Deportes

18, Outubro 2015

Ata sete goles poideron ver os espectadores que en bo número asistiron ao Estadio de Espiñedo, e o mellor para a afección verde, cinco deses goles foron obra do Arenteiro ante un Porriño Industrial que chegou a empatar na segunda parte un partido que gañaban os carballiñeses ao descanso por 1-0. Logo, na segunda parte chegou o festival goleador.

Por dúas veces tivo o Porriño ocasións para adiantarse no marcador, pero os seus dianteiros erraron. No minuto 36 chegou o primeiro gol do Arenteiro obra de Dani Arbo, logo xa na reanudación o Porriño empatou no minuto 52, e tan so catro minutos máis tarde outra vez a estratexia, outra vez Dani Arbo, outra vez de cabeza, volveu adiantar aos verdes. O terceiro gol, tamén en xogada de estratexia, culminada, tamén de cabeza por Vitti. Despois, chegaron dúas xogadas fabricadas por Sanginés que puxo balóns de ouro a Marc e Victor Gallego, que fixeron -respectivamente- o cuarto e o quinto. Xa co tempo cumplido maquillou o resultado o Porriño Industrial co derradeiro gol da tarde.

C.D. Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Váquez. Tamén xogaron Lois, Marc, Sanginés e Victor Gallego.

Na próxima xornada, o domingo 25, o Arenteiro desplázase a Vigo, para enfrontarse ao sempre complicado Valladares.

11, Outubro 2015

Un córner lanzado por Marcos Sotelo na primeria parte, que salvou con apuros o meta local, foi toda a pólvora mostrada neste partido polo Arenteiro ante a portería rival, á que so conseguíu aproximarse nun par de accións máis a balón parado, pero sen crear perigo, asi dificilmente pode sacarse algo positivo nun partido. E aínda asi estivo a punto de facélo, porque o equipo vigués marcou o gol e pouco máis. Como circustancia atenuante para os verdes, subliñar que xogou dende o minuto 56 con 10 futbolistas ao resultar expulsado Ocampo por doble cartón amarelo. Tres minutos despois, no 56, chegou o gol local nunha boa combinación da dianteira viguesa.

CD Arenteiro: Israel, Gele, Maxi, Dani Arbo, Pana, Ocampo, Victor Gallego, Martín Pérez, Dani Vázquez, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Marc, Bardelás, Lois e Esteban.

Partido xogado no campo Manuel Pahiño da barriada viguesa de Navia, e que siñificou a segunda derrota dos verdes no presente campionato de liga. O vindeiro domingo recibirá en Espiñedo ao Porriño Industrial na que será a 9ª xornada da Preferente Galicia Sur.

2, Outubro 2015

Un encontro no que que ambos equipos fixeron escasos méritos para gañar, e que resolveu unha acción persoal de Marcos Sotelo no minuto 11 ao transformar un libre directo que se colou pola escadra da portería rival.

Un deses partidos "malos de solemnidade" na que ningún dos equipos estiveron a altura, aínda evidentemente por xogar o Arenteiro na casa e pola diferencia de potencial entre ambos, sería dos verdes de quen habería que esperar algo máis do vimos esta tarde en Espiñedo, onde o mellor -de largo- foron os tres puntos.

O Arenteiro volveu acabar o partido en inferioridade numérica ao ver Dafonte doble cartón amarelo, o segundo nunha acción no que se leva limpamente o balón ante o xogador rival.

CD Arenteiro: Isra, Ocampo, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Bardelás, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Sanginés, Marc, Lois e Esteban.

 

 

 

27, Setembro 2015

Comezou moi ben o Arenteiro, que no minuto 16 xa gañaba por 2-0, todo parecía indicar que os verdes ían ter un plácido partido con cheiro incluso a goleada ante un flouxo rival, pero a expulsión do meta Pachi no m. 35 xa co 2-1 no marcador complicou as cousas para un Arenteiro que rematou o partido con outros dous expulsados -Victor Gallego e Vilachá- e non marcou o gol da tranquilidade ata o minuto 92. E outra deficiente arbitraxe en Espiñedo, a do santiagués Xesús Fontes, que rematou o partido con catro expulsións, tres delas moi rigurosas.

Estaba xogando ben o Arenteiro, pero primeiro un tiro lonxano que sorprendeu a Pachi, e logo a súa expulsión, descompuxo por completo aos verdes, que pasaron a ser unha caricatura de equipo. Afortunadamente para os intereses do Arenteiro, enfronte estaba un equipo timorato, que tan so creou un par de ocasións ben resoltas por Israel, o meta vigués que debutou na portería do Arenteiro tras a expulsión de Pachi.

Vitti, Martín Pérez -de penalti- e Maxi foron os goleadores verdes.

NO CD Arenteiro xogaron: Pachi, Vilachá, Ocampo, Maxi, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Israel, Bardelás, lois e Marcos Sotelo.

 

 

 

27, Setembro 2015

Extraordinario ambiente favorecido polo bo tempo na matinal carballiñesa con motivo da V Ruta MTB ADC Os Mosqueteiros.Bike&trail, que trouxo ata O Carballiño a 400 deportistas chegados dende toda a xeografía galega e dende o norte de Portugal.

A ruta  de bicicletas de montaña, de carácter non competitivo, asi como un trail de montaña, transcorreron  por camiños e montes dos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás.

20, Setembro 2015

Primeira derrota do Arenteiro en liga tras caer por 2-0 no partido desputado no campo de San Pedro de Vilalonga ante o equipo locatario, que desta maneira fai pleno de victorias na Preferente Galicia tras cinco xornadas de competición.

O partido tivo unha primeira equilibrada, na que ambos estiveron igual de mal, practicando ambos un xogo moi primitivo e sen ocasións en ningunha das porterías.

Na segunda parte, saíu mellor o Arenteiro, pero no minuto 60 adiantouse o Vilalonga, que a partir dese momento foi mellor, aínda que non logrou sentenciar no marcador ata o minuto 89. Resultado xusto no peor partido do Arenteiro no que vai de liga.

No CD Arenteiro, que rematou o partido con 10 por expulsión -doble amarela- de Dani Arbo, xogaron de inicio Pachi, Marcos Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. No tramo final do partido entraron Marc, Bardelás, Sanginés e Marcos Sotelo.

11, Setembro 2015

Unha boa primeira parte do Arenteiro -con goles de Vitti e Dani Vázquez- foi suficiente para conseguir os tres puntos ante o Xuventude Sanxenxo. Logo, trala reanudación, un fallo na liña de retaguarda dos verdes  propiciou que os sanxenxinos se meteran no partido, que pasaron a dominar e a piques entiveron de empatar, aínda que o Arenteiro dispuxo no tramo final do partido de moi boas ocasións para ampliar o marcador ao seu favor, pero Dani Arbo, Martín Pérez e Sanginés malograron oportunidades moi claras de gol.

6, Setembro 2015

Na terceira xornada chegou a primeira victoria dos verdes en liga, no encontro xogado no campo da Gándara de Salceda de Caselas, aínda que para elo houbo que agardar ao minuto 90 de partido para que un trallazo de Marc ao lanzar unha falta dende 20 metros se colase como unha exhalación na portería local.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Dani Arbo, Maxi, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Marcos Sotelo, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. Tamén xogaron Sanginés, Marc, Martín Pérez e Bardelás.

Goles:

0-1.- Minuto 90. Golpe franco dende 20 metros sobre a portería do Caselas, Marc golpea maxistralmente, colocado e con forza, e o balón colase preto da escadra, inalcanzable para o meta local.

O Partido: Con dúas partes diferenciadas, unha primeira na que os porteiros de ambos equipos pasaron completamente desapercibidos, cos dous equipos igual de imprecisos, e unha segunda parte na que o Arenteiro foi claramente superior, levando o peso do partido e chegando con bastante facilidade á area local, aínda que sen resolver nos últimos metros. Ao final, o fútbol premiou ao Arenteiro co golazo de Marc.

28, Agosto 2015

A lamentable actuación do colexiado coruñés Pablo Rama Cotelo condicionou o partido que correspondente a 2ª xornada da Preferente Galicia xogaron Arenteiro e Estradense nunha tarde de moita calor no municipal de Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada de público. Deixou de sinalar dous claros penaltis na área do Estradense, e non contento con eso, sí pitou un na área do Arenteiro -que siñificou o empate- que non era e, ademáis, nunha xogada precedida por un fora de xogo. Ademáis da súa alarmante baixa forma física, practicamente dirixíu o encontro desde o medio do campo, penalizou ao Arenteiro con 9 cartóns, fronte os 3 do Estradense. Demasiádos erros nun mesmo partido. Tampouco estiveron ben os dous equipos, que ofreceron unha pobre tarde de fútbol.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Ocampo, Dani Arbo, Vilachá, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Dani Vázquez, Vitti e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Sanginés, Bardelás, Marc e Maxi.

Goles:

1-0. Minuto 63. Dani Arbo revolvese na área e marca, tras un corner no que Ocampo -de cabeza- enviou o balón ao longueiro.

1-1. Minuto 84. Penalti que transforma Manuti, por suposto derrubo de Unai, que non é tal, xa que Ocampo toca arrebatalle limpamente o balón.

O Partido: Sen brillo en ningún dos dous equipos, todos os esforzos se perdian na líña de tres cuartos do campo, sen que nin Arenteiro nin Estradense fosen capaces de crear ocasións de perigo, tan so unha por equipo ademáis dos dous goles. Coa atenuante da calor, e de que aínda os equipos están en fase de acoplamento, pero o certo é que tanto Estradense como Arenteiro ofreceron un pobre partido de fútbol.

23, Agosto 2015

Os carballiñeses estrenaronse nesta liga cun empate a domicilio no campo da Lomba ante o equipo ponteareán, un resultado que visto o visto nos 90 minutos deixou satisfeitos por igual a unhos e a outros, xa que calquera dos dous pudo gañar ou perder, polo que o 0-0 final pode considerarse xusto.

CD Arenteiro: Pachi, Gele, Ocampo, Dani Arbo, Vilachá, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Vitti e Marcos Sotelo. Tamèn xogaron Marcos Castro, Bardelás, Sanginés e Marc.

O Partido: Típico de inicios de tempada, con moita marxe de mellora polo potencial que atesouran ambos equipos. Con imprecisións por ambos bandos tanto en defensa como en ataque, que puderon decantar o resultado para calquera. Asi que pode darse por bo o punto co que regresou o Arenteiro, toda vez que o conseguíu nun dos campos que a priori se presenta como entre os máis difíciles da categoria, aínda que polo visto hoxe, moito terá que mellorar o Cultural Areas se quere regresar á terceira división, categoria que perdeu a pasada tempada.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes