
A crise que vive Ciudadanos na provincia de Ourense deixa ao partido laranxa sen o único concelleiro co que contaba nos concellos da comarca do Carballiño, Eulogio González, edil da corporación municipal de Punxín ven de comunicar que se da de baixa en Ciudadanos e que seguirá agora como concelleiro non adscrito.
No concello de Punxín, no que exerce como 1º tenente-alcalde, o apoio de Eulogio González foi decisivo para que o actúal alcalde do Partido Popular, Manuel Vázquez "Casalta", retivese a alcaldía en minoria tras as eleccións municipais de 2019.

O próximo dia 16, que debería ser martes de entroido e a pesar da suspensión de todas as actividades festivas, seguirá sendo día inhabil a efectos laborais, polo tanto festivo de carácter local en todos os concellos da comarca, agás no de San Cristobo de Cea. Asi que será dia festivo local nos municipios de Beariz, O Irixo, Boborás, Piñor, Maside, Punxín, San Amaro e O Carballiño, tamén no concello de Avión.
En consecuencia, no Carballiño adiántase a primeria feria do mes de Febreiro, que tocaba ese dia, ao lúns dia 15. O alcalde do concello do Carballiño asinou un decreto no que da conta que, tendo en conta a actúal situación sanitaria pola pandemia do cororavirus e o cumprimento das normas de prevención en vigor, autoriza a celebración da feira reducida aos postos do agro e alimentación, igual que xa aconteceu coa segunda do mes de Xaneiro.

O coronavirus parece estancarse no Carballiño, non empeora a situación pero tampouco mellora. Manténse a incidencia acumulada, con 93 novos casos diagnosticados nos últimos 14 dias no concello do Carballiño, e tamén estancamento nos contaxios activos, que igual que onte tamén hoxe son 92.
Nos demáis concellos da comarca o número de contaxios activos é hoxe os seguinte: Maside (-4) (18) Cea (-1) (14) Boborás (+1) (12) Punxín (-1) (7) San Amaro (-) (2) Piñor (-) (1) Beariz (-) (0) O Irixo (-) (0)

O Concello de Maside quere recoñecer a gran labor que durante tantísimos anos están a realizar os compoñentes das distintas comparsas do concello, que cada ano cobran protanonismo polo tempo do entroido.
É por elo, que neste Entroido tan atípico que nos toca vivir este 2021, o concello masidao recoñece o traballo colectivo "pola ilusión, polos ánimos, pola alegría, pola diversión, polo traballo, polo esforzo, polo tempo invertido, polos bos momentos que nos fan vivir, ano tras ano para facernos disfrutar do Entroido".
Se por algo o Concello de Maside se pode enorgullecer -engaden- é por ter uns veciños e veciñas que viven con paixón esta tradición, e elo vese reflexado cada ano chegadas estas datas, cando vemos saír as comparsas do Bardelás, Os Arrieiriños de Dacón, os Azucarados de Maside e por suposto ós Felos, disfrutando e facendo desfrutar ós demáis. E como agradecemento o Concello de Maside outorgará unha subvención a estes catro grupos que manteñen vivo o lume do Entroido en Maside. Todos eles recibirán 150 € como recoñecemento á súa labor, de mans do alcalde o vindeiro martes de Entroido no concello de Maside.
Ademáis, o concello masidao invita a transformar estes dias de entroido " nun ano que non teremos o noso tradicional desfile do luns de entroido, pero queremos ter balcóns, fiestras, fachadas das casas cheas de colorido, cheas de Entroido!! Queremos que os veciños e veciñas poñan en marcha a imaxinación e nos sorprendan!!! Que se disfracen e nos fagan chegar as súas fotos, colgaremolas na web do concello e nas nosas redes sociais, queremos seguir a desfrutar do Entroido".
Finalmente, remarcan que "este ano tocanos vivir un Entroido diferente, por eso queremos pedirlles que cumpran coa normativa sanitaria establecida, que non poñan en risco a súa saúde nin a dos demáis. Que non esquezan que de todo esto temos que saír xuntos, pero sobre todo, temos que saír tod@s".

Continúa a tendencia á baixa na incidencia acumulada (IA) nos últimos 14 dias, neste indicador no que o Sergas recolle os novos casos de coronavirus que se confirman con probas diagnosticas, vemos que O Carballliño pasa dos 100 novos positivos de onte aos 93 de hoxe.
En canto a contaxios activos aínda non se reflicte este descenso da IA, xa que so baixa un caso no Carballliño, dos 93 de onte aos 92 de hoxe. No resto de concellos as persoas con infección activa son as seguintes: Maside (22) Cea (15) Boborás (11) Punxín (8) San Amaro (2) Piñor (1) O Irixo (0) Beariz (0)

Ignacio "Nacho" Campo González é o novo presidente provincial de Novas Xeneracións, a organización xuvenil do Partido Popular. Foi elixido nunha asemblea celebrada este pasado mércores á ultima hora da tarde, substitúe no cargo a José Antonio Parente.
Campo -natural e veciño de Dacón- é un dos concelleiros máis xóvenes da comarca do Carballiño, nas eleccións de 2019 con 22 anos foi elixido concelleiro da corporacíón municipl do concello de Maside na lista do Parido Popular. Asume a presidencia provincial de NNXX "como un reto persoal, con moitas gañas de facer cousas por esta comarca e provincia, e agradecendo o apoio recibido con esta elección, espero non defraudar a ninguén", remarcou nunha entrevista en COPE O Carballiño.

O segundo cribado realizado polo Sergas no Carballiño e no que participaron o pasado martes dia 9 un total de 1.229 persoas dos concellos do Carballliño, Maside e Punxín sáldase finalmente detectando 3 casos asintomáticos que deron positivo na PCR.
No anterior cribado, o do 31 de Xaneiro, daquéla realizado a 1.304 persoas todas elas do Carballiño, detectaránse 14 positivos. En cada un deles estaban citadas 2.000 persoas.

Na actualización de datos correspondente a este mércores dia 10 de Novembro sae da relación de centros afectados por coranvirus o CPR Sagrado Corazón do Carballiño, mentres entra nesta mesma relación o CEIP do Irixo, que rexistra un caso positivo.
Os demáis centros educativos da comarca e os contaxios activos que permanecen nos mesmos son os seguintes: IES Chamoso Lamas (7) CIP Terras de Maside (5) CPR Vila do Arenteiro (4) IES nº 1 (4) CEIP Calvo Sotelo (3) CEIP Boborás (1) IE Trastes (1)
Tres centros manteñen aulas pechadas, 1 no CPR Vila do Arenteiro, 1 no CEIP Boborás e 1 no CIP Terras de Maside.

As altas medicas superan os novos positivos no Carballlio, que pasa dos 102 que notificaba onte aos 93 que ten hoxe. Pero o que non mellora é o indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que continúa -igual que onte- nos 100 novos positivos diagnosticados durante ese intervalo de dias.
No resto de concellos os datos do dia son os seguintes: Maside (-1) (22) Cea (-1) (16) Boborás (+1) (12) Punxín (-) (8) San Amaro (-) (2) Piñor (+1) (1) O Irixo (0) Beariz (0)

Asi foi como me encontrei esta tarde a rúa Serra Martiñá, sin ningún tipo de señalización e imposible para transitar, asi que non quedou outra que recuar co furgón marchas atrás máis de 400 metros ante a imposibilidade de poder maniobrar. E asi levaba todo o dia, non sei se é moito pedir algo máis de señalización o concella de turno en vez de tanto cono, que parece que van baratos, tampouco estaría mal que a policia local se percatese destas situacións. Moitas gracias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- 292
- …
- seguinte ›
- última »