Deportes
Outra derrota dos carballiñeses ante a súa afección, desta vez coa atenuante da desastrosa actuación arbitral, que perxudicou ao Arenteiro, con dous xogadores locais expulsados no segundo periodo, ademáis de premiar aos visitantes cun moi dubidoso penalti.
C.D. Arenteiro: Macia; Escudero, Xurxo (Adrián), Dabarca, Pana, Iago, Gabriel (Tacón), Bardelás (Cristián), Cancelas (Manuel), Soares e Dacosta.
Goles
0-1. Minuto 22, a U.D. Atios bota un corner e o seu dianteiro centro, entrando no primeiro pau como perico pola súa casa, mete a cabeca e adianta aos visitantes.
0-2. Minuto 58, xogada sen ningún perigo ao borde da liña de portería do Arenteiro, o árbitro decreta penalti, que transforma o lanzador visitante.
1-2. Minuto 74, balón sobre David Soares, que acorta distancias no marcador.
Comentario: O Arenteiro desaproveitou por completo a primeira parte, non obstante tras o descanso os carballiñeses saíuron con máis decisión, exercendo unha presión directa sobre o rival, desta maneira o Arenteiro equilibrou un encontro antes e despois de que chegase a xogada do discutido penalti que puxo en franquicia o marcador ao equipo pontevedrés. Mención aparte merece a actuación do trio arbitral, que cargou de tarxetas aos xogadores do Arenteiro, expulsando do campo a Tacón e Dabarca, cando aínda faltaban 10 minutos para o final.
Dous goles conseguidos polo Verín C.F. no segundo periodo liquidaron ao Arenteiro da segunda ronda da Copa Deputación, en partido a eliminatoria única xogado no campo do José Argiz de Verín.
Os carballiñeses volveron amosar a súa pior cara e quedan apeados da competición copeira, na que so lograron superar a primeira ronda ante A Peroxa.
No partido desta tarde ante outro dos equipos de Preferente, o Verín C.F., os verdes non deron a talla e caeron eliminados con toda xustiza. O Arenteiro xogou un partido que podemos calificar de "desastroso", o pior non é quedar fora do torneo copeiro, que podía entrar dentro do posible, senón a paupérrima imaxe que ofreceu o equipo carbaliñés.
Marín e Arenteiro, dous clásicos da categoria, xogaban no campo municipal de San Pedro un partido marcado polas necesidades, que resolveron os carballiñeses nunha boa segunda parte, dandolle a volta ao marcador.
C.D. Arenteiro: Macía; Tazos, Xurxo, Carlos Escudero, Dabarca; Gabriel, Roberto Dacosta, David Soares, Javi López; Cancelas e Iglesias. Bardelás, Pana e Cristián sustituiron -respectivamente- a Javi López, Gabriel e Cancelas.
Goles:
1-0: minuto 26. Erro infantil da zaga carballiñesa á saída dun córner que aproveita André para adiantar os locais.
1-1: minuto 50. Centro de Dabarca e David Soares remata a gol adiantandose ó central do Marín.
1-2: minuto 65. David Soares habilita un balón ás costas da defensa local, Iglesias vaise por velocidade e bate ao meta local na súa súa saída.
Comentario: Vironse dous Arenteiros ben distintos, o do primeiro tempo indolente e sen ideas, e outro moi diferente no segundo tempo, valente, sen complexos, tocando e abrindo o fútbol polas bandas, claramente superior ao seu rival, o Marín, un dos equipos máis floxos de cantos se enfrentou o Arenteiro no que vai de competición. Carlos Escudero evitou baixo paus o gol do empate no minuto 90 de partido.
Un gol na segunda parte valeu ao Gondomar para levarse os 3 puntos de Espiñedo ante un Arenteiro que continúa indo a menos nesta liga, na que os carballiñeses parecen decididos a instalarse en zona de descenso.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos ( Marcos Sotelo, m. 45 ), Gabriel ( Bardelás, m.75 ), Iago, Roberto Dacosta, Cancelas ( David Soares, m. 45), Iglesias e Javi López ( Manuel, m. 75).
Goles:
0-1. Minuto 66 de partido, tiro cruzado desde o borde da área grande que bate a Macia.
Comentario: Outro mal partido do Arenteiro que xenerou unha única ocasión de gol en toda a tarde, no minuto 42 cando Javi López se plantou so ante o meta visitante, pero éste arrrebatoulle o balón nunha magnífica interevención. Na primeira parte o Arenteiro xogou a empuxós esporádicos sobre a área rival, na segunda metade nin xiquera eso, os carballiñeses desapareceron do partido, que controlou en todo momento o Gondomar.
O Pontevedra B derrotou aos carballiñeses por 4-0, con dous goles en cada parte na quinta xornada de liga, no partido xogado este sábado no sintético do Centro Deportivo da Xunqueira., nunha tarde de fútbol aciaga para os carballiñeses, que foron dominados de principio a fin polo equipo local.
C.D.Arenteiro: Pachi, Carlos Escudero, Xurxo, Dabarca, Tazos, Gabriel, Bardelás (Cristián, m.69 ), Cancelas (Marcos Sotelo, m. 45), Roberto Dacosta, Iglesias e Javi López.
Goles:
1-0. Minuto 6, Collazo sorprende a Pachi cun tiro a media altura .
2-0. Minuto 42, falta sobre a portería do Arenteiro e Yago gaña a acción á defensa carbaliñesa enviando o balón sobre o pau dereito.
3-0. Minuto 78, xogada do Pontevedra que entra como quere na área carballiñesa e resolve Buba facendo a placer o terceiro.
4-0. Minuto 83, outra vez Buba aproveita o desconcerto e despiste da defensa e o meta carballiñés, e marca sen oposición.
Comentario: O partido so tivo unha cor sobre o terreo de xogo, o granate dos pontevedreses, o Arenteiro ofreceu a súa pior cara no que vai de tempada, coas baixas de Iago e David Soares, éste último lesionado, saíu ao campo sen actitude para encarar o partido, e foi barrido literalmente do terreo de xogo polos rapaces do filial pontevedrés. Moi mala imaxe do equipo, que volveu presentarse -como en Arousa- con tan só dous xogadores de campo suplentes, polo que Dacosta so pudo realizar dous cámbeos.
O C.D. Arenteiro empatou en Espiñedo ante o Ribadumia nun partido que foi gañando ata o minuto 80 e pudo incluso perder nos minutos finais, cando o equipo do Salnés dispuxo dun par de ocasións para levarse os 3 puntos.
C.D. Arenteiro: Macía, Carlos Escudero (Cristián, m. 88), Xurxo, Dabarca, Tazos, Iago, Roberto Dacosta (Bardelás, m. 83), Cancelas ( Gabriel, m.60), David Soares, Iglesias e Javi López (Marcos Sotelo, m. 69).
Goles:
1-0. Minuto 29, nunha das contadas xogadas do Arenteiro ante a portería rival, David Soares leva un balón pola banda dereita, cede a Cancelas e o seu centro vai a cabeza de Javi López que cruza o balón en diagonal ao fondo da portería visitante.
1-1. Minuto 80, en pleno dominio do Ribadumia, un rechace ao borde da área é aproveitado por un dianteiro visitante que envia un zurdazo inalcanzable para Macía.
Comentario: O Ribadumia tivo a posesión do balón e dominou no xogo claramente no cómputo dos 90 minutos de partido, pero atopouse cun inconmesurable Xurxo na defensa carballiñesa, convertido esta tarde no gran baluarte da liña defensiva do Arenteiro, que foi o mellor do equipo neste encontro.
Pontevedra B - Arenteiro, o sábado 22 ás 5 da tarde no campo da Xunqueira.
O carballiñeses chegan á quinta xornada de liga coa idea de sorprender ao filial pontevedrés. Dacosta non poderá contar neste partido con Prada, que xa é baixa segura por unha enfermidade, que o terá aproximadamente mes e medio apartado do equipo.
Asemade, son dúbidas para este desplazamento o lateral Pana, que xa non pudo estar no partido do pasado domingo ante o Ribadumia, recuperandose dunha pequena lesión, e Iago, pendiente dun feliz acontecememento, xa que está a punto de ser pai.
Polo demáis, Dacosta poderá contar co resto da plantilla. O partido xogaráse ás 5 da tarde no sintético da Xunqueira, na zona universitaria de Pontevedra, preto do Estadio de Pasarón.
VERÍN - ARENTEIRO NA COPA DEPUTACIÓN
Non se pode decir que tivese fortuna o Arenteiro no sorteo dos oitavos de final da Copa Deputación, xa que correspondeulle en sorte o Verín C.F., na única eliminatoria na que se van enfrontar equipos de Preferente. Ademáis, a eliminatoria, que segue sendo a partido único, deberá xogarse no José Argiz, o dia 12 de outubro.
O Arousa S.C. impuxose por 3-1 ao C.D. Arenteiro no partido xogado no campo municipal da Lomba de Vilagarcia, tras intensos 90 minutos de futbol por ambos equipos, con tres goles locais que chegaron noutros tantos desaxustes defensivos dos carballiñeses, que maquillaron o marcador cun gol de penalti transformado por Dabarca.
C.D. Arenteiro: Macía, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana (Carlos Escudero, m. 61), Iago, Roberto Dacosta, Bardelás, Cancelas ( Marcos Sotelo, m. 45), David Soares e Javi López.
Goles:
1--0 : minuto 3, centro desde a esquerda, a defensa do Arenteiro non se entende, e deixa que Hugo remate de cabeza.
2-0 : minuto 50, outro despiste defensivo dos carballiñeses, aproveitao novamente Hugo libre de marca ao borde da área pequena para marcar o segundo do Arousa.
2-1 : minuto 65, penalti sobre David Soares. A pena máxima é transformada por Dabarca.
3-1 : mintuo 78, Ramón Caamaño, libre de marca, cruza o balón inalcanzable para Macía.
Comentario: Unha magoa os erros do Arenteiro en defensa, porque se non fose asi, o partido probablemente rematase cun marcador máis equilibrado. De feito, na primeira parte, Javi López e David Soares a punto estiveron de marcar, e xa no segundo periodo, có 2-1 no marcador, o Arenteiro pudo empatar o partido nun balón medido de Dacosta á cabeza de Soares, que éste desperdiciou. Asi e todo, o Arousa xogou cunha velocidade máis e foi xusto vencedor do encontro, ainda que o Arenteiro tivo as súas opcións para traerse polo menos un punto da súa visita a Vilagarcia.
ARENTEIRO - RIBADUMIA, O DOMINGO 16 ÁS 6 DA TARDE
En plena celebración das festas do Setembro, os carballiñeses reciben en Espiñedo ao potente Ribadumia, según todas as quinielas ún dos máximos favoritos este ano a acadar o ascenso á terceira división. O equipo do Salnés presentaráse en Espiñedo con xogadores da talla de Luis Alberto, Rubén ou Fran Castaño, sen esquecer ao seu central Sergio Portela, outra das figuras do equipo.
O Arenteiro recupera para este partido a Gabriel, Iglesias, Prada e Cristián, e sen novidades no resto do plantel, polo tanto Dacosta poderá presentar o mellor once posible.
ARRANCA A COMPETICION NA LIGA GALEGA XUVENIL E INFANTIL.
Na categoria xuvenil, o equipo da E.M.F. Arenteiro recibe ao Vilalonga, o sábado 15 ás 6 na Uceira. Antes, as 12 do mediodia, na liga infantil debuta o conxunto da E.M.F. Arenteiro ante o Ribeiro, tamén no campo da Uceira.
O Arenteiro tivo que remontar o gol do Mondariz F.C. que se adiantou no marcador cando se xogaban aínda os primeiros minutos do partido, logo, dous goles de Iglesias, ún que cada parte, deixaron os 3 primeiros puntos do campionato en Espiñedo.
C.D. Arenteiro: Macía, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Iago (Bardelás, m. 78), Gabriel, Cancelas (Marcos Sotelo, m. 57), Roberto Dacosta (Cristián, m. 85), Iglesias e Javi Lópèz (Prada, m. 45). O ärbitro expulsou por doble amarela a Gabriel no minuto 88 de partido.
Goles:
0-1. Minuto 9, fallo na cobertura do Arenteiro e un dienteiro visitante coloca un balón inalcanzable para Macia.
1-1. Minuto 28, un balón colase polo centro da defensa visintante e Iglesias, á carreira, axusta un tiro raso ao fondo da portería.
2-1. Minuto 64, un medido centro de Marcos Sotelo desde a banda dereita sobre á área pequena é rematado por Iglesias.
Comentario: Victoria traballada do Arenteiro ante un equipo ó que o partido se lle puxo moi pronto de cara e no que o seu xogador máis destacado foi o porteiro, que fixo un par de intervencións moi meritorias. Se a esto engadimos que o Arenteiro tivo unha tarde moi irregular, concluirémos que o Mondariz resultou ser un rival bastante máis flouxo do esperado, xa que chegaba a Espiñedo como unha das revelacións da categoria na tempada anterior. Hoxe, pouco demostrou. Pola súa parte, o Arenteiro, aínda tendo en conta a baixa esta tarde de David Soares, terá que mellorar bastante se quere sacar adiante os partidos da casa con máis solvencia.
AROUSA - ARENTEIRO, O DOMINGO 9 ÁS 18,30 HORAS EN VILAGARCIA
Complicado desplazamento do Arenteiro atá o campo da Lomba para enfrontarse a ún dos galos da categoria, os arousanos forman parte do grupo de favoritos para pelexar polo ascenso, aínda que comezou con bastantes dúbidas o campionato e agora mesmo, igual que os carballiñeses, chegan á terceira xornada co mesmo balance: unha derrota e unha victoria.´
O equipo de Ramón Dacosta acude á cita de Vilagarcia coa baixa de Gabriel, que cumple partido de sanción. No lado positvo, poderá contar con David Soares, que polo mesmo motivo tivera que perderse o partido do pasado domingo ante o Mondariz.
No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.
Enfronte, e neste debút ligueiro en Espiñedo estará o Mondariz, unha das revelacións do campionato o ano pasado, e que por vez primeira se presentará no campo de Espiñedo. Os carballiñeses esperan acadar os 3 pirimeiros puntos tras as boas sensacións da segunda parte do partido de Sanxenxo.
MEMORIAL FUSI
Este fin de semana xógase a 3ª edición do Memorial Fusi, co que se homenaxea a Faustino José Pérez Sanmartín, o que fora xogador do Arenteiro e monitor da Escola Municipal de Fútbol, falecido fai unhos anos en accidente de tráfico.
Pavillón Ourense - Barbadás, e Arenteiro - Lalín, xogarán as semifinais o sábado 1 de setembro no campo da Uceira. A gran final será o domingo ás 12 do mediodia no campo de Espiñedo, con entrada gratuíta.
O Memorial Fusi está organizado pola Área de Deportes do Concello do Carballiño.
Un solitario gol no minuto 38 de partido derrotou ao Arenteiro no regreso dos carballiñeses á preferente no encontro xogado no campo do Baltar de Arriba ante o equipo local do Xuventude Sanxenxo.
C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Carlos Escudero, Xurxo, Pana, Iago, Gabriel, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. No descanso entraron no terreo de xogo Roberto Dacosta e Javi López en sustitución de Gabriel e Prada., E no trasncurso da segunda parte Dabarca e Bardelás sustituiron a Tazos e Cancelas, respectivamente.
Comentario: típico encontro de inicio de tempada no que se notou que tanto Sanxenxo como Arenteiro están en fase de adaptación á categoria, cunha primeira parte máis nivelada e un segundo periodo dominado polo Arenteiro, con boas triangulacións entre Dacosta, Soares e López, pero sen que o empuxe carballiñés obtivese recompensa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- …
- seguinte ›
- última »