Deportes

Chega procedente do Coruxo, co equipo vigués participou na pasada tempada en 20 partidos na Segunda-B, a tempada anterior marcou 24 goles co Arousa en terceira, o Arenteiro faise cos servizos doutro futbolísta recoñecido no fútbol galego, o dianteiro senegalés Sylla.
Foi un dos primeiros obxetivos do club, fai máis dun mes que comezaron as negociacións en Pontevedra, a súa cidade de residencia, e finalmente culminaban con éxito, e Sylla convertíase este mércores 19 de Agosto en novo xogador do Arenteiro.
Non é a única incorporación ao novo proxecto verde que ven de fraguarse nos últimos dias, tamén veñen de comprometerse co Arenteiro para a próxima tempada Victor Eimil, que chega para reforzar a liña defensiva dende o Deportivo Fabril, un fútbolista de 21 anos e con moito futuro por diante, asi como o centrocampista Martín Torres, que foi un dos xogadores importantes do último ano no Barbadás.

O novo Arenteiro vai tomando forma e continúa asinando fútbolístas contrastados para conformar un equipo que pode dar moito que falar a próxima tempada na terceira división, desta vez todo un fútbolista "TOP" para a categoria, que chega a Espiñedo co aval de 14 tempadas na segunda b, as cinco últimas sendo un dos capitáns e xogadores destacados do Pontevedra CF.
Alex Fernández, ourensano de 32 anos recén cumpridos, chega ao plantel que dirixirá Fran Justo co aval dunha traxectoria de 14 anos na segunda división b, en equipos como o Celta B, Lorca Deportiva, CD Ourense, Coruxo, e as últimas cinco tempadas militando no Pontevedra, no que foi un dos seus piares e capitán.
O expontevedrés ven desta maneira a sumarse ás fichaxes confirmadas polo club nos últimos dias, Rubén Arce (UD Ourense) Marquitos (UD Ourense) Diego García (Ourense CF) Germán Nóvoa (Ourense CF) e Manu Bardelás (Maside FC).
Ademáis, da anterior tempada están xa oficialmente renovados Pol, Padrón e Joni.

O Club Deportivo Arenteiro fáise cos servizos dun dos técnicos xóvenes con mellor proxección do fútbol galego da actualidade. Chega a Espiñedo avaliado polo seu gran traballo no Ourense CF, equipo ao que ascendeu de Preferente a Terceira división, e no que protagonizou as últimas tres magníficas tempadas, un traballo que culminaba esta última clasificando ao equipo para a final da promoción de ascenso a Segunda-B.
O club confirma o acordo, que xa está cerrado por ambas partes, polo que Fran Justo (Ourense, 1989) convértese en novo adestrador dos verdes na terceira división. Con él, tamén se incorporan ao corpo técnico de CD Arenteiro, Alex Vázquez e Millán Fernández, como adestradores e Nico López como preparador físico.
Este lúns dia 3 de Agosto, tras asinar o contrato co que se vinculan a CD Arenteiro, terá lugar o acto de presentación oficial no Estadio de Espiñedo ás 20:30 horas.

A afección de Club Deportivo Arenteiro está de enhoraboa, regresa a Espiñedo un dos fútbolístas máis carismaticos da historia recente do club, o dianteiro Rubén Arce Lorenzo (Ourense, 7 de febreiro de 1991) está de volta como verde, regresa a CD Arenteiro.
Rubén Arce foi un dos piares básicos no ascenso de CD Arenteiro á terceira división logrado na tempada 2016-2017, e tamén un dos artífices de lograr a permanencia na tempada 2017-2018, cando ademáis foi elexido como o mellor xogador de terceira división polo programa da Radio Galega “Galicia en goles”.
Agora dous anos despois regresa ao novo proxecto de Club Deportivo Arenteiro para a tempada 2020-2021. Rubén Arce asina o seu compromiso por dous anos. Nos próximos dias poderían confirmarse novas fichaxes e tamén as primeiras renovacións, todo elo aínda a falta de oficializarse a contratación de novo adestrador, unha contratación que según comentan dende o club está moi avanzada e tería que confirmarse tamén de forma inminente.

O 53 Rallye de Ourense volve a terras carballiñesas, será o sábado 25 de Xullo en horario de tarde e no tramo denominado "O Carballiño", que en realidade transitará polos concellos do Irixo e Boborás, e os últimos metros xa en territorio municipal carballiñés con meta nas inmediacións do cruce de Toscaña, preto da N-541, e doutra parte no tramo "Amoeiro-Maside".
A saída do tramo "O Carballiño" parte da localidade de Parada de Laviote, no concello do Irixo, e os participantes terán que mostrar as súas habilidadades nunha estrada con especial encanto para os afeccionados ao automobilismo, sobre todo na zona da capela da Saleta, antes os espectadores poderán seguir o paso do rallye ao seu paso polas localidades de Fontes, Barcia, Reádigos, Ventosa, Prado, Xurenzás, e Fondo de Vila, na parroquia de Astureses. Tamén é todo un clásico no automobilismo o tramo entre "Amoeiro-Maside".

Semana de moita actividade nas oficinas do Estadio de Espiñedo polas que pasaron a maioría dos futbolístas que a pasada tempada defenderon a camisola verde, a xeito de entrevista cos novos dirixintes do club recibiron de primeira man a información das principais claves do novo proxecto deportivo para a vindeira tempada.
Non poideron achegarse a O Carballiño para esta cita por motivos personais ou mesmo por encontrarse de vacacións fora de Galicia, Rui Santos, Ross, Wadir e Javi Pazos. O resto da plantilla do ano pasado sí o fixeron e en todos os casos mostraron a súa dispoñiblidade para renovar a súa relación co club, pendientes de que se confirme o novo adestrador que sustituirá a Gelucho.
Asi as cousas, as únicas baixas confirmadas no equipo son as de Albertito e Borja Rey, que non esperaron ningunha posible oferta de renovación e fai dias que se comprometían con outros clubs, non foi o caso de Emilio que sí agardou coñecer o novo proxecto do Arenteiro, pero que descartou ao non poder compatibilizar os horarios do seu traballo coa actividade en Club Deportivo Arenteiro.

Punto e final á etapa de Gelucho como técnico de Club Deportivo Arenteiro, a nova xunta directiva presidida por Argimiro Marnotes toma a súa primeira decisión relevante e decide comezar este novo proxecto cun novo adestrador, que responderá ao perfil dun técnico que teña dedicación profesional plena a CD Arenteiro.
O Club comunicou a Rogelio Gómez Fernández “Gelucho” que a nova Xunta Directiva decide comezar esta nova etapa cun novo proxecto deportivo no que busca un perfil de adestrador con dedicación plena ao club, unha condición coa que non pode cumplir Gelucho, xa que dende que asumíu o cargo de adestrador do equipo de terceira división viña compatibilizando a súa actividade profesional coa de adestrador do equipo de terceira división.
O Club agradece ao técnico o seu traballo nestas dúas últimas tempadas, nas que o equipo consolidouse na terceira división. Gelucho chegou a CD Arenteiro en Novembro de 2018, logrando o obxetivo de manter ao equipo en terceira división, rematando a tempada clasificado no posto nº 13. Continuou a súa labor na tempada 2019-2020, cancelada pola pandemia do coronavirus no pasado mes de marzo, cando o equipo figuraba na posición nº 12 da clasificación.
O Club traballa xa na contratación dun novo adestrador, e dacorde ao perfil que se busca para este novo proxecto, que teña dedicación profesional plena a Club Deportivo Arenteiro, non so dirixindo o primeiro equipo da entidade senón tamén toda a estructura deportiva da entidade.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, reuníronse hoxe no concello co novo presidente de C.D. Arenteiro, Argimiro Marnotes, e o directivo Manuel Cid, como unha primeira toma de contacto coa nova directiva da entidade.
Na reunión analizouse a colaboración do concello co C.D Arenteiro, así como as circunstancias relativas á escola de fútbol. Neste senso, comunicase que nos próximos días anunciarase o comezo do período de inscrición para a escola deportiva de fútbol.

O exalcalde do Carballiño asume a presidencia de Club Deportivo Arenteiro mes e medio despóis desde que se convocasen eleccións debido á dimisión de Francisco Fernández "Cachorro", que estivo tan so un ano ao fronte do club.
Toda vez que se presentou un so candidato non foi preciso ningunha votación e foi aclamado como novo presidente. Según os estatutos do club ten por diante un mandato de catro anos.
O novo mandatario do club verde terá agora que formar unha Xunta Directiva que terá ao seu cargo o novo proxecto de Club Deportivo Arenteiro que, por cuarta tempada consecutiva militará na terceira división, un tempada que chega cargada de moita incertidume debido á situación sanitaria que atravesamos, todo indica que a liga 2020-2021 non comezará ata o mes de Outubro e virá cargada de varias novidades na competición para adaptála á circustancias obrigadas polo Covid-19.

O Club ve, momentáneamente, comprometido o seu futuro, xa que nin durante o periodo de presentación de candidatos á presidencia do club nin tampouco na asemblea celebrada no Estadio de Espiñedo ningún socio presentou as súas credenciais.
Medio centenar de socios acudiron á convocotoria da asemblea na que o ata agora presidente Paco Fernández "Cachorro" presentou a súa dimisión irrevocable, ao non presentarse ningún candidato a aínda directiva en funcións acordou abrir un novo prazo que concluirá coa celebración dunha nova asemblea o xoves dia 2 de Xullo.
Antes, o vicepresidente para asuntos económicos do club Manuel Sotelo, fixo un relatorio de ingresos e gastos desta rematada tempada 2019-2020, na que os ingresos foron de 260.000 euros e os gastos de 291.000, que sitúa o deficit actúal do club en 31.300 euros, según o balance presentado.
No apartado de ingresos destacan os capítulos que corresponden a subvencios do concello e Deputación, por importe de 85.000 e 25.000 euros respectivamente, asi como a correspondente as Federacións Española e Galega de Fúbol, que aportaron 56.000 euros. O resto corresponden a aos conceptos de patrocinadores, publicidade, socios, taquillas, bar e outros pequenos ingresos.
Ante a asamblea de socios os dous mandatarios do club recoñeceron a actitude tanto da plantilla de futbolístas como de todo o corpo técnico, que condonaron "un mes de nómina e en algúns casos máis, facilitando que non teñamos un deficit máis elevado", destacaron.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »