TERnadal, o programa de termalismo e convivencia que oferta a Deputación para as persoas maiores de 50 anos
Deputación de Ourense pon en marcha, por segundo ano consecutivo, o programa TERnadal, unha iniciativa que combina termalismo, benestar e convivencia para ofrecer ás persoas maiores de 50 anos a oportunidade de desfrutar das festas de Nadal nos balnearios da provincia. O presidente provincial, Luis Menor, anunciou a apertura desta nova edición durante a comparecencia posterior á Xunta de Goberno, coincidindo coa publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O programa enmárcase na estratexia termal da Deputación contra a soidade non desexada, un dos grandes retos sociais dunha provincia caracterizada polo envellecemento da poboación e a dispersión…