Deportes

Unha tempada involvidable que o Arenteiro despedíu cunha nova victoria (1-0) ante o Bergantiños, proclamándose por vez primeira vez campión da terceira división, e logrando a triple coroa: título de campión absoluto, ascenso á segunda RFEF e clasificandose para xogar a Copa do Rei na próxima tempada.
O equipo dirixido por Fran Justo pulveriza todos os rexistros na historia do club carballiñés, consegue o campionato de terceira con 5 puntos de ventaxe sobre o Bergantiños, antes xa se proclamara campión no subgrupo do sur, faino ademáis conseguindo 62 puntos en 28 partidos, coa segunda puntuación máis alta entre os 18 grupos de terceira división, perdendo tan so dous partidos e sendo o equipo menos goleado da categoría. Por vez primeira nos 63 anos na historia do club é o equipo con mellor clasificación deportiva da provincia de Ourense. Na fase de ascenso gañou 5 dos 6 partidos.
No encontro que baixa o telón a unha tempada excelsa, derrotou ao subcampeón Bergantiños cun gol de Renan Zanelli ao transformar unha falta máxima cometida sobre Eimil, xa na segunda parte, suficiente para derrotar aos de Carballo. Os verdes volveron facer un gran partido en defensa, anulando todo o arsenal ofensivo do Bergantiños, que apenas dispuxo de ocasións durante os 90 minutos, ocasións -por partida doble- que si as tivo o Arenteiro xa na primeira parte.
Final a unha tempada para enmarcar, que os afeccionados do Arenteiro tardarán moitos anos en esquecer. O campión foi ovacionado pola parroquia verde ao final do partido en Espiñedo, e pola noite estaba previsto que todo o equipo fose agasallado cunha "pulpada" por parte da Asociación de Pulpeiros do Carballiño-Arcos.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

O partido que decidirá o campión da terceira división será este Domingo día 9 ás 17,00 horas no municipal de Espiñedo, no que é a última xornada do Arenteiro nesta histórica tempada na que os verdes conseguiron o ascenso de categoria.
Efectuará o saque de honra, José Luis Sobrino, xogador que foi tanto de CD Arenteiro como do Bergantiños FC na década dos 80. Ao acabar o partido, celebrarase no propio estadio ante a aficción o ascenso do noso equipo e será proclamado campión de liga o equipo que o consiga ese mesmo día.
Durante o sábado de 17:00h. h a 20:00 h. Así como o domingo dende as 15:30 habilítase un stand nas propias instalacións de espiñedo para despachar ao prezo de 5 euros camisetas conmemorativas do ascenso de categoría, ata fin de existencias.
Motivado pola situación sanitaria, non se fará celebración pública en ningún espazo que non sexa o propio estadio.
Os socios do club non teñen máis que achegarse á porta de Espiñedo e será suficiente que mostren o carné para entrar. Quen necesite entrada, deben de saber que se habilitarán os despachos de billetes o sábado pola tarde de 17h a 20 h. para despachar 100 entradas e o día do partido desde as 15:30 h. momento no que tamén se abrirán as portas para acceder ata completar aforo previsto autorizado.

Os verdes volveron estar a un gran nivel futbolístico e sobre a alfombra do Anxo Carro gañaron un partido cun marcador que pudo ser bastante máis amplo do 1-2 co que rematou o partido.
Fran Justo premiou a varios dos fubolistas menos habituais no once titular nun partido no que debutou en liga Angel Expósito defendendo a meta carballiñesa, e fixoo con moita solvencia cando tivo que participar, sobre todo no primeiro tramo do partido cando os lucenses tiveron varias acometidas. Pero todo cambiou a partir do minuto 22, cando Presas roubou un balón tras un fallo defensivo dos locais para adentrarse na área e marcar enviando o balón raso e axustado ao poste. A partir do gol o Arenteiro tivo unhos minutos primorosos, e asi foi como Naveira enviou un balón ao corazón da área que cun portentoso salto Sylla cabeceou ao longueiro da portería lucense e un atento Joni aproveitou para facer o 0-2. O Arenteiro estaba desatado e apenas unhos minutos despóis e tras outra gran xogada persoal de Sylla o seu centro remataouno Renan Zanelli outra vez ao longueiro, e outra vez Joni volve marcar, esta vez de cabeza, pero o árbitro anula o gol por suposto fora de xogo.
Na segunda parte, con menor ritmo, o Arenteiro aguntou sen pasar grandes apuros aínda que os lucenses recortaron no marcador nun saque de esquina, ata que cos cámbios o Arenteiro volveu a ser o gran animador do partido, sucendendose as ocasións nas botas de Eimil ou Alex Fernández, ou na cabeza de Presas, pero as boas intervencións do meta local Julen evitaron o terceiro gol carballiñés.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Tarde memorable para a afección arenteirista, palpábase no ambiente con antelación, dende unha hora antes de comezar o partido a grada de Espiñedo estaba xa co aforo cuberto, finalmente unhas 200 persoas quedáronse sen poder entrar ao Estadio debido a que o aforo Covid é de 500 persoas. O Arenteiro, que necesitaba gañar para lograr o ascenso foi un vendaval futbolístico e aos 23 minutos xa gañaba 3-0.
Ao fnal, escenas moi emotivas, sobre todo entre os afeccionados máis veteranos, o Arenteiro facía historia e volvía conseguilo 34 anos despóis, volvía ascender á Segunda B, que agora pasará a ser Segunda Federación, e faino ademáis de forma brillante e aínda con dúas xornadas para completar a competición, marcando rexistros de puntuación que son record na historia do club en categoria nacional.
O equipo dirixido por Fran Justo saíu ao terreo de xogo sabedores do que se xogaban e en apenas tardaron 4 minutos en marcar ante un superado Somozas o primeiro da tarde por medio de Sylla, aos 13 m. Germán Pérez de expléndido testarazo facía o segundo, o Arenteiro estaba desatado e aos 23 minutos Eimil marcaba o 3-0 e aínda antes do descanso chegaba o 4-0 tras outra acción de Sylla. Partido sentenciado ao que aínda lle quedaban outros 45 minutos e nos que Javi Pazos puxo o defintivo 5-0 e o delirio en Espiñedo.
Para ver a ficha do partido sigue o enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

O Arenteiro enfrontouse a un efectivo Bergantiños, que non foi mellor, pero que transformou en gol as súas ocasións, dúas delas en concesións defensivas dos verdes e a outra un regalo en forma de penalti que lles fixo aos de Carballo o colexiado Gonzálo Villanueva.
Púxoselle costa arriba pronto o partido ao Arenteiro, porque aos 10 minutos o Bergan adiántase no marcador, e co 1-0 chegaríase ao descanso tras unha primeira parte na que os verdes foron merecedores de algo máis antes de irse a vestiarios no estadio das Eiroas, que completou o aforo autorizado, 260 persoas nas gradas.
Aos 5 minutos da reanudación un penalti sobre Ger servíu para que Renan, infalible dende os 11 metros, empatase o partido. Pero tan so 8 minuto despóis non se sabe o que pudo pasarlle pola cabeza ao árbitro do encontro Gonzalo Villanueva que ante sorpresa de propios e extraños pitou penalti na área do Arenteiro despóis de que o dianteiro local Yelco estragase unha boa ocasión de gol,Remeseiro tampouco fallou a pena máxima e volveu adiantar ao Bergan. Aínda máis en contra se puxo o partido para o Arenteiro cando no minuto 76 quédase en inferioridade ao ver cartón vermello Cissé por unha falta cometida sendo o último defensor, e pior no minuto 80 cando Jorge Cano cabecea a placer o 3-1.
Pero aínda asi, o Arenteiro non se rendíu e no minuto 88 Sylla poñía o 3-2 cun testarazo aproveitando un centro de Joni, e xa co tempo cumplido pudo o propio Joni empatar o partido pero o balón petou no poste da portería e saíu fora, mentres o público das Eiroas pedía o final do partido. Con este resultado o Arenteiro quédase segundo a 1 punto do agora líder Bergantiños, que terá que visitar Espiñedo no derradeiro partido da competición. Antes outras dúas transcendentais citas para o Arenteiro, a primeira o próximo domingo ás 5 da tarde fronte á UD Somozas, e depois ao Anxo Carro para medirse ao Polvorín-Lugo B.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Un gol de penalti transformado por Renan Zanelli valeu ao Arenteiro para doblegar aos lucenses e deixalos a 8 puntos de diferencia na loita polo ascenso directo á Segunda RFEF, un triunfo clave nas aspiracións dos verdes cando restan 4 partidos para completar esta segunda e decisiva fase na terceira división.
Había moito respecto en Espiñedo ao Polvorín-Lugo B, un equipo plagado de xóvenes futbolistas -varios deles debutaron xa co primeiro equipo- que chegaba a O Carballiño cun único partido perdido nos últimos 16, e varias semanas sen encaixar gol. Pero enfronte estaba este Arenteiro, e esto son palabras maiores.
Tanto os afeccionados que vibraron co equipo en Espiñedo, como os que poideron facélos a través das cámaras da Televisión de Galicia, que retransmitíu en directos, poideron ver un moi intenso partido de fútbol, con dous grandes equipos, que sabían o moito que se xogaban. Cun Arenteiro que levou o peso do partido e infranqueable que, igual que a pasada xornada en Somozas, anulou ao rival sen concederlle oportunidades ante a portería de Diego García, que tan so tivo que aparecer xa preto do final para que os 3 puntos quedasen no casilleiro do Arenteiro.
A xogada clave da tarde chegou no minuto 44, penalti na área lucense que Renan Zanelli executa con solvencia para marcar o 1-0 que xa sería definitivo. Despois, unha polémica decisión arbitral, anulando por suposto fora de xogo o que pudo ser o gol da tranquilidade para o Arenteiro. Pero as vitorias con sufrimento saben moito mellor.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

O partido está fixado para as cinco da tarde deste sábado dia 10 de Abril, correspondente á segunda xornada de terceira división da fase de ascenso directo á 2ª división RFEF, e enfrontará en Espiñedo a Arenteiro e Lugo B-Polvorín, con aforo reducido a 500 espectadores e coas cámaras en directo da G2.
O Arenteiro chega a esta segunda xornada como segundo clasificado e 50 puntos, tras gañar en Somozas. O Lugo B é terceiro con 45 puntos, tras vencer ao Arousa. Xóganse tres puntos de vital importancia para o que pode ser o desenlace final nesta decisiva fase da competición.

O Arenteiro viaxaba para iniciar a segunda fase da competición no grupo do ascenso directo á 2ª RFEF ao campo do equipo máximo realizador entre os 24 do grupo 1 da terceira división, O Somozas, un equipo de marcada vocación ofensiva e plagado de bos xogadores con moita experiencia tanto en Segunda B como en Terceira, pero o Arenteiro non lle concedeu opcións en 95 minutos de partido, tras unha gran lección defensiva dos verdes.
Xogando con balón, pero sobre todo sen balón, o Arenteiro fixo un partido redondo, anulando todo o enorme potencial ofensivo do Somozas e agardando a súa oportunidade. Chegou mediada a segunda parte, tras un dos tamén contados erros defensivos dos locais, Marquitos adentrouse na área para servir un balón que rematou Naveira chegando no segundo pau. E aínda pudo ampliar a vataxe no marcador o Arenteiro noutra boa xogada que culminou Alex Ferández, o balón petou no poste e nas costas do gardameta local e foise fora.
Outros tres puntos de ouro para o Arenteiro, que continúa asi sgundo a 1 punto do Bergantiños e con 5 de vantaxe sobre o terceiro, o Lugo B, precisamente o próximo rival da vindeira fin de semana en Espiñedo. Un partido que podería ter que adiantarse ao sábado por imperativo da TVG.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

O sorteo celebrado na RFGF quixo que o Arenteiro inicie a fase de ascenso directo á 2ª RFEF en Ferrol Terra, no campo Manuel Candocia de As Somozas, onde xogará ante os locatarios o primeiro dos seis partidos desta segunda fase da competición, o proximo domingo dia 4 de Abril.
Na segunda xornada recibirá, o domingo 11 de Abril, ao Lugo B en Espiñedo, para completar a primeira volta desta segunda fase desplazandose a Carballo para enfrontarse ao Bergantiños, o domingo dia 18 de Abril.
En consecuencia, na segunda volta o Arenteiro recibirá en Espiñedo ao Somozas, logo viaxa a Lugo e rematará en Espiñedo co Bergantiños. Suben directos os dous primeiros clasificados, e os outros catro teñen unha segunda oportunidade no que terán que xogar eliminatoria a partido único.
Unha vez reunidos os dous grupos, a clasificación coa que se inicia a competeción é a seguinte: 1.Bergantiños (48 puntos) 2.Arenteiro (47) 3.Lugo B (42) 4.Arousa (41) 5.Somozas (41) 6. Alondras (37)

Por 3-1 venceu en Espiñedo ao Ribadumia, nun partido no que os do Salnés purxeronse por diante no marcador e obrigaron ao Arenteiro a remontar, desta maneira o equipo dirixido por Fran Justo accede á fase polo ascenso directo como campión do grupo 1B con 47 puntos en 22 partidos, dos que gañou 13, empatou 8 e perdeu tan so 1.
No partido desta tarde os verdes encontráronse cun bo Ribadumia que, ademáis encontrouse coa fortuna en forma de gol materializado polo seu veterano dianteiro Hugo Soto cando ía un cuarto de hora de partido. Tocaba remontada, que comezou a fraguarse cun centro medido de Alex Fernández ao segundo pau, e alí, de certeiro testarazo Javi Pazos cruzou o balón inalcanzable para o gardameta visitante, chega o empate no minuto 42, e apenas 3 despóis chegou a fantasía da tarde en Espiñedo: Victor Eimil recolle un balón en campo propio, regatea aos rivais que lle saen ao paso e dende o vértice da área grande lanza un misil que se cola por toda a escadra. Para enmarcar.
A segunda parte comezou co Arenteiro decidido a sentenciar pola vía rápida, e tras unha boa tringulación, o gardameta do Ribadumia rexeitou apuradamente o remate de Presas, pero ao rexeite chegou Renan para facer o terceiro gol local da tarde. Despois, o Arenteiro gozou de varias ocasión para ampliar a diferencia no marcador, que xa non se movería, mesmo o Ribadumia tamén tivo dúas boas ocasións para vovler meterse no partido pero encontrouse cun moi seguro Diego García. A nota negativa da tarde foi a lesión de Cissé, que tivo que retirarse do terreo de xogo lesionado.
Agora, os verdes quedan pendientes do sorteo que se celebrará este lúns dia 29 na sede da RFGF, para esta fase polo ascenso directo no que o Arenteiro xogará a doble volta con Bergantiños, Lugo B e Somozas, os clasificados do grupo 1A. O primeiro partido será xa o próximo domingo.
Par ver a ficah do partido sigue a ligazón. http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »