Mes: agosto 2026

D. José Antonio Caíña Lamas -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 74 anos. Esposa: Mercedes Pérez Pérez. Fillos: Javier e José Antonio Caíña Pérez. Fillas políticas:Glendy Montiel e Alejandra Verenzuela. Netos: Sebastián e Samanta Caíña Montiel; Ana Victoria Caíña Verenzuela. Irmáns: Gerardo, Mª del Carmen, Teresa, Carlos e Sara. Irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 25 as seis e media da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº1) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

Dña. Sara Corral García -D.E.P.-

Faleceu en Arcos-O Carballiño aos 93 anos. O seu irmán: Manuel Corral García. Irmá política: Pilar Barrreiro Lemate. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este martes dia 25 de agosto ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Arcos, na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse o lúns 24 a partir das catro e media da tarde.
Read More
A Xunta impulsa en Cenlle a divulgación dos oficios artesanais no marco do festival ‘Espírito Ribeiro‘

A Xunta impulsa en Cenlle a divulgación dos oficios artesanais no marco do festival ‘Espírito Ribeiro‘

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu en Cenlle á sexta edición do festival Espírito Ribeiro, enmarcado nos Concertos do Xacobeo da Xunta. O Goberno galego colaborou na iniciativa que se veu celebrando esta esta fin de semana no campo do cabalo de Laias co obxectivo de enxalzar o viño e o territorio vinculado á Denominación de Orixe Ribeiro. A través da Fundación Artesanía de Galicia, patrocinou dous obradoiros gratuítos para iniciar ao público nas técnicas da…
Read More

Dña. María Inés Vázquez Vázquez -D.E.P.-

Veciña do Reino-Piñor, faleceu aos 61 anos en Barcelona. A súa nai: María del Carmen Vázquez Otero. Irmáns: Manuela, Ricardo e José María Vázquez Vázquez. Irmá política: Cecilia Millana Pradas. Sobriños: Pablo Vázquez Millana e Lucía Vázquez Martínez. Tíos, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este lúns dia 24 de agosto ás 7 da tarde, desde o velorio municipal de San Cristovo de Cea ata a igrexa parroquial de Santa María de Carballeda-Piñor, na que se celebrará o funeral e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi…
Read More

D. Manuel González Álvarez -D.E.P.-

Faleceu aos 57 no Eixán-Astureses (Boborás). Irmán: José Luis González Álvarez. Tía: Felisa Álvarez Mato. Primos e demáis familia. Róganlles unha oración e asistencia á condución que terá lugar este domingo 23 de agosto ás 7 da tarde desde o Tanatorio Veracruz (Parque empresarial do Carbalilño) ata a igrexa parroquial de San Xulíán de Astureses, na que se se celebrará o funeral e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio ábrese o sábado dia 22 a partir das 6 da tarde.
Read More

Dña. María Teresa Pérez González (Natural de A Esfarrapa -O Irixo-

Faleceu en Ponferrada aos 57 anos. Esposo: Félix Panadeiros Quintela. Fillos: Alba e Carlos Panadeiros Pérez. Filla política: Helena Ruiz Valbuena. Nai política: Pura Quintela Fernández. Irmáns políticos: Eva Panadeiros Quintela e Antonio González Rodríguez. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o domingo día 23 as once da mañá dende o velorio de O Campo (O Irixo) ata a igrexa parroquial de Santa María Do Campo (O Irixo) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. Sairán dos autocares da empresa Montañesa…
Read More

Dña. Lina Arias García (Viúva de D. Paulino Fuentes García) -D.E.P.-

Faleceu aos 88 anos. Fillo: Jaime Fuentes Arias. Neta: Cristina Fuentes Vázquez. A súa familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o sábado día 22 as sete da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiño (sala nº2) ata o Templo da Veracruz no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Maside entra na Semana Grande das Festas de San Vitorio. Escoita aquí o programa especial de COPE O Carbaliño

Maside entra na Semana Grande das Festas de San Vitorio. Escoita aquí o programa especial de COPE O Carbaliño

O Alcalde do concello de Maside José Manuel Iglesias repasa a actualidade municipal e festiva deste verán que culmina coa coa celebración das festas de San Vitorio na propia vila, e que terán os seus dias grandes os próximos dias 27 e 28 deste mes de agosto no que andamos. Yolanda Requejo achéganos a previa destas festas coa programación das xa clásicas noites de cine ao aire libre na Praza Maior de Maside, con cine familiar entre o dias 22 e 25 a diario ás 22 horas coas películas "Sonic 3", "Padre no hay más que uno", "Los tipos malos…
Read More
A Policia Local investiga a denuncia presentada por un pai de dous cativos que xogaban no parque infantil da Alameda ante a sospeitosa actitude dun home que os invitou a dar un paseo

A Policia Local investiga a denuncia presentada por un pai de dous cativos que xogaban no parque infantil da Alameda ante a sospeitosa actitude dun home que os invitou a dar un paseo

O pai dos cativos fixo constar na súa denuncia ante a Policia Local do Carballiño que según o relato dos dous cativos un home "con aparencia normal achegouse a eles decindolle que era amigo do seu pai e que os invitaba a dar un paseo con él". Aconteceu na tarde deste pasado xoves. A Policia Local do Carballiño abríu unha investigación para aclarar os feitos denunciados polo proxenitor dos nenos, incluíndo o visionado e estudo das grabacións das cámaras de video-vixilancia recentemente instaladas polo concello do Carballiño nesta zona do parque infantil da Alameda.
Read More
A Entidade Local Menor de Berán adxudica a explotación do novo balneario por un periodo de 15 anos

A Entidade Local Menor de Berán adxudica a explotación do novo balneario por un periodo de 15 anos

Fumata branca, á Entidade Local Menor de Berán adxudicou á empresa Balneario de Berán S.L. para os próximos 15 anos a xestión das instalacións balnearias, a adxudicataria pagará un canon anual de 5.000 euros. Haberá que realizar algunhas obras para proceder á súa apertura ao público. Desta maneira, e 20 anos despóis de que rematase a construcción do novo balnerario, dase agora un paso decisivo para poñer en valor unhas augas que contan cun gran recoñecento polas súas propiedades. Primeiro problemas administrativos, logo continuos desencontros no seo da Entidade, e varios fallidos intentos de adxudicación, a úlitma quedara deserta ao…
Read More