Deportes

Os verdes conseguiron un importante triunfo no campo do Boiro, ao que derrotaron por 1-3, tras adiantarse os locais cun gol de Changui, Hugo Sanmartín por dúas veces e Carlos de Dios, voltearon o marcador.
E eso que o Arenteiro entrou moi mal no partido, o que propiciou un inicio no que as ocasións se sucederían ante a portería de Rui Santos, pero tras marcar o mítico Changui aos 12 minutos, o Arenteiro tivo a fortuna de empatar no primeiro disparo entre os 3 paus, e chegar ao descanso con táboas no marcador tras unha primeira parte con pouca historia, e na que sobraron as reiterdas mofas dun sector do público para Hugo Sanmartín, un dos xogadores que a tempada pasada denunciou ao Boiro por impagos.
E sería precisamente Hugo Sanmartín o que no minuto 61 fabricou o segundo gol noutra enorme acción persoal, seguida dunha celebración que axitou ainda máis á bancada local. Nesta segunda parte o Arenteiro foi superior e merecedor dunha victoria que certificou xa co tempo cumplido cun terceiro gol, obra de Carlos de Dios.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
Crónica do partido en" La Voz de Galicia":
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2019/01/20/polemica...
Foto: "La Voz de Galicia".
O CD Arenteiro-CD Choco do próximo domingo xogaráse na Regueiriña de Barbantes
O motivo son as obras que se levaron a cabo no terreo de xogo de Espiñedo, coincidindo co parón navideño, pero que complicaron as xeadas das primeiras semanas do ano. A RFGF autorizou a celebración do partido no campo da Regueiriña de Barbantes, onde terá lugar a partir das 16:30 horas deste próximo domingo dia 27 de Xaneiro.

Un punto no campo do terceiro clasificado non é pouco, pero o premio pudo ser maior porque o Arenteiro púxose por diante no marcador e os valdeorreses non conseguiron igualar o partido ata 7 minutos do final cun golpe de fortuna nun tiro dende dende fora da área que pegou en Portela e foise envenenado ao interior da portería de Rúi.
E eso que pronto o partido se puxo costa arriba para os verdes, xa que con tan so 6 minutos o Barco marcaba o 1-0. O certo é que a partir de entón foi o Arenteiro o que levou máis perigo ante a portería rival, e nesta primeira parte Rober por partida doble e Maxi a punto estiveron de marcar, antes e despóis de que o fixera Hugo Sanmartín nunha gran acción persoal no minuto 29.
Na segunda parte -minuto 51 de partido- volvía a marcar Hugo Sanmartín cun dereitazo dende fora da área por toda a escadra, que fixo inúltil a estirada do porteiro vasco do Barco. Un gol que deixou noqueado durante moitos minutos aos locais e nos que o Arenteiro pudo sentenciar o partido, pero non o fixo.
E asi chegou o gol do empate definitivo, se ben antes os locais xa enviaran un balón ao longueiro e Rui Santos sacara a bocaxarro un balón cando a bancada de Calabagueiros xa cantaba o gol.
Ao final, xusto reparto de puntos, entre un Barco que segue outra semana en postos de promoción de ascenso e un Arenteiro que deixou unha moi boa imaxe neste partido.
Para ver a ficha do partido preme na seguinte ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Volvía á casa de Espiñedo o Arenteiro polo nadal, e tamén volvía gañar un partido deses nos que decimos que se xogan máis alá de 3 puntos, aínda que o Porriño Industrial non o puxo nada fácil e tan so xa preto do final do partido a afección verde pudo respirar tranquila cando o 2-0 subíu ao marcador.
O Arenteiro levou a batuta do partido dende o inicio, aínda que o maltreito terreo de xogo non axudaba ao fútbol combinativo que querían propoñer os verdes, e que conseguiron levalo á práctica por momentos, e así precisamente naceu o primeiro gol tras unha xogada con internada final de Róber pola dereita e o seu centro tan so tivo que empurralo Pol para mediada a primeira batir ao bo meta do Porriño, Fernando.
Na reaunudación, o Arenteiro seguía coa mesma proposta, pero o Porriño non baixaba os brazos e intentaba o empate, aínda que as mellores ocasións seguían a ser do Arenteiro, como unha asistencia de Fajardo que rematou Hugo Sanmartín pero Fernando desviou a córner nunha gran intervención.
E por eso tocou sufrir porqu o Arenteiro non conseguíu cerrar o partido ata o minuto 87, co segundo gol da tarde, anotado por Hugo Sanmartín.
Con este resultado o Arenteiro suma 3 valiosos puntos antes do parón navideño, e o inicio das vacacións que se prolongarán ata o dia 2 de Xaneiro.
A liga non se reaunudará ata o domingo 13 de Xaneiro co partido que xogarán os verdes en Calabagueiros ante o CD Barco, aínda que o domingo anterior, o dia 6 de Xaneiro o Arenteiro xogará un partido amigable ás 18:30 horas co equipo da SD Sarriana, da Preferente Norte, no campo de fútbol da localidade lucense.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:
http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Empate a dous goles -todos na segunda parte- no Estadio do Couto entre UD Ourense e Arenteiro, nun partido no que os verdes tiveron ata dúas claras ocasións de gol para adiantarse no marcador antes de que o fixera os vermellos por medio do ex-Arenteiro Rubén Arce, en dubidosa posición, pero o gol subíu ao marcador.
Futbol-control do Arrenteiro durante toda a primeira parte sen conceder nin xiquera unha ocasión de perigo aos locais, de feito o Ourense non tirou a portería durante os primeiros 45 minutos, nos que a única ocasión foi para o Arenteiro pero cando Carlos de Dios ía a rematar sobre a portería de Pato un inoportuno charco no maltreito terreo de xogo do Couto freou a pelota e impedíu que o xogador verde poidese culminar con éxito a xogada.
Nada máis comezar a segunda parte Hugo Sanmartín tivo nas súas botas outra vez a oportunidade de adiantar ao Arenteiro, pero o dianteiro non estivo fino.
Despois, no primeiro disparo da tarde entre os 3 paus da portería de Rui chegou o gol de Arce. E despois, a entrada de Mitogo foi determinante, xa que revolucionou o partido cando pior estaba para o Arenteiro. Primeiro, forzando un penalti que él mesmo se encargou de executar pero Pato adiviñou a dirección do balón e conseguiuno rexeitar.
Lonxe de descompoñerse o Arenteiro seguíu con fé no partido, e obtivo premio cun centro medido de Hugo Sanmartín ao segundo pau que Cassio -enorme, o mellor xogador do partido-cabeceou fora do alcance de Pato. Pouco durou a alegría porque aos poucos minutos un desaxuste defensivo dos verdes permitíu a Hugo volver adiantar aos unionistas.
Ata que volveu aparecer Mitogo na área local, enganchaando un potente disparo que se colou por toda a escadra. E daquéla o marcador xa non se movería ata o final dun partido no que todos os futbolistas do Arenteiro fixeron un enorme derroche físico, merecedor dunha mellor recompensa.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

O Arenteiro caeu derrotado ante o Racing de Ferrol por 0-4 nun partido no que o equipo departamental aproveitouse dos erros locais e da súa efectividade para golear na súa visita ao Estadio de Espiñedo.
Visto o resultado final poidera levar a pensar que o Racing foi unha apisonadora, para nada, marcou catro goles porque neste partido o Arenteiro concedeu demasiádas facilidades, e se enfronte tes a xogadores de tanta calidade como os ferroláns, os erros son determinates.
De feito ata o primeiro gol, que chegou pasado o primeiro cuarto de partido, o Racing fora incapaz de tirar á portería do Arenteiro.
Pero chegou o primeiro erro de bulto na liña defensiva e o primeiro gol visitante. Xa no tramo final áinda da primeira parte, outro mal despexe, e despois si, Pablo Rey culmina unha gran acción personal para irse ao descanso con 0-2 e deixar xa o partido moi encarrilado para o Racing.
Na reanudación, o terceiro gol dos ferrolanos –tamén de Pablo Rey- chega tras outra imprecisión verde, e o cuarto e último da tarde obra do ourensano Diego Seoane, que cabecea a placer na área.
En definitva, unha tarde para esquecer, e a pensar xa no partido do sábado ás 18:30 horas no Couto ante a UD Ourense, un partido no que o Arenteiro perderá a Ross, que víu o quinto cartón amarelo., e que se sumará para ese partido ás baixas dos lesionados Fajardo, Jaime Noguerol e Igor Sevivas.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Un dos equipos históricos do futbol galego e español, O Racing Club de Ferrol que cumple esta tempada o seu centenario, será o visitante de luxo que recibirá o Arenteiro este domingo 9 de Decembro, na 16ª xornada do campionato de liga do grupo 1º da terceira división.
O partido está fixado para as 16:30 horas e declarado como día de axuda ao club, polo que os socios do Arenteiro pagarán 10 euros e o público en xeral 12 euros, a entrada xoven mánténse en 3 euros.
A Televisión de Galicia retransmitirá en directo o encontro, para o que se agarda un gran ambiente no municipal de Espiñedo, xa que dende Ferrol chegarán dous autocares con afeccionados e outros moitos que se desplazarán en coches particulares.
No aspecto deportivo, o Racing chega a Espiñedo no seu mellor momento da tempada, tras un inicio irregular, xa se situou en postos de promoción de ascenso a tan so 4 puntos do líder, mentres que o Arenteiro faino tras a boa imaxe do último partido ante o Compostela, aínda que moi condicionado polas baixas de varios futbolistas e o sancionado Mitogo, que se perde este partido.

Dous goles do goleador senegalés do Arousa, Sylla, derrotaron ao Arenteiro na súa visita ao Estadio da Lomba de Vilagarcia, nun partido no que curiosamente o gol do Arenteiro foi obra dun vilagarcián, Fajardo, que empataba o encontro no minuto 54 cun gran zurdazo.
Antes, o Arosa chegara con vantaxe de 1-0 ao descanso tras o primeiro gol de Sylla, que volvería marcar o 2-1 definitivo aos 65 minutos.
O adestrador dos verdes, Gelucho, foi expulsado antes de iniciarse a segunda parte ao entender o árbitro que retrasou a saída do Arenteiro ao terreo de xogo.
Crónica do partido en "La Voz de Galicia":https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/1...
Foto: "La Voz de Galicia".

Antes de comezar o partido gardouse un emotivo minuto de silencio na memoria de Alfonso "Tupino", o incondicional seareiro do Arenteiro falecido esta fin de semana, nunha tarde na que debutaba o novo adestrador verde Rogelio Gómez "Gelucho".
A tarde estivo desapacible dende o punto de vista meteorolóxico, fria e con choiva, pero coa calor da grada de Espiñedo, coa entrada habitual, estó é, máis de 1.000 afeccionados, entre os que se encontraban un cento de seguidores do Compostela.
O Arenteiro foi superior ao vixente campión de liga durante a primeira parte, mentres que tras o intermedio foi o equipo da capital de Galicia o que apretou máis, pero os verdes aguantaron ben e sumaron un punto de moito mérito. Se estivesen un pouco máis atinados cando chegaron máis e mellor á área visitante na primeira media hora de partido, o Arenteiro incluso houbese tido moitas posibilidades de gañar este partido
Porque os verdes estiveron concentrados e intensos dende o minuto 1 de partido e os santiagueses so crearon perigo ante a meta de Rui cando se aproveitaron de erros puntuais do Arenteiro.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Manel Vázquez xa ten sustituto no banquiño de Espiñedo, tras a renuncia presentada polo adestrador ourensano chega ao Arenteiro un técnico que veu desenvolvedo toda a súa traxectoria como adestrador na comarcas de Santiago e o Barbanza.
Club Deportivo Arenteiro comunica que tras unha reunión celebrada a última hora da tarde deste martes nas oficinas do Estadio de Espiñedo, quedou cerrada a contratación de Rogelio Gómez “Gelucho” como novo adestrador do equipo en Terceira División, o compromiso prolongaráse ata final da tempada en Maio de 2019.
Coa súa contratación, o Club aposta por un adestrador con gran experiencia no fútbol galego e bo coñecedor da 3ª división, onde dirixíu a equipos como Negreira, Lalín, Santa Comba ou Boiro. O último equipo que adestrou, nas últimas dúas tempadas, foi á Agrupación Estudiantil, en preferente, equipo ao que nos enfrontamos na promoción de ascenso á terceira en 2017.
Na actualidade estaba ligado ao fútbol base no equipo santiagués do Conxo.
Natural e veciño de Cacheiras (Teo) conta con 48 anos de idade.
Gelucho chega acompañado de Diego Gutiérrez Ramos “Guti”, como preparador físico e 2º adestrador, que estuvo como preparador físico nas bases da SD Compostela e no CD Estradense en Preferente.
O novo adestrador será presentado este xoves dia 22 de Novembro no Estadio de Espiñedo, e seguidamente dirixirá a súa primeira sesión de adestramento.

O Arenteiro caeu derrotado por 1-0 na súa vista ao campo da Porta Santa de Paiosaco, nun partido moi igualado e no que o mái xusto polo visto sobre o terreo de xogo houbese sido un empate.
Porque o denominador común durante a maior parte do partido foi a igualdade entre ambos equipos, incluidos os 15 minutos finais nos que o Arenteiro quedouse en inferioridade pola expulsión de Padrón, ao ver doble cartón amarelo.
O Arenteiro, con Juan Carlos Aguiar como adestrador en funcións, xogou este partido cun 4-4-2, controlou ben ao Paiosaco e sobre todo na primeira parte, chegou máis veces á portería rival, aínda que sen facer ocasións claras, agás un disparo de Hugo Sanmartín que deu no longueiro xa co gardameta local batido.
Aos 9 minutos da segunda parte chegou o gol local, aínda que o guión do partido apenas cambeou. Seguíu sendo o Arenteiro o que máis buscaba a portería contraria, pero con pouca claridade nos metros finais.
Unha xogada pudo marcar o rumbo do partido, xa que mediada esta segunda parte o árbitro pasou por alto un clamoroso penalti sobre Hugo Sanmartín, que fixo enmudecer á grada. local. Definitivamente, parece que este ano o Arenteiro non está a ter moita sorte coas arbitraxes.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
Cronica do partido en "La Voz de Galicia":www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2018/11/19/gol-solitari...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »