Deportes

O Arenteiro, que xogou un mal partido en Espiñedo e acabou perdendo por 0-1, necesitará unha remontada o pròximo domingo en Bande, para superar esta eliminatoria de semifinais da Copa Deputación.
En ningún momento da tarde soubo o Arenteiro xogarlle a este Bande, nin xiquera a partir de quedarse os visitantes con 10 xogadores no minuto 39, tras a expulsión do seu dianteiro Iglesias por encararse e golpear coa cabeza a Martín Pérez.
Conforme ían pasado os minutos os verdes mostrabanse incapaces de nin xiquera chegar con perigo á portería rival, consecuencia da precipitación no xogo, mentres que o Bande -ben armado atrás- aproveitou a veteranía do seu dianteiro Diéguez para marcar no minuto 72 de partido.
Lamentar, ademáis, a lesión de Marcos Sotelo, que apenas levaba un par de minutos no terreo de xogo e resultou lesionado, sufre unha luxación de clavícula que necesitará intervención cirúrxica. Xa cos catro cámbeos feitos, o porteiro suplente Pachi tivo que saltar ao campo.
Con este resultado, non lle queda outra ao Arenteiro máis que gañar o partido de volta e, a poder ser, marcando máis dun gol, se quere chegar á final do Couto do próximo 11 de Xuño.

O Arenteiro acabou perdendo en Atios por 3-1 un partido que ía gañando ata o minuto 78, non obstante a derrota deixa aos verdes no sétimo posto da liga 2015/2016 da Preferente, nunha das mellores clasificacións do Club nos últimos 20 anos.
Concretamente, este 7º posto so foi superado nas últimas dúas décadas pola 6ª posición da tempada 2007/2008. Polo tanto, podemos cualificar como de satisfactoria esta meritoria clasificación da tempada 2015/2016, na que o Arenteiro empata a puntos -58- co sexto clasificado, o Estradense, que queda por diante grazas ao coeficiente particular.
No derradeiro partido de liga, no campo porriñés de Atios, o equipo locatario e Arenteiro desputaron un partido bastante igualado ata o tramo final, logrando o Atios darlle a volta ao marcador nun par de minutos -78 e 79- e logo marcando o terceiro gol xa co tempo cumplido, ademáis de ter que lamentar a expulsión de Vitti no minuto 81. O Arenteiro adiantárase cun autogol do Atios na primeira parte.
Agora, unha vez que a liga baixou o seu telón, toca pensar na Copa e na SD Bande, que chegará a Espiñedo o próximo domingo dia 29 para xogar o partido de semifinais, a partir das 6 da tarde.

Tarde primaveral e gran afluencia de público ao "Luis Cid Carriega" de Allariz para ver o encontro de volta de cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, que clasificou ao Arenteiro para semifinais tras vencer por 1-3 aos alaricanos.
E curiosamente, foi un alaricano o que a piques de chegar ao descanso adiantou aos carballiñeses no marcador. Victor Gallego aprobeitou un fallo do porteiro local para, de cabeza, poñer a eliminatoria en franquicia, nunha primeira parte de xogo romo por ambas partes.
Tras a reanudación o Allariz encontrouse co gol que igualaba o partido, que non a eliminatoria, que seguía favorable ao Arenteiro, que logo a sentenciaría con dous bonitos goles de Sanginés.
Asi pois, o Arenteiro xa espera rival para as semifinais do torneo copeiro, do que é o vixente campión. Un rival que sairá do sorteo que se celebrará este xoves e no que ademáis do Arenteiro entrarán Monterrei, Poligono e Bande.

No derradeiro partido de liga xogado no Estadio de Epiñedo, ante unha boa entrada no graderío, os verdes derrotaron 3-1 ao CD Lalín, unha victoria que aupa aos verdes ao sexto posto na clasificación da Preferente a falta dunha xornada para completar a competición, e condena virtualmente ao histórico Lalín a xogar o ano que ven na 1ª autonómica.
Tan so a carambola dun triple empate a puntos con Caselas e AlertaNavia salvaría aos dezanos do descenso na última xornada.
Sanginés marcou de vaselina o primeiro gol da tarde aos 25 minutos, e Vitti fixo o segundo aos 60 minutos. Logo recurtou diferencias o Lalín no 68, e novamente Sanginés no 80 -tamén outra vez cunha perfecta vaselina- volvía marcar para cerrar definitivamente o marcador.
CD Arenteiro: Pachi (Israel, m.53), Vilachá, Maxi, Aitor (Bardelás 58 m.), Pana, Dafonte, Sanginés, Esteban, Vitti, Gallego (Pol, 59 m.), e Martín Pérez (Dani Arbo, 58 m.)
O Arenteiro despedirá a liga o próximo domingo en Atios. Antes, este martes dia 17 de Maio xogará o partido de volta de cuartos de final da Copa Deputación en Allariz, ás 17:30 horas.

Un gol de Dani Vázquez no minuto 38 deu os 3 puntos ao Arenteiro na súa visita ao campo pontevedrés do Marcón Atlético, unha victoria que consolida aos verdes na séptima posición da táboa de clasificación na Preferente Galicia, a falta de tan so dúas xornadas para a conclusión do campionato.
Os pontevedreses saíron dende o principio decididos a ir polo partido e a piques estiveron de adiantarse no marcador, certo é tamén que Vitti pudo facer o propio para o Arenteiro, pero seu disparo cruzado foi rexeitado polo meta local. Antes do paso por vestiarios chegou o gol de Dani Vázquez cun tiro a media altura culminando unha magnífica combinación da dianteira verde.
Nos primeiros minutos da segunda parte os pontevedreses volveron á carga pero Israel, moi seguro toda a tarde, realizou un par de intervencións moi meritorias, nunha delas nun man a man cun dianteiro local cando xa se cantaba o gol.
O Arenteiro facía gala de seguridade na súa parcela defensiva, mentres a ansiedade se apoderaba dos locais. Xa nos minutos finais os verdes poideron sentenciar á contra, primeiro nunha acción de Vitti que enviou con moita intención un balón raso que sacou in extremis o meta local, e xa nunha das últimas xogadas do partido, cando Martín Pérez encaraba en solitario a portería rival e é zancadilleado polo meta do Marcón fora da área. O árbitro perdónalle a expulsión ao cancerbeiro local, resolvendo a xogada cun cartón amarelo.
A piques de cumplirse o tempo regulamentado, o árbitro recolle en acta un incidente que se produce cando "varios espectadores do equipo local entran no terreo de xogo e un deles propina manotazos sobre membros do corpo técnico do CD Arenteiro".
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Dafonte, Pana, Dani Arbo, Bardelás, Dani Vázquez, Sanginés, Vitti e Esteban. Tamén xogaron Pol, Martín Pérez, Mario e Iván Portos.

Por 2-0 derrotou o Arenteiro ao Ourense CF nun partido no que os goles de Vitti e o xuvenil Adrián Pol foron suficientes para que os 3 puntos se quedasen no municipal de Espiñedo, nunha tarde de pouco fútbol por ambos equipos, apenas algunhos destellos e pouco máis.
Aos 11 minutos, Dani Chimpin -que unhos minutos despois tiña que abandonar lesiondado o terreo de xogo- puxo o balón na cabeza de Vitti, e o dianteiro vigués do Arenteiro abría o marcador.
A tarde decorría co guión típico dos partidos de rivalidade, no que ambos equipos se coñecen, con escaso fútbol, apenas sen ocasións de gol e vivo pola incerteza do marcador, ata que no minuto 70 o xuvenil Adrián Pol recibe un balón entre liñas e o seu tiro vaise ao poste e indrodúcese na portería do Ourense. Punto e final.
CD Arenteiro: Pachi, Vilachá, Maxi, Dafonte, Pana, V. Gallego, Bardelás, Dani Chimpín (Sanginés m. 24), Dani Vázquez (Dani Arbo, m.88), Vitti (Esteban, m. 60) e Martín Pérez (Adrián Pol, m. 54).

Empate sen goles nun partido moi intenso por ambas partes e vibrante pola incerteza do resultado para os afecciondos, o que pudo verse no campo do "Monte da Vila", na vila mariñeira do Grove, onde se xogaba a xornada 34ª do campionato de liga da Preferente Galicia.
Os grovenses, que viñan de gañar a domicilio ao líder Vilalonga, sairon a por todas dende o minuto 1 de partido e lograron manter a intensidade ata o pitido final, con numerosas acometidas sobre a área do Arenteiro, pero os verdes estiveron serios atrás, e na portería un moi seguro Israel, evitaron a victoria local e conseguiron regresar a O Carballiño cun puntiño, suficiente para conservar o séptimo posto na táboa clasificatoria, a falta de catro partidos para o final de liga.
Aínda que os locais apretaron todo o partido, asi e todo aínda tivo o Arenteiro arrestos para inquietar á portería local, pero sen acerto.
CD Arenteiro: Israel, Pol, Maxi, Dafonte, Vilachá, V. Gallego, Bardelás, Dani Chimpín, Sanginés, Vitti e Martín Pérez. Tamén xogaron Dani Vázquez, Esteban, Iván Portos e Robin.

A pasada fin de semana desputábase no encoro de Alange, na provincia de Badajoz, a Copa de España de Media Maratón de piragüismo para veteranos, cun recorrido de 13 kilómetros, que estivo condicionado polas adversas condicións meteorolóxicas.
Na categoria femenina, a palista do Fluvial Avión Mónica Piñeiro segue acaparando éxitos deportivos, desta vez como 3ª clasificada na competición. O seu compañeiro, tamén do Fluvial Avión, Pedro Andrés García, acadou o 7º posto na categoria masculina.

O partido tivo unha primeira parte de xogo moi discreto e sen apenas ocasións de gol por ambos equipos, aínda que o Arenteiro logrou adiantarse pouco antes do descanso cun gol de cabeza conseguido por Vitti.
A segunda parte xa foi outra historia. Salvo os minutos iniciais nos que o Portonovo gozou dunha boa ocasión que desbaratou cunha boa intervención o meta local Israel, logo sería o Arenteiro quen tería varias ocasións para sentenciar o partido. Por dúas veces Sanginés, que fallou na definición, e un balón que se foi o longueiro tras un cabezazo de Vitti.
Pero a xogada polémica da tarde aínda estaba por chegar cando, aínda co 1-0 no marcador, o árbitro vigués José Antonio Varela anula, a instancias do xuíz de liña, un gol a Vitti. Como pode apreciarse na fotografía, o dianteiro do Arenteiro cabecea en posición totalmente legal, pero cando os xogadores do Portonovo xa ían camiño do centro do campo, anulan o gol. Erro de bulto no trio arbitral vigués.
Logo empataría o Portonovo e xa no tempo de desconto, Martín Pérez tivo nas súas botas o gol da victoria, pero o seu tiro foi desviado por un defensor visitante.
Ambos equipos remataron o partido cun xogador expulsado, no Arenteiro Pana. Tamén ensinou cartón vermello ao adestrador local, Manel Vázquez e o preparador físico do Portonovo.
No CD Arenteiro xogaron: Israel, Vilachá, Dafonte, Victor Gallego, Pana, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Esteban e Iván Portos.

A praga de lesións que afecta ao equipo, unida aos dous sancionados para este partido, obrigou ao Arenteiro a viaxar en cadro ao campo do terceiro clasificado, con 4 xuvenís para completar a convocatoria e o gardameta Pachi, que debutou como xogador de campo. Pero elo non foi impedimento, cousas do fútbol, para que os verdes realizasen unha soberbia primeira parte, sen dúbida a mellor do campionato, con unha, dúas, tres...e ata catro boas ocasións de gol, un balón ao pau da portería do Gondomar, e dúas sensacionais intervencións do meta local que evitaron que o Arenteiro deixara sentenciado o partido nesta primeira parte, na que Vitti acertou a adiantar aos verdes ao batir de tiro raso e cruzado ao porteiro local, xa no minuto 41.
A segunda parte comezou igual que a primeira, o Arenteiro sendo amo e señor do partido, cun Gondomar que era incapaz de xerar perigo ante a portería de Israel, pero cando parecía que era cuestión de minutos que chegase o segundo gol carballiñés, producese unha decisión arbitral que resultou clave no partido: no minuto 67 a expulsión de Maxi ao ver o segundo cartón amarelo, nunha xogada que chega precedida dunhas claras mans dun xogador local que o árbitro coruñés Diego Lago non quere ver. E non so eso, porque o colexiado non mide por igual raseiro aos dous equipos e castiga aos xogadores do Arenteiro ata con 9 cartóns amarelos, evidentemente condicionando o partido.
Con superioridade numérica no campo, o Gondomar, sabedor do que se xogaba, empurra e consigue o empate no minuto 75 por medio do pichichi da categoria, o dianteiro Aitor Gómez. O Arenteiro rearmase na retagarda e aguanta o resultado ata o final.
CD Arenteiro: Pachi, Dafonte, Maxi, Victor Gallego, Pana, Bardelás, Dani Chimpín, Martín Pérez, Sanginés, Vitti e Esteban. Tamén xogaron os xuvenís Iván Portos, Rivera, Cristian, Mario e como xogador de campo, Pachi.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- …
- seguinte ›
- última »