Mes: agosto 2026

D. Antonio Gil López -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 85 anos. Esposa: Orosia Bravo López. Fillos: Manuel (+), Mari Carmen e Laura Gil Bravo. Neta: Iria. Neto político: José Manuel. Bisneto: Mateo. Irmáns: José (+) e Manuel (+) Gil López. Irmáns políticos, sobriños, curmáns e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 7 as doce da mañá dende Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (sala nº2) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Rógase non envién flores.
Read More
As Festas das Neves de Grixoa presentan a única actuación da Orquestra Panorama na provincia neste mes de agosto, será este xoves dia 6

As Festas das Neves de Grixoa presentan a única actuación da Orquestra Panorama na provincia neste mes de agosto, será este xoves dia 6

A orquestra ofrecerá nesta verbena das festas da parroquia das Neves de Grixoa, no concello de San Amaro, o seu espectáculo da "Xira Time Tour 2026", son 3 horas de puro espectáculo musical e artístico co despliegue tecnolóxico máis importante da historia desta orquesta, con 20 artistas sobre o escenario. Será a única actuación da Panorama para este mes de agosto na provincia de Ourense, e na verbena deste xoves dia 6 de agosto, na que tamén participarán o grupo "Los Lúnes al Sol" e a discomóbil Apocalipsis. No campo da festa das Neves de Grixoa a comisión oferta un…
Read More
A Festa da Xuventude presenta un cartel de luxo encabezado polo afamado DJ Ballesteros, con 14 DJ e discomóbil A Gramola, para este domingo do pulpo nas Barcias

A Festa da Xuventude presenta un cartel de luxo encabezado polo afamado DJ Ballesteros, con 14 DJ e discomóbil A Gramola, para este domingo do pulpo nas Barcias

O Pulpo Fest, a coñecida como Festa da Xuventude, é unha das citas máis esperadas da 64ª Festa do Pulpo do Carballiño por parte dos máis novos. Como é habitual, celebrarase durante a tarde do domingo, e nesta ocasión, presenta un cartel de luxo con 14 artistas de música urbana. A rapazada poderá desfrutar dunha programación de gran calidade, encabezada polo afamado DJ Ballesteros, referente en España e Europa na escena musical, e pola recoñecida discomóbil galega A Gramola. O madrileño, que colabora con artistas internacionais como Chimbala, Lírico en la casa o Kiko el Crazy, fíxose un oco nos…
Read More

D. Benito Hermida Soto -D.E.P.-

Faleceu en Leiro, aos 85 anos. Esposa: María Mercedes González De La Fuente. Fillos: Vanessa, Yolanda (+) Juan Carlos (+) e Veruska. Fillos politicos: Antonio e José. Netos: Leire e Eva. Irmáns: Manuel e Dolores. Irmáns políticos: Adolfa, Isidoro, Ramiro e Sara. Consogra: Elisa. Sobriños, pirmos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución este mércores dia 5 de agosto á 7 da tarde desde o Tanatorio García Aliende de Leiro ata a igrexa parroquial de San Pedro de Leiro, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial de Pazos de Arenteiro, favores…
Read More
Novo récord mundial das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño-Arcos: un prato con 610 quilos de pulpo á feira

Novo récord mundial das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño-Arcos: un prato con 610 quilos de pulpo á feira

As pulpeiras e pulpeiros do Carballiño elaboraron a ración de pulpo máis grande do mundo na tarde deste martes 4 de agosto, nun gran espectáculo que tivo como escenario para a súa celebración a Praza Maior. Con 610 quilos de cefalópodo, lograron superar a marca de 600 quilos lograda na pasada edición. Pouco despois das 20,00 horas, centos de persoas congregadas para ver en directo o fito corearon a habitual conta atrás, trala que as pulpeiras e pulpeiros iniciaron o corte no gran prato de 5,37 metros de diámetro. Unha vez rematada a elaboración, os asistentes puideron degustar do pulpo,…
Read More
A Xunta mellora desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía, ademáis axusta horarios de lúns a venres.

A Xunta mellora desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía, ademáis axusta horarios de lúns a venres.

O delegado da Xunta en Orense, Manuel Pardo desprazouse á estación intermodal de Ourense para informar que a Xunta mellorará desde o 8 de agosto os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dúas frecuencias máis os sábados, domingos e festivos ao mediodía. O delegado da Xunta salientou que cos novos servizos que sairán ás 12,20 horas do Carballiño e ás 13,00 horas da estación intermodal de Ourense, amplíanse as opcións dispoñibles para a cidadanía, que pasará a contar con tres autobuses cara á cidade e outros tres de volta nestas xornadas. Manuel Pardo explicou que os novos…
Read More
O Concello do Carballiño homenaxea a Francisco Valeiras, Xefe da Policía Local durante 30 anos, polo seu traballo “exemplar” contribuíndo á organización e seguridade da Festa do Pulpo

O Concello do Carballiño homenaxea a Francisco Valeiras, Xefe da Policía Local durante 30 anos, polo seu traballo “exemplar” contribuíndo á organización e seguridade da Festa do Pulpo

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu o acto de homenaxe a Francisco Valeiras, Paco, veciño do Carballiño e xefe da Policía Local durante preto de 30 anos. O goberno municipal e o homenaxeado, así como axentes da Guarda Civil, Policía Local, Bombeiros, servizos de emerxencia, familiares e amizades, reuníronse na Casa Consistorial para poñer en valor o esforzo, traballo e tesón de Valeiras. “Moitas grazas por este recoñecemento aos meus 34 anos na Policía Local, primeiro como axente e despois como xefe”, apuntou Valeiras, quen recordou a “evolución e transformación” do xeito de traballar ao longo da…
Read More
Daniel Caíña, Sarxento-Xefe do Parque de Bombeiros: “a seguridade facía necesario un cámbio de emprazamento para a Festa DJ”

Daniel Caíña, Sarxento-Xefe do Parque de Bombeiros: “a seguridade facía necesario un cámbio de emprazamento para a Festa DJ”

Con esta intervención en COPE O Carballiño o mando do Parque Comarcal de Bombeiros do Carballiño-O Ribeiro quixo aclarar o seu punto de vista sobre a polémica pola contestación ao cámbio de emprazamento acordado polo concello carballiñés, para este evento que reúne no parque municipal o dia da festa do pulpo a miles de xóvenes. Caíña desvelou o contido do informe elaborado a petición do concello do Carballiño e no que se desaconsella a celebración desta concentración no seu escenario habitual, e considera como apto o novo emprazamento nas Barcias, onde terá lugar este próximo domingo. Escoita aquí a entrevista…
Read More

D. José Luis Vázquez Díaz -D.E.P.-

Faleceu en O Carballiño aos 64 anos. Esposa: Ana Isabel Carral Diéguez. Fillos: Noemí Amaro Vázquez e Diego Vázquez Amaro. Fillo político: Jorge Villanueva Álvarez. Netos: Leo e Ada Villanueva Amaro. Irmás políticas: Elena, NIeves e Carmen. Sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 4 as sete da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº3) ata a igrexa parroquial de Santo Tomé de Madarnás (O Carballiño) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

Dña. Purificación Fernández Álvarez -D.E.P.-

Faleceu aos 63 anos no Carballiño. Esposo: Antonio Diéguez Cacheiro. Fillos: Nancy e Stephane Diéguez Fernández. Pai: Manuel Fernández García. Pai político: Eladino Diéguez Villar. Irmáns políticos: José Luis Diéguez Cacheiro e Noelia Rodríguez. Primos: Reme e Manuel. Tíos, sobriños, demáis primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 3 de agosto ás seis e media da tarde desde o velorio de Anllo (San Amaro) ata a igrexa parroquial de Santiago de Anllo, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán…
Read More