, Canexón, Omar e Martín.

Goles:

0-1: Minuto 47. Xogada por banda de Marcos Sotelo que centra medido sobre o punto de penalti, Quiroga engaña ao porteiro deixando pasar o balón e Manu marca a placer.

O Partido: Comezou moi forte o Arrabaldo, que dispuxo de dúas boas ocasións para adiantarse no marcador, pero por dúas veces Pachi evitou o gol. Tras o arreón inicial dos locais, o partido, nos primeiros minutos moi incomodo para o Arenteiro, que non lograba adaptarse as reducidas dimensións do terreo de xogo, foise nivelando. Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control do partido, e o Arrabaldo apenas logrou chegar un par de veces á área carballliñesa.

6, Xaneiro 2014

Club Deportivo Arenteiro e a Selección do Ribeiro xogaron na tarde de reis un partido de fútbol de carácter solidario, a beneficio das actividades que desenvolve a Cruz Vermella. Os carballiñeses gañaron 3-1, aínda que desta vez o resultado era o de menos, porque en realidade quenes gañaron en solidariedade foron os preto de 50 fútbolístas que partiparon nesta acción benéfica.

Ainda que nun principio o partido estaba programado no Estadio de Espiñedo, o calamitoso estado no que se atopaba o terreo de xogo tras as fortes chuvias dos últimos dias, finalmente decidiuse xogar o encontro no campo sintético da Uceira.

A Selección do Ribeiro, dirixida polo adestrador do At. Barbantes, Paco, presentou un bo combinado, entre os que figuraban os exarenteiros Gabriel, Julio Alén e Pana.

Miki López, o adestrador carballiñés, dispuxo dous equipos, un en cada parte, dando entrada a varios xuvenís, tan so o defensa Pablo Dabarca xogou os 90 minutos. Os goles do Arenteiro foron obra de Quiroga (2 ) e Borja (1).

22, Decembro 2013

Os alaricanos, que demostraron ser un bo equipo, adiantaronse cun gol aos 8 minutos e o Arenteiro, que afrontaba o partido con varias baixas, contestou con resposta de líder dándolle a volta ao marcador antes do descanso. Os carballiñeses despiden o ano como líderes, con 41 puntos.

C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Dabarca, Óscar ( Lois, m. 64 ), Alex, Bardelás ( Canexón, m. 72 ), Victor Gallego, Quiroga, Manu ( Tomás, m. 81 ), e Marcos Sotelo ( Esteban, m. 84 ).

Goles:

1-0. Minuto 8. Magíífica xogada de toque da dianteira local, Pachi rexeita en primeira instancia, pero Beto marca a porta vacía.

1-1: Minuto 31. Combinación entre V. Gallego, Manu e Bardelás que éste último culmina dun chut colacado ao pau.

1-1. Minuto 39. O golazo da tarde. Carlos Escudero recolle o balón a unha distancia de 30 metros e saca un chupinazo que se cola por toda a escadra.

O Partido: Tras un inicio no que o Allariz marcou o seu gol, logo conseguiría o Arenteiro asentarse no campo, dominando tanto na posesión do balón como o tempo do partido ata que chegou o descanso. Na reanudación, os locais volveron saír máis entonados, mentres que o Arenteiro buscaba á contra  o gol da sentencia, que a punto estiveron de lograr ata en tres ocasións noutros tantos disparos a portería de Quiroga, M. Sotelo e V. Gallego. Sen embargo, sería o Allariz o que pudo empatar xa no tempo de desconto - o árbitro prolongou o partido 8 minutos- pero o meta carballiñés Pachi, que estivo sensacional con dúas intervencións nos minutos 91 e 96, salvou os 3 puntos para o Arenteiro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes