Deportes

8, Outubro 2017

Tarde de calor veraniego con 30 graos á hora do partido, algo insólito un dia 8 de Outubro, coa afección do Arenteiro fiel ao seu equipo, enchendo o graderío do municipal de Espiñedo, unha vez máis, a mellor entrada da xornada na terceira división.

E 3 puntos moi importantes para seguir sumando e gañando confianza ante un rival que se presume vai estar no grupo dos que pelexarán por manter a categoria, a SD Negreira.

O primeiro tempo foi equilibrado e de escasez futbolística, os verdes reclamaron un penalti sobre Iker Hurtado, probablemente hoxe o mellor xogador do Arenteiro sobre o terreo de xogo.

Pero foi o case  sempre determinante Rubén Arce quen logrou un gol que vale 3 puntos, no minuto 54 de partido.

Na segunda parte o Arenteiro foi mellor que o seu rival, os verdes foron os únicos que crearon ocasións de gol ante a portería contraria.

O próximo domingo chegará a Espiñedo un dos grandes da categoria, o Bergantiños. Antes, o xoves dia 12 -festivo, día do Pilar- o Arenteiro viaxará a Vilalonga.

Podes ver a ficha do partido CD Arenteiro-SD Negreira no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

5, Outubro 2017

A séptima edición da Ruta de MTB, Bike e Trail, que organiza o club ciclista Os Mosqueteiros, terá a maior participación de todas, estando inscritos 650 deportistas procedentes de toda Galicia, de moitos lugares de España,e de Portugal.

Desenvolverase o sábado 7 e domingo 8 de outubro, e contará con cinco disciplinas.

O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os directivos do Club Ciclista Os Mosqueteiros. O seu secretario, Rubén Cerdeira destacou o feito de que se dispute durante dous días e que vaia a ter unha participación histórica, o cal repercutirá positivamente na hostalería do Carballiño. Tamén agradeceu a colaboración do concello do Carballiño e do de Boborás.

Asemade, Francisco Fumega resaltou o compromiso do club ciclista coa promoción do deporte e do Carballiño, asegurando que se trata dun dos eventos deportivos máis destacados da vila e que cada ano acada maior relevancia. Por isto, amosou o seu agradecemento ao club.

As probas terán lugar o sábado, entre as 17,00 e as 20,00 h., con saída e meta no anfiteatro da Praza da Veracruz; e o domingo, entre as 09,30 e as 14,30 h, con saída e meta no mesmo lugar. O percorrido realizarase por diversos tramos da comarca, fundamentalmente, dos municipios do Carballiño e Boborás.

Entregaranse un total de 15 premios, tanto en categoría masculina como feminina, nas cinco disciplinas previstas: dous trail, dúas rutas mtb e o desafío maskepower. Premiarase aos tres mellores de cada disciplina.

Haberá un trail curto de 14 km, e outro longo de 24 km. Así mesmo, haberá unha BTT curta de 40 km, e outra longa de 60 km. E o Desafío Maskepower tamén terá a opción curta de 24 km, e outra llonga de 60 km.

2, Outubro 2017

Empate a casi todo no partido da 7ª xornada de liga no campionato da 3ª división entre Ourense CF e Arenteiro, con un gol para cada equipo, con escasez de fútbol e ocasións ante ambas porterías e con 3 xogadores expusaldos, dous nos locais e Igor no Arenteiro.

O mellor, na grada, onde a incondicional afección do Arenteiro acudíu en masa ao Estadio do Couto, que rexistrou a mellor entrada da xornada na categoria, con máis de 1000 persoas na bancada.

Crónica do partido en "La Voz de Galicia":https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/10/02/combate-nulo-in...

28, Setembro 2017

Ademáis de gastronomía, haberá musica e hinchables para os nenos. Con esta iniciativa, o club busca máis recursos económicos para cubrir os gastos da tempada deportiva.

24, Setembro 2017

Non foi un bo partido dos verdes, non obstante o gol de Rubén Arce dende os once metros  co tempo xa cumplido servíu para sumar 3 puntos ante o o FC Noia e colocarse na parte media da clasificación, tras seis xornadas desputadas no campionato nacional de liga de terceira división.

Marcou pronto o Arenteiro, xa que no minuto once de partido chegou o primeiro gol da tarde conseguido Igor Sevivas, o xogador luso do Arenteiro culminou unha gran xogada de Arce para adiantarse no marcador. Minutos despois, o mesmo Igor Sevivas pudo marcar o segundo pero o seu remate de cabeza foise alto sobre a portería de Pajarillo, o veterano gardameta do Noia.

O certo é que conforme ía avanzando o partido o Arenteiro foi indo a menos, ata que no minuto 66 un despiste defensivo nunha falta sobre a área de Pachi aproveitárono os noienses para empatar.

O gol volveu espabilar ao Arenteiro, que volveu no tramo final do partido á carga sobre a portería do Noia, preto xa do final o árbitro anulou un gol aos verdes por suposta falta sobre o porteiro do Noia. E co tempo xa cumplido, sinalou penalti na área visitante, que se encargou de tranformar Rubén Arce.

No seguinte enlace podes ver a ficha do partido: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

17, Setembro 2017

Aínda que o resultado final indica un 4-1 no marcador ao favor do Alondras, o certo é que tan so os erros defensivos do Arenteiro decantaron un partido no que os verdes mereceron bastante mellor sorte, e incluso dominaron en distintas fases, pero 3 regalos en defensa son moitos para non perder un partido.

Certo é que os primeiros minutos foron do Alondras que se adiantou no minuto seis e incluso pudo facer o segundo. Pero logo se repuxo o Arenteiro que logrou empatar o partido cun gol de Igor Sevivas no minuto 20.

Os verdes pasaron a controlar o partido e todo ía ben ata que apenas un par de minutos para chegar ao descanso Vilachá marca  en propia portería nun intento de despexar un balón sen aparente perigo.

O autogol antes do intermedio foi un mazazo para os verdes, que sen embargo sairon moito mellor que o Alondras na segunda parte, incluso pudo chegar o empate nun par de boas ocasións, pero non era a tarde.

E asi ata o minuto 73 cando o Alondras marca na execución dunha falta, o balón colle portería e Macía non está acertado. A partir de aí, sí que o Alondras volveu a ser superior, aínda que o cuarto e definitivo gol chegaría por medio doutro agasallo defensivo do Arenteiro.

Demasiádo castigo para os verdes polo visto no cómputo dos 90 minutos. Agora toca pasar páxina e pensar no partido do próximo domingo en Espiñedo ante o Noia CF

Crónica do partido no "Atlántico Diario": http://www.atlantico.net/articulo/deporte-local/goles-son-razones/201709...

 

 

13, Setembro 2017

O deportista Lucas Egas Villanueva, recente campión do mundo da modalidade técnica de arte marcial haidong gumdo “espada coreana”, recibiu a homenaxe do concello do Carballiño.

O acto contou coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manolo Dacal, e a concelleira do BNG Sofía García, ademáis de familiares, amigos e compañeiros do ximnasio Olimpia, onde entrena o deportista.

Francisco Fumega felicitou, en nome da corporación, a Lucas Egas pola consecución deste campionato mundial, e amosou o seu orgullo por contar entre a veciñanza do Carballiño cun deportista na élite mundial. “Os seus éxitos a nivel nacional e internacional supoñen un prestixio para O Carballiño e, sobre todo, son un exemplo para a mocidade”, dixo o alcalde. “Estamos orgullosos de contar cun deportista na élite mundial, e por iso queremos recoñecer os seus méritos e o esforzo que representa competir cos mellores deportistas de España, de Europa e do Mundo”, engadiu. Fumega destacou o esforzo persoal que representa competir a este nivel, e tamén se referiu aos entrenadores, á familia e aos compañeiros do deportista homenaxeado, recoñecendo a súa parte de mérito e sacrificio correspondente.

Manolo Dacal lembrou que “na última Gala do Deporte xa se premiara a Lucas Egas como o Mellor Deportista, quizás como unha premonición da conquista un mes despois do campionato do mundo”, e asegurou que a concellería de Deportes seguiría axudando ao deporte base e aos deportistas destacados, como Lucas Egas, en todo o que se poidese.

Pola súa parte, Lucas Egas, que acudiu ao acto coas dúas medallas e o trofeo conseguido en Corea, agradeceu o recoñecemento e o esforzo e sacrificio da súa familia, que dende pequeno o levou ao ximnasio para practicar este deporte. Explicou que, ademáis do campionato na modalidade técnica de haidong gomdo, tamén acadou o terceiro posto noutra modalidade, e que o 19 de novembro próximo ía participar no campionato de España.

Para finalizar o acto, o alcalde fixo entrega dunha placa do concello en recoñecemento do seu mérito.

11, Setembro 2017

Elexido como o gol da xornada no fútbol galego polo programa "En Xogo" da Televisón de Galicia, o de Igor Sevivas, que xa no tempo de desconto puxo en pe ao graderío de Espiñedo ao executar maxistralmente dende a frontal da área e de espaldas á portería unha chilena que empatou (1-1) o partido ante o Arousa.

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/09/11/arenteiro-abona...

Crónica do partido no "Diario de Arousa": http://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/gol-chilena-96-deja-aros...

O golazo da xornada na TVG: http://www.crtvg.es/informativos/o-golazo-da-xornada-unha-chilena-perfec...

8, Setembro 2017

Será este domingo dia 10 de Setembro dende as seis da tarde, en partido correspondende á cuarta xornada do campionato nacional de liga de 3ª división, grupo 1º.

Carballiñeses e arousanos volven enfrontarse en competición oficial, tras varios anos nos que ambos non coincidian na mesma categoria, pero antes xa o fixeron tanto en Terceira como en Preferente, e incluso na Segunda División B. Regresa, pois, un clásico entre dous equipos históricos do fútbol galego como son Arenteiro e Arousa.

Os verdes chegan a este partido con boa moral tras a victoria do pasado domingo no campo do Céltiga, mentres que o Arousa -malia o seu irregular inicio- figura en todas as quinielas para estar entre os aspirantes aos postos de privilexio da categoria, un auténtico equipazo adestrado por un ex-futbolísta internacional, Xurxo Otero.

4, Setembro 2017

Con goles de Borja, Igor e Carlos de Dios, un gran partido de todo o equipo e con un Rubén Arce estelar, o Arenteiro conseguíu os tres puntos na súa visita á Illa de Arousa na terceira xornada do campionato.

Crónica do partido no Faro de Vigo:http://www.farodevigo.es/deportes/arousa/2017/09/04/celtiga-queda-premio...

Crónica do partido no Diario de Arousa. http://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/celtiga-fue-propio-enemi...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes