Deportes

24, Agosto 2012

Os carballiñeses abren este domingo a competición de liga en Sanxenxo, no campo do Baltar de Arriba.

Dacosta poderá contar para este partido coa practica totalidade dos xogadores da plantilla, salvo Tacón, que se incorporará ao grupo no vindeiro mes de setembro.

Polo tanto, volven á convocatoria Marcos Sotelo e Roberto Dacosta, que non estiveron no partido de copa, e cos que xa poderá contar o adestrador para este primeiro partido de liga.

O equipo viaxa a Sanxenxo coa idea de sorprender ao equipo que ven de desceder da 3ª división, o Xuventú de Sanxenxo, unha das incognitas neste inicio de liga.

 

19, Agosto 2012

Quen vexa o marcador e non vise o partido pudera pensar que foi fácil para o Arenteiro, nada máis lonxe da realidade. O equipo da 1ª autonómica vendeu cara a súa derrota e ata os últimos minutos de partido o Arenteiro non pudo resolver a eliminatoria.

Non obstante, o partido logo se puxo de cara para os carballiñeses que ainda nos primeiros compases da contenda se adiantaban no marcador ao cabecear Iglesias un centro de Cancelas. E pouco máis munha primeira parte na que A Peroxa xa avisou a balón parado enviando un balón á cruceta.

No segundo periodo e cando parecía que a calor e o suposto mellor físico do Arenteiro pasaría factura aos locais e daría ventaxa ao Arenteiro, chegou a reacción da Peroxa que tivo o seu premio mediada esta segunda parte nun trallazo dun xogador local desde o borde da área que se cola por toda a escadra da meta de Macía. O gol espoleou á Peroxa que ata tivo un par de aproximacións á portería do Arenteiro nas que incluso pudo dar a volta ao marcador. Igual que na primeira parte, os carballiñeses cometeron varios erros na defensa.

Apenas a cinco minutos do final e cando parecía que a eliminatoria se ía decidir por penaltis, chegou unha xogada personal de Prada que puxo un balón de ouro a David Soares e o dianteiro carballiñés resolvia con solvencia de tiro cruzado. Co 1-2 no marcador os xogadores locais reclamaron con insistencia un penalti na área do Arenteiro. Xa no tempo de desconto, Prada fixo o terceiro e derradeiro gol dos carballiñeses. Acaso demasiádo premio para o Arenteiro polo visto esta tarde.

C.D. Arenteiro: Macia, Tazos, Xurxo, Dabarca, Pana, Gabriel, Iago, Cancelas, Prada, David Soares e Iglesias. Na 2ª parte tamén xogaron Javi López, Bardelás e Carlos Escudero, que sustituiron a Cancelas, Gabriel e Dabarca.

16, Agosto 2012

A baixa de Kennedy, que deixou a disciplina do C.D. Arenteiro por decisión do propio club, será cuberta por Javi López, un xogador que chega O Carballiño despois de militar a tempada pasada no equipo de As Pontes, da 3ª división.

Trátase dun interior esquerdo polivalente, de 26 anos, que con anterioridade xogara no Cidade de Santiago e no C.D. Lalín, e que ata fai unhos dias estaba na órbita do C.D. Ourense, aínda que finalmente as xestións feitas polo Presidente José Antonio Cadavid, fixeron que o xogador dezano se decidira polo Arenteiro. Esta mesma semana incorporase aos adestramentos ás órdes de Dacosta.

O PARTIDO DE COPA NA PEROXA O DOMINGO 19 ÁS 17,30 HORAS

Este pasado mércores dia 15 os carballiñeses desputaban o quinto partido de pretempada en Nogueira de Ramuín, derrotando ao equipo local por 1-3, con dous goles de Cancelas e ún de Iglesias.

O domingo dia 19 de agosto xogaráse o partido de COPA DEPUTACIÓN, eliminatoria a partido único, no campo do Marco ante o equipo local, A PEROXA F.C., a partir das cinco e media da tarde.

12, Agosto 2012

Duas victorias, ante Coruxo F.C. e Valenzá, e dúas derrotas, as colleitadas ante Barbadás e C.D. Ourense, é o balance do C.D. Arenteiro nesta pretempada.

O primeiro partido ante a U.D. Barbadás saldouse cunha derrota por 0-1, nun partido cos dous equipos aínda pouco rodados e no que o Arenteiro deu a cara ante o recén ascendido á 3ª división. Neste partido a nota negativa foi a lesión do porteiro local e nova fichaxe do Arenteiro, Macia.

No único dos catro partidos que se desputou fora de Espiñedo, ante a Valenzá de 1ª autonómica, os carballiñeses golearon por 0-6, nun partido no que os carballiñeses foron netamente superiores, como indica o marcador.

Ante o C.D. Ourense, outravolta en Espiñedo, os carballiñéses xogaron unha moi interesante primeira parte na que se foron o descanso con empate a ún tanto no marcador, tras adiantarse o C.D. Ourense, David Soares empataba para os carballiñeses. Xa na reanudación,  e con moitos cámbeos en ambos bandos, o equipo de segunda B marcou outros dous goles para deixar o tanteo final de 1-3. O Arenteiro xogou un bó primeiro tempo ante o empuxe ourensanista.

A sorpresa chegou o dia da festa do pulpo, no que o Arenteiro logrou impoñerse por 1-0 a o outro equipo galego da segunda B, o Coruxo de Vigo. Foi suficiente un solitario gol conseguido maxistralmente por David Soares, tras unha xogada persoal. Durante toda a primeira parte os carballiñeses mantiveron a raia ao equipo vigués. Na reanudación, tras ir dando Dacosta entrada no equipo a varios xuvenís o partido desequiliboruse e o Coruxo pasou a dominar claramente, aínda que non conseguíu materializar. Incluso o porteiro local Pachi se permitíu o luxo de desviar o balón nun penalti.

 

24, Xullo 2012

 

Un total de 23 xogadores iniciaron este pasado lúns as sesións de pretempada ás órdes de Ramón Dacosta. A falta de algunha incoporación de última hora para reforzar a parte de atrás do equipo, dase por practicamente pechada a composición dun plantel que terá unha media de idade de 23,5 anos.

O Presidente José Antonio Iglesias "Cadavid" dirixíu unhas palabras de benvida neste primeiro adestramento en Espiñedo, nas que animou aos xogadores "a levar o nome do Arenteiro e do Carballiño con orgullo e dignidade e pelexar para estar entre os mellores da categoria".

Dos 23 futbolístas que defenderán ao Arenteiro 2012-2013 na preferente sur do fútbol galego, 10 son da casa, e o resto, salvo Kennedy, proceden do fútbol provincial.

PORTEIROS: Continuan Pachi e Samuel e incorporase Macia, procedente do C.D. Lalín, última fichaxe.

DEFENSAS: Dabarca, Escudero, Prada, Pana, e Igor, que continuan do ano pasado. Incoporanse Tazos, Xurxo e o xuvenil Somo.

MEDIOS: Takón, Gabriel, Marcos Sotelo, Bardelás e  Kennedy, que xa estiveron na tempada anterior, e aos que se suman Roberto Dacosta, Iago Garrido e o xuvenil Oscar.

DIANTEIROS: Continuan no equipo Iglesias, Cancelas e Canexón. As novas altas son Cristian Dacosta e David Soares.

PARTIDOS DE PRETEMPADA:

O domingo dia 5 de agosto ás 7 da tarde presentaráse o C.D.Arenteiro en Espiñedo en partido fronte á U.D. Barbadás, da 3ª división. O domingo seguinte, 12 de agosto, xogaráse o trofeo "Festa do polbo", tamén en Espiñedo, ante o Coruxo F.C., o equipo vigués da segunda división B.

COPA DEPUTACIÓN NA PEROXA

No terceiro fin de semana de agosto o Arenteiro xogará a fase previa da Copa Deputación entre equipos de preferente e 1ª autonómica, a eliminatoria a partido único será no campo da Peroxa, ante o equipo local.

PRIMEIRO PARTIDO DE LIGA EN SANXENXO

O C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga a domicilio, será o domingo 26 de agosto viaxando ao campo do recén descendio Xuventú de Sanxenxo. O primeiro partido de liga como equipo locatario en Espiñedo será o domingo 2 de setembro ante o Mondariz. Na terceira xoranda de competición ligueira, os carballiñeses desplazaránse atá o campo da Lomba de Vilagarcía, para enfrontarse ao Arosa S.C.

 

 

3, Xullo 2012

As últimas incorporacións que se suman ás xa anunciadas con anterioridade son as de Borja Lorenzo "Tazos", Roberto Dacosta e a renovación de Kennedy, que fora inicialmente descartado.

"Tazos" procede do Ourense B, ainda que este mesmo ano xogou varios partidos co primeiro equipo do C.D. Ourense, xoga de lateral e ten 22 anos. Tamén se confirma a continuidade de Kennedy, que chegou na súa segunda etapa ao Arenteiro mediada a pasada tempada.

Roberto Dacosta chega ao Arenteiro para reforzar a zona de creación do equipo, procedente da A.D. Covadonga da 1ª autonómica, aínda que anteriormente militara en categorias superiores co Ponte Ourense, e mesmo co C.D. Ourense en 3ª división, ten 31 anos.

A DÉBEDA DO CLUB REDUCESE EN 18.000 EUROS

Cerrada a contabilidade do último exercicio, o club que dirixe José Antonio "Cadavid" logrou reducir a débeda en 18.000 euros, polo que a débeda actúal queda en 53.000 euros, según os datos facilitados desde o propio club.

Xa cara a vindeira tempada, os carnés de socio terán un prezo de 80 euros para homes e 40 euros para mulleres. O orzamento previsto para a tempada 2012-2013 rondará os 120.000 euros, esperando que a xestión económica permita seguir rebaixando a débeda actúal.

3, Xullo 2012

O Carballiño contará no próximo curso futbolístico con dous novos equipos en competición federada. O Arcos F.C. e o Sporting Casino militarán na vindeira tempada na 3ª autonómica.

No caso do Arcos F.C. trátase dun regreso ás competicións, nas que xa participou atá chegar á 2ª autonómica, e chegando incluso a ser ún dos equipos punteiros da segunda categoria provincial. En canto ao Sporting Casino Carballiño, o mesmo tomará parte en competición federada por vez primeira, e nace ao amparo do Casino Cultural do Carballiño, como unha nova alternativa deportiva impulsada desde a propia entidade.

25, Xuño 2012

Os catro primeiros xogadores en asinar a súa ficha para a tempada que ven na preferente son David Soares, Cristian Dacosta, Xurxo Bouzo e Iago Garrigo.

Son os catro primeiros, e nos próximos dias chegarán máis. David Soares -dianteiro centro- de 28 anos de idade, procede do C.D. Lalín, equipo do que foi ún dos seus máximos goleadores nas últimas tempadas. Tamén é dianteiro Cristian Dacosta, que xogou esta pasada tempada no Ourense B, e que agora estará ás órdes do seu primo e adestrador do C.D. Arenteiro, Ramón Dacosta.

Regresan ó Carballiño Xurxo e Iago, defensa e medio centro, que xa xogaron no Arenteiro de fai dúas tempadas en preferente. Ambos estiveron este ano ligados ao Sp. Celanova.

En canto a baixas, están xa confirmadas as de Gele, Viñas, Vilachá, Kennedy e César. Esta relación de baixas aínda está pendiente de cerrarse, toda vez que o club quere manter a varios xogadores da tempada pasada, ainda que negocia con eles unha posible cesión a equipos da comarca.

 

11, Xuño 2012

Asi o confirmou a esta emisora de radio o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", o técnico ourensano que ascendeu ao equipo á preferente continuará ao fronte do C.D.Arenteiro para a tempada 2012-2013.

Ramón Dacosta e o Presidente cerraron a pasada semana o acordo. Agora, traballase xa na confección do plantel, unha vez que tanto o técnico como Presidente coinciden na necesidade de reforzar o grupo para acadar un equipo de garantías cara o ano que ven.

Aínda que non quixo apuntar nomes concretos, Antonio Iglesias "Cadavid" avanzou que "vai continuar arredor do 60% da plantilla que tivemos este ano, asi que podemos decir que non continuará o 40% restante". Tampouco quixo o Presdiente adiantar nada sobre posibles fichaxes aínda que sí aclarou "que calquera reforzo que chegue este ano deberá ser de xente contrastada, que xunto o que xa temos, pensamos que farán un equipos de garantias, para non pasar apuros, e sen descartar metas máis ambiciosas se a temporada vai ben".

Eses posibles "reforzos contrastados" apuntados polo Presidente poderían chegar desde Lalín e Ourense, de feito existen contactos con varios xogadores que esta pasada tempada militaron na 3ª división, e que poderían vestir de verde no próximo curso futbolístico, de materializarse estas negociacións.

Xa no aspecto social, "Cadavid" espera poder chegar aos 500 socios para a próxima tempada. Tamén confirmou a ampliación da xunta directiva "na que causarán baixa algunhas persoas que viñan manifestandome que estaban algo cansadas".

Finalmente, o Presidente do C.D. Arenteiro avanzou que todos os socios terán a súa disposición o balance económico do club, que "arrastra un deficit de 70.000 euros, que puxemos os directivos, porque a dia de hoxe o club ten saldadas todas as débedas, non se lle debe un euro a ninguén".

13, Maio 2012

Un ano despois os carballiñeses regresan á preferente pola porta grande, tras proclamarse campións da 1ª autonómica. Fixeróno tras impoñerser no derradeiro partido de liga xogado ante o Barbadás-B no campo municipal de Espiñedo, que volveu rexistrar unha gran entrada, con máis de 700 persoas no graderio nunha tarde de calor, o partido xogouse cunha temperatura de 30 graos.

Tres goles na primeira parte certificaron o ascenso do Arenteiro, que desde o minuto ún de paritdo amosouse moi superior ao seu rival, que apenas aguantou o arreón do Arenteiro nos minutos inicias. Inaugurou o marcador o capitán Takón ao cabecear impecablemente un balón medido que lle enviou Kennedy. O segundo gol chegou por medio dunha xenialidade de Cancelas dentro da área, tras dous sutíles regates o dianteiro carballiñés cruzou o balón inalcanzable para o gardameta visitante. Un chisco antes do descanso, unha brillante xogada persoal de Marcos Sotelo deixaba o partido visto para sentencia.

A segunda parte pudo sobrar, aínda que aos 47 minutos un mal entendemento da defensa do Arenteiro parecía dar vida a un moribumdo Barbadás, non obstante o gol visitante non fixo perigar en ningún momento o resultado, cun Arenteiro que -igual que o Barbadás- acusou o esforzo e a excesiva calor, e baixou bastante no seu rendemento. Asi e todo, aínda dispuxeron os locais de dúas magníficas oportunidades para ampliar a súa ventaxa no marcador

3 puntos que fan do Arenteiro campión de liga no grupo 3º da 1ª autonómica e certifican o seu ascenso á categoria superior, a preferente, na que o Arenteiro militará na tempada vindeira. 

Ao final, ledicia nos moitos seguidores do Arenteiro, e celebración con champán entre xogadores, técnicos e directivos. A vindeira tempada, espera a preferente. 

A celebración polo ascenso do C.D.Arenteiro trasladouse á Casa do Concello do Carballiño, onde a plantilla de xogadores, corpo técnico e directiva, foron obxeto dunha recepción no salón de actos por parte do Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes, que felicitou ao club polo ascenso de categoria e desexoulles os maiores éxitos para o futuro. Tamén tomaron a palabra o adestrador Ramón Dacosta, o capitán Takón, e o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid", que agradeceron os apoios recibidos.

 

 

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes