Deportes

30, Xuño 2019

Leiro acollerá o domingo día 7 de xullo a XXXVI edición da súa Carreira Popular que ofrecerá aos participantes un percorrido de 10 quilómetros para a proba absoluta.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e os concelleiros de Turismo e Deporte e de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández, Luís Iglesias e Ramón Álvarez, respectivamente.

A Deputación de Ourense colabora con esta carreira, "unha das máis antigas de Galicia, que tras 36 edicións, converteuse nunha cita ineludible no calendario deportivo da nosa provincia", explicou Rosendo Fernández, quen lembrou que a organización deste tipo de eventos contribúe a "dar a coñecer o territorio, a natureza e o patrimonio, así como fomentar o deporte e o atletismo vinculado ao medio rural".

A Carreira Popular de Leiro establece categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas. Deste modo, ás 10.00 horas será a saída para os participantes das categorías C, D, E (nados entre o 2002 e o 2011) cunha distancia de 2,3 quilómetros. Ás 10.20 horas será a quenda para as categorías F, G, H, I, J, K, L, para os participantes na proba absoluta que terán un percorrido de 10 quilómetros.

Posteriormente, ás 11.30 horas será a saída para os da categoría B (nados en 2012, 2013 e 2014) cunha distancia de 400 metros. E, por último, ás 11.50 horas sairán os da categoría A, os pitufos (nados en 2015 e posteriores) que terán unha proba cunha distancia de 200 metros.

A zona de saída e de meta será na praza do Cruceiro. A novidade desta edición é que haberá tamén unha clasificación por equipos que, para clasificarse, terán que rematar a proba como mínimo 7 corredores do mesmo equipo.

Para confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os postos dos 7 primeiros corredores clasificados e obtendo o mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e así sucesivamente.

Os interesados en participar poderán inscribirse de xeito gratuíto en tódalas categorías desde o 8 de abril ao 4 de xullo, agás as categorías absolutas para as que a inscrición ten un custe de 5 euros para os que teñan en propiedade o chip amarelo, e de 6 euros para os que non o teñan. As inscricións deberán realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com. "Ata o momento contamos con 185 inscritos, pero esperamos chegar aos preto de 500", dixo Luis Iglesias.

25, Xuño 2019

Será o primeiro torneo destas características que se celebre no provincia de Ourense, e nel participarán 20 equipos de 15 clubes das catro provincias galegas, entre eles o equipo do club Aehde do Carballiño, que é o organizador do evento.

Terá lugar o sábado 29 de xuño no pavillón de deportes Paco Chao. A competición comezará ás 17,00 h., e rematará ás 20,00 h., pero pola mañá, a partir das 10,30 h., haberá sesións de entrenamento.

A presentación fíxose esta mañá, coa participación da concelleira Silvia Baranda e do presidente do Club Aehede, Uxío Álvarez.
Trátase da quinta competición que organiza o club Aehede no Carballiño esta tempada, entre elas a da Copa de España, e Uxío Álvarez asegura que ningún outro club de patinaxe de Galicia desenvolve unha actividade tan intensa como a deste club.

Con respecto ao Grupo Show do club, Uxío Álvarez destacou que, tras a presentación, a súa primeira competición oficial foi en Burgos no Trofeo Cid Campeador, e que agora toca esta do Carballiño. Esta modalidade de patinaxe artística súmase a outras que tamén se practican no club e na que participan 130 deportistas e 5 adestradores.

Finalmente, Uxío Álvarez agradeceu a colaboración do concello e das empresas patrocinadoras, sen cuxa axuda non se poderían organizar estas competicións que requiren un gran esforzo.

Silvia Baranda reiterou o compromiso do concello do Carballiño no apoio ao deporte e agradeceu o traballo que desenvolve o Club Aehde, que leva o nome da vila por Galicia e España adiante.

Así mesmo, amosou a súa vontade de mellorar as infraestruturas deportivas para que os clubes e as escolas podan contar con instalacións máis cómodas e axeitadas para a práctica deportiva e a realización de competicións.

20, Xuño 2019

O concello de Maside amplia a súa oferta de esocolas deportivas municipais, ás xa existentes de fútbol-sala, baloncesto e atletísmo, suma agora unha nova proposta, nace a escola municipal de fútbol "Terras de Maside".

Trátase, polo tanto, dun novo proxecto para fomentar o deporte de base, neste caso na modalidade de fútbol.

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, subliñou que este proxecto nace "para atender unha demanda manifestada por moitas familias de Maside,que ata agora tiñan que trasladarse a O Carballiño ou Santa Cruz de Arrabaldo, para practicar o fútbol".

Os promotores e colaboradores da nova Escola de Fútbol de Maside, o centro escolar CEIP "Terras de Maside" e o Maside FC, destacaron que este proxecto "axudará a que os rapaces aumenten o seu sentido de pertencia ao pobo e concello de Maside".

Maside contará cunha escola que aunará o deporte de base das distintas categorías:

.- Prebenxamín (2012/2014)
.- Benxamín (2010/2011)
.- Alevín (2008/2009)
.- Infantil (2006/2007)
.- Cadete (2004/2005)
.- Xuvenil (2001/2003)

Esta escola contará con adestradores titulados, que formarán e adestrarán ós cativos para a competición federada, así como a súa participación en ligas e torneos de futbol.

A súa labor comezará no mes de setembro, e nestes momentos está aberta a inscrición para todas aquelas persoas interesadas. Máis información en www.edterrasdemaside.com.

19, Xuño 2019

Xa está aberta a inscripción para poder participar nunha das actividades deportivas que no verán podemos gozar ao aire libre, como son os cursos de natación, tanto nas piscinas da Rañoa en Maside como nas piscinas públicas do Carballiño.

As do Carballiño xa están abertas, e as de Maside inauguran tempada este sábado 22 de Xuño.

E tanto nunhas como noutras levaránse a cabo durante os próximos meses cursos de natación, tanto de iniciación como de perfeccionamento e tanto para nenos dende os 3 anos en adiante, como para adultos.

As incricipcións realizaránse nas propias instalacións, onde tamén informarán máis ao detalle dos prezos a pagar e os horarios nos que terán lugar os cursos.

Na imaxe, as piscinas municipais da Rañoa, en Maside.

11, Xuño 2019

A Área de Deportes do concello do Carballiño organiza unha nova edición da Gala do Deporte, na que desta vez vaise recoñecer aos mellores deportistas carballiñeses destas últimas dúas tempadadas, as que se corresponden cos anos 2018 e 2019.

O evento terá lugar o venres dia 14 de Xuño a partir das 20:30 horas no auditorio municipal do Carballiño.

Na Gala faráse un recoñecemento institucional do concello carballiñés a todos e a todas as deportistas que se viñeron distinguindo pola súa traxectoria deportiva, tanto a nivel individual como por equipos, en todas as modalidades deportivas que se practican no Carballiño.

6, Xuño 2019

O equipo campión da terceira división de fútbol sala, Pazos de Borbén; e os equipos de Vigo, Red Blue e Talleres ABC, xunto ao equipo GRI Carballiño, competirán esta fin de semana pola V Copa Terceira División F.S., que terá lugar o sábado 8 e o domingo 9 de xuño no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño.

O evento foi presentado nun acto ao que asistiron o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; o presidente da comisión galega de árbitros, Álvaro Cid Bragado, e o presidente do Gri Carballiño F.S., José Manuel Vázquez.

O sábado, 8 de xuño, pola tarde, disputaranse as semifinais; ás 16,30 h., GRI Carballiño – Red Blue Vigo, e ás 19,00 h., Pazos de Borbén – Talleres ABC de Vigo. A final será o domingo, 9 de xuño, ás 12,00 h.

Manuel Dacal resaltou a categoría desta competición e agradeceu a deferencia da Federación Galega por traela ao Carballiño. Así mesmo, incidiu unha vez máis en que os grandes eventos deportivos e o turismo camiñan unidos, por eso O Carballiño atrae cada día a máis visitantes.

José Manuel Vázquez sinalou que esta competición era un broche de ouro para a magnífica tempada do equipo GRI Carballiño, que acadou o terceiro posto na súa categoría, e dixo que esperaba que chegase á final desta copa, polo que animou aos afeccionados carballiñeses a acudir ao pavillón. Tamén destacou que o equipo feminino sénior vai disputar este domingo no pavillón de Os Remedios de Ourense, ás 10 da mañá, a final da Copa Deputación, co que a tempada para todas as categorías de fútbol sala do club carballiñés resulta increíble.

Finalmente, Álvaro Cid, que foi durante 16 anos árbitro nacional, e que leva máis de 30 anos no fútbol, expresou a satisfacción da Federación Galega de Fútbol pola celebración deste trofeo no Carballiño, e agradeceu ao concello e ao equipo local a colaboración e organización do mesmo.

30, Maio 2019

O Club Aehde O Carballiño organiza o domingo, 2 de xuño, desde as cinco e cuarto da tarde a súa Gala de clausura do curso da escola de patinaxe artística que ao longo dos últimos oito meses veu traballando a razón de dous días por semana.

O evento celebrarase no pavillón anexo do Paco Chao e contará coa participación de escolas e clubes de Celanova, Bande, Sarria e Boqueixon, e reunirá tamén a catro das seccións do clube carballiñés: o equipo de competición de patinaxe individual liderado pola súa adestradora Carla Iglesias, o de show da entidade con Erea Abalde á cabeza, o de Patinaxe en Familia, na modalidade en líña, que capitanea Xurxo Vázquez, e a propia escola baixo a dirección de Nieves González e Paula Castro. En total serán uns 170 patinadores e patinadoras os que se dean cita na convocatoria da entidade carballiñesa.

A actividade, que conta coa colaboración do Concello de O Carballiño, constará de bailes grupais e individuais e incluso unha exhibición de salto de altura con patíns. A diferenza doutros anos, non será a última actividade da tempada do Club Aehde en O Carballiño, xa que o 29 do mesmo mes de xuño celebrarase a primeira edición do Trofeo Terras do Orcellón na modalidade de grupos show.

19, Maio 2019

Os verdes comezaban o partido ante o Centro de Deportes Barco con 47 puntos no seu casilleiro, que tal como se vaticinaba resultaron sufientes para acadar o obxetivo e conseguir que o Arenteiro e a súa gran afección sigan gozando do fútbol da terceira división.

Malia que o Celta B caeu a postos de "playout", o que eleva a 7 os posibles descensos na terceira división, o Arenteiro consigue estar a salvo ao deixar por abaixo na clasificación a 7 equipos, os catro directamente descendidos Porriño, Boiro, Ribadumia e Laracha, aos que se suman os 3 descensos condicionados de Céltiga, Paiosaco e Somozas, os 3 pendientes da sorte que corra o Celta B no "playout" ou o posible ascenso dun dos catro equipos de terceira que promocionan: Racing de Ferrol, Bergantiños, Compostela e Alondras.

No partido que baixaba o telón da tempada, os valdeorreses lograron a victoria por 0-1, que lles resultou estéril para entrar en postos de promoción de ascenso, xa que o Alondras tamén gañou en Carballo o seu partido co Bergantiños.

O Arenteiro seguirá desta maneira e por terceiro ano consecutivo gozando da terceira división nacional, tras completar unha tempada 2018-2019 que estivo plagada de diversas dificultades, pero das que o equipo soubo saír a flote, cun meritorio final  de curso, cando máis necesario e determinante era, o equipo soubo dar a talla.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459802

 

12, Maio 2019

Con esta victoria por 0-2 no campo do Porriño Industrial os verdes acadan os 47 puntos a falta do último partido ante o CD Barco e prácticamente aseguran a continuidade na tercerira división por terceira tempada consecutiva.

No partido xogado en Porriño, onde polo número de seguidores na grada, o Arenteiro parecía que xogaba en Espiñedo, o equipo adestrado por Gelucho asegurou os 3 puntos que poden considerarse transcendentais para lograr o obxetivo final.

O triunfo dos verdes materializouse na segunda parte, e tras un primeiro periodo no que o Arenteiro pudo irse ao descanso con algún gol ao seu favor, xa que gozou de varias aproximacións sobre a meta local que so faltou definir, mentres os locais so conseguían chegar aos dominios de Rui en xogada a balón parado.

Tras a reanudación pronto chegaría o primeiro gol do Arenteiro, unha delicatessen de Hugo Sanmartín que cunha perfecta vaselina superou ao meta local. Tamén foi o mesmo Sanmartín o que servíu en bandexa o balón a Carlos de Dios para que marcase o 0-2 defintivo.

O Arenteiro tivo que xogar os últimos minutos do partido con 10 xogadores ao ver doble cartón amarelo o defensa Adrián Pol.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459793

5, Maio 2019

Os goles de Fajardo e Carlos e Dios deron a volta ao marcador nun partido no que a UD Ourense lograra adiantarse cun gol de Marquitos na primeira parte, noutra tarde de fútbol con ambientazo en Espiñedo e cun invitado de excepción, o futbolista do Español Borja Iglesias que onte marcou dous goles ao At. de Madrid.

Con este resultado o Arenteiro evita xa o descenso directo, agora o obxetivo sigue sendo escapar dos postos de posible arrastre polos descensos dos equipos galegos de Segunda B.

O partido estivo igualado na primeira parte como un típico derbi, marcou a UD Ourense e as mellores ocasións foron para o Arenteiro, e asi fumos ao descanso.

No minuto 57 chegou a xogada clave do partido, penalti cometido por Josu que ademáis motivou a súa expulsión ao impedir coa mán un remate de Hugo Sanmartín. Fajardo lanzou axustado ao pau por baixo e desta vez Pato non pudo facer nada para evitar o empate.

A partir dese momento, o partido pasou a ser un monólogo do Arenteiro, con varias ocasións ante a portería de Pato pero o gol non quería chegar, ata que xa no desconto unha enorme acción persoal de Carlos de Dios supuxo co seu golazo o definitivo 2-1 no marcador, e a conseguinte explosión de alegría na afección verde.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459783

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes