Deportes

A idea é manter unha rutina coas distintas actividades diarias e planificar os días intentando seguir un horario nun orden lóxico, facer unha série de exercícios físicos básicos para manter unha condición física axeitada e funcional.
As sesións físicas deberían ter un mínimo de 25-30’ pero ideal sería que pasase de 50’ tódolos días da semana (Ou un mínimo de 4 días alternando ditos días) para aumentar o gasto metabólico qué será fundamental para manternos ACTIVOS E MOTIVADOS.
A poder ser a estructura será Como nas clases de Ximnasia,..
*Quecemento* A través de Camiñar suave 5’ e Mobilidade Articular variada esto é mover tobillos, rodillas, Cadeira, Columna, hombros, Cuello( seguindo un orden dos pes á cabeza ou ó revés da Cabeza ós pés) entre 10-15’ logo *Estiramentos* : principais músculos, os máis grandes entre 5-8’ en total e de forma suave (20-30 “ por grupo muscular).
*Parte Principal*: elexir mínimo 3 opcións
1) 5’ Exercicios de Forza ( Planchas frontais e laterais , Flexións de Rodillas e Codos , Bíceps, Hombros,…con algo de peso Mancuernas ou mesmo un kg de arroz en cada Man,…)
2) 3-4’ Equilibrios corporais ( levantamos unha perna e mantemos a posición 5,10,15” ou que se vos ocurra estando en desequilibrio corporal; camiñar lento e levantar as rodillas lentamente, saltos á pata coxa, camiñar seguindo unha Liña no chan,…
3) 5’ Exercicios Incrementando a Velocidade por exemplo 3 -4 veces 30” descanso ó final de cada repetición 20” movemento de pés rápidos (de marchas a Correr no sitio, pequenos saltiños no sitio, logo con desplazamento ou toco un lado da parede desplazamento rápido a tocar o outro lado 2mtrs, tronco ( agachámonos tocamos chan e levantámonos rápido,…) , brazos ( puñetazos simulando un combate de Boxeo 1’ e recuperamos ,…
4) 5-10 Coordinación Dinámica xeral como xogar con Pelotas cos Nenos, lanzamentos e recepcións , a unha parede,…partidos de voleyball con globos ,…movemos o mesmo tempo brazos e Pernas,…
5) 5-10’ traballo do rítmo a través de música e movemento, Bailar ,… sesións por internet de Aeróbic básico ou avanzado según o caso, mandamos enlaces,… Logo desas opcións sempre deberíamos rematar camiñando no pasillo Ou se podemos fóra da casa a un rítmo medio que nos coste un chisco,…e decir facer un traballo Cardiovascular ó final. Que sexa superior ós 30’ pois fantástico e se só facemos 10-15’ pois incrementamos entón a intensidade. *Volta a Calma * 5’ de exercicios Moi suaves; camiñar lento, bicicleta estática, bachatas lentas,… o que se vos ocurra e poidades facer claro. Logo entre 8-12’ estiramentos máis intensos que durante o Quecemento *mínimo* 30-40” por grupo muscular e acompañados dunha boa respiración.
Recomendación na parte final das sesións, sentados ou tumbados, facer un un traballo de RESPIRACIÓN PROFUNDA E LENTA 5’ tipo IOGA observando só a respiración (inhalación Exhalación ) de forma CONSCIENTE,… algo que sin duda nos Vai calmar.

A alerta sanitaria deixou en suspenso todas as competicións deportivas, e despóis a declaración do estado de alerta, motivou unha absoluta incertidume sobre o futuro de todas as competicións, e mesmo fálase xa como o máis probable que se dea por rematada a tempada.
Está por ver que acontece e cál é a decisión que no seu momento adoptan as distintas federacións, no caso do CD Arenteiro, será a Real Federación Española de Fútbol a que deberá decidir, pero comeza a coller forza a posibilidade de que a tempada non se reanude xa que a mesma tería que rematarse antes do 30 de Xuño, e non parece que eso vai ser posible.

No fútbol quen ten ocasións e non mata os partidos remata sufrindo e pedindo a hora, e esto foi o que lle pasou ao Arenteiro para conseguir a cuarta victoria do curso en Espiñedo ante o equipo de As Pontes, que no último suspiro do partido perdoou o empate.
Púxose moi pronto o partido de cara para o Arenteiro, cando aos 4 minutos de partido Joni aproveitou unha doble indecisión da defensa e o porteiro de As Pontes para marcar a porta baleira. Apenas 10 minutos despóis empataron os visitantes na primeira ocasión que tiveron para facélo.
O gol fixo espabilar ao Arenteiro, que pasou a ter claramente o control do partido, e as mellores aproximacións á área rival, pero Joni non estivo acertado e co porteiro xa batido desperdiciou una enorme ocasión de volver poñerse por diante no marcador, mentres que esta primeira parte cerrábase con outra clara ocasión, ésta a favor de As Pontes, pero afortunadamente o longueiro repelía o balón.
Na segunda parte, Javi Rei fixo o 2-1 aos 61 minutos, despois ao Arenteiro faltoulle decisión e acerto para evitar o sufrimento final, non materializou as ocasións que tivo, unha moi clara e a piques estivo de pagálo, porque afortunadamente para os intereses verdes, e xa no tempo de desconto, o virus do empate volveu sobrevoar por Espiñedo, cando o equipo de As Pontes derperdiciou unha inmellorable ocasión para igualar o resultado.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614920&cod_acta=614920

O grupo de goberno socialista renuncia desta maneira ao proxecto que anunciara dias atrás para instalar céspede sintético no terreo de xogo do Estadio Municipal de Espiñedo, e a corporación decide aprobar a proposta do Partido Popular, que conservará a herba natural.
Agora, o concello, e tal como se propuxo na moción, solicitará a colaboración da Deputación e a Xunta de Galicia para a execución do proxecto de reforma integral do terreo de xogo, que non se acometía dende principios dos anos 90 do século pasado.
Ademáis, na proposta dos populares, tamén se inclúe a mellora da iluminación do recinto deportivo, instalando luminarias Led, e tamén se acordou a construcción dun campo de fútbol-8 axexo ao campo de fútbol da Uceira.

Non sabemos en qué posto acabará o Arenteiro a tempada, pero si aventuramos que conseguirá un record en canto a número de empates, con este da Estrada xa son 14 en 26 partidos, e aínda quedan 12 para que remate a competición.
Neste partido da Estrada, sen dúbida o mellor foi o resultado, noutra tarde gris do Arenteiro, a única ocasión foi un balón que Fran Monroy enviou ao pau, e para de contar. Pola contra, as mellores e máis claras ocasións do partido foron para os locais, que tamén estrelaron un balón na portería ben defendida por Borja.
Na primeira parte, os verdes tiveron algo máis de control do balón, pero sen xerar ningún tipo de perigo ante a portería local, na segunda parte nin balón nin ocasións, salvo a comentada de Monroy. Pouca pólvora para tanta mecha, que se lle supón a este equipo.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614909&cod_acta=614909

Se houbese que xogar a un fixo na quiniela, sen dúbida que a maioria apostaría por un empate neste partido entre Arenteiro e UD Ourense e houbesen acertado, xa que os verdes sumaron o empate numero 13 do campionato, con algo de fortuna da súa parte.
E esto porque as únicas ocasións de gol claras do partido foron dos unionistas, pero enviaron o balón, na primeira ao poste e na segunda ao longueiro, cando os afeccionados visitantes cantaban o o gol na bancada, ambas na segunda parte.
Antes, nos primeiros 45 minutos chegaron os dous goles, por certo, nos dous únicos tiros reseñables entre os tres paus. O primeiro en golpear foi o Arenteiro por mediación do defensa Fajardo, e empatou a UD Ourense de libre directo por medio de Hugo García enviando un balón a media altura da portería do debutante Borja, que se quedou inmóvil.
Ambos equipos reeditaron practicamente o partido tostón da primeira volta no Couto, de escasa proposta futbolística por ambas partes, e que resultou bastante decepcionante para o público.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614899&cod_acta=614899

O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa "é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo, cun elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais" aseguran dende o concello do Carballiño.
"Malia a este importante investimento, e incluso destinando máis diñeiro, non se garante que o césped estea nas mellores condicións durante toda a tempada, polo que, tras consultar aos especialistas na materia, considérase que a solución máis factible é cambiar o césped natural por outro artificial de última xeración, semellante ao que se instalou recentemente noutros estadios", indican nunha nota informativa difundida dende o concello do Carballiño.
E engaden que esto permitirá, ademáis, poder usar o estadio prácticamente todos os días, entrenar e xogar os partidos dos equipos da escola municipal de fútbol, algo que non acontece na actualidade".
En canto á financiacón do proxecto, que non cuantifican, pero que indican "que terá un custo importante, efectuarase por un sistema de renteing ou leasing, a pagar nun período de seis anos, co que podería ser asumido cos orzamentos municipaiis". Finalmente, aseguran que "a área municipal de Deportes, que coordina Silvia Baranda, e tras consultar a especialistas nesta materia, crese que este proxecto é o único que pode garantir un uso continuado e satisfactorio do terreo de xogo de Espiñedo, e ao mesmo tempo, rentabilizar o investimento".
Outros proxectos semellantes estanse levando a cabo en campos de fútbol de vilas e cidades de Galicia, e desde esta área municipal considerase que é o momento oportuno para tomar esta iniciativa.
O Carballliño quedaríase asi sen un campo de fútbol con herba natural, que sí manteñen a maioria das grandes vilas da provincia de Ourense, e tamén do resto de Galicia.

O Club Carballiño Fútbol Sala conmemora este ano o 25 aniversario da súa creación, e por este motivo vai desenvolver unha serie de actividades, entre as que se atopa a edición dun álbum de cromos do club da tempada 2019/2020.
Este álbum comezará a entregarse hoxe na pavillón de deportes Paco Chao a cada un dos 180 xogadores e xogadoras que forman parte do club, e terá o aliciente engadido de que haberá álbumes personalizados, pois na portada figurará a fotografía de cada xogador.
Os sobres dos cromos, que levarán seis cada un, venderanse ao prezo de 1 euro no pavillón municipal de deportes, en Futboleros e no establecemento de chuches da praza dos Irmáns Prieto. Asimesmo, haberá á venda un pack especial, cun número importante de cromos non repetidos, que se venderá a 20 euros, para poder completar os álbumes.
A iniciativa foi presentada pola concelleira de Deportes, Silvia Baranda, e o presidente do club Carballiño F.S., José Manuel Vàzquez. Silvia Baranda felicitou ao club por esta iniciativa que se pon en marcha por primeira vez, e dixo que se espera conseguir o mesmo éxito do álbum da escola de fútbol.
Tamén adiantou que se levarán a cabo outras actividades dentro desta conmemoración, referíndose en concreto a un posible partido de alto interese programado pola Federación de Fútbol Sala, que se celebraría no pavillón Paco Chao este mesmo ano.
José Manuel Vázquez considera que se trata dunha iniciativa moi interesante tanto para os xogadores como para o club, e por eso pide a máxima colaboración das familias e afeccionados. Destacou o gran número de fotos que se fixeron e a boa calidade das mesmas, e cre que será un digno recordo desta tampada e da celebración do 25 aniversario da creación do club

Por primeira vez na súa historia de 62 anos o Arenteiro xogaba un partido de fútbol con inicio ás 13 horas, un horario que non lle sentou nada ben ao Arenteiro, que foi claramente superado polo filial do Lugo neste atípico horario futbolístico.
A primeira parte foi un monólogo do Polvorín ante un Arenteiro incapacaz de facer fronte ao fútbol dinámico do conxunto local, unha e outra vez e asi durante os primeiros 45 minutos o partido foi un recital contínuo do equipo local ante un descorcertado Arenteiro, o mellor desta primeira parte foi o resultado, 1-0 favorable ao equipo lucense que, que mantiña aos verdes aínda no partido.
Na segunda metade, parecía que o Arenteiro quería reaccionar, Gelucho fixo entrar no campo a Javi Rey e Pablo Lede, houbo máis toque de balón, pero de pouco valeu, en realidade os verdes tiraron entre os tres paus en dúas ocasións en todo o partido, mentres un efectivo Polvorín redondeaba o marcador con outros dous goles.
Derrota amarga, e máis aínda pola lesión do gardameta do Arenteiro Rui Santos, que tivo que abandoar o terreo de xogo tras unha xogada na que se mancou nun xeonllo, haberá que agardar as probas médicas para ver o alcance da lesión.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614888&cod_acta=614888

Este Domingo 16 de Febreiro en horario matinal o campo da festa de Arenteiro volverá ser o epicentro do 3ª Enduro do Concello de Piñor, organizado pola Liga Galega de Moto de Campo, que terá record de participación.
Eduardo Iglesias trae este domingo a Piñor a moto coa que participou no Rally Dakar, que estará en exposición para o público no mesmo campo da festa de Arenteiro.
A competición conta coa colaboración do concello de Piñor, que está apostando por este tipo de actividades para darse a coñecer fora da comarca.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »