Deportes

23, Xaneiro 2020

O concello de Piñor acollerá unha das tres etapas, concretamente a última e definitiva que terá lugar o domingo dia 1 de Marzo, un evento co que ademáis da actividade deportiva, preténdese ensinar o patrimonio natural da provincia.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que "xorde coa creación do "Ourense Termal Club Ciclista", un club que pretende fomentar o ciclismo de montaña na nosa provincia", dixo Rosendo Fernández, quen afirmou que froito da colaboración pública e privada "nace un formato novidoso de competición en Ourense que aspira a ser un evento de referencia en Galicia e no Norte de Portugal".

No Concello de Xunqueira de Ambía, o 26 de xaneiro, a proba terá un percorrido de 7´52 quilómetros que comezará desde a Praza San Rosendo. O día 9 de febreiro, a competición trasladarase ata Nogueira de Ramuín onde os participantes poderán gozar dun circuíto de 6 quilómetros que comezará na Praza de Luintra. E, por último, o Concello de Piñor acollerá a proba o día 1 de marzo cun percorrido de 7,9 quilómetros que dará comezo no Campo de Arenteiro. Tódalas probas serán desde as 10.00 ás 13.00 horas.

Toño Rivas explicou que se trata dunha nova competición coa que pretendemos "atraer a xente de fóra, incentivando con premios económicos que ascenden a un total de 2.400 euros", mentres que Daniel Rodríguez dixo que esta proba vai a permitir ensinar aos participantes "o patrimonio natural e paisaxístico da nosa provincia".

Os interesados en participar poderán inscribirse nas categorías de individual feminina, individual masculina, e relevos (equipos de dous corredores e equipos de 3 corredores). A inscrición realizarase a través da páxina www.sportmaniacs.com ata o día 23 de xaneiro para a de Xunqueira de Ambía, o día 6 de febreiro para a de Nogueira de Ramuín, e o día 27 de febreiro para a proba en Piñor

19, Xaneiro 2020

Non podía comezar mellor a segunda volta do campionato para os verdes,  gañando 0-2 no campo do Barco, con goles de Wadir e do xogador barquense do Arenteiro, Iago Fernández, que hoxe sentenciou ao equipo do seu pobo natal, ambos na segunda parte. 

Unha importante dose de moral para un Arenteiro que necesitaba un resultado asi para alonxar posibles fantasmas e reivindicarse como equipo con aspiracións a escalar postos na táboa de clasificación.

Como dato curioso para os amantes das estadísticas, tras esta victoria en Calabagueiros, o Arenteiro comeza a segunda volta do campionato coa mesma puntuación que sumaba tamén nas dúas tempadas precedentes en terceira división, 25 puntos. 

Crónica do partido en "somoscomarca.es" https://somoscomarca.es/wadir-y-el-arenteiro-desdibujan-al-barco-en-calabagueiros/

 

16, Xaneiro 2020

Os verdes non aproveitaron que xogaron contra dez a maior parte do partido, xa que no minuto 12 o árbitro expulsou con cartón vermello directo ao gardameta local por tocar o balón coa man fora da área abortando unha xogada de perigo do Arenteiro, a pesar delo os locais puxeronse por diante no marcador dúas veces e remataron forzando un empate a dous goles.

O partido xogado este mércores dia 15 de Xaneiro correspondía á xornada 17, que fora adiado polo temporal do pasado 21 de Decembro. 

O Arenteiro, completa desta maneira a primeira volta do campionato sumando 22 puntos, no posto 12 da clasificación pero a so 3 puntos da zona de descenso.

Cronica do partido en La voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2020/01/16/arenteiro-saco-...

12, Xaneiro 2020

O líder non deu opción e mostrou a súa solvencia ante un Arenteiro que estivo por debaixo do seu nivel dos últimos partidos e non pudo contrarrestar as acometidas dun Compostela que, ademáis, aproveitouse dun regalo defensivo dos verdes aos 18 minutos para marcar o seu primeiro gol da tarde e xogar co vento a favor no Vero Boquete de San Lazaro.

Saíu o Arenteiro co seu debuxo habitual, esperando aguantar ben armado atrás e facer rápidas transicións para tratar de xogar as súas bazas, pero desta vez a estratexia non obtivo resultado positivo, e moito tivo que ver nelo a calidade fútboliística que atesoura este Compos, como demostrou na segunda parte primeiro con Brais Abelenda e despóis Gabri Palmás para marcar outros dous goles de bela factura e proclamarse campión de inverno ante o seu público.

Ao Arenteiro tócalle pensar no partido deste próximo mércores dia 15  (21 horas) no campo do Somozas, que fora aprazado polo temporal do 21 de Decembro, e no do próximo domingo, que será xa o primeiro da segunda volta en Calabagueiros ante os valdeorreses do Centro de Deportes Barco.

Crónica do partido en "El Correo Gallego": https://www.elcorreogallego.es/deportes/ecg/aliron-invierno/idEdicion-2020-01-13/idNoticia-1223502/

5, Xaneiro 2020

O Arenteiro derrotou por 3-0 ao Alondras no primeiro partido do ano en Espiñedo, unha victoria que permite aos verdes avanzar tres escalóns na táboa de clasificación, pasando do posto 14 que ocupaba antes de xogarse esta xornada ao 11 que pasa a obstentar, 4 puntos por riba do descenso.

Polo visto neste partido, pouco ten que ver o Alondras co equipo temible das últimas tempadas, sobre todo en defensa, bastante endeble. Asi e todo, houbo que esperar ao útlimos suspiro da primeira parte para que Javi Rey aproveitase un balón solto na área para marcar o primeiro gol do partido.

Os de Cangas non so mostraban debilidade defensiva, senón que tampouco tiñan a súa tarde ante a portería de Rui. Perdonaron o empate cun balón ao poste nunha ocasión moi clara, e despois ata fallaron un penalti, ou mellor e máis xusto decílo, parouno o gardameta portugués do Arenteiro.

 Mentres, Wadir non fallou e transformou o seu tiro dende os once metros, e puxo o marcador en franquicia para o Arenteiro. Finalmente, Mitogo aproveitaba os minutos que lle daban e reinvindicaba o seu estatus neste equipo marcando o 3-0 definitivo.

Para ver a ficha do partido, preme a seguinte ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

20, Decembro 2019

Cando faltan ainda dez días para a celebración da XI Carreira Solidaria do Arenteiro, que terá lugar o domingo 29 de decembro, hai xa arredor de 400 persoas inscritas, que é unha cifra moi superior á das últimas edicións por estas datas, según afirmaron os oganizadores durante a presentación deste evento.

O obxectivo é superar os preto de 700 participantes da pasada edición e a recollida de 1.000 kg de produtos alimenticios imperecedeiros.

O acto de presentación, que tivo lugar no salón de plenos do concello, contou coa asistencia da concelleira de Deportes, Silvia Baranda; Luis Iglesias e outros representantes do Club de Atletismo Arenteiro e KorporeArenteiro, e Juan Manuel Estévez, de Cáritas.

Con respecto á edición do 2018, increméntase a categoría de Máster de máis de 55 anos, e os percorridos serán semellantes, cunha proba Absoluta de 10 km, a de Sub 16 de 2 km, e Sub 12 de 450 m. As saídas serán desde a Praza da Veracruz ás 11,00 h (absoluta), ás 12,10 h (sub 16), ás 12,40 h (sub 12) e ás 12,50 h (prebenxamin). A absoluta transcurrirá polas rúas do Carballliño, Muíño das Lousas e Parque Municipal. A sub 16 transcurrirá polas rúas da vila ata a entrada do parque e regreso. E as demais transcurrirán polos arredores da Veracruz. As metas estarán na Praza da Veracruz.

Está previsto cortar o tráfico nas rúas da vila por onde transcurrirá a carreira entre as 10,00 e as 12,30 h.
Asimesmo, pídese ás persoas participantes que donen produtos imperecedeiros para entregalos a Cáritas con destino ás familias necesitadas.
As inscricións poden realizarse na páxina web de championchipnorte ata o xoves 26 de decembro, e os 500 primeiros inscritos recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da carreira.

Silvia Baranda dixo que se trataba dun evento deportivo e solidario, e que polo tanto animaba a participar e colaborar con Cáritas para poder axudar ás familias que máis o necesitan. Tamén agradeceu a colaboración do Club Atletismo Arenteiro e Koropore Arenteiro, así como as entidades e empresas colaboradoras como o Banco Mediolanum, A Fuchela, Cruz Vermella, CCA, Dizmar, GRI, Autotodo.Barazal e Estate Quieto, entre outros, ademáis da Policía Local e Protección Civil.

Luis Iglesias pediu paciencia aos conductores e veciños polo corte de tráfico das rúas entre as 10,00 e as 12,30 h, e animou a participar neste evento, que leva camiño de superar o número de inscritos do pasado ano. Tamén dixo que ía haber agasallos para todos os participantes.

Finalmente, Juan Estévez incidiu en que Cáritas atende durante todo o ano a máis de 200 familias e 600 persoas, que son as perceptoras das axudas que se lles facilita ben entregando produtos alimenticios, ben axudando a pagar recibos da luz ou alquileres. E por eso agradeceu a colaboración na entrega de produtos alimenticios imperecedeiros, que irán destinados a estas familias.

14, Decembro 2019

Un gol para Ourense e outro para Arenteiro, e tamén podemos decir que unha parte para cada equipo, asi que ao final o resultado foi o que máis se da nestes partidos de rivalidade, empate e un punto para cada equipo. 

Se houbese que decidir o resultado a balóns ao paus da portería contraria, pero esto en fútbol non puntúa, gañaría o Ourense, que tivo tres por un do Arenteiro, un trallazo de Fajardo que fixo tambalear a portería do Couto tras un balón á cruceta.

A primeira parte foi do Ourense, que marcou cun golazo de Pibe dende fora da área, e tras a reanudación o Arenteiro foi mellor, tras empatar Joni nos inicios desta segunda parte.

Desta maneira, o Arenteiro volve empatar un partido e con este xa son nove no que vai de campionato, por catro derrotas e tan so tres victorias, que se traducen en 18 puntos e obriga aos verdes a facer un bo final desta primeira volta para non verse metidos en problemas clasificatorios. 

E quedan tan so tres partidos para completar a primeira volta do campionato, o próximo sábado o Arenteiro xogará en Somozas antes do parón de nadal, para completar despois recibindo ao Alondras en Espiñedo e desplazandose ao Vero Voquete de San Lazaro para xogar co Compostela.

Para ver a ficha do partido, segue a ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614814&cod_acta=614814

11, Decembro 2019

O derradeiro domingo deste ano 2019, o dia 29 de Decembro, será o torneo inaugural desta nova modalidade deportiva no campo de golf do Pazo da Touza, no concello de San Amaro.

Ofutbolísta internacional hispano-brasileño Donato exercerá como padriño deste torneo presentación de Futbol-Golf, unha modalidade deportiva nacida fai apenas unhos anos atrás, pero que foi gañando adeptos a pasos axigantados.

Este torneo xogaráse de forma individual nos 18  hoyosdo campo de golf do Pazo da Touza, con saída simultánea.

Esta modalidade deportiva tan de moda agora mesmo é unha combinación de fútbol e golf, con hoyos que teñen un tamaño dacorde ó do balón co que se xoga.

4, Decembro 2019

Este venres, 6 de decembro, celebrarase a competición de niveis e o sábado 7 a de categorías. O Club Aehde O Carballiño erixese neste 2019 nun dos clubes que máis eventos organizou ao longo do ano.

A terceira edición do trofeo de patinaxe artística Vila do Carballiño supera por primeira vez a barreira dos 200 participantes e bate un récord ao contar con 202 inscritos de 13 clubes pertencentes ás catro provincias galega, ademáis de Cantabria, que estará representada polo Alexmar, un dos importantes da patinaxe española, e de Asturias, que terá ao Sobre Ruedas de Gijón ao seu estandarte.

O equipo anfitrión do Aehde O Carballiño será o máis numeroso con 30 participantes.

O evento, fundado e organizado polo Club de Patinaxe Aehde O Carballiño, ven cargado de novidades na súa terceira entrega. Para comezar, por primeira vez farase en dúas xornadas e por primeira vez contará co apartado de categorías, reservado a patinadoras e patinadores que xa participan polo seu nivel en campionatos autonómicos e estatais.

O trofeo arrancará o venres ás nove da maña coa competición de niveis, que se desenvolverá ao longo de doce horas no pavillón anexo Paco Chao. Para o sábado pola maña quedan os adestramentos oficiais das diferentes categorías e a súa competición será integramente na tarde do sábado.

O trofeo contará con xuices da Federación Galega de Patinaxe para supervisar e puntuar aos dous centos de participantes. Este III Vila do Carballiño convértese no quinto evento de relieve que organiza o Club Aehde O Carballiño ao longo desde 2019: Copa de España de Freestyle, Torneo Terras de Orcellón de Grupos show, tecnificación estival con tres medallistas mundiais e Gala fin de curso da escola de patinaxe, e logo do torneo desta fin de semana todavía quedará a tradicional Gala de Nadal.

O torneo desta fin de semana está patrocinado pola Deputación de Ourense, que aporta o 20 % do presuposto, e conta coa colaboración do Concello do Carballiño.

3, Decembro 2019

Agardase unha gran afluencia de público, dada a espectacularidade deste tipo de probas, que contan un total de 292 inscritos, nas modalidades de Canicross, Bikejoring, Patín, Patín 2 Cans e Carro.

Entre os participantes estarán o mellores deportistas de España, moitos deles con experiencia tanto nos campionatos de Europa como do Mundo de Mushing Terra.

A proba está organizada polo Club ACADE, es as federacións galega e española de deportes de inverno, coa colaboración do concello de Boborás.

A competición desenvolveráse o sábado 7 e o domingo 8 de Decembro en horarios de mañá e nun circuíto nos arredores da capitalidade municipal. 

A entrega de premios faráse o domingo ás 13:30 hras no polideportivo municipal de Boborás.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes