Deportes

13, Xuño 2013

O club carballiñés ten asi garantida a súa continuidade como institución, tras a celebración dunha asamblea extraordinaria celebrada no salón de actos da casa do concello e a que asistiron 32 socios.

No transcurso da mesma Cadavid entregou o relevo na presidencia do club a Xan Pinal, que adquiríu o compromiso ante os socios de convocar unha nova asamblea extraordinaria nun prazo apróximado de 20 dias, na que presentará o seu equipo directivo e o proxecto social e deportivo, unha vez que se resolva tamén a incognita de saber en que categoria competirá a próxima tempada o club, na preferente ou en autónimica.

Cadavid deu conta das negociacións que culminaron unhas horas antes da asamblea, e que permiten entregar o relevo a un novo equipo directivo. O xa Expresidente condonou unha parte importante da débeda, que ascendia a 55.000 euros. Cadavid S.L. e Construcciones Balgón publicitaránse nas camisetas do equipo durante as próximas tempadas, é a única condición que puxeron para condonar 31.000 euros desa débeda. Desta maneira, a nova directiva asume unha débeda de 24.000 euros que deberán abonar durante o seu mandato.

 

 

8, Xuño 2013

O Presidente José Antonio "Cadavid" e o seu grupo directivo presentaron a dimisión irrevocable ante a asamblea de socios, anunciando que o Club ten unha débeda actúal de 55.000 euros "que se lle deben a este Presidente, o Club non debe a ninguén", asegurou.

Ante un grupo de 17 socios que acudiron a esta convocatoria, Cadavid anunciou que a súa decisión non ten marcha atrás "porque neste momento non podo dedicarlle o tempo que este Club necesita, ademáis, teño que decilo, estou bastante decepcionado, con esta casa -referíase ao concello, onde se celebrou a reunión-, e incluso con exxogadores do Arenteiro cos que me encontrei e non foron capaces de coller o carné de socio".

Cadavid presentou un balance da súa xestión recordando que "collín o Club  a mediados da tempada 2010-2011 empuxado por unhos amigos cunha débeda de 46.000 euros, pero despois foron aparecendo outras débedas anteriores a miña chegada ás que eu fixen frente que elevaron a débeda total a 68.000 euros, na tempada 2011-2012 rebaixamola a 54.000 euros". O Presidente explicou que en 2012 perdeuse a subvención do concello -9.000 euros- "porque entregamos os papeles seis dias fora de plazo, por culpa do retraso da documentación que necesitabamos da Federación e da Axencia Tributaria, e cando entregamos todo contestousenos que xa era tarde, se quixeran arreglar podían facélo, pero non quixeron", suliñou.

Na última tempada o orzamento en Prefrente foi de 76.000 euros de gastos  e os ingresos de 66.450 euros, según o balance económico presentado ante os socios, que aprobaron as contas. O número de socios que esta tempada pagaron 80 euros do carné foron 117, aos que hai que sumar os que se repartiron publicidade, en total o Presidente cifrou en 251 os carnés repartidos, precisamente os ingresos por publicidade é aportacións -35.000 euros- representou mmáis da metade dos ingresos.

 O Presidente comprometeuse a condonar 10.000 euros da actúal debeda e aplazar o pago da débeda en varias anualidades "a próxima directiva terá toda a miña colaboración", remarcou.

Finalmente, e ante este desolador panorama que amenza a viabilidade do Club, o Presidente convocou unha nova Asamblea para a posible presentación de candidatos para o xoves dia 13 de xuño ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño.

31, Maio 2013

A homenaxe o que foi ata fai unhos dias o Presidente do Arcos C.F. celebrase o domingo dia 2 de Xuño ás 7 da tarde no campo municipal de Espiñedo.

Victor De Francisco Fernández, de 34 anos de idade, falecía repentinamente o pasado dia 20 de Maio. A familia deportiva do Arcos C.F., equipo que milita na 3ª Autonómica, rindelle unha homenaxe póstuma no transcurso do partido de fútbol que con tal motivo xogarán o propio Arcos C.F, reforzado con xogadores doutros equipos que queren participar nesta homenaxe, e o C.D. Arenteiro.

19, Maio 2013

Estéril victoria (4-2) dos carballiñeses en Espiñedo xa que os descensos de Céltiga e Vilalonga dende a terceira, condenan ao Arenteiro ao descenso e xogar o ano que ven na 1ª autonómica. De nada valeu aos verdes o triunfo no derradeiro partido de liga, únicamente para chafarlle o ascenso ao Portonovo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos (Prada), Gabriel (Tacón), Iago, Piñeiro, Kennedy (Bardelás) David Soares e Marcos Sotelo (Martín).

O Partido: Xogado no municipal de Espiñedo ante a mellor entrada da tempada, con unha moi numerosa presenza de siareiros do Portonovo que viron como ao seu equipo escapouselle o ascenso con esta derrota, acaso demasiado castigo para o visto sobre o terreo de xogo. Pero asi é o fútbol, o Arenteiro tivo hoxe a fortuna que se lle negou outras tardes e en dous inspirados minutos, 25 e 27 de partido,  púxose con 2-0 ao seu favor, tras o goles de Xurxo e David Soares. O Portonovo reducía distancias no derradeiro minuto da primeira parte. Trala reanudación, os portonovenses foronse a polo partido, aínda que o empate -minuto 65- tivo que chegar por medio dun gol do defensor local Tazos en propia meta. Con 25 minutos de partido parecía que o Portonovo, empuxado pola súa afección ía darlle a volta ao marcador, pero no Arenteiro obtiña premio ao seu derroche de pundonor Pablo Piñeiro, él so fabricou o terceiro gol que volvía adiantar aos verdes. Xa no minuto 89 claro penalti sobre David Soares, que o propio xogador encargase de transformar.

 

 

 

12, Maio 2013

A Federación Galega de Fútbol Sala deu a cifra de 1.500 espectadores asistentes, o que representa unha das entradas de público históricas no pazo de deportes carballiñés. A selección Galega senior gañou na gran final a de Extramadura por 5-3, remontando un partido que perdian os galegos ao descanso por 2-3.

A selección galega adestrada polo carballliñés Antonio Colmenero revalida asi o título de campión que xa acadara o ano pasado en Valladolid, e volve conseguir agora no Carballiño. Tamén o combinado galego femenino senior gañou o título, ao impoñerse con contundencia á Castela León por 9-0. Finalmente, na categoria xuvenil masculina os extremeños levaronse o título ao impoñerse a Galicia por un apretado marcador final de 7-6.

A organización agasallou con 300 camisetas conmemorativas aos asistentes a esta gran festa do fútbol sala vivida este fin de semana nos polideportivos de Cea e O Carballiño. Ao rematar os actos de entrega de trofeos, o alcalde do Carballiño posou cos campións galegos.

 

 

12, Maio 2013

Oportunidade perdida, o Arenteiro regresa do campo da Baiuca da Estrada cunha derrota nun partido que pudo sentenciar ao seu favor nos últimos minutos, sen embargo foi o Estradense quen no tempo de desconto logrou os 3 puntos e certificou a permanencia na categoria. O Arenteiro deberá gañar o domingo ao Portonovo en Espiñedo e esperar unha derrota do Mondariz, se quere ter opcións de xogar o ano que ven na Preferente.

C.D.Arenteiro: Macia, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Iago, Pablo Piñeiro, Kennedy, Martín (Bardelás), David Soares e Prada (Tacón).

O Partido: Malo por ambos bandos, os dous equipos xogabanse moito e a ansiedade e as imprecisións marcaron un partido no que o Arenteiro adiantouse aos 5 minutos nun cabezazo de Xurxo dentro da área ao saque dun córner. Pero todo se torceu para o Arenteiro á media hora de partido, nun intervalo de apenas dous minutos, o Estradense deulle a volta ao marcador en dúas aciagas accións para os verdes, o gol do empate en propia meta de Pablo Piñeiro e a continuación nun regalo de Macia que propicia o segundo gol do Estradense. Na segunda parte a xogada clave chegou aos 62 minutos, o árbitro sinala con pena máxima unha man de Unai que ademáis siñifica a súa expulsión, quedando dende ese momento o Estradense con 10 xogadores no campo. Tazos transforma o penalti e con media hora por diante de partido o Arenteiro parecía que podia gañalo, e pudo ser asi se nos últimos 5 minutos o Arenteiro aprobeitase as súas ocasións, sobre todo unha moi clara no minuto 90 de Carlos Escudero co porteiro local xa batido, pero o balón foise fora. Xa no tempo de desconto, e co Arenteiro máis pendiente de atacar que defender, chega un balón largo dos locais sobre a área carballiñesa, a indefinición entre a defensa e o porteiro Macia propicia o terceiro gol do Estradense. Nun minuto pasamos do posible 2-3 ao 3-2 definitivo.

5, Maio 2013

O Arenteiro conseguíu ante o C.D Pontellas 3 puntos transcendentais para seguir loitando pola permanencia na categoria, e ademáis fixoo merecidamente, remontando o temperán gol dos porriñeses que se adiantaban no minuto 4 de partido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Prada (Bardelás), Xurxo, Carlos Escudero, Tazos, Dabarca, Gabriel (Tacón), Pablo Piñeiro, Martín (Kennedy), David Soares e Marcos Sotelo.

O Partido: O fútbol foi xusto neste partido co Arenteiro,  dominando de principio a fin ao Pontellas, que tras adiantarse no marcador cando os equipos aínda se estaban asentando no campo, viuse superado polo empuxe dos verdes. Aos 20 minutos David Soares empataba o partido tras enganchar un bó tiro dende fora da área. Salvo unha segunda clara ocasión que erraron os do Porriño, o Arenteiro pudo irse xa o descanso con ventaxa no marcador se tivese un chisco de acerto para aprobeitar as varias ocasións de gol que tiveron ante a portería visitante. No segundo tempo o Arenteiro tivo múltiples ocasións para adiantarse no marcador, froito do dominio que exercia no xogo, non obstante tivo que esperar ao minuto 85 para que Pablo Dabarca marcase ao lanzamento dunha falta, axustando o balón ao poste da portería do Pontellas, que víu truncada en Espiñedo unha magnifica racha de resultados.

3, Maio 2013

Os polideportivos de O Carballiño e Cea acollerán os partidos durante os dias 10, 11 e 12 de Maio neste campionato no que participarán os equipos de cinco seleccións autonómicas.

Xunto co edil de deportes do Carballiño Rodrigo González,  estiveron na presentación o vicepresidente da federación ourensana de futbol sala, Javier, Caldas "Butra", o seleccionador galego Colmenero, o edil de Deportes de Cea Roberto Vázquez, e a secretaria xeral da federación galega.
Serán cinco as comunidades autónomas que participan neste campionato, as absolutas de Castela León, Castela a Mancha, Valencia, Extremadura e Galicia, esta última que defende o título nesta fase final. Cada unha das autonomías presenta equipos masculino, feminino e xuvenil. Os partidos, que empezarán o venres 10 de maio, repartiranse da seguinte forma: as seleccións masculinas xogarán no pavillón Paco Chao, a xuvenil no anexo do Paco Chao e as seleccións femininas no pavillón de Cea.
Todas as finais xogaránse o domingo no pavillón Paco Chao do Carballiño. Nesas finais repartiranse 350 camisetas conmemorativas deste campionato entre os asistentes a este espectáculo deportivo.

 

 

28, Abril 2013

O Arenteiro conseguíu os tres puntos no partido matinal xogado no campo de Oira con un gol en cada periodo. Os pontinos marcaron o seu xa co tempo cumplido.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel, Iago, Pablo Piñeiro, Prada ( Bardelás ), Martín ( Oliver Pájaro ) e Marcos Sotelo ( David Soares ).

O Partido: Comezou con ímpetu o Arenteiro que aos 6 minutos adiantabase no marcador tras un disparo de Marcos Sotelo que repelen primeiro o porteiro e despois o longueiro, o balón chega a Prada que marca a placer. Nos minutos seguintes o Arenteiro pudo sentenciar con dúas ocasións de Martín e outra posterior de Pablo Piñeiro, que desaproveitaron ambos. Non obstante,  o Arenteiro foi indo de máis a menos e antes do descanso dispuxeron os locais doutra clarísima ocasión para empatar o partido, pero Pachi rexeitou o ún contra ún e evitou o gol pontino. No arranque da segunda parte o Arenteiro volveu a facerse co control do xogo e no minuto 61 chegaba o 0-2 en xogada persoal de Marcos Sotelo. Depois, o árbitro anularía un gol a David Soares e co tempo xa cumplindose, no minuto 90, ao saque dun córner Schuster consigue de cabeza o gol local.

21, Abril 2013

Sumar dun nun non lle vale ao Arenteiro, asi que o empate ante o Centro de Deportes Barco en Espiñedo representa un novo paso atrás nas posibilidades dos verdes na loita por salvarse do descenso de categoria.

C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Carlos Escudero, Tacón, Dabarca, Iago, Gabriel, Kennedy, Martín ( Bardelás ), David Soares e Marcos Sotelo ( Prada ).

O Partido: Outra xornada máis o Arenteiro non soubo aguantar o resultado ao seu favor, unha circustancia que se ven repetindo durante a maioria dos partidos esta tempada. Desta vez, os carballiñeses adiantabanse moi pronto, aos 6 minutos ao aprobeitar David Soares un rexeite da defensa visitante. O equipo valdeorrés empataba o partido no minuto 24, e asi transcurría o resto da primeira parte, con moi poucos argumentos futbolísticos por ambas partes. Na reaunudación, o cansancio físico e o mal estado do terreo de xogo condicionaron un partido que asi e todo pudo resolverse a favor de calquera dos dous equipos, que pelearon atá o último minuto acuciados pola necesidade dos puntos en xogo, precisamente nese último suspiro de partido Gabriel pudo sentenciar a favor do Arenteiro pero o seu remate saíu moi desviado da portería valdeorresa.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes