Deportes

9, Xullo 2021

O dianteiro Adri Castro chega dende o Deportivo, no que xogou na útlima tempada, mentres que o carrileiro José Carlos Márquez tamén conta con experiencia nas dúas últimas tempadas en segunda b, tralo seu paso por Getafe B e Villarrobledo. A terceira fichaxe confirmada é a dun vello coñecido para a afección verde, xa que para o centrocampista  Cassio -que chega do Ourense CF- será a súa segunda etapa no Arenteiro. Súmanse á fichaxe do ex-Pontevedra Adrián Cruz, anunciada polo club de Espiñedo dias atrás.

Desta maneira, a dirección deportiva comandada por Alex Vázquez continúa traballando na confección do plantel cara a próxima tempada en Segunda RFEF, un plantel no que con estas catro incoporacións xa son 16 os futbolístas que se comprometeron co club, tendo en conta as 12 renovacións do equipo que conseguíu o ascenso.

 

7, Xullo 2021

"Agradecemos ó Comite de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe por apostar por sacar á periferia dos grandes feudos da patinaxe en Galicia", indicou no acto de presentación da Copa Galega de grupos show Uxío Álvarez, o presidente do Club Aehde O Carbaliño.

O Concello do Carballiño foi o escenario da presentación da Copa Galega de grupos show de 1ª e 2ª categoría que se celebrará de venres a domingo no pavillón Paco Chao con preto dun milleiro de patinadores, 33 clubes de toda Galicia y 60 coreografías diferentes.

"Seguimos a estela do noso traballo durante estes anos e somos quen de organizar un evento a nivel autonómico, a base de sementar conseguimos poñer a O Carballiño no mapa da patinaxe", indicou Uxío Álvarez, presidente do Club Aehde, no acto de presentación do evento

O presidente do club, que estivo acompañado de varias patinadoras do equipo de show, destacou que para a entidade é todo un reto organizativo que pon a proba a súa capacidade.

Silvia Baranda, a concelleira de deportes, pola súa banda, salientou que "o Club Aehde está facendo un gran traballo polo deporte, neste caso feminino o 95%, coñezo dende dentro o seu labor e quero darlle públicamente as grazas. É moito traballo a cambio de nada todos os días".

O evento arrancará mañá venres cos grupos show júnior e os cuartetos, seguirá o sábado cos grupos pequenos de show de Segunda categoría e rematará o domingo cos grupos grandes de segunda e cos grandes e pequenos de Primeira. Será a porta pechada e poderase seguir por streaming na canle de Youtube do Club Aehde O Carballiño. Os adestramentos oficiais serán polas mañáns e a competición polas tardes.

A entidade organizadora, tamén aproveitou para darlle as grazas ó Concello do Carballiño, e en especial a concelleira, pola súa colaboración, e tamén os patrocinadores e restaurantes da vila que prepararon menús especiais para os clubs participantes, reservando tamén aforo para eles. Ademáis de fomentar e dar visibilidade a unha modalidade tan vistosa dentro da patinaxe artística, a Copa Galega tamén quere actuar de axente dinamizador no Carballiño.

No eido deportivo, o Club Aehde competirá o sábado na Copa galega de Segunda categoría de grupos pequenos co aval do terceiro posto no Trofeo Salvaterra Milenaria e ca esperanza de facer un bo papel, pero sobre todo de disfrutar do momento como anfitrións.

1, Xullo 2021

O centrocampista Adrián Cruz, procedente do Pontevedra, no que xogou o último ano, convértese na primeira fichaxe do CD Arenteiro para reforzar o seu plantel cara o súa histórica participación na 2ª División RFEF. 

Trátase dun experimentado futbolística natural de Moaña, de 33 anos de idade, que chega ao Arenteiro tras militar en equipos importantes, ademáis do Pontevedra, o novo xogador verde militou, entre outros, en equipos como Racing Ferrol, Real Burgos ou Osasuna.

A dirección deportiva do club traballa en novas incorporacións para unha plantilla na que continúan 12 fútbolistas do equipo que conseguíu o ascenso proclamándose campión de terceira división por vez primeira na súa historia.

 

28, Xuño 2021

O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral. Os detalles da proba foron presentados esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e os concelleiros de Deportes e de Cultura, Luis Iglesias e Ramón Álvarez.

A carreira, que marcou un récord ao esgotar nun só día o número de dorsais, conta coa colaboración do club Atletismo Arenteiro, formando parte ademais do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estando baixo o control do Comité Galego de Xuíces. O formato empregado será o de contrarreloxo, con saídas escalonadas de cinco en cinco atletas cada vinte segundos para evitar aglomeracións e manter así as medidas de prevención fronte á covid-19.

24, Xuño 2021

O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.

A zona cero estará na Praza da Veracruz, onde sairán os participantes ás 9:30 horas, para regresar aproximadamente dúas horas despóis, sobre as 11:30 da mañá do domingo. Entre os participantes, deportistas de primeiro nivel desta modalidade ciclista tanto do ámbito nacional como internacional.

Na media maratón correránse 40 km, e na maratón 65 km en total. Haberá avituallamento en ruta, e aperitivo ao finalizar a competición. Tamén se ofrece aos participantes servizo de duchas e lavado de bicis.

21, Xuño 2021

Os seis equipos galegos -Arenteiro, Coruxo, Arousa, Bergantiños, Compostela e Pontevedra- votaron a outra opción presentada pola RFEF, que sería cos equipos de Cantabria, pero por un voto de diferencia impúxose a opción que inclúe aos galegos cos equipos madrileños.

Desta maneira, os seis equipos galegos estarán no grupo 1 xunto aos cinco asturianos (Mariño de Luanco, Langreo, Ceares, Llanera e Real Avilés), tres equipos do suroeste de Castela e León (Salamanca, Palencia Cristo Atlético e Ximnástica Segoviana) e catro madrileños (Unión Adarve, Móstoles, Navalcarnero e Leganés B).

O calendario coñeceráse no transcurso do próximo mes de Xullo e a liga iniciará a primeira fin de semana do mes de Setembro. Haberá dous ascensos, un directo e outro en sistema play off entre o segundo e o quinto clasificado. Os descensos serán cinco máis os dous equipos con menor puntación deportiva dos cinco grupos, total 90 equipos, que integran esta nova Segunda Federación.

9, Xuño 2021

O evento de patinaxe artística na modalidade de equipos, organizado polo Club Aehde O Carballiño contará con 60 formacións participantes divididos en catro apartados: Primeira categoria de grupos show, Segunda categoría de grupos show, Cuarteros e grupos show júnior.

A Federación Galega de Patinaxe confiou ó Club de Patinaxe Aehde O Carballiño a organización da Copa Galega de show nas súas diferentes categorías: Primeira e segunda de grupos show, cuarteros e grupos show júnior. Será o venres 9 de xullo, o sábado 10 e o domingo 11, nas instalacións do Paco Chao de O Carballiño. Polas mañáns terán lugar os adestramentos oficiais e pola tarde sa competicións.

No evento participarán un total de 60 formacións cun preto dun milleiro de patinadoras e patinadores, entre eles o vixente subcampión do mundo o CPA Gondomar coa súa coreagrafía Saint Mary. Haberá participación das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense, neste caso cos organizadores do Club Aehde e o Ourela da cidade de Ourense. O evento, o máis grande en canto a participación e nivel que se levan celebrado na provincia no mundo da patinaxe, é todo un reto organizativo para o club carballiñés logo de organizar con éxito a Fase de Niveis finais do mes de maio.

2, Xuño 2021

As Escolas Deportivas de Maside eo a Fundación RCDeportivo organizan o 2º DEPORcampus, unha oferta formativa e lúdica arredor do fútbol, que terá a súa sede no campo de fútbol Outeiro Grande de Maside, do 28 de Xullo ao 2 de Xullo.

Trátase dunha proposta dirixida a nenos e nenas de 6 a 14 anos, e a inscripción xa esá aberta na páxina WEB deporcampus.rcdeportivo.es onde se encontrará toda a información relativa a este evento.

No acto de presentación os promotores desta actividade, entre eles o director de actividades formativas da Fundación RCDeportivo Pablo Barros e mailo alcalde de Maside e vicepresidene da ED Terras de Maside José Manuel Iglesias, fixeron un chamamento á participación tanto dos rapaces de Maside como doutras localidades.

31, Maio 2021

Trala paréntese do 2020 debido á pandemia, o concello de Piñor volverá celebrar o seu Rallymix, proba oficial  puntuable para a modalidade mixta da Federación Galega de Automobilismo, será os dias 26 e 27 deste mes de Xuño, sábado e domingo. 

Máis prolongada, e bastante máis, foi a paréntese da que foi unha das probas clásicas do campionato galego de ralis, o carballiñés Rali do Lacón non se celebra dende o ano 2006, renace de novo neste 2021 agora por iniciativa da Escudería AGE Motorsports e o apoio da Federación Galega de Automobilismo. Será alá para o mes de agosto, os dias 20, 21 e 22, e programará varios tramos de velocidade nunha competición que volve figugar calendada no Campionato Galego de Ralis.

18, Maio 2021

O pavillón anexo Paco Chao será sede os días 22 e 23 de maio da I Fase de Niveis de libre do 1 ó 3 de patinaxe artística que organiza o Club Aehde O Carballiño conxuntamente ca Federación Galega de Patinaxe no que se darán cita 230 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs ás provincias de Ourense en Pontevedra. O evento será sen público pola normativa federativa pero poderase seguer por streaming na canle de YouTube do Club Aehde O Carballiño.

O horario será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 o sábado e o domingo de 10 a 14 horas. En cada unha das franxas horarias participarán clubs diferentes por protoloco, sendo a quenda dos anfitrións o sábado pola tarde. Esta é a primeira vez que se organiza un evento oficial destas características na provincia de Ourense, un dato de especial relevancia para o club organizador para darlle visibilidade a un deporte que está en crecemento na provincia e que de paso pode servir de dinamizador económico para a vila do Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes