Deportes

15, Novembro 2020

O partido púxoselle moi pronto en contra ao Arenteiro  porque apenas ían 7 minutos xogados cando o Estrandense logrou adiantarse no marcador, o primeiro gol que encaixa o gardameta Diego Garcia, que nada pudo facer para evitalo, e tiveron que agardar os verdes ata os minutos finais para que o dianteiro Sylla, cun golazo de cabeza, rescatase un punto.
Cun gol tan cedo, ao equipo local encontrouse moi pronto co partido de cara, co mellor guión posible para buscar un segundo gol que lle houbese posto en franquicia o marcador, aínda que nesta primeira parte as ocasións foron escasas ante ambas porterias, aínda que os verdes reclamaron con vehemencia un penalti sobre Rubén Arce na área local, pero o árbitro desentendeuse da xogada. E un chisco antes do descanso, outra xogada clave, o Arenteiro quedábase en inferioridade no campo por expulsión de Pol, tras ver o carballiñés o segundo cartón amarelo nunha acción innecesaria sobre un dianteiro local que nin xiquera tiña o balón. O partido complicábase aínda máis.

Pero todo cámbeou tras pasar por vestiarios, o Arenteiro comezou a facerse claro dominador do partido, co Estradense metido no seu campo e esperando poder sentenciar á contra, mentres os verdes asediaban a portería local con varias ocasións para lograr o empate, que non chegaría ata o minuto 89 cando Sylla, cun gran cabezazo, fixo inútil a estirada do meta Cascallar, que apenas unhos minutos antes evitara o gol do Arenteiro cunha incríble man á cepa do poste nun remate de Renan. Antes, Javi Pazos, por dúas veces, e mesmo Álex Fernández, a balón parado, estiveron preto do gol, que se lle resistía aos verdes. Unha meritoria segunda partde dos verdes, xogando en inferioridade númerica, e non perdendolle a cara o partido en ningún momento.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:

http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

13, Novembro 2020

Os seguidores do Arenteiro están de enhoraboa, xa que por segundo domingo consecutivo poderán seguir a retransmisión en directo do partido dos verdes na Televisión de Galicia, esta vez dende o Novo Campo da Estrada, correspondente á 5ª xornada da terceira división que xogará ante o Estradense.

Igual que o pasado domingo ante a UD Atios, a TVG ofrece a retransmisión íntegra na súa páxina WEB. Ademáis, tamén poderá seguirse na TVG-2 en formato carrusel no programa "A Liga das Cidades", no que o  Estradense-Arenteiro alternará con outros dous encontros, Arousa-Choco e Vilalbés-Fabril Deportivo. A partir das 16:30 horas deste domingo dia 15 de Novembro.

8, Novembro 2020

A boa nova é que o gardameta do Arenteiro Diego García sigue imbatido tras xogarse 360 minutos de liga, e a mala é que o Arenteiro non foi capaz de abrir a lata dun combativo Atios, ben plantado atrás, e deixando que pasaran os minutos para non sair derrotados de Espiñedo.

Os do Porriño cederon o balón ao Arenteiro para facerse fortes atrás, os verdes movérono con criterio na maior parte do partido, pero foron incapacaces de acertar en algunha das numerosas aproximacións que tiveron sobre a portería visitante no transcurso da tarde. Non acertou o Arenteiro nos últimos metros e elo propiciou que o marcador non se movese ao final dos 90 minutos.

Con este resultado o Arenteiro cede o liderato ao Arousa, que agora encabeza a clasificación da terceira división con 9 puntos por 8 do Arenteiro, que é segundo.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: 

http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

6, Novembro 2020

O club da preferencia aos socios, con número do 1 ao 300, para que recollan o seu pase no despacho de entradas do Estadio de Espiñedo este sábado dia 7 de Novembro en horario de 11 a 13 e de 17 a 19 horas, ata agotar as 150 entradas dispoñibles para completar o novo aforo autorizado polas autoridades sanitarias.

Según este sistema, no próximo partido daríaselle preferencia aos socios con número a partir do 300, e asi mentres dure esta situación debido ás restricións motivadas pola pandemia. A boa noticia para os afeccionados do Arenteiro é que o partido ante a UD Atios a partir das 16:30 horas deste domingo 8 de Novembro será retransmitido íntegramente na WEB da Televisión de Galicia na ligazón https://is.gd/hxojQA Ademáis, en formato carrusel tamén poderá seguirse na TVG-2, alternando o partido de Espiñedo co Barco-Arousa e o Bergantiños-Vilalbés.

5, Novembro 2020

Luz verde para o regreso do Arenteiro a Espiñedo tras verse obrigado a xogar co Ourense CF en Barbantes, debido ás restricións no Carballiño por culpa do coronavirus, este domingo (16.30 horas) poderá facélo en Espiñedo, e con público, pero con aforo superreducido a 75 persoas, aínda que a Xunta podería autorizar unha ampliación a 150.

O club comunicará a través das súas RRSS de qué maneira vai repartir entre os socios as 75 entradas inicialmente dispoñibles para este encontro que xogará ante a UD Atios na cuarta xornada da terceira división, e que os verdes afrontan como o líder da categoria. A boa noticia é que a TVG retransmitirá integramente o partido na súa páxina WEB, ademáis de conexións intermites en directo a través do carrusel da TVG-2, que o Arenteiro-Atios compartirá co Barco- Arousa e Bergantiños-Vilalbés.

1, Novembro 2020

Un partido intenso e vivo ata o pitido final, foi o que ofreceron no municipal de Santa Mariña de Redondela o CD Choco e CD Arenteiro, no que o marcador non se moveu, un punto a domicilio que da ao equipo do Carballiño o liderato, agora en solitario, da terceira división neste arranque de competición.

Un partido no que houbo ocasións ante ambas porterías, acaso as dúas máis claras para o Arenteiro, unha en cada parte, pero na primeira o meta local Cortegoso evitou o gol dos verdes e na da segunda parte, Javi Pazos cruzou demasiádo o balón, no susto máis grande da tarde para os 150 socios do Choco que poideron presenciar o partido, debido á limitación de aforo.

Pero tamén hai que recoñecer que o Choco tivo os seus avisos ante a portería de Diego García, que tampouco pasou por grandes apuros para manter a portería a cero por terceiro partido cosecutivo, sendo o único equipo de toda a terceira división, incluidos os dous subgrupos, que de momento continúa imbatido. 

Na primeira parte o xogo estivo máis nivelado, e a presión alta exercida polo Arenteiro impedíu ao Choco facer o seu habitual xogo combinativo, mentres que na segunda metade os choqueiros lograron o ritmo do partido ante un Arenteiro que cedeu terreo e decidíu xogar máis á contra.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

 

25, Outubro 2020

Dous goles, un en cada parte, deron o triunfo ao Arenteiro ante o Ourense CF no partido xogado no campo da Regueiriña en Barbantes ao non podelo facer en Espiñedo debido ás restricións no Carballiño por culpa da pandemia, Marquitos e Javi Pazos marcaron os goles e Diego García volveu deixar a portería a cero.

Curiosamente, o Arenteiro xa se enfrontou no último mes a tres dos catro equipos que xogaron play off de ascenso a pasada tempada, o Compostela en amigable de pretempada e Arousa e Ourense CF neste inicio de liga, e os verdes gañaron os tres partidos.

Este bo inicio de liga sitúa ao Arenteiro como líder do grupo, condición que comparte co Ribadumia, que tamén gañou os seus dous partidos. No partido ante o Ourense Fran Justo seguíu reservando a varios xogadores que arrastran diferentes lesións das que están a recuperarse favorablemente, caso de Sylla, Joni e Manu Mariña, aos que se sumaba a última hora Victor Eimil. No próximo partido en Redondela ante o Choco tampouco poderá xogar Adrián Pol, que hoxe foi expulsando con cartón vermello directo.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:

http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

23, Outubro 2020

O partido correspondente á segunda xornada da liga en terceira división non pode xogarse en Espiñedo polas restricións que afectan a O Carballiño, e desta maneira Xunta e RFFG autorizaron a súa celebración no campo da Regueiriña de Barbantes, dende as 16:30 horas deste domingo 25 de Outubro.

Ao estar restrinxida a mobilidade para os concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, o partido xogaráse finalmente sen público, a porta pechada, aínda que todos os afeccionados verdes poderán seguilo en directo con sinal televisada polas redes sociais de Club Deportivo Arenteiro.

No aspecto deportivo, o Arenteiro chega a este partido despois do seu brillante debut ligueiro do pasado domingo en Vilagarcia, onde conseguiu sumar os tres primeiros puntos ante o Arousa. Tras esta semana de adestramentos, os últimos 3 no campo do Lodairo de Cea, por non poder facélo na Uceira, o equipo non presenta novidades, xa que moi probablemente Fran Justo tampouco poderá contar para este partido con Mariña, Joni e Sylla, que continúan recuperandose. Si que poderá xa entrar na convocatoria Renan Zanelli, unha vez que cumpriu a sanción dun partido que tiña pendiente.

18, Outubro 2020

Os verdes fixeron un gran partido no seu debút no campionato de liga de terceira división derrotando ao Arousa no estadio da Lomba de Vilagarcía por 0-1,un marcador curto para os méritos do Arenteiro. Porque o equipo do Carballiño foi o único que dispuxo de varias ocasións claras para lograr un resultado favorable máis amplo ao final dos 98 minutos que durou o partido.

O Arousa tan so foi capaz de dar algunha sensación de perigo a balón parado, e o gardameta Diego García non pasou por ningunha situación de apuro, mentres que o Arenteiro sí que tivo oportunidades de marcar máis goles. Na primeira parte nun balón que se paseou por diante da portería de Táboas sen que por pouco chegase algún dianteiro verde, e sobre todo, tras un enorme xogadón persoal de Victor Eimil que despois de sortear a canto xogador arlequinado lle saíu ao paso cruzou o balón un pouco en exceso cando parecía que chegaba o segundo gol do Arenteiro. E na segunda parte outro par de claras ocasións, sobre todo unha tras un centro de Rubén Arce que rematou de cabeza Naveira e que se foi fora por pouco. Pero sí que, aínda no primeiro periodo Marquitos -sensacional toda a tarde- acertou a batir cunha volea perfecta ao gardameta local, tras un balón largo enviado dende a área carballiñesa por Diego García.

Alegría para a afección verde nesta semana negra na evolución da pandemia no Carballiño e comarca,sumando os tres primeiros puntos cunha victoria de prestixio ante un dos aspirantes ao play off, como é o Arousa SC.

Para ver a ficha do partido, preme na ligazón:

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...

17, Outubro 2020

A liga 2020-2021 na terceira división alza o seu telón cun atractivo Arousa-Arenteiro dende as 18:30 horas deste domingo 18 de Outubro na Lomba de Vilagarcia, un partido que poderá verse en directo a través de Facebook e o canal de YouTube "Onda Arlequinada".

A cidade arousana tamén está en alerta sanitaria  e por elo ten o aforo limitado a tan so 150 persoas que poderán presenciar o partido no estadio, o resto terá que facélo a través da internet.

O Arenteiro desplázase a este debut ligueiro coas baixas confirmadas do defensa Manu Mariña e o centrocampista Renan Zanelli. Enfronte, encontraráse a un dos equipos aspirantes ao ascenso. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes