Deportes

Valioso triunfo dos verdes na súa visita ao campo das Gaiandas, nun bo partido do Arenteiro, ao que regresaba Dani Arbo despois de tres meses de ausencia dos terreos de xogo, providencial regreso porque marcou o gol da tarde, e ademáis, na posición de centrocampista na que xogou foi un dos destacados da tarde no equipo de Manel Vázquez.
A primeira parte resultou igualada, cun par de aproximacións perigosas en ambas porterías, e pouco máis, sobre un terreo de xogo en malas condicións.
Na segunda metade o Arenteiro fíxose acreedor á victoria, que conseguíu con todo merecemento, ante un Gondomar que tampouco desentonaba.
Pero no minuto 66 os gondomareños sufriron un mazazo co golazo de Dani Arbo, engantillou un tiro dende unhos 30 metros que en forma de volea colouse pola escadra dun sorprendido Isma, o porteiro local so pudo seguir coa vista a traxectoria do balón.
Despois, o Gondomar volcouse sobre a área do Arenteiro, e tivo un par de ocasións que non aproveitou, non obstante era o Arenteiro á contra o que pudo sentenciar o partido ao fabricar outras dúas magníficas ocasións, que xa co porteiro batido, salvaron ambas os defensores locais baixo os 3 paus e cando o balón xa se colaba.
Xa co tempo a punto de cumplirse o árbitro non quixo pitar un clarísimo penalti cometido sobre Alberto Blanco.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Dafonte, Martín Pana, Dani Arbo, Cuquejo, Bardelás (Iván Portos, m.86), Dani Chimpin (Alberto Blanco, m. 55), Vitti (Pol, m. 78) e Carlos de Dios (Rubén Arce, m. 63).

Catorce meses pasaron dende que o Arenteiro non perdía en partido de liga en Espiñedo,o mérito foi para o equipo vigués do Valadares, acaso un excesivo castigo para os verdes polo visto nesta tarde, xa que non mereceron perder este encontro.
Mención aparte merece a labor arbitral, a do colexiado Xesús Fontes Mosquera, que deu un recital de tarxetas sin ton nin son, ata 24 en total. Ademáis, co empate no marcador, non quixo ver un máis que posible penalti sobre Rubén Arce.
O partido comezou con oportunidades para o Arenteiro, que non soubo materializar,mentres que o Valadares encontrábse cun gol no minuto 41 que faría que se fose con ventaxe no descanso.
Non podía iniciarse mellor a segunda parte para os verdes, xa que no minuto 47 Rubén Arce empataba o partido. A partir de aí, o Arenteiro encerrou aos vigueses na súa área, aínda que era un dominio que non lograba traducir en ocasións claras de gol, mentres que o Valadares -na única vez que chegou á portería de Pachi- tivo a fortuna de marcar o segundo gol,que sería definitivo para levarse os 3 puntos e apretar aínda máis a parte alta da clasificación.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachà, Pana, mar´tin, Dafonte, Bardelás, Arce, Alberto, D. Vázquez, D. Chimpín e Carlos de Dios. Tamén xogaron Pol, Cuquejo, Sanginés e Vitti.

Partido con alternativas en ámbas áreas e no que tanto Porriño Industrial como Arenteiro deixaron mostras de que se encontran entre os bos equipos da Preferente na actúal tempada futbolística.
No campo do Lourambal, con numerosos seguidores do Arenteiro, víuse un partido no que ámbos técnicos, Rubèn Sotelo e Manel Vázquez, evidenciaron o coñecemento que tiñan do equipo rival nos seus respectivos plantexamentos tácticos.
Aínda que comezou mellor o Porriño, logo avisaría o Arenteiro das súas intencións cun balón dende a banda dereita ao que por milímetros non chegaron con precisión os dianteiros verdes, o balón sería rexeitado a corner pola retagarda locataria.
No minuto 24 chegaría unha das xogadas claves da tarde, penalti de Pachi sobre o habilidoso dianteiro local Benja. A pena máxima é executada por Stefan, esquinada e a media altura, que rexeita o gardameta do Arenteiro nunha gran intervención.
O Arenteiro lograba adiantarse no minuto 32, outro balón dende a banda dereita que Dani Chimpin pon sobre a área local e Vilachá, entrando dende atrás, cabecea maxistralmente e bate ao porteiro Fernando. E asi, con ventaxa carballiñesa no marcador, chegouse ao descanso.
Na segunda metade, aos 6 minutos empataba Benja, o dianteiro máis perigoso do Porriño Industrial. E de aí ao final, o marcador xa non se alteraría.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Dafonte, Martín, Pana, Cuquejo, Bardelás (Iván Portos, m. 88), Arce, Dani Chiimpín (Alberto, m. 57), Vitti (Dani Vázquez, m. 67) e Carlos De Dios (Sanginés, m. 78).
Na foto, o golazo de Marcos Vilachá.
Dani Chimpin marcou sobre a bocina o solitario gol que da os tres puntos aos verdes ante o equipo industrial, que vendeu moi cara a súa derrota.
Igual que a tarde en Espiñedo, o partido tamén estivo frio, tanto que o Arenteiro non era capaz de facer o seu xogo habitual e o Poligono encontrabase cada vez máis cómodo no terreo de xogo. Sanginès e Vitti, que enviou o balón ao longueiro da portería visitante, poideron adiantar aos verdes na primeira parte, pero non o conseguiron.
Na segunda parte, máis do mesmo,ou acaso pior. Porque conforme pasaban os minutos, o Poligono seguía cómodo e parecía que comezaba a creelo, e incluso se permitía o luxo de chegar a poñer en apuros a Pachi.
Xa cando o partido estaba apurando os minutos de desconto chegou o gol, Dani Chimpin adentrouse co balón controlado na área e axustou ao pau un tiro raso ao que non pudo chegar o gardameta do Poligono.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón (Cuquejo, m.65), Martín, Pana, Dafonte, Bardelás (Dani Vázquez, m.78), Rubén Arce, Sanginés (Carlos de Dios, m. 55), Vitti e Alberto (Dani Chimpin, m. 55)

O Arenteiro recupera posto de ascenso directo na clasificación da Preferente Galicia tras gañar ao Erizana CF no campo Val de Martín, de Baiona, e grazas a un gol de Carlos de Dios no minuto 73 de partido.
Pudo o Arenteiro marcar moito antes se non desaproveitase as varias ocasións das que dispuxo no transcurso do partido. Na primeira parte con dous balóns moi claros que se pasearon por diante da portería local sen que encontrasen rematador, e nun cabezazo de Padrón que se foi alto por pouco.
Todo esto nunhos primeiros 45 minutos sen un claro dominador no xogo,aínda que os locais non lograban crear perigo real ante a portería de Pachi.
O Arenteiro saíu mellor que o seu rival na segunda metade, na que un balón ao poste de Dafonte tras unha boa combinación dos verdes e un cabezazo de Martín Sánchez ao que respondeu o meta local cun paradón enorme, foron as mellores ocasións do Arenteiro antes do gol de Carlos de Dios.
Nos últimos minutos, o Erizana apretou pero o marcador xa non se moveu,polo que o Arenteiro logra comezar a segunda volta do campionato con victoria en campo contrario.
A nota negativa da tarde foi a lesión de Saúl, no minuto 12 de partido,con fractura dun dedo do pe dereito.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl (M. 12, Pana), Cuquejo (M. 59 Bardelás), Dafonte, Chimpín (M. 75, Sanginès), Arce, Vitti M. 68. Dani Vázquez) e De Dios.

Os verdes perderon en Portonovo un partido que tiñan gañado ata o minuto 71 de xogo, pero no fútbol afirma a máxima que quen perdoa acabao pagando, e eso aconteceu, pudo o Arenteiro ter sentenciado o partido con antelación, e ao final rematou perdendo.
Adiantouse o Arenteiro no minuto 12 por medio dun gol de Vitti, e o Portonovo apenas creou ocasión de gol algunha durante toda a primeira parte, mentres era o Arenteiro o único equipo que levaba perigo ante a portería contraria.
E asi comezou tamèn a segunda parte, na que Rubén Arce tivo outra magnífica ocasión para ampliar o marcador, pero fixo o que non é habitual neste xogador, fallar na definición. Logo, a piques estiveron de facer o segundo Padrón e o debutante Martín Sanchez, mentres o Portonovo nin xiquera era capaz de inquietar a portería de Pachi.
E acaso pensaron -erróneamente- os verdes que todo estaba feito e que non era preciso facer máis para gañar, e resulta que os partidos duran 90 minutos máis o desconto.
Tras o empate no minuto 71, os locais aproveitaron despois no minuto 83 un libre directo no pico da área para colar o balón polo primeiro pau da portería de Pachi, e conseguir asi que os 3 puntos se quedasen no campo de Baltar.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Padrón, Martín, Pana, Dafonte, Bardelás, Carlos de Dios, Rubén Arce, Vitti e Alberto. Tamén xogaron Cuquejo, Sanginès, Dani Vázquez e Dani Chimpín.
O vindeiro domingo dia 15 o Arenteiro inicia a segunda volta do campionato de liga na Preferente Galicia, desplazandose a Baiona para enfrontanrse ao equipo do Erizana.

Os equipos C.D.Arenteiro e Sporting Carballiño disputarán este sábado un encontro solidario a favor da Cruz Vermella.
Trátase do I Trofeo Benéfico Vila do Carballiño que foi presentado este mediodía polo concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal, e directivos de ambos equipos e da Cruz Vermella do Carballiño.
O encontro terá lugar ás 12 da mañád este sábado, 31 de decembro, no estadio municipal de Espiñedo.
A entrada será totalmete gratuita pero no descanso do partido realizarase un sorteo e a recadación da venda das rifas irá íntegramente para a Cruz Vermella. Asemade, haberá un punto de recollida de alimentos non perecedeiros e xoguetes.

Con esta victoria ante o Uníón Grove, os verdes cumplen un ano invictos en Espiñedo na competición da Preferente Galicia, xa que non perden un partido dende aquél 1-2 ante o Marcón At. o dia 13 de decembro de 2015. Na presente tempada, o Arenteiro obtivo 8 victorias e 1 empate en Espiñedo, a falta dun partido para completar a primeira volta, o que xogará xa o vindeiro 8 de Xaneiro en Portonovo.
Ante os grovenses, o Arenteiro fixo unha soberbia primeira parte, na que o máis lóxico houbese sido ír ao descanso co partido resolto e non co curto 1-0 tras o gol de Carlos de Dios cando se cumplía o primeiro cuarto de hora de partido. E e que durante esta primeira parte o equipo verde fíxose acreedor a un resultado favorable moito máis amplo do que reflexou o marcador.
Moi boa primeira parte de todo o equipo, con actuación estelar de De Dios e Alberto Blanco, das súas botas sairon varias xogadas, nas que o único que faltou foi o gol.
E dise que quen perdoa case sempre o paga, e o certo foi que o dito cumpliuse porque na única que tiveron os grovenses ao inicio da segunda parte lograron igual o marcador. Pero desta vez o fútbol foi xusto con quen o merecía e Sanginés pudo debutar con un gol no minuto 85 que vale os 3 puntos, antes o Arenteiro tivera, tamèn nesta segunda parte, outras boas ocasións para resolver o partido ao seu favor.
CD Arenteiro: Pachi, Pol, Vilachá, Padrón, Saúl, Dafonte, Bardelás. Carlos de Dios, Varandela, Dani Vázquez e Alberto. Tamén xogaron Vitti, Sanginés, Iván Portos e Esteban.

A organización da 8ª Carreira Solidaria do Arenteiro espera acadar unha participación semellante a do pasado ano, que foi de 750 persoas. A día de hoxe as inscricións achéganse ás 400, e ainda se poden realizar ata o xoves, 15 de decembro. No caso das categorías infantiles, incluso poden apuntarse ata as 11 da mañá do propio día da carreira, este domingo, 18 de decembro.
Estes datos foron aportados durante a presentación do evento, que se realizou este mediodía no concello do Carballiño, coa asistencia do concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal; do representante do club de atletismo Arenteiro, Luis Iglesias; da xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, así como de representantes da Cruz Vermella e de Cáritas, institucións ás que se entregarán os produtos que se recauden.
De feito, polo carácter solidario da carreira, a inscrición é totalmente gratuita, e só se pide aos participantes que colaboren coa entrega de alimentos non perecedeiros e de charcutería envasados ao vacío, así como de hixiene e aseo personal tanto para adultos como para bebés, que se depositarán nunha carpa da organización o día da proba.
A organización corre a cargo do concello, de Atletismo Arenteiro e de Kórpore Carballiño, pero son moitas as entidades e firmas colaboradoras, como Cruz Vermella, Cáritas, Coca Cola, Gadis, GRI, A Fuchela, Autotodo Carballiño, Empresa Montañesa, Autocares Rodríguez, Lamargha, Panadería Manxares e o concello de Piñor de Cea que aporta unha carpa.
Xosé Manuel Dacal animou aos carballiñeses a participar neste evento deportivo e solidario, recordando que incluso se pode facer como público, arroupando aos corredores e corredoras polas rúas da vila.
E no mesmo sentido se pronunciaron os demáis representantes das entidades colaboradoras. Dase ademáis a circunstancia de que o domingo abrirá o comercio local, polo que se espera unha gran afluencia de público no Carballiño.
Haberá un percorrido reducido de 2 km, para as categorías inferiores, e de 10 km para os demáis. E incluso os mais pequenos terán unha ruta moi curta arredor da zona da Veracruz.
A saída será ás 11 da mañá, dende a praza da Veracruz, pero a partir das 9,30 comezará a recepción e a entrega dos dorsais. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As bases e os trofeos poden consultarse nas páxinas web de www.championchipnorte.com, www.correrengalicia.org, na área de deportes do concello ou chamando ao número de teléfono 988 530 007 ext 348.
Tamén existen unhas follas volandeiras onde se ofrece toda esta información.
O itinerario da carreira é o seguinte: praza da Veracruz, rúa do Paseo, Avda. do Parque, instituto Chamoso Lamas, Muíños, Fábrica do Papel, Sendeiro do Arenteiro, Parque Municipal, Piscifactoría, interior do parque, rúa do Paseo e praza da Veracruz. Un percorrido urbano e natural, pasando polos lugares máis emblemáticos do Carballiño, con tramos de asfalto e de terra. Haberá zonas de avituallamento onde se entregarán bebidas e alimentos

Difícil resulta explicar como a un equipo como ao Arenteiro que nas últimas 13 xornadas de liga os rivais tan so foron capaces de facerlle 6 goles, pode encaixalos nun mesmo partido e ademáis, ante o colista da clasificación, que derrotou aos verdes por 6-2.
Tratarémos de facélo. O acontecido no campo da Gándara de Salceda de Caselas pode resumirse nunha "tarde horribilis" dos verdes, con algunas atenuantes, como poden ser o aciago inicio de partido do Arenteiro no que os locais puxeron o marcador en franquicia cun 3-1 aos 14 minutos de xogo, o risco defensivo asumido posteriormente para tratar de volver entrar no partido ou, acaso, o cansancio evidente nalgúnhos xogadores tralo esforzo do partido de copa do pasado xoves, e tamén as numerosas baixas por lesión de xogadores clave neste equipo.
E tamén pudo pecar o Arenteiro dun exceso de confianza, pero demostrado queda unha vez máis que nesta categoria non hai enemigo pequeno, e o Caselas tras encontrarse cun marcador moi favorable aínda nos primeiros compases do partido soubo xogar as súas bazas e saíronlle ben, mentres que o Arenteiro, que na segunda parte encerrou ao rival na súa área, non sacou rédito ningún a ese dominio no terreo de xogo.
E en tarde tan adversa e neste intento de meterse no partido hai que recoñecer o traballo, e tamèn o acerto de Carlos de Dios, autor ademáis dos dous goles do Arenteiro.
En definitiva, tarde para esquecer e na confianza de que este partido foi un accidente na ata agora brillante traxectoria do equipo nesta primeira volta do campionato.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Vilachá, Padrón, Saúl, Cuquejo, Dafonte, Bardelás, Alberto, Dani Vázquez e Carlos de Dios. Tamén xogaron Vitti, Iván Portos e Varandela.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- …
- seguinte ›
- última »