Deportes

7, Outubro 2018

Un gol de Carlos de Dios no minuto 67 de partido deu ao Arenteiro unha maís que merecida victoria no Complexo Deportivo Alcalde Manuel Candocia de As Somozas.

O Arenteiro volveu facer un partido moi serio no que se fixeron acreedores a un resultado máis amplo que 0-1 que reflectia ao final o marcador.

Se ben a primeira parte resultou igualada e ambos equipos dispuxeron de ocasións, na segunda o Arenteiro foi dono e señor do partido.

Nos primeiros 45 minutos o Arenteiro xa dispuxo de tres magnificas ocasións para desnivelar o marcador, un cabezazo de Adil que se se foi alto, un man a man de Rober co gardameta local, e un tiro de Carlos de Dios que se foi fora por moi pouco. Pola súa parte, os locais tiveron dúas ocasións que Rui Santos se encargou de neutralizar.

Tras o descanso, o Arenteiro fíxose co control absoluto na parcela ancha e pasou a ser claro dominador do partido. Xa no primeiro minuto, presaxio do que sería toda a segunda parte, Igor sacou un chupinazo sobre a portería de Marcos Souto, que respondeu cun gran despexe, o rexeite chegou a Rober que enviou ao fondo da portería local, pero o gol foi anulado por suposto e moi dubidoso fora de xogo.

No minuto 67 chegou o gol de Carlos de Dios, e de ahí ao final, o Arenteiro aínda tivo varias ocasións de ampliar o marcador ao seu favor.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Crónica do partido no "Diario de Ferrol": https://www.diariodeferrol.com/articulo/deportes/somozas-prolonga-mal-mo...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/as-somozas/2018/10/08/duro-...

3, Outubro 2018

Arredor de 500 ciclistas, procedentes de toda Galicia pero tamén de provincias limítrofes como León e Zamora, participarán esta próxima fin de semana na VIII Ruta Os Mosqueteiros MTB Bike & Trail “Desafío Moskepower”, que organiza o club ciclista carballiñés. Nesta edición percorreranse diversos lugares dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.

O sábado 6 terá lugar o trail, con saída ás 17,00 h., da praza da Veracruz e un percorrido de 25 km Haberá como alternativa un trail curto de 15 km.

O domingo disputarase a maratón MTB Bike, de 65 km de percorrido, que sairá ás 09,30 h., da praza da Veracruz. E haberá tamén unha ruta curta alternativa de 42 km. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a concelleira de Cultura, Deportes e Turismo Boborás, Patricia Torres; o concelleiro de Deportes e Turismo do Carballiño, Manuel Dacal; o presidente do Club Ciclista Os Mosqueteiros, Nelson Costa, e os directivos desta entidade, Rubén Cerdeira e Javier Rocha.

Francisco Fumega comezou felicitando ao club ciclista organizador por conseguir consolidar esta proba así como a práctica deste deporte no Carballiño. Resaltou o gran nivel acadado e o feito de que estea xa considerada como un referente das competicións de ciclismo de montaña en Galicia.

Patricia Torrres tamén destacou a importancia desta ruta no ámbito provincial e autonómico, e a promoción que supón para o deporte, a cultura e o deporte na comarca. Así, dixo que o feito de que transcorra polas terras do Carballiño, O Irixo e Boborás permite dar a coñecer o patrimonio natural e paisaxístico, así como incentivar o turismo. Por todo isto, agradeceu o traballo que realiza o club ciclista Os Mosqueteiros.

Polo club interveu o secretario, Rubén Cerdeira que, ademáis de agraceder aos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo, Deputación provincial e patrocinadores a súa colaboración, lembrou o traballo que supón organizar un evento de tanta trascendencia e participación, asegurando que tras oito anos esta ruta está xa considerada como unha das máis relevantes de Galicia. Neste sentido, amosou a súa satisfacción por contribuir á práctica deportiva así como a difundir o patrimonio natural e os recursos turísticos do Carballiño e da comarca.

Finalmente, Manuel Dacal agradeceu o labor de Os Moqueteiros a nivel deportivo e de promoción turística, e animou á xente a seguir estas probas que ffiguran entre as máis importantes da provincia e de Galicia.

30, Setembro 2018

Os do Salnés, que viñan de gañar tres partidos consecutivos, adiantaronse no marcador aos 12 minutos ao transformar un penalti, despois habería que agardar preto do final do partido para que o Arenteiro conseguíse darlle a volta ao resultado, tras xogar unha gran segunda parte no que os verdes foron moi superiores ao Ribadumia.

Tras unha primeira parte sen apenas ocasións en ambas porterias, agás o gol de penalti, e tras o paso por vestiarios o partido pasou a ter un claro dominador e éste foi o Arenteiro, que incluso foi merecedor a un resultado máis amplo que o 2-1 final.

E esto porque os verdes tiveron un carrusel de ocasións sobre a portería visitante, aínda que tan so por dúas veces conseguiron facer gol. Foi o do empate no minuto 55 ao executar maxistralmente Hugo Sanmartín unha falta introducíndo o balón pola mesmísima escadra, e de novo Hugo Sanmartín no 86 ao rematar de cabeza un bo centro de Adrián Pol.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

27, Setembro 2018

Hinchables, animación musical con DJ, salchichas e cervexa alemás, forman parte da oferta da II OKTOBERFEST que organiza C.D. Arenteiro esta fin de semana na Praza do Emigrante. Para isto estase instalando unha carpa na “pista roxa”.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o directivo de C.D. Arenteiro, Manuel Sotelo.
Trátase de pasar un momento de divertimento, degustar bos productos e contribuir a xerar fondos para o club, segundo manifestou Manuel Sotelo, que expresou o desexo de que esta festa acadase tanto éxito como a primeira edición, celebrada o pasado ano.

Diego Fernández resaltou o esforzo que realiza a directiva do equipo de fútbol carballiñés para conseguir fondos adicionais con que sufragar os elevados custos do equipo nesta tempada, e que é unha festa para todo tipo de público, incluso familiar, pois os nenos disporán dunha zona de xogos hinchables.

A festa comezará este venres, 28 de setembro, ás 19,00 h.; continuará durante o sábado, e rematará o domingo. O horario de peche será ás 02,00 h., e o de apertura o sábado e o domingo será ás 12,00 h.

O domingo 30, no que se disputa en Espiñedo un novo encontro de Terceira División, enfrontándose C.D. Arenteiro ao conxunto do CD Ribadumia, anímase dun xeito especial á afección para achegarse ata a carpa e xantar salchichas e outros pinchos antes de dirixirse ao estadio. “É unha forma de axudar ao club compartindo o xantar coa afección”, dixo Manuel Sotelo.

23, Setembro 2018

O Arenteiro logrou sumar os 3 puntos na súa visita a Vilalba tras un partido con unha primeira parte igualada, mentres que tras a reanudación os verdes xogaron unha gran segunda parte na que superaron amplamente aos locais, marcaron dous goles pero poideron ser incluso máis, xa que por dúas veces o poste da portería local repeleu sendos tiros de Hugo Sanmartín e Igor Sevivas.

E foron precisamente os dous citados xogadores os que lograron marcar nesta segunda parte, primeiro Hugo Sanmartín, e logo foi Igor Sevivas, ambos en dúas brillantes accións personais, os que materializaron a victoria do Arenteiro no campo da Magdalena, na capital chairega, aínda que xusto é recoñer -sobre todo na segunda parte- que todo o equipo estivo a un bo nivel.

Especialmente reseñable é o traballo defensivo que desenvolveu o equipo verde -hoxe laranxa- durante os 95 minutos de xogo, e como mostra pódese decir que o meta Rui Santos pasou hoxe practicamente desapercibido no partido.

Para ver a ficha do encontro sigue o enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

 

 

20, Setembro 2018

A segunda BTT solidaria do Concello de Boborás en favor da Asociación Española contra o Cancro celebrarase o vindeiro domingo, 23 de setembro, aglutinando nun mesmo evento deporte e solidariedade.

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que ten un marcado carácter solidario e que ademais de dar a coñecer os atractivos turísticos do municipio, colabora con esta asociación que realiza un importante labor social na nosa provincia, explicou Rosendo Fernández. Neste mesmo senso, a concelleira Patricia Torres dixo que este evento pretende "dinamizar a vida deportiva de Boborás e, así mesmo, colaborar na loita contra esta enfermidade, na que a AECC fai un papel moi importante, sobre todo de apoio moral".

A proba deportiva conta cun percorrido de 40 quilómetros cunha dificultade técnica baixa e cunha esixencia física alta. A saída da proba será ás 9.30 horas. O día previo á proba, o sábado 22 de setembro, celebrarase un mercadillo solidario a partir das 17.00 horas, a favor da Asociación Española Contra o Cancro, no que haberá actividades para os máis cativos e un bar solidario. Tanto a saída da proba coma o mercadillo terán lugar no Colexio CEIP Nosa Señora de Xuvencos.

Os interesados en participar na BTT poderán inscribirse no portal web www.championchipnorte.com, por un custe de 15 euros, sendo a metade da cota destinada para AECC de Ourense.

"O ano pasado participaron algo máis de cen persoas, e por agora, nesta edición, están inscritos 70 participantes", sinalou a concelleira de Cultura, Turismo e Deporte de Boborás, quen lembrou que ademais dos ciclistas, "todo o mundo pode colaborar coa AECC de Ourense no mercadillo solidario que destinará o recadado para esta asociación".

Pola súa parte, a presidenta da AECC de Ourense agradeceu ao concello e aos voluntarios "que pensaran en nós por segunda vez" e dixo que o diñeiro recadado irá destinado para "a adquisición dunha grúa para o servizo de coidado de paliativos, material moi necesario e requirido".

16, Setembro 2018

Dúas accións a balón parado serviron ao Laracha para levarse os 3 puntos do Estadio de Espiñedo -co graderío abarrotado pola afección local- ante un Arenteiro que de inicio non entrou no partido e despóis e despois de que os coruñeses se adiantaran foi un querer e non poder constante por parte dos verdes.

Non foi a tarde do Arenteiro, que xogou con diferencia o pior partido do que vai de liga,

Cando se cumplia a media hora de partido, un córner lanzado polo Laracha, o balón ao primeiro pau e un xogador larachés conecta un cabezazo que se vai dentro da portería de Rui Santos. No primeiro minuto da segunda parte, de novo dende o córner outro balón que os visitantes consiguiron rematar dentro da área para facer o segundo e definitivo gol da tarde.

Despois, un querer e non poder dun Arenteiro ao que o ambiente festivo non prestou nada ben esta tarde de domingo. A pensar xa no próximo partido na capital da Terra Chá co Racing Vilalbés.

14, Setembro 2018
10, Setembro 2018

Competíu e competíu ben o Arenteiro ante o potente Bergantiños na súa visita a Carballo, e tiña o partido empatado 1-1 ata o minuto 79, e cando aos locais xa lle entraban as presas lograron desfacer a igualada nun marcador que despois redondearon co 3-1 final.

Crónica do partido en "la Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2018/09/10/arenteiro-solo-...

3, Setembro 2018

O árbitro inventouse un penalti no minuto 93 de partido, e o gardameta portugués do Arenteiro conseguíu desviar o lanzamento a córner, antes Rui Santos con duás enormes internvencións xa evitara que o Choco poidese adiantarse no marcador, que non se moveu durante os 103 minutos de xogo.

Crónica do partido en "Faro de Vigo": https://www.farodevigo.es/deportes/2018/09/03/punto-deja-sabor-amargo/19...

Crónica do partido en "La Región": http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/rui-santos-salva-arenteiro...

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes