Deportes

9, Febreiro 2021

Primeiro e segundo clasificado xóganse o liderato na clasificación no campo da Regueiriña de Barbantes, igual que no resto do fútbol galego, a porta pechada por culpa do coronavirus, o partido será retransmitido en directo dende as 16:30 horas a través do canal de Youtube de CD Arenteiro.

Ademáis, o Xuíz Único de Competición ven de acordar fixar o domingo 21 de Febreiro como xornada de "recuperación" dos partidos adiados polo Covid, polo que ese dia xogará o Arenteiro no Estadio do Couto o outro partido que ten atrasado, ante o Ourense CF. Desta maneira, desprázanse no calendario as xornadas seguintes en orde correlativa, polo que a primeira fase da liga que tiña previsto o seu remate  o dia 21 de Marzo non concluirá ata unha semana despóis, o domingo 28 de Marzo.

6, Febreiro 2021

O Arenteiro suma 3 puntos e sigue líder da terceira división Grupo 1-B, eso sí, tivo que sufrir e agardar ao minuto 89 de partido para que Sylla batise ao gardameta dun combativo Estradense que, finalmente, acabou sucumbindo ante o asedio dos verdes sobre a alfombra do campo da Regueiriña de Barbantes-Estación.

O Arenteiro entrou mellor no partido e o balón rondou varias veces con perigo a portería visitante con Arce entrando pola banda dereita e xerando xogadas de perigo, nunha delas Eimil a punto estivo de acertar pero o seu remate foise un chisco alto. Pouco a pouco o Estradense foise asentando e dificultando o xogo do Arenteiro, que tiña problemas para conectar coa liña de dianteiros.

Tralo paso por vestiarios, o Estradense tivo a súa clara ocasión pero o poste repeleu o remate de Javichu, a seguinte xa sería do Arenteiro e outra vez por medio de Eimil que lanzou un tiro con marchamo de gol que despexou un defensor a corner. No minuto 69 foi expulsado por doble cartón amarelo o visitante Óscar, co partido xa nun acoso constante do Arenteiro sobre a área do Estradense, sucedíanse as ocasións, Sylla obrigou a facer un paradón a Cascallar, tivoa Naveira nun remate de cabeza que se foi por riba do longueiro por moi pouco, ata que outra vez Sylla fabricou xunto con Arce a xogada do gol, o senegalés abríu á dereita sobre Arce que meteu sobre a área un balón que o mesmo Sylla rematou ao fondo da portería. E final. Decepción no Estradense e ledicia no Arenteiro.

Agora, o mércores dia 10, tamén na Regueiriña partidazo ante o Arousa, que fora adiado polo foco de coronavirus que afectou ao equipo carballiñés.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

31, Xaneiro 2021

Foi na xornada 15 e con dous partidos pendientes de xogar (xornadas 12 e 13) cando o Arenteiro perdeu a súa condición de invicto no campionato de liga de terceira división, e foi na súa visita ao campo do UD Atios nun partido soporífero no que gañou o equipo que tivo a fortuna de marcar un gol. O Arenteiro non tivo a súa mellor tarde, levou a iniciativa na maior parte do partido pero non foi capaz de superar ao conxunto do Porriño, que continúa sen perder como local.

Con esta primeira derrota da tempada o equipo carballiñés perdeu unha gran ocasión de distanciarse dos seus perseguidores na clasificacion, aínda que non impide ao Arenteiro seguir outra semana máis como líder da clasificación no subgrupo B do grupo 1 da terceira división.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

Por diante, unha semana de 3 partidos

O Arenteiro ten agora por diante unha semana na que xogará tres partidos. O Club solicitou ao Estradense adiantar o partido da xornada 16 ao sábado dia 6 de Febreiro, xa que a RFGF fixou para o mércores dia 10 ás 17 horas o partido adiado ante o Arousa. Completaráse a semana o domingo 14 visitando o campo do Morrazo para enfrontarse ao Alondras. Unha semana moi esixente e que pode resultar trascendental para o futuro inmediato do Arenteiro nesta liga.

27, Xaneiro 2021

O RC Celta e CD Arenteiro confirmaron que o futbolista Souleyme Cisse xogará cedido ata final de tempada no club carballiñés. Trátase dun defensa central que acaba de cumplir os 22 anos e que ten aínda 3 anos de contrato co Celta, ao que chegou en Xullo de 2019, destinado ao filial celtista.

Souleyme Cissé foi internacional Sub-20 con Senegal, desde o seu país chegou directamente ao Celta de Vigo, que se fixou nesta promesa do fútbol senegalés, que destaca pola súa envergadura física. No Arenteiro coincidirá agora co seu compatriota Sylla.

24, Xaneiro 2021

O equipo dirixido por Fran Justo consolídase como líder do seu grupo na terceira división trala victoria ante o Choco no partido xogado no exilio de Barbantes-Estación, o Arenteiro é ademáis o único equipo invicto no que vai de tempada en todo o fútbol galego de Segunda B e Terceira, e mesmo incluída a pretempada, aínda ningún equipo conseguíu gañar aos verdes.

Era este partido ante o Choco moi complicado, non so pola entidade do rival ao que os carballiñeses aínda non conseguiran gañar dende o seu regreso á terceira división, senón que desta vez engadíase a dificultade de facélo despóis de máis dun mes sen competir, primeiro polo parón de nadal e despóis polo parón motivado polo coronavirus, con apenas catro sesións de adestramento esta semana. Aínda asi, o Arenteiro conseguíu superar o partido con nota e sumar 3 importantes puntos que o sitúan como líder en solitario nesta xornada 14, e tendo aínda  pendientes os encontros adiados correspondentes ás xornadas 12 e 13.

O partido púxose moi ben para o Arenteiro aos 9 minutos cando unha avanzada de Victor Eimil pola súa banda propiciou que o xogador chairego enviase un medido centro ao sgundo pau onde Sylla, libre de marcaxe, so tivo que empurrar o balón ao fondo da portería choqueira. Foi suficiente para gañar o partido, aínda que o Choco puxo empeño en lograr o empate e algunha ocasión tivo, tamén o Arenteiro tivo as súas para sentenciar, as máis claras na segunda parte cun balón de Adrián Presas que se foi ao poste, e outro remate de Joni que resolveu prodixiosamenteCortegoso enviando a corner o balón.

Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

22, Xaneiro 2021

O equipo superou con éxito a cuarentena obrigada polo foco de coronavirus que afectou a 10 integrantes do plantel,  e a practica totalidade dos fútbolístas xa adestraron desde este pasado mércores e coas altas médicas correspondentes o órgano federativo incluíu na xornada deste domingo dia 24, tal como estaba fixado no calendario, o Arenteiro-Choco.

O calamitoso estado no que se encontra o terreo de xogo de Espiñedo motivou que o club pedise o cámbeo de campo, que finalmente aceptou a RFGF tras visitar Espiñedo. Desta maneira, o partido xogaráse dende as 16:15 horas no campo da Regueiriña de Barbantes-Estación, a porta pechada, ante a imposiblidade de cumplir as condicións esixidas polo protocolo anti-Covid.

O Arenteiro chegará a este partido con apenas 4 sesións de adestramento e coa baixa segura de Germán Nóvoa, que cumplirá ciclo de amonestacións. O partido será retransmiitdo en directo pola WEB da TVG.

20, Xaneiro 2021

Superada a cuarentena pola que pasou a totalidade do plantel debido ao foco de coronvarirus detectado o dia 7 de Xaneiro, unha parte do equipo regresou aos adestramentos diarios no campo da Uceira, de momento tan so o fixeron 12 futbolistas, á espera de que no transcurso da semana poidan incorporarse o resto. 

Asi as cousas, todo parece indicar que a RFGF fixará para este próximo domingo o partido correspondente á 14ª xornada de liga na terceira división que debe enfrontar a Arenteiro e Choco. Con esta posibilidade traballa xa o corpo técnico comandado por Fran Justo.

17, Xaneiro 2021

Son xa dous os partidos adiados por este motivo tras o parón do nadal, os dous primeiros da segunda volta da fase regular no campionato de liga de terceira división ante Arousa e Ourense CF, a pesar do que o Arenteiro continúa líder, tampouco o colider Arousa pudo aínda xogar, polo que o colchón de puntos que tiñan ao final da primeira volta permítenlle a ambos siguer ao fronte da clasificación

O equipo espera que no transcurso da semana vaian chegando as altas médicas para os 10  integrantes do plantel afectados polo brote de coronavirus que fora inicialmente detectado o pasado dia 7 de Xaneiro nos test de antíxenos, e posteriormente confirmados por probas PCR. Desta maneira, a intención do club é volver aos adestramentos tamén esta mesma semana, unha vez que se completa a cuarentena que todos gardaron, tanto os que afectou a enfermidade, como o resto.

O próximo partido no calendario para o Arenteiro sería o próximo domingo dia 24 ante o Choco, que tampouco está confirmada a súa celebración, á espera da evolución da situación sanitaria do equipo durante os próximos dias.

11, Xaneiro 2021

O Club confirmou este lúns 11 de Xaneiro que se eleva a 9 o número de positivos no plantel do equipo de terceira división, tras o brote de coronavirus detectado o pasado xoves dia 7 e que nun principio afectou a tres futbolistas. Todos, asi como os resto do grupo que deron negativo, encóntranse ben e nos seus domicilios, e gardando cuarentena.

Dende CD Arenteiro dan "as grazas a todos os que se teñen posto en contacto con nos para interesarse pola saúde da nosa plantilla, esperando que canto antes o equipo poida regresar aos adestramentos para reincorporarse á competición". Asi as cousas, igual que aconteceu co partido co Arousa, tampouco poderá xogarse o que estaba programado para o próximo domingo no Estadio do Couto ante o Ourense CF

7, Xaneiro 2021

O club comunica que nos test que cada semana realiza ao plantel de xogadores, corpo técnico, auxiliares e persoal de CD Arenteiro, 3 futbolistas deron esta mañá resultado positivo. De inmediato, suspendéronse os adestramentos e activouse o protocolo Covid, dando conta tanto ao Sergas como a Real Federación Española de Futbol. Os demáis integrantes deron todos eles negativo.  A última hora da tarde, O Xuíz Único de Competición decretou unha resolución na que se acorda a suspensión do partido que debería enfrontar este próximo domingo dia 10 a Arenteiro e Arousa, os dous primeiros clasificados do grupo da terceira división, que se desputará en data que fixará o mesmo Xuíz Único tan pronto o permitan as circustancias.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes