Deportes

4, Xuño 2017

O Arenteiro arrancou un esperanzador empate a un gol no partido de ida da promoción de ascenso á terceira division xogado no campo da Agrupación Estudiantil, mentres o Sporting Carballiño conseguía vencer na tanda de penaltis ao Raio Alaricano e adxudicabase a Copa Deputación B.

No desplazamento ao campo de Callobre, na Estrada, os verdes enfrontáronse ao bo equipo, como resultou ser a Agrupación Estudiantil, Non obstante, o Arenteiro comezou moi serio o partido no que sorprendeu aos locais cunha poderosa presión que, unha e outra vez,desbarataba os intentos combinativos do equipo estudiantil.

Ademáis,os verdes lograban adiantarse no marcador ao transformar no minuto 28 Rubén Arce un claro penalti cometido sobre Vitti. Unha magoa, o empate local, que se producía a piques de chegar ao descanso ao aproveitarse dun rexeito na área do Arenteiro. Na segunda parte o Estudiantil apretou, pero os carballiñeses aguantaron o resultado, que pudo decantarse a favor de calquera.

Os locais lanzaron un balón ao traveseiro, e o Arenteiro pudo sentenciar á contra, sobre todo cando o Estudiantil quedou con 10 xogadores no campo tras a expulsión do dianteiro Stefan, pero faltou acerto nos metros finais.

No CD Arenteiros sairon de inicio: Israel, Maxi, Padrón, Martín, Vilachá, Dafonte, Bardelás, Alberto, Arce, Vitti e De Dios. tamén xogaron Sanginés, Cuquejo, Iván Portos e Pol.

O Sporting consigue a Copa Deputación B

Tras os noventa minutos xogados no campo do Couto, o partido entre o Sporting Carballiño e Raio Alaricano rematou co marcador inicial de 0-0.

Nin carballiñeses nin alaricanos conseguiron marcar. Asi as cousas, o título de campión decidíuse dende os once metros,e na tanda de penaltis o Sporting estivo maís atinado que o seu rival, e consigue asi a Copa Deputación B, versión copeira reservada para os equipos de 2ª e 3ª autonómica.

28, Maio 2017

Os verdes estiveron preto do ascenso directo, pero finalmente non pudo ser. Por vez primeira en moitos anos na liga de Preferente os 76 puntos que alcanzou o Arenteiro -a mellor puntuación histórica do club nas 34 participacións nesta categoria- non foron desta vez sufientes, o Ourense CF fixo 77 puntos e lévase o premio, mentres que o Arenteiro deberá agardar á promoción ante o terceiro clasificado do grupo norte, a Agrupación Estudiantil.

Espiñedo volveu rexistrar unha entrada de gala, como practicamente toda a tempada, cunha afección que posta en pe despedíu cunha ovación ao equipo verde.

O partido ante o Portonovo transcurríu en Espiñedo moi pendientes do que pasaba no Couto, e tal como ía a tarde o ascenso estivo preto, toda vez que o ourensanos tiveron que agardar á recta final do partido para darlle a volta ao marcador ante o Gondomar.

Asi e todo, o equipo verde cumplíu e ata en tres ocasións tivo que remontar este partido ante o Portonovo, que se adiantaba co 0-1 aos 3 minutos. Moi pronto empatou Arbo de cabeza á saída dun córner. Xa coa primeira parte avanzada -minuto 38- volvían adiantarse os portonovenses co 1-2, e en apenas tres minutos Vitti facía 0 2-2. Pero neste final de locura da primeira parte, volvía golpear o Portonovo antes do descanso.

Por terceira vez tocaba remontar e lográbase. Carlos de Dios empata no minuto 50 e no 57 outra vez Arbo volvía, tamén de cabeza, tamén á saída dun córner poñer o 4-3 definitivo no marcador.

CD Arenterio: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, D. Arbo, Bardelás, Chimpin, Arce, Vitti e Carlos de Dios. Tamén xogaron Alberto, Cuquejo, Dafonte e Varandela.

 

26, Maio 2017
17, Maio 2017

Un gol no primeiro minuto de xogo a favor do Unión Grove complicou o partido para o Arenteiro no campo do Monte da Vila, porque desde o minuto dous os locais dedicarónse a perder tempo e afear o partido, actitude protestada pola numerosa afección do Arenteiro desplazada  ata a vila mariñeira, no minuto 64 empatou Rubén Arce de penalti e aínda con tempo para lograr unha remontada que ao final non foi posible.

O gol local no case que o único lanzamento a portería de todo o partido no primeiro minuto de xogo  pesou coma unha lousa sobre os carballiñeses, un tiro dende fora da área que se cola practicamente pola escadra da portería de Israel.

Ademáis, tampouco favoreceu o resultado do Valladares-Ourense CF, ao final un 3-4 que leva aos ourensanos á segunda posición e a depender de sí mesmos para lograr o ascenso directo á terceira división.

Pola contra, o Arenteiro, practicamente toda a liga en ascenso directo, terá agora que esperar un moi pouco probable tropezo do Ourense CF na derradeira xornada, ou senón serán os verdes os que teñan que xogar a eliminatoria da promoción de ascenso co terceiro clasificado da Preferente Norte.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl, Arbo, Bardelás, Dani Chimpin, Arce, Viite e Carlos de Dios. Tamén xogaron Pana, Sanginés, Alberto e Dafonte.

 

14, Maio 2017

Un triplete de Dani Chimpín e outros dous goles máis que marcaron Carlos de Dios e Vitti resolveron o partido ante o Caselas para un Arenteiro que sigue dependendo de sí mesmo para lograr o ascenso directo á terceira división, a falta de dous partidos para rematar a competición, o do próximo domingo no Grove e o derradeiro ante o Portonovo en Espiñedo.

Os verdes protagonizaron un gran partido e non deron opción de ningún tipo, aínda que o Arenteiro tivo que esperar a sobrepasar a primeira media hora de partido para abrir a lata, fixoo Carlos de Dios cun golazo dende practicamente o medio do campo, vendo adiantado ao porteiro visitante lanzou unha volea perfecta que chegou ao fondo da portería.

Antes, e depois do gol, o Arenteiro tivo un carrusel de ocasións para marcar, e o porteiro do Caselas Sebas foi o mellor do seu equipo, con dúas magníficas intervencións salvadoras para o seu equipo.

Na segunda parte, o Arenteiro decidíu resolver pola vía rápida, e primeiro Dani Chimpín e despois Vitti deixaron o partido visto para sentencia en apenas dez minutos. Depois, aínda chegarían outros dous goles, ambos da autoría de Dani Chimpín, que conseguíu asi facer o "hat trick" da tarde.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá (Pana,m.61), Padrón, Martín,Saúl (D. Vázquez, m. 68), D. Arbo, Bardelás (Cuquejo, m. 63), Dani Chimpin, Arce, Vitti e Carlos de Dios (Alberto, m. 73)

10, Maio 2017

Chegou o momento, a hora da verdade, a oportunidade de escribir un capítulo importante na historia de Club Deportivo Arenteiro, que se inicia este domingo coa primeira das tres finais que restan para volver, 23 anos despóis, à terceira división.

Na antepenúltima xornada do campionato de liga na Preferente Galicia, os verdes reciben en Espiñedo as 6 da tarde deste domingo 14 de Maio a visita do Caselas CF, que pelexa por conseguir a permanencia na categoria.

O club decidíu establecer prezos populares para o público en xeral, con entrada única a 5 euros. Os socios, coma sempre, terán acceso gratis.

7, Maio 2017

Os verdes conseguiron na súa visita á localidade de Atios, en O Porriño, unha importante victoria por 1-3, de tal maneira que a falta de 3 xornadas para completar a competición na Preferente Galicia, o Arenteiro sigue dependendo de sí mesmo para poder dar o salto de categoria e xogar a vindeira tempada na terceira división.

Sabíase no cadro verde da dificultade e esixencia deste partido,e por eso a concentración foi máxima dende o pitido inicial,cun Arenteiro moi solvente atrás,serio no centro do campo e moi dinámico en ataque. Aínda que os dous primeiros goles dos carballiñeses chegaron a balón parado.

No minuto 25 córner que saca Dani Chimpin e Dani Arbo cabecea na área sen oposición,tan so un minuto despóis Chimpin pudo ampliar o marcador pero o seu disparo raso foise lamendo o poste, para chegar ao descanso sen que a defensa verde pasase apenas por apuros, salvo un cabezazo dun xogador local que atrapou moi ben israel.

Tras a reanudación, xogada practicamente calcada ao primeiro gol, de novo córner que lanza Dani Chimpín e esta vez é Adrián Padrón que, de explendido testarazo, fai o segundo gol da tarde para o Arenteiro.

O Atios non baixou os brazos e foise descaradamente ao ataque para recortar distancias no marcador, e foi entón cando o Arenteiro tivo varias ocasións para sentenciar á contra, nunha delas, Dani Chimpín finiquita o partido no minuto 79, co 0-3.

O único gol do Atios chega no minuto 87, cando un dianteiro local se aproveita dun mal bote do balón que acaba superando á defensa do Arenteiro. A nota negativa foi a expulsión, xa co tempo cumplido, de Dafonte ao ver o cartón vermello por unha entrada ao dianteiro local Victor Besada, o mellor xogador esta tarde do Atios.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (Pana, m.65), Arbo, Bardelás (Dafonte, m.56), Dani Chimpín (Alberto, m. 79), Arce, D. Vázquez (Vitti, m.58) e Carlos de Dios.

30, Abril 2017

Partido con pouca historia no municipal de Espiñedo nunha tarde con tempo de inverno e na que o Arenteiro non tivo problemas para sumar outros 3 puntos ante os verinenses, que apenas aguantaron 18 minutos, os que tardou o Arenteiro en abrir o marcador por mediación de Rubén Arce.

Despois, todo foi máis fácil para o Arenteiro, a pesar de que o árbitro non quixo pitar dúas penas máximas na área do Verín, unha delas,a cometida sobre Carlos de Dios, de auténtico escándalo.

Antes do descanso, Vitti fixo o 2-0, e na segunda parte redondearon o resultado os goles de Dani Vázquez e Adrián Padrón.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (Pachi, m.87), Dafonte (Cuquejo, m. 59), Bardelás, Dani Chimpín (Varandela, m. 73), Rubén Arce (Dani Vázquez, m. 54), Vitti e Carlos de Dios (Alberto, m. 68)

23, Abril 2017

Tarde moi calurosa no campo da Tella de Luintra, con maioría de seguidores do Arenteiro, nun partido con reparto de puntos, igualado na primeira parte e de dominio total dos verdes na segunda, ainda que non poideron pasar do empate ante os afiadores.

No minuto 6 o xogador local Bruno sacou un trallazo dende a banda dereita da portería de Israel, que soprendeu ao meta do Arenteiro. Á media hora pudo verse o segundo golazo da tarde, esta vez era Dani Chimpín quen controlaba un balón na frontal da área grande e coa zurda colocaba o balón na escadra da portería local. E asi chegábase ao descanso, o único reseñable os goles.

Na continuación, o Arenteiro saíu a polo partido e a práctica totalidade do xogo transcurría no campo do Nogueira, pero sen fortuna nos metros finais, ata por dúas veces os paus repelían as acometidas verdes. Pola contra, eran os da casa -minuto 79- os que conseguían adiantarse outra vez no marcador tras unha xogada polémica e moi protestada polos verdes. O gol foi un mazazo para o Arenteiro, que finalmente, conseguía empatar por medio de Vitti no minuto 88.

O partido foi de escaso fútbol, sobre un terreo de xogo en condicións moi deficientes, que dificultaba a circulación do balón, e nunha tarde na que ademáis o Arenteiro tivo que padecer outra desacertada actuación arbitral.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Pdrón, Martín, Saúl (Pana, m. 27), Dani Arbo, Bardelás, Dani Chimpín (Varandela, m. 70), Arce, Dani Vázquez (Vitti, m. 54) e Carlos de Dios (Sanginés, m.72)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

10, Abril 2017

Tres puntos máis do Arenteiro para seguir sumando, e tamén para seguir soñando en facer algo grande esta tempada, nun partido ante o AlertaNavia vigués no que o mellor foi o resultado, nunha tarde de moita calor e de xogo gris nos verdes.

A falta de fútbol, carácter e amor propio non poden negárselle aos xogadores verdes, superados esta tarde por un rival que se adiantou no marcador aos 22 minutos.

E é que en apenas en 5 minutos o Arenteiro volteaba o resultado, primeiro co empate conseguido por Adrián Padrón,e logo co segundo gol de Carlos de Dios.

Tras o paso por vestiarios, máis do mesmo, aínda que o Arenteiro ampliou diferencias no marcador cun penalti transformado por Rubén Arce. Xa co tempo a piques de cumplirse, chegaba o 3-2 definitivo.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes