18, Febreiro 2021

Como pode apreciarse na fotografía, o desbordamento do río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño asolagou algunhos tramos do paseo fluvial e mesmo leiras lindantes. Ademáis, as constantes choivas das últimas semanas agravaron o deterioro que sufre esta senda peonil nas ribeiras do río Arenteiro.

Nas últimas 24 horas o pluviómetro recolleu 44 litros de auga por metro cadrado no Carballiño, tras unha noite-madrugada deste xoves dia 18 de Febreiro que rexistrou abundantes precipitacións, aínda que ao producirse nun intervalo de varias horas apenas provocaron incidencias reseñables na zona urbana, como sí ten acontecido noutras ocasións nas que as precipitaciós se acumulan en grandes cantidades e nun reducido intervalo de tempo.

18, Febreiro 2021

O alcalde Francisco Fumega afirmou hoxe en COPE O Carballiño que "recibimos o requerimento o dia 9, ese mesmo dia xa trasladamos a petición á empresa que xestiona o SAF e o dia 10 remitimos a documentación á FEGAMP". O rexedor entende que "debeu haber algún problema informático" e asegurou que esta mañá volveuse remitir esta documentación.

As asevaricións do alcalde do Carballiño chegaban despóis de que a Xunta volvese hoxe incluir a O Carballiño entre a listaxe de concellos -19 en toda Galicia- que non remitiron a documentación solicitada por Sanidade, co persoal do Servizo de Axuda no Fogar "para acelerar o proceso de vacinación", e tamén tras as críticas formuladas polos tres grupos políticos da oposición municipal no concello carballiñés.

18, Febreiro 2021

O Carballiño resta 5 contaxios, en relación a onte, e quédase hoxe con 56 persoas con infección activa. Tamén sigue baixando a IA, con 53 novos casos diagnosticados nos últimos 14 dias no municipio.

Según a actualización deste xoves dia 18 de Febreiro, a relación de persoas que están pasando pola enfermidade nos concellos de comarca é a seguinte: Cea (10) Maside (9) Boborás (8) Punxín (5) Piñor (1) O Irixo (1) Beariz (0) San Amaro (0)

18, Febreiro 2021

O grupo popular no concello do Carballiño asegura que "xa fai quince días desde que a Xunta de Galicia lle pediu este listado ao Concello , e o Concello segue sen mandalos. e ata que a Xunta teña estes datos, as traballadoras de Axuda no Fogar non poderán ser vacinadas". E engaden que "resulta incrible que o grupo de goberno aínda non mandase a Xunta de Galicia a lista de traballadoras do SAF que fan o seu traballo no Carballiño. Sen eses datos a Xunta non pode comezar a vacinalas, tal como están esperando, pola súa seguridade e pola seguridade da xente a que atenden".

O Partido Popular cualifica como indignante o desprezo do Alcalde do Carballiño cara as traballadoras de axuda no fogar e, sobre todo, cara os usuarios do servizo "non se pode chamar de outra maneira que a Xunta se vexa obrigada a pedir de novo os datos das traballadoras, cando o Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais deberían ser os primeiros que tivesen interese en que a vacinación se fixese canto antes. A día de hoxe só quedan en Galicia 6 dos 92 concellos da provincia sen mandar estes datos. A Xunta xa vacinou a 1.656 traballadores de axuda no fogar, e outros 6.184 xa están citados", polo que pregúntanse para cándo quedarán as traballadoras do SAF do Carballiño.

"Esta situación non se pode tolerar. O Alcalde ten que mandar xa a Xunta os datos que lle pediron hai máis de quince días, e se non, será responsable dos contaxios que se poidan dar entre as traballadoras e os usuarios deste servizo. E se a responsable é a concelleira de servizos sociais, o lóxico sería que o Alcalde a cesase as súas funcions, se non quere ser cómplice da súa responsabilidade. Esperamos que o Alcalde explique o que está a pasar, pois a súa neglixencia ponnos a cola da provincia en vacinación, cando somos a primeira vila por poboación. Isto ten que solucionarse de forma inmediata", manifestan dende o grupo municipal do Partido Popular no concello carballiñés.

Espazo Común

Tamén Espazo Común mostra as súas críticas, subliñando que "na tarde de onte, a Xunta de Galicia facía público un comunicado no que informaba da inminencia do comezo do procedemento de vacinación dos traballadores e traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar dos distintos concellos. Nas últimas semanas, a administración autonómica, en colaboración coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) estivo recabando a documentación necesaria para acometer o proceso nun colectivo especialmente sensible e exposto". Relatan como aconpañando a esa comunicación, incluiase unha listaxe dos 44 concellos galegos que aínda non fixeron chegar a información requerida.

"Tristemente e como xa ven sendo habitual, o Concello do Carballiño tiña que destacar negativamente e é un dos cinco únicos da provincia de Ourense que aparece nela", recolle Espazo Común, engadindo que "a pesares de ter coñecemento de que as traballadoras do servizo xa asinaron o seu consentimento hai arredor de 15 días, estes aínda non foron remitidos".

Finalmente, Espazo Común espera explicacións do alcalde Fumega "ten que contar cunha moi boa explicación, que agardamos non sexa culpar a terceiros, para xustificar este grave feito que afecta de novo a un grupo de traballadoras e aos usuarios dun servizo que xa tiveron que sufrir en máis ocasións o desleixo e a incapacidade dun goberno cada vez máis pernicioso para este pobo".

17, Febreiro 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que o Consello da Xunta aprobará mañá unha nova orde de axudas para a creación de 20 casas niño no rural. Foi durante unha visita realizada ao centro situado no concello de Maside, un dos primeiros de Galicia, na que estivo acompañada do alcalde da localidade, José Manuel Iglesias, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Trátase da sexta convocatoria de casas niño que o Goberno galego impulsa desde o ano 2016, cando se crearon estas pequenas escolas infantís, totalmente gratuítas para as familias, en pequenos concellos do rural. A conselleira lembrou que coa posta en marcha destes 20 novos centros, Galicia contará antes de rematar o ano cun centenar de casas niño espalladas por toda Galicia.

Esta convocatoria estará dotada con 1,6 millóns de euros, que se empregarán para o funcionamento das instalacións, ao que se destinan 19.600 euros anuais por centro; así como para a adecuación das instalacións nas que se van situar, para o que cada casa recibe 15.000 euros. A conselleira resaltou que estes recursos de conciliación teñen demostrado ao longo destes anos ser útiles para os cidadáns, ao adaptarse ás características do rural galego; e prestar un servizo de gran calidade.

17, Febreiro 2021

Tan so unhas horas despóis de poñerse en marcha o operativo de busca foi encontrado morto este veciño de Ventosa, na parroquia de Xurenzás, despóis de que a familia advertira a súa desaparición sobre as dez e media da mañá. O home padecía a enfermedidade de alzheimer.

A primeira hora da tarde o concello de Boborás fixera un chamamento para colaborar na súa localización. O 112 mobilizou aos bombeiros do Carballiño, con equipamento de drones, efectivos do GES de Avión, Grupo de Emerxencias do Carballiño, Garda Civil e Protección Civil de Boborás.

17, Febreiro 2021

O concello de Boborás ven de facer unha chamada á colaboración cidadán para localizar a un veciño da localidade de Ventosa, na parroquia de Boborás, que se atopa desaparecido dende as primeiras horas desta mañá de mércores.

Xa se mobilizaron os medios de emerxencias, non obstante o concello de Boborás fai un chamamento para todas aquelas persoas que poidan sumarse á búsqueda de Emilio ou facilitar calquera dato que axude á súa localización, chamando ao 112. Viste chaqueta con capucha verde e pantalón beige.

17, Febreiro 2021

A crise socioeconómica provocada pola pandemia da Covid-19 está a ter “desvastadores efectos” no sector vitivinícola galego, con especial incidencia en Ourense ao posuír catro das cinco denominacións de orixe de Galicia, onde centos de viticultores e adegas poden verse na obriga de abandoar as súas colleitas e os seus negocios ante as elevadas perdas rexistradas polo peche da hostalería, a restauración e maila inactividade no ámbito do turismo enolóxico. Esta é a análise que sobre o sector reflicte unha moción presentada polos senadores ourensáns -Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernández e Jesús Vázquez- na que reclaman ao Goberno medidas específicas de apoio á industria do viño a través de novas vías de financiamento, promoción e exportación.

En concreto, os senadores solicitan ao Executivo que negocie coa Comisión Europea a incorporación de financiamento extra máis aló dos programas nacionais de apoio ao sector vitivinícola español; o deseño de campañas de promoción para fomentar a cultura do viño; desenvolver plataformas telemáticas de comercialización; aprobar un plan estratéxico de Internacionalización para recuperar e abrir novos mercados exteriores; e levar a cabo accións dirixidas a potenciar o consumo interno, incluíndo o apoio ao enoturismo.

En Galicia, con cinco denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra) hai preto de 10.700 viticultores, 449 adegas, preto de 8.400 hectáreas de superficie cultivada e unha producción anual superior aos 64 millóns de quilos de uva. A provincia de Ourense, non obstante, é un caso singular en Europa por ser un dos escasos territorios nos que conviven tantas denominaciós de orixen xuntas: Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra, que comercializan preto de 19,2 millóns de litros de viño e facturan case 90 millóns de euros. Un sector estratéxico para a economía da provincia, actuando como un dos grandes cohesionadores do rural ourensán.

Segundo os expertos, “o balance global é unha diminución do consumo, a redución dos prezos medios e, por tanto, do valor total das vendas, do volume de negocio e dos beneficios das adegas”, advirte o senador ourensán Miguel Ángel Viso, que destaca os resultados dun estudo realizado pola Federación Española do Viño, segundo o cal o 96 % das adegas españolas rexistran graves danos nos seus negocios pola continua caída do consumo interno, esperando un descenso do 35 % en volume de viño comercializado e unha perda de máis do 50 % do valor de vendas. E todo iso pese ao repunte de vendas nos supermercados (64,5 %) e sobre todo vía online (161,2 %), “que non compensará a forte caída en restauración e hostalería debido ao peche destes negocios e á inactividade no turismo enolóxico, así como a ausencia de promoción pola suspensión de salóns, feiras e mesmo festas tradicionais”.

UNHA PRODUCIÓN DE CARÁCTER ESTRATÉXICO.

As medidas incluídas na proposta, que se debatirá na comisión de Agricultura do Senado, reforzarían a consideración da viticultura como unha produción de carácter estratéxico, afirma o senador, que contrapón estas accións ás axudas ao sector aprobadas no seu momento polo Ministerio de Agricultura para paliar a crise de mercado derivada da pandemia, “pois non se adaptan ás singularidades do modelo de viticultura en Galicia, como a destilación para vinagres e alcohol de uso sanitario, o almacenamento de excedentes en adegas que non dispoñen de capacidade, ou a vendima en verde para superficies de máis de 3.000 metros cadrados, cando o tamaño medio en Galicia é de 1.400 metros cadrados”.

Ademais, conclúe Miguel Ángel Viso, “xunto á importancia económica, a xeración de emprego nas zonas produtoras e a súa contribución á cohesión do rural hai que sumar o valor ambiental deste sector polas súas achegas ao mantemento da diversidade, da paisaxe e a redución de C02”.

17, Febreiro 2021

O coronavirus continúa en retroceso no Carballiño, tanto na incidencia acumulada dos útlimos 14 dias como nos contaxios activos, os dous indicadores son coincidentes por segundo dia consecutivo, con 61 persoas -catro menos que onte- con infección activa no Carballiño, todas elas contraeron a enfermidade nos últimos 14 dias.

No resto de municipios os contaxios activos notificados hoxe por Sanide son os mesmo que aparecían na relación de onte, esto é: Cea (11) Maside (10) Boborás (8) Punxín (5) Piñor (1) San Amaro (1) O Irixo (1) Beariz (0)

16, Febreiro 2021

Nunca tantos mecos se viron na comarca como este ano de "non entroido", hainos ata con carácter reivindicativo como o que pode verse en Salamonde, en demanda dunha mellora na deficiente cobertura da telefonía móbil e o acceso á interet. 

O entroido volverá con forza o ano que ven, viva o entroido !!

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS