Deportes

Volve o Arenteiro a flaquear en defensa, a que parecía a principios de tempada a liña máis fiable do equipo volveu hoxe a ser a máis flouxa, e elo motiva que os verdes regresen a O Carballiño sen tan xiquera un punto e despóis de marcar tres goles.
Ata o desta tarde en Vilalba,en tan so dous partidos dos 48 de liga que leva o bo gardameta luso Rui Santos na portería do Arenteiro -os dous da tempada pasada ante o Racing de Ferrol- non tivera que sacar ata catro veces que foi batido o balón do fondo da súa portería.
A primeira metade do partido arrincou de modo inmellorable para o Racing C. Villalbés, que estreou a súa conta goleadora grazas ao gol de Josito apenas uns minutos despois do asubío inicial, no minuto 2.
Posteriormente volveu marcar o equipo local, aumentando distancias a través dun gol de Cuadrado aos 17 minutos.
E de novo o 3-0 outra vez o conxunto local, aumentando a renda cun gol de Make aos 39 minutos. Reduciu distancias o equipo visitante grazas a un tanto de pena máxima de Fajardo xusto antes do final do encontro, en concreto no 44, acabando o primeiro tempo cun 3-1 no luminoso.
No segundo período a sorte chegou para o Arenteiro, que recortou diferenzas cun gol de Suarez no minuto 56. Pero posteriormente o equipo villalbés distanciouse mediante un tanto de Pais aos 68 minutos. Recortou distancias o conxunto carballinés por medio dun gol de Joni pouco antes do final, concretamente no 89, terminando desta maneira o enfrontamento cun resultado final de 4-3.
O técnico do Racing C. Villalbés, Simon Lamas Trindade, deu entrada ao campo a Pais e Moreda en substitución de Sandá e Angel Fernández, mentres que por parte do Arenteiro Gelucho deu entrada a Mitogo, Iago e Manú Silva por Ricar, Ross e Albertito.
O árbitro sancionou con tarxeta amarela a seis xogadores. Mostrou catro tarxetas amarelas a Verez, Javi Pita, Cuadrado e Moreda, do Racing C. Villalbés e dous a Adrián Pol e Iago do Arenteiro.
Ficha técnica
Racing C. Villalbés: Javi Pita, Diego López, Buyo, Verez, Josito, Javi Varela, José Varela, Make, Cadrado, Sandá ( Pais, min.61) e Angel Fernández (Moreda, min.66)
Arenteiro: Rui Santos, Adrián Pol, Suarez, Toño Vázquez, Ross (Iago, min.73), Albertito ( Manú Silva, min.78), Ricar ( Mitogo, min.62), Emilio, Joni, Javi Rey e Fajardo
Goles: Josito (1-0, min. 2), Cadrado (2-0, min. 17), Make (3-0, min. 39), Fajardo (3-1, min. 44), Suarez (3-2, min. 56), Pais (4-2, min. 68) e Joni (4-3, min. 89)

Os mellores pilotos de enduro de España e Portugal daranse cita esta próxima fin de semana no Carballiño para participar na VII Xtremo Mesego Enduro Training.
Entre outros estarán o actual campión de España e un dos tres mellores pilotos do mundo na especialidade Mario Román, así como os catro gañadores das últimas catro edicións, entre eles Pol Tarrés, e os tres mellores pilotos de Portugal.
Nesta edición acádase o récord histórico de participantes con 140 pilotos chegados desde todas as comunidades españolas e Portugal, unha cifra que puido superarse se non fose que a organización pechou as inscricións hai tempo por exceso de participantes, segundo dixo un dos responsables da organización, Juan Caderno, que presentou esta tarde o evento xunto coa concelleira de Deportes, Sivil Baranda.
Para supervisar, controlar e cronometrar as distintas probas, a organización contará con 60 persoas.
Juan Caderno asegura que será unha das edicións con máis seguimento de afeccionados, e tanto polo plantel do máximo nivel dos participantes como pola espectacularidade das probas.
Silvia Baranda manifestouse no mesmo sentido, asegurando que non hai en Galicia ningunha proba destas características e que por eso é un acontecemento deportivo do máximo rango, que dinamizará a vida da vila durante a fin de semana, sobre todo no sector hosteleiro, polo que agradeceu o traballo que realiza a organización e que contribúe a dar realce ao Carballiño como vila de grandes acontecementos deportivos.
Finalmente, Juan Caderno e Silvia Baranda fixeron unha chamada aos afeccionados para que respeten todas as medidas de seguridade, xa que é unha modalidade deportiva extrema que conleva perigo.
PROGRAMA
O sábado 26 haberá unha crono en Pena Cobertoira de 11,00 a 13,00 h., e pola tarde, de 17,00 a 21,00 h., terá lugar o circuito urbano de súper enduro nas inmediacións da rúa Ben Cho Sei. Ás 22,00 h., haberá entrega de premios. Ambas probas servirán ademáis para establecer os postos de saída do domingo.
A proba do domingo 27 disputarase en Pena Cobertoira entre as 10,00 e as 15,00 h. E a entrega de premios terá lugar ás 17,00 h., tamén en Pena Cobertoira.

Os verdes derrotaron aos coruñeses con dous goles logrados nun intervalo de apenas sete minutos ao inicio da segunda parte do partido correspondente á novena xornada do campionato nacional de liga de terceira división xogado no municipal de Espiñedo.
Na primeira parte non houbo goles, pero sí claras ocasións, como as que tiveron Joni e Wadir para o Arenteiro, mentres que o Silva tan so foi capaz de facélo a balón parado, cun tiro libre que se foi fora por moi pouco cando no banquiño visitante xa cantaran o gol.
O partido decidíuse nos primeiros compases da segunda parte, nos minutos 48 e 55 chegaron os dous goles do Arenteiro. O primeiro nun balón de ouro que puxo Adrián Pol aos pes de Joni, que desta vez cruzou ben ante a saída do meta visitante. O segundo foi obra do defensa Iago, que se encontrou cun balón solto e a porta vacia rematou ao fondo da rede.
O Silva, con moi poucos recursos ofensivos polo visto esta tarde, apenas inquietou a meta de Rui. Mentres, o Arenteiro foi superior durante practicamente todas as fases dun encontro no que o equipo estivo a un bo nivel de grupo, sobresaíndo o soberbio partido de Javi Rei e a presenza de Wadir, moi activo durante toda a tarde.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614740&cod_acta=614740

O Arenteiro sumou un punto na súa visita ao campo do Poboado de As Pontes, nun partido xogado na tarde deste sábado ante apenas 150 afeccionados, que viron como o seu equipo -As Pontes- conseguía o primeiro punto da tempada no seu campo, mentres os verdes confirmanse como o rei do empate neste inicio de liga.
Puxeronse os locais moi pronto cunha ventaxe de dous goles no marcador, pero a partir de ese momento viñeronse abaixo, o que aproveitou o Arenteiro para darlle a volta ao resultado, en apenas 20 minutos e desta maneira irse ao desncanso cun favorable 2-3, remontando o partido con goles do debutante Wadir, Jony e Fajardo.
Na segunda parte o Arenteiro non soupo manter a ventaxa ante un equipo que estaba tocado anímicamente e deixouse empatar o partido no minuto 77,co 3-3 que sería xa o resultado final.
As Pontes: Paco, Berto (David Pájaro, min. 75), Óscar Rivas, Dani, Álex Cabarcos, Quique (Álex Sánchez, min. 65), Gonzalo, Fidi, David García (Cambón, min. 65), Rubén Pardo y Carlos López.
Arenteiro: Rui, Iago, Oca, Toño (Padrón, min. 46), Ross, Fajardo, Manu, Albertito,Javi Rey (Mitogo, min. 81), Wadir y Jony (Ricar, min. 59).
Goles: 1-0: Carlos López (min. 12); 2-0: Quique (min.24); 2-1: Wadir (min.25); 2-2: Jony (min.39); 2-3: Fajardo (min.44); 3-3: Rubén Pardo (min.77).
Árbitro: Figueiredo Comesaña. Amonestou por As Pontes a David García e Álex Sánchez. E mostrou carton amarelo polo Arenteiro a Manu, Fajardo e expulsou a Ross por doble cartón amarelo co tempo regulamentario xa cumplido, no minuto 90.

Por fin, o sétimo partido do curso foi o da vencida para o Arenteiro, derrotando por 2-1 ao Estradense en Espiñedo nunha tarde na que o mellor foi o resultado e o tempo, practicamente veraniego que trouxo ata O Carballiño a un numeroso grupo de seguidores do equipo da Estrada.
Tras unhos minutos inicais de tanteo por ambos equipos, sen nada reseñable, os verdes atinaron a adiantarse no marcador no minuto 24 cunha boa triangulación en ataque que culminou Javi Rey co primeiro gol da tarde, apenas 6 minutos despois Joni aproveitouse dun erro defensivo do Estradense para poñer o 2-0.
Tardou pouco tempo o Estradense en meterse no partido, no m. 34 Borja Miguez recurtou a diferencia e asi se chegou ao descanso.
E tamén ao final dos 90 minutos, porque a segunda parte é desas que decimos que sobran, e que so o axustado do resultado mantén a emoción na grada, xa todo foi un querer en non poder por ambos equipos, que se viñeron abaixo físicamente.
Aínda asi, e consecuencia dos desaxustes defensivos en ambas áreas máis que por xogo, chegaron un par de ocasións por cada bando, as do Arenteiro moi claras nas botas de Mitogo, pero o marcador non se moveu, e a afección local agradeceu cun suspiro de alivio o pitido final do árbitro.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614719&cod_acta=614719

O mellor, que un empate fora da casa sempre é positivo, e sobre todo o regreso de Mitogo que reaparecía nove meses despoís da súa grave lesión e deixou boas sensacións nos minutos que desputou.
E tamén pode verse como positivo que o Arenteiro logrou marcar un gol despóis de 460 minutos sen facélo, aínda que fose de penalti, maxistralmente lanzado por Fajardo.
Foi o gol do empate, no minuto 71, antes -10 minutos antes- os locais adiantáranse no marcador nunha xogada que comezou cunha perda de balón do Arenteiro.
O pior, que foi un partido pésimo, sen apenas ocasións, e practicamente sen tiros entre os tres paus en ambas porterías, proba delo é que o meta local pasou inadvertido e Rui tan só tivo que intervir para desviar a córner un cabezazo do dianteiro local Pedrosa.
Resultado xusto para un partido carente de emocións, ambos equuipos igual de inoperantes de medio campo para adiante.
Unha mágoa, porque despóis do empate de Fajardo os ourensanistas quedaron completamente groguis no campo, pero o Arenteiro non soubo aproveitarse.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614709&cod_acta=614709

Partido con pouca historia o visto esta tarde de domingo no Estadio de Espiñedo, con apenas ocasións de gol en ambas áreas, nin Arenteiro nin Polvorín foron capaces de facer mover o marcador.
Con este resultado, ambos equipos caen a postos de descenso cando van consumidas cinco xornadas, ainda que tanto Arenteiro como Polvorín son aínda equipos en construcción polos moitos cámbeos que tiveron en relación á tempada pasada, e ambos están chamados a escalar na táboa de clasificación conforme vaia avanzando a competición.
Eso si, o Arenteiro deberá resolver o problema que ten cara o gol, porque un único gol en cinco partidos está penalizando e moito a este equipo.
No partido ante os lucenses apenas unha ocasión clara de gol, a de Joni na segunda parte, que so ante o porteiro do Polvorín cruzou demáis o balón e saíu fora.
Tamén os visitantes tiveron dúas ocasións para adiantarse na primeira parte, pero afortudamente para os intereses do Arenteiro, fallaron ambas.
Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614698&cod_acta=614698

Os verdes sairon goleados(3-0) do Baltasar Pujales de Bouzas, a pesar do prometedor inicio de partido o Arenteiro acabou encaixando máis goles nesta cuarta xornada de liga e en apenas 65 minutos de xogo que nos 270 precedentes das 3 primeiras xornadas.
Porque en efecto, aos 65 minutos o Rápido de Bouzas marcaba o terceiro gol da tarde deixando sen opcións a un Arenteiro que non foi capaz de marcar nin en superioridade, xa que o último cuarto de hora os locais xogaron con 10 futbolístas por expulsión dun dos seus defensas.
Pero, da mesma maneira que ata hoxe o equipo verde mostraba unha gran solvencia defensiva, na parte máis negativa do equipo está a dificultade para facer goles, completadas as catro primeiras xornadas o Arenteiro cun solitario gol é agora mesmo o equipo menos realizador da categoria.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614688&cod_acta=614688
O Sp. Carballiño goleou na Uceira a un flouxo Molgas, logrando asi a súa primeira victoria nesta tempada de estrea na primeira autonómica, mentres no Outeiro Grande Maside e Covadonga repartiron puntos nun partido no que sobresae o hat trick de Manu Bardelás.
Partido con pouca historia dun Sporting moi superior que xa ao descanso deixaba sentenciado o partido cun claro 4-0, na segunda parte que estivo protagonizada pola treboada que caeu nesta tarde de domingo no Carballiño, aínda marcaría outros 3 goles, ata chegar ao 7-2 final.
O Maside está véndose penalizado neste inicio de liga pola súa fraxilidade defensiva, e desta maneira pouca renda está sacando a súa gran bagaxe goleadora, xa que suma 7 goles en dous partidos. No desta tarde ante o histórico Covadonga, foi sempre por detrás no marcador pero un sensacional Manu Bardelás evitou a derrota empatando o partido a un minuto para cumplirse os 90 regulamentados.
O Arenteiro volveu mostrar a súa solvencia defensiva ante o Fabril Deportivo, e suma o seu terceiro empate consecutivo neste inicio de liga, repetindo o marcador de 0-0 da pasada xornada en Carballo.
Ante un visitante de luxo en Espiñedo, que decepcionou a moitos, os verdes deron a talla en defensa e poideron marcar nalgunha das ocasións das que gozaron no transcurso do partido. Unha mágoa.
Na primeira autonómica, o Sporting debutou na categoria con derrota no campo de Eiroás, nun partido no que a AD Covadonga venceu por dous goles a cero.
Pola súa parte, Ourense CF B e Maside ofreceron un recital de goles no campo de Oira, cun total de oito goles que se repartiron a partes iguais, deixando un 4-4 final no marcador que outorga aos masidaos o primeiro punto da tempada.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »