Deportes

28, Agosto 2016

Os verdes sairon con gran intensidade dende o inicio e no minuto 16 xa gañaban por 2-0, tras dous goles de Rubén Arce. A primeira media hora do Arenteiro foi primorosa,  anticipandose e presionando ao rival en medio campo, e levando constante perigo sobre a portería do Erizana.

Un balón de Rubén Arce ao poste e un tiro de Dani Chimpín que se foi fora por pouco completaron nesta primeira media hora o recital do Arenteiro, que pudo irse ao descanso cunha ventaxa máis clara no marcador, por exemplo, se o árbitro Alberto Rey sinalase un clarísimo penalti sobre Rubén Arce no minuto 44, pero non quixo pitálo.

Tras o paso por vestiarios, o Arenteiro acusou o esforzo físico, sobre todo no centro do campo, e o equipo de Baiona tratou de aproveitalo, aínda que sería novamente o Arenteiro o que golpearía co 3-0 no minuto 67 por medio de Dani Vázquez.

Os visitantes recortaron diferencias no marcador xa no minuto 79 ao transformar un penalti. A piques de cumplirse o tempo, Iván Portos completou a faena, co 4-1 definitivo.

CD Arenteiro: Isra, Maxi, Adrián Padrón, Arbo, Vllachá, Cuquejo, Dafonte, Dani Chimpin, Rubén Arce, D. Vázquez e Carlos de Dios. Tamén xogaron Adrián Pol, Esteba, Iván Portos e Varandela.

Na fotografía, o segundo gol do Arenteiro, obra de Rubén Arce, de cabeza.

23, Agosto 2016

O Arenteiro comeza a liga 2016/17 na Preferente Galicia, co reto de mellorar a excelente campaña do ano pasado.

Un recén ascendido, o Erizana de Baiona, será este domingo 28 de agosto o rival na primeira xornada de liga, con inicio do partido fixado para as seis da tarde no Estadio de Espiñedo.

Os verdes esperan iniciar con bo pe a competición, ou o que é o mesmo, brindar á afección carballiñesa a primeira victoria da competición oficial, e facer bo o dito "o que ben empeza, ben acaba".

Para este primeiro encontro oficial da tempada, o adestrador Manel Vázquez terá dispoñibles todos os xogadores da plantilla, excepto o dianteiro Vitti, lesionado nun xeonllo, e pendiente do resultado dunha resonancia que determinará o seu alcalce. Con esta única baixa, o técnico terá a súa disposición os outros 20 xogadores que integran a plantilla, incluidos ás novas fichaxes deste ano: Rubén Arce, Carlos de Dios, Adrián Padrón, Saúl, Cuquejo e Varandela.

18, Agosto 2016

Os verdes apuran a súa preparación cara o inicio da liga na Prreferente Galicia, o vindeiro 28 de Agosto ás 6 da tarde no estadio de Espiñedo, ante o Erizana de Baiona.

Antes, o Arenteiro desputará outros dous partidos. O Xoves 18 ás 20:30 horas ante a SD Bande e o sábado 20 ás 18:30 horas ante o Pabellón División de Honra xuvenil. Ambos partidos xogaránse no campo da Uceira.

Atrás vai quedando unha pretempada na que, de momento, os verdes pemanecen imbatidos, tras gañar ao Ribeiro, Maside e Velle, e empatar co CD Barco da terceira división.

31, Xullo 2016

Suma e segue. Novo título para a piragüista do Fluvial Avión Mónica Piñeiro, desta vez campiona do campionato do mundo de maratón na categoria  femenina de 40-44 anos, celebrado na localidade portuguesa de Prado Vila Verde.

Na representación española, o palista do Fluvial O Barco, Jesús Rodríguez, alzouse tamén co título na categoria masculina de 35-39 anos.

23, Xullo 2016

Dende o pasado dia 20 de Xullo, está en marcha o novo proxecto do CD Arenteiro para a tempada 2016-2017, con 5 dias de adestramentos semanais que se prolongarán ata o inicio de liga o vindeiro 28 de Agosto.

No plan de preparación deseñado polo corpo técnico comandado por Manel Vázquez, incluironse 7 partidos, durante o mes de agosto.

2 de Agosto: Ribeiro-CD Arenteiro, en San Cristovo.

7 de Agosto: Maside-CD Arenteiro, no Outeiro Grande de Maside.

9 de Agosto: CD Arenteiro-Cortegada, na Uceira.

13 de Agosto: CD Arenteiro-CD Velle, en Espiñedo.

15 de Agosto: CD Arenteiro-CD Barco, en Espiñedo.

18 de Agosto: CD Arenteiro-CD Bande, en campo por determinar.

20 de Agosto: CD Arenteiro-Pabellón División de Honor, na Uceira.

4, Xullo 2016

O Arenteiro 2016/17 comezará a traballar o mércores dia 20 de Xullo ás 20:30 horas no Estadio de Espiñedo, no que será a xornada de presentación e inicio das sesións de adestramento para preparar a súa participación na Preferente Galicia.

O equipo comandado na dirección técnica por Manel Vázquez, contará con 4 caras novas: as de Rubén Arce e Carlos De Dios, procedentes do CD Barco; Adrián Padrón, que chega dende o Bergantiños de Carballo; e Saúl Castro, que rematou a pasada tempada na SD Bande, a onde chegara dende o Verín. Son xogadores de categoria e experiencia constrastada, polo que se agarda moito deles.

Con eles, estarán os futbolistas que continúan da pasada tempada: Pachi, Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Dafonte, Bardelás, Iván Portos, Esteban, Cristian, Adrián Pol, Dani Vázquez, Vitti, Alberto Blanco e Dani Chimpín. Ademáis, o club espera poder "repescar" a Marcos Castro, que tivera que abandonar o equipo mediada a pasada  tempada por motivos profesionais.

No apartado de baixas, o club confirmou as de Martín Pérez, Sanginés, Marcos Sotelo, Aitor Martínez, Victor Gallego e Pana.

11, Xuño 2016

O capitán Pachi levantou a terceira Copa Deputación na historia  do club, a segunda consecutiva, desta vez contra o Poligono S.C, que foi un digno rival e non se entregou ata o pitido final.

Marcou moi cedo o Arenteiro, aínda cando moitos afeccionados estaban tomando asento no graderío do Couto, Vitti enganchou unha volea que foi ao fondo da portería industrial, no único gol da tarde.

O partido foi clásico dunha final, bastante feo e aturullado, sobre todo na primeira parte na que ningún dos equipos conseguíu levar perigo ante a portería rival. Xa no segundo periodo, o Arenteiro foi máis incisivo e tan só a falla de acerto nos últimos metros impedíu unha victoria máis clara.

Gran anbiente no graderío de preferencia do Estadio do Couto, practicamente cheo, con centos de afeccionados do Arenteiro, que o final vibraron porque o Arenteiro xa é tricampión do torneo ligueiro, tras este segundo título consecutivo.

10, Xuño 2016

O equipo dirixido por Manel Vázquez adestrou esta semana no Estadio do Couto, no propio escenario da gran final da Copa Deputación, onde este sábado dia 11 o CD Arenteiro pode facer historia na historia do club se é capaz de gañar o título por segundo ano consecutivo.

A citá e ás 7 da tarde e enfronte terá un duro rival, o Poligono S.C. que leva dende o pasado mes de xaneiro sen perder un partido, nin en copa nin en liga, na que conseguiron un brillante asceno á Preferente Galicia.

Autocares gratuítos a disposición da marea verde

Club Deportivo Arenteiro comunica aos afeccionados que non poidan desplazarse por medios propios a ourense, que terán a súa disposición autocares gratuítos con saída ás 6 da tarde dende o Templo da Veracruz.

Venda de entradas e camisetas conmemorativas

Este venres de 7 a 9 da tarde e o sábado de 12 a 2 poderán adquirirse tanto as camisetas conmemorativas como as entradas para o partido no stand oficial de club Deportivo Arenteiro na Praza Maior. Tamén en Bar Soldado, Fútboleros e Bar O Caserio.

5, Xuño 2016

Un gol de Vitti nos primeiros compases do partido en Bande igualou a eliminatoria, despois o Arenteiro tivo varias ocasións para sentenciar pero as sensacionais intervencións do meta local Suso levaron a eliminatoria á tanda de penaltis, na que os verdes gañaron 4-5.

Apenas ían 3 minutos de partido cando un centro de Martín Pérez dende a banda dereita é rematado maxistralmente de cabeza por Vitti ao fondo da portería banduense. Logo, tan so unhos minutos despois, á saída dun corner outro impresionante testarazo de Dani Arbo pudo deixar a eliminatoria medio sentenciada, pero o árbitro anula o gol, non se sabe moi ben o por qué.

A partir desa xogada o partido atástase, o Arenteiro parece que aflouxa e o bande tan so se aproxima á portería de Pachi a balón parado. Tras o paso por vestiarios, todo sigue igual, aínda que o bande intenta botar o resto pero con moi pouca bagaxe ofensiva, apenas un par de ocasións que resolve moi atento Pachi.

O Arenteiro gozaría das mellores ocasións do partido para ampliar a renta no marcador, por tres veces, e por medio de Vitti, Sanginés e Pana, pero o meta local Suso -soberbio toda a tarde- consigue que o seu equipo chegue vivo á tanda de penaltis.

E chegaron os momentos máis emocionantes da tarde, dende os 11 metros, marcaron os cinco lanzadores do Arenteiro: Dani Chimpin, Sanginés, Victor Gallego, Dani Arbo e Iván Portos. Pachi desviou o primeiro lanzamento do Bande.

CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Maxi, Arbo, Pana, Bardelás, Victor Gallego, Dani Chimpin, Martín Pérez, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés, Pol. Esteban e Iván Portos.

A gran final: CD Arenteiro - Polígono San Cibrao, o sábado dia 11 ás 7 da tarde no estadio do Couto

O Arenteiro xogará a segunda final consecutiva da Copa Deputación de Ourense de Fútbol, será desta vez ante o equipo do Polígono San Cibrao, recén ascendido á Preferente Autonómica.

Para comodidade dos afeccionados do Arenteiro, poderán adquirirse as entradas, que teñen un prezo de 7 euros, xoves e venres no Stand de CD Arenteiro na Praza Maior, de 7 a 9 da tarde e tamén o sábado de 12 da mañá a 2 da tarde. Tamén se habilitarán  puntos de venda en Bar Caserío, Bar Soldado e Fútboleros.

Ademáis, tamén se poñen é venda, ao prezo de 5 euros, camisetas conmemorativas, asi como diverso "merchandising" do club.

3, Xuño 2016

Máis de 200 deportistas citaranse esta fin de semana no pavillón Paco Chao, na clausura dos cursos das escolas municipais de Ximnasia Rítmica-Club Marusia e de Patinaxe Artística.

Asemade, máis de 200 futbolistas participarán nos dous eventos que terán lugar o domingo en Espiñedo: a clausura das escolas municipais de fútbol e a final da Copa Delegación.

XIMNASIA

A clausura do curso do Club Marusia, que entrena ao equipo da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, congregará arredor de 130 ximnastas, e terá lugar o sábado, 4 de xuño, ás 17,00 h.

PATINAXE

O domingo, 5 de xuño, a partir das 17,30 h., terá lugar a clausura da Escola de Patinaxe Artística, tutelada polo Club de Patinaxe Aehde do Carballiño. Na gala intervirán os dous equipos da escola e do club, así como patinadoras doutros clubs, como Ourela de Ourense, Bande, Bolboreta de Redondela e Club Carpa de Vigo, que participou no campionato de España

ESCOLAS DE FÚTBOL E COPA FEDERACIÓN

A actividade deportiva da fin de semana complétase coa clausura das escolas municipais de fútbol e a disputa da final da Copa Federación, que terán lugar no campo de Espiñedo. Pola máñá, ás 10,00 h., comezarán os equipos de Iniciación e Prebenxamìns; ás 10,45, Benxamíns, e a continuación o resto de equipos. E sobre ás 13,00 h., o clásico encontro entre pais de alumnos e monitores. Ao remate haberá uns pinchos.

Ás 19,30 h., tamén en Espiñedo, disputarase a Final da Copa Federación entre os equipos Salamonde e Toén

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes