Deportes

Con este empate, os verdes frenan a racha de cinco victorias consecutivas coas que o equipo chairense chegaba na tarde deste domingo a Espiñedo, que volvía presentar un gran aspecto no graderío con arredor de mil afeccionados, a entrada habitual no municipal carballiñés.
O Racing Club Vilalbés, que tras 23 anos visitaba O Carballiño, resultou ser un equipo cun gran poderío físico, que ademáis sabe ao que xoga, e se a esto unimos que o Arenteiro estivo por debaixo do seu nivel habitual nos partidos da casa, podemos concluir que o reparto de puntos foi o máis lóxico.
Porque en realidade as ocasións reais de gol foron máis ben escasas en ambas porterías, chegou algo máis o Vilalbés na primeira parte, pero na segunda apenas podemos contabilizar os dous goles, e para eso en dúas xogadas a balón parado.
Adiantouse o Vilalbés no minuto 57 tras sacar en corto unha falta dende o lateral da área, o balón levouno un xogador visitante ata o vértice da área e colouno cun tiro axustado o primeiro pau. Apenas cinco minutos despois, penalti sobre Rubén Arce que él mesmo encargase de transformar no gol que siñificaría o empate final.
Con este punto sumado ante o Racing Club Vilalbés, o Arenteiro consigue 25 puntos, desputadas 15 xornadas no campionato de liga na terceira división, aínda con catro xornadas por diante para completar a primeira volta, nas que o Arenteiro viaxará aos campos do Boiro e Compostela, mentres que en Espiñedo recibirá a Barbadás e Cultural Areas.
Para acceder a ficha do partido, prema no seguinte enlace:http: //www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283800

O Racing club Vilalbés visita O Carballiño 23 anos despóis, tantos como hai que o Arenteiro non xogaba en terceira división, na tempada 1993-1994. Xa choveu.
O único representante lucense na actúal terceira división chega a Espiñedo como un dos equipos agora mesmo máis en forma da competeción, tras sumar cinco victorias consecutivas nos últimos cinco encontros, situado no quinto posto da clasificación.

E tan lonxe que foi en terras coruñesas preto da costa da morte, no estadio municipal da Laracha, onde o Arenteiro cun gran gol de Rubén Arce na segunda parte, trouxo os tres puntos para O Carballiño.
E con estes son xa 24 os puntos que os verdes teñen no seu casilleiro tras xogadas 14 xornadas do campionato de liga no grupo 1º da Terceira División.
Na Laracha, de inicio, foi o Arenteiro quen por dúas veces pudo adiantarse pronto no marcador, primeiro nunha ocasión de Arce que se quedou so ante o meta local, éste logrou repeler o disparo do dianteiro verde. E pouco despois, outra xogada tamén de Arce enviando un balón que se pasea por diante da portería local ao que por poucos centímetros non chega Igor Sevivas. A balón parado tivo a súa Saúl, pero atallou ben o gardameta do Laracha.
Na segunda parte, igual que na primeira, Pachi apenas pasou por situacións de perigo, e as poucas que tivo resolveunas con solvencia. O Laracha, unha e outra vez insistía con balóns á area, pero sin lograr crear perigo real.
No minuto 73 chegou a xogado do gol carballiñés, foi un balón que enviou dende o medio campo Adrián Padrón, case o vértice da área grande prolongouno de cabeza Igor Sevivas, e tamén de cabeza e sen oposión da defensa local, Rubén Arce enviouno fora do alcalce do meta local, dentro da portería.
Para ver a ficha do partido, preme no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

Tarde de mércores e de festividade de todos os santos, e de fútbol en Espiñedo, con outra magnífica entrada no graderío e victoria dos verdes ante o Ribadumia con goles de Pana, Dani Chimpin e Igor Sevivas.
Un triunfo de moito mérito do equipo carballiñés porque enfronte tivo a un bo equipo como resultou ser o Ribadumia, con xogadores moi experimentados na categoría e que moven moi ben a pelota.
O equipo do Salnés estivo mellor que os locais na primeira parte, non obstante foi o Arenteiro quen conseguíu chegar ao descanso con ventaxa no marcador grazas a un golazo de Pana.
No inicio da segunda metade empatou o partido o Ribadumia, e apenas unhos minutos despois Dani Chimpin volveu poñer en vantaxa aos Arenteiro ao transformar un penalti por mans na área dun defensor visitante.
Despois, o Arenteiro perdonou un par de ocasións moi claras para sentenciar o partido, en xogadas de Carlos de Dios e Igor Sevivas, e a piques estivo de pagálo o Arenteiro porque os visitantes tamén chegaron un par de veces con perigo á portería de Pachi. Xa cando o partido expiraba Igor Sevivas marcou o gol da tranquilidade definitiva en Espiñedo.
No seguinte enlace podes ver a ficha do partido:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

O encontro matinal xogado no campo da Grela en A Coruña entre o líder Club Silva e Arenteiro tivo dúas partes absolutamente diferenciadas, e unha calamitosa actuación arbitral que perxudicou descaradamente ao Arenteiro.
Na primeira metade a floxeira defensiva do Arenteiro permitíu ao Silva chegar ao descanso cun claro 3-0 no marcador, con tres goles en 34 minutos de partido, o segundo de penalti.
Non obstante, o Arenteiro non lle perdeu a cara en ningún momento ao partido, e aos seis minutos da reanudación Iker Hurtado marcou o gol do Arenteiro, primeiro que o líder encaixa na súa casa no que vai de campionato.
Despois chegaron os mellores minutos dos verdes e a piques estivo Igor Sevivas de marcar o segundo pero o balón foise lixeiramente desviado, e aínda con media hora de partido por diante, o árbitro pontevedrés Asier Manuel Fariña deixou ao Arenteiro con 10 xogadores no campo ao expulsar a Adrián Padrón nunha xogada de ataque do Arenteiro na área local.
Pero o peor da actuación arbitral aínda estaba por chegar cando, aínda co 3-1 e moitos minutos de partido, un defensor local fixo dentro da área un paradón en toda regla coas mans para cortar un tiro de Rubén Arce, o árbitro mandou seguir o xogo, ver para creer.
Xa a piques de chegar ao tempo regulamentado chegou o cuarto gol dos locais, un 4-1 absolutamente desproporcionado para o visto esta mañá no terreo de xogo.

O Partido correspondente á 12ª xornada no campioanto da terceira división entre o actúal líder, o Club Silva e Arenteiro, foi retransmitido este domingo dia 29 por esta emisora de radio dende o campo da Grela de A Coruña, a partir das 12:15 da mañá.
A retransmisión pudo seguirse en directo tanto no 91.9 da FM como a través da emisión online de COPE O Carballiño.
Lolo Carril conducíu esta retransmisión na que exerceron como comentaristas Pachi, o primeiro capitán do Arenteiro que estaba sancionado para este partido e José Luis González "Kulís".

En apenas cinco desafortunados minutos -53 e 58- da segunda parte chegaron os dous goles do Choco que remontaban o gol de Igor Sevivas no minuto 39 de partido.
A remontada do equipo de Redondela chegaba aínda con tempo suficiente para que o Arenteiro poidese reaccionar, pero o certo é que o Choco non perdeu en ningún momento a cara ao partido e estivo moi acertado no seu traballo defensivo.
O que non estivo tan acertado como o Choco foi o colexiado Bruno Méndez e un dos seus auxilares, desde o inicio xa se víu que o partido quedáballe moi grande, entre ambos anularon un gol ao Arenteiro por suposto fora de xogo e perdoaron o segundo cartón amarelo ao xogador do Choco Comis.
Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

Unha semana con tres partidos e tres victorias, nove puntos de nove posibles, na competitiva terceira división, o domingo pasado ante o Negreira, o xoves en Vilalonga, e para redondear a semana un 2-0 ante o poderoso Bergantiños.
Espiñedo recibía a ún dos grandes da categoria, xa que o equipo de Carballo está confeccionado para loitar polo ascenso, e o certo é que non se pode decir que defraudase, nin moito menos, pero enfronte encontrouse cun Arenteiro que soubo xogar as súas bazas, e saíronlle ben.
Os verdes cederon o balón a un Bergantiños que moveu o balón canto quixo e lle deixaron, pero sen crear ocasións claras ante a portería local.
E no fútbol gaña quen marca goles, e desta vez foi o Arenteiro o que acertou a facélos, e por dúas veces.
Ambos goles chegaron na segunda parte, primeiro ao transformar Dani Chimpin un penalti sobre Igor Sevivas. E xa na última xogada do partido nunha acción personal de Iker Hurtado que, arrancando dende campo propio, plantaouse ante a portería visitante para marcar o segundo e definitivo gol da tarde.
Para ver a ficha do partido podes facélo no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

Un gol de Rubén Arce na segunda parte foi suficiente para que o Arenteiro, mo serio hoxe defensivamente, conseguise a victoria pola mínima na súa visita ao campo Novo San Pedro de Vilalonga, que rexistrou boa entrada e facéndose notar un nutrido grupo de seguidores verdes.
O partido, igual que todos os da terceira galega, estivo rodeado de fortes medidas de seguridade e cun numeroso despliegue da Garda Civil, antes, durante e despóis do partido, formando parte dun simulacro ante posibles amenazas terroristas en recintos deportivos.
Xa no plano futbolístico, o Arenteiro foi esta tarde superior ao Vilalonga, sobre todo na primeira parte, na que mereceu ir ao descanso co resultado ao seu favor. Non obstante houbo que agardar a segunda metade para que Arce se aproveitase dun fallo defensivo dos locais para marcar o único gol do encontro, que da 3 valiosísimos puntos aos verdes.

Noventa pilotos competirán esta fin de semana na edición máis participativa e internacional da proba de motos de campo XTREMO MESEGO.
A proba, que celebra a quinta edición, e que se desenvolverá o sábado, 14, e o domingo, 15 de outubro, foi presentada na Praza Maior polo concelleiro de Deportes, Manolo Dacal; o membro da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas, e o presidente do Motoclub Xtremo Mesego, Juan Caderno.
O evento comezará o sábado en Pena Cortoira ás 15,00 h., e ás 18,00 h., terá lugar a proba urbana que se desenvolverá nunha parcela situada na rotonda da rúa Conde Vallellano e Ben Cho Sey. E o domingo proseguirá a partir das 10,00 h., en Pena Cobertoira.
Na presentación destacouse a participación de grandes campións, como Pol Tarrés, que gañou o pasado ano; Antonio Alfonso, que foi campión do mundo junior de trial; Álex Hidalgo e Iván Pueyo, entre outros destacados pilotos dun gran nivel.
Javier Quintas destacou a gran presenza nacional e internacional, entre os que figuran dez galegos, pero tamén pilotos procedentes de Francia, Portugal, Corea e Arxentina, así como da Cataluña, Asturias, Castela-León e Madrid, entre outras comunidades españolas.
Por isto, o representante da Liga Galega de Moto de Campo amosouse orgulloso por colaborar estreitamente co Motoclub Xtremo Mesego para organizar este evento, “xa que se trata dunha das grandes citas do calendario deportivo, que este ano terá una calidade extraordinaria, onde hai media ducia de pilotos que poden optar ao triunfo”, según dixo.
Juan Caderno destacou sobre todo a proba urbana que se celebrará nunha parcela da rotonda de Conde Vallellano e Ben Cho Sey, porque será máis vistosa que a do pasado ano, e terá máis seguridade e máis visibilidade para os afeccionados. Será o sábado a partir das 6 da tarde.
Finalmente, Manolo Dacal agradeceu o traballo desenvolvido polo Motoclub Xtremo Mesego e a Liga Galega de Moto de Campo para ofrecer en cada edición un mellor espectáculo deportivo, conseguindo traer non só a moitos pilotos senón tamén a moitos aleccionados, xa que isto redunda na promoción do Carballiño e, en particular, da hostalería.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »