Deportes

4, Marzo 2018

Os verdes resolveron en 9 inspirados minutos un partido que había que gañar sí ou sí, e fixerono entre os minutos 36 ao 44 marcando 3 goles que deron tranquilidade ao equipo e á grada antes de que chegase o descanso, na segunda parte outros dous goles para redondear o marcador co 5-0 final.

Non estaba cómodo o Arenteiro no partido e os minutos pasaban ata que por fin, esta vez si, nunha boa xogada en ataque dos verdes Iker Hurtado logra abrir a lata.

A partir dese momento todo foi máis fácil, porque en menos de 9 minutos chegarían os os outros dous goles da primeira parte, o segundo cun gran tiro dende fora da área de Rubén Arce, raso e axustado ao pau, minuto 43, e tan so un minuto despois, ao saque dun córner, Portela remata de cabeza no segundo pau o terceiro da tarde.

Na segunda metade Rubén Arce fixo o cuarto do Arenteiro e segundo na súa conta particular, minuto 70, e 10 minutos despois, outro saque de esquina sobre a portería do Villalonga que aproveita Vilachá para marcar de cabeza o derradeiro da tarde.

Neste partido despedíuse do equipo o xogador berciano do Arenteiro Borja, que por motivos persoais regresa á sua terra.

Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace de FUTGAL: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

1, Marzo 2018
25, Febreiro 2018

Definitivamente os verdes perden o colchón que mantiñan cos postos de descenso tras perder por un gol a cero na súa visita ao campo do Negreira, onde a falta de acerto ante a portería contraria volve condenar ao Arenteiro a un derrota, tamén desta vez demasiádo castigo para o visto no Jesús García Calvo.

Porque se por ocasións de gol fora o Arenteiro gañaría claramente este partdo, igual que nos últimos, tamén hoxe gozaron os verdes de varias chegadas ante a portería do Negreira, pero faltou o gol, e sen gol é imposible gañar un partido. Como moito pode empartarse, pero para desgracia do Arenteiro o rival volveu marcar na única ocasión que tiveron.

Asi e todo, o partido foi malo en xeral, con dous equipos temerosos e sabedores do que se xogaban, acaso algo mellor na segunda parte, e con mellor fortuna para o Negreira que soubo aproveitar a súa única oportunidade ante Pachi. 

Unha derrota que deixa moi tocado animicante a un equipo que -aínda sigue dependendo de sí mesmo na clasificación- pero que se xoga algo máis que tres puntos o próximo domingo ante o Vilalonga en Espiñedo.

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/negreira/2018/02/25/crist...

Para ver a ficha do partido SD Negreira-CD Arenteiro sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

17, Febreiro 2018

O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior,  traballa e crea ocasións, pero perde o partido.

A numerosa parroquia verde, que volveu encher o graderío de Espiñedo, saíu con sensación de impotencia, a mesma sensación que podía verse nos rostros dos xogadores do Arenteiro ao abandonar o terreo de xogo, o fútbol está sendo inxusto con este equipo, e por eso esta derrota, como a de fai unha semana en Noia, son das que fan dano, por inxustas.

Porque visto o visto no terreo de xogo de Espiñedo esta tarde o máis lóxico houbese sido que o Arenteiro, moi superior ao Ourense durante toda a primeira parte, fose ao descanso cun par de goles ao seu favor e non co 0-0 ao remate dos 45 primeiros minutos.

Na sgunda metade o Ourense quedaba  con 10 por expulsión de Renán, e parecía que as opcións de victoria para o Arenteiro serían maiores. Manel Vázquez sacaba do campo a Maxi e daba entrada a Igor para ir definitivamente polo partido, e chegou o gol do Ourense, nunha xogada na que o dianteiro ourensano lévase claramente o balón coa man, pero o árbitro non o ve, o balón vai o pau e o rexeite vaille aos pes de Victor Gallego para marcar o único gol do partido.

Tras unhos minutos nos que o Arenteiro acusa o gol, volven irse en pos do empate os verdes, pero sen claridade nos metros finais, 

E para colmo de males, Brais Vidal tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado  probablemente de importancia, e Abdil, con doble cartón amarelo, perderáse o próximo partido en Negreira.

Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace :http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

 

15, Febreiro 2018
11, Febreiro 2018

No fútbol non sempre gaña o equipo que mellor xoga. ou fai máis ocasións, ou que máis o merece, senón o que marca un gol máis que o contrario, e esto foi o que aconteceu no Noia-Arenteiro desta tarde, cun resultado  3-2 a favor dos locais absolutamente inxusto cos méritos dos verdes.

Ás veces hai outro factor que tamén conta, a sorte, e ésta foi esta tarde totalmente esquiva co Arenteiro, claro dominador do xogo durante a primeira media hora de partido, De feito as dúas ocasións de gol foron ambas do Arenteiro, a primeira nun balón moi claro que chegou a Adil dentro da área grande,  pero o seu remate petou nun defensor e foise a córner.

Aínda foi máis increíble a segunda ocasión, ao saque dende a esquina Portela cabeceou ben e cando o balón se colaba dentro da portería  despexou tamén de cabeza un xogador local, de feito os xogadores do Arenteiro pediron gol ao entender que traspasara a liña da portería, pero a renglón seguido o despexe enviao Iker Hurtano ao longueiro da portería do Noia, dúas claras ocasión de gol na mesma xogada.

E aos 30 minutos chega o gol do Noia, no primeiro tiro a portería dos locais. Pouco tempo despóis, claro penalti por mans dun defensa local que transforma Dani Chimpin, para facer algo de xustiza antes de ir ao descanso.

Aos cinco minutos da reanudación, segundo tiro a portería do Noia e segundo gol e outra vez a remar en contra de marcador. E asi foi, seguía chegando o Arenteiro unha e outra vez ata que Rubén Arce, outro golazo do 7 do Arenteiro, volve empatar o partido. no minuto 64. Quedaba moito por diante, e o Arenteiro foise a polo partido, pero unha e outra vez sen fortuna ante a portería local, unha fortuna que sí tivo o Noia a dez minutos do final facendo o 3-2 definitivo.

Para ver a ficha do partido, podes facélo no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

 

 

4, Febreiro 2018

Un par de remates entre os tres paus, foi todo canto necesitou o Alondras para levarse os 3 puntos para Cangas, nun partido no que o máis normal polo visto no terreo de xogo houbese sido un empate, xa que na segunda parte o Arenteiro tivo un par de boas ocasións para marcar, incluido un remate de Igor que repeleu o poste.

Volveron os verdes ter que remar contracorrente, xa que apenas ían 15 minutos cando o Alondras adiantabase no marcador no primeiro remate dos do Morrazo ante a portería de Pachi, foi nun saque de esquina, erro de marcaxe dos locais e Jonás marca de cabeza sen oposición.

O partido caracterizouse polo derroche físico que fixeron ambos equipos sobre o terreo de xogo, que estaba moi blando, e esixente para os xogadores.

Na segunda parte o Arenteiro mereceu, cando menos o empate, primeiro tras unha xogada personal de Rubén Arce que puxo un balón de ouro sobre a frontal da área a Borja, pero o remate do centrocampista do Arenteiro atrapouno sen problemas o meta visitante. Despois, sería Igor Sevivas quen rematou de cabeza un centro lateral pero o balón foise a cepa do poste cando se cantaba o gol na grada.

Para ver a ficha do partido, sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

 

3, Febreiro 2018
28, Xaneiro 2018

O Arenteiro estaba aguantando ben no partido no Estadio da Lomba de Vilagarcía e a portería de Pachi apenas pasaba por situacións de perigo, pero todo se torceu mediada a primeira parte cando un regalo dos verdes permite ao Arousa marcar o primeiro gol.

Antes do descanso, o trigoleador esta tarde do Arousa Javier Pazos, aproveitaría un rexeite de Pachi para marcar o segundo e poñer o partido moi favorable aos locais.

Non obstante, á saída de vestiarios foron os mellores minutos do Arenteiro, e pudo meterse no partido se Borja acertase nun remate no que se cantaba o gol, pero o balón foise un chisco desviado.

E xa no minuto 68 chega a xogada que finiquita o partido, penalti e expulsión de Portela, que permite ao Arosa facer o 3-0. Logo, aínda tería outra boa oportunidade de gol Igor Sevivas, pero o seu tiro rexeitouno o poste, antes de que o Arousa fixera o cuarto e derradeiro gol da tarde.

Crrónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/0...

21, Xaneiro 2018

Os verdes volveron encontrar o camiño do gol e superaron desta maneira a vaga de resultados negativos das últimas xornadas, conseguindo tres importantes puntos para recuperar a tranquilidade, e ademáis, ante un rival directo como o Céltiga ao que tamén gaña o coeficiente particular.

A primeira parte resultou igualada, cunha ocasión de gol para ambos equipos, a do Céltiga foise ao pau e a do Arenteiro resolveuna de cabeza Carlos de Dios aproveitando un centro de Rubén Arce, no minuto 38, e asi chegou o descanso.

Nada máis comezar o segundo tempo empatou o equipo arousano. Falta ao borde da área grande e Adirán Camiño lanza un trallazo que describe unha parábola perfecta que se cola na portería de Pachi.

Malia o mazazo do empate, o Arenteiro soubo repoñerse e e ata por dúas veces as magníficas intervencións do gardameta do Céltiga Manu Taboas impedíron que os verdes marcasen, ata que no minuto 64 un córner lanzado por Dani Chimpín foi aproveitado maxistralmente por Igor Sevivas para conectar un cabezazo que desta vez fixo inútil a estirada do porteiro visitante.

No tramo final do partido o Céltiga foise a polo empate e consegíu meter o medo no corpo á afección do Arenteiro, xa que os verdes -á contra- tiveron un par de boas aproximacións, pero non souberon culminalas nos metros finais, pola que a incertidume no marcador mantívose ata o pitido final do árbitro.

Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes