Deportes

11, Agosto 2015

O equipo dirixido por Jorge Regal realizou o seu derradeiro ensaio  no campo da Uceira ante o Ourense CF. da División de Honra Xuvenil, ao que venceu por 2-0 con goles de Martín Pérez e Gele, antes do seu debút o domingo 23 ás 7 da tarde no campo do Cultural Areas, un dos galiños da categoria da Preferente Galicia para esta nova tempada.

Atrás vai quedando unha pretempada na que o técnico foi sacando conclusións e tratando de encaixar as pezas -incuidas as novas incorporacións- no esquema que pretende implementar nesta nova etapa.

Os verdes iniciarán en Ponteareas unha tempada na que parten co obxetivo de mellorar o feito o ano pasado, que siñificou a consolidación do equipo na Preferente, ademáis de facerse coa Copa Deputación, título que gañou por segunda vez na historia e 13 anos despois de facélo por primeira vez.

Para este primeiro partido de Liga son baixa Pana, lesionado e Lois, por motivos laborais. Viaxarán os 17 xogadores dispoñibles, polo que Regal terá que facer un descarte no propio campo.

1, Agosto 2015

CD Arenteiro 2-2 UD Barbadás

No primeiro test de pretempada desputado no Estadio de Espiñedo, os verdes empataron ante o equipo da 3ª División. Adiantouse o Barbadás cun gol de falta no tramo final da primeira parte por medio do Moisés Pereiro, logo ao inicio da segunda parte o equipo azulón ampliaría a súa ventaxa no marcador.

Malia o adverso do marcador non  se veu abaixo o Arenteiro que logrou empatar na parte final do partido, con goles de Marcos Sotelo e Victor Gallego, éste de penalti. Típico encontro de inicio de pretempada no que aos dous equipos, bastante parellos, víuselles aínda faltos de rítmo sobre o terreo de xogo.

CD Arenteiro  3-1  SD Bande

Victoria ante o equipo banduense, aínda asi, as sensacións non foron tan boas como no anterior partido ante Barbadás.

Na primeira parte estivo francamente mal o Arenteiro, permitindo que os visitantes se fosen ao descanso con 0-1 ao seu favor, tras transformar un penalti.

Na segunda parte, o Bande perdeu fuelle e propiciou a remontada dos verdes, con goles de Ocampo e dous de Martín Pérez.

CD Arenteiro  2-0 Maside FC

A carga física típica destas alturas da pretempada deixouse notar por parte do plantel verde.

Primeira parte máis igualada e segunda metade de dominio completo do Arenteiro, que non obstante tivo que esperar aos últimos minutos para marcar os dous goles, obra de Dani Vázquez e Esteban. Antes, o propio Dani Vázquez xa enviara dous balóns ao longueiro.

25, Xullo 2015

Comezaron as sesións de preparación do novo proxecto verde para a vindeira tempada, baixo as ordes do tamén novo adestrador Jorge Regal.

Na primeira das sesións estiveron presentes todas as novas fichaxes que chegan co obxetivo de reforzar un plantel no que teñen continuidade os 13 futbolístas do curso pasado. As novas incorporacións que podemos ver na foto son: Marcos Macia, Maxi, Marcos Vilachá, Marcos Castro, Marc, Vitti e Iago.

Nas primeiras sesións de adestramento, tras o periodo vacacional, ten preferencia a preparación física, que se desenvolve tanto no estadio de Espiñedo como no parque municipal do Carballiño, un auténtico luxo para este tipo de exercicio físico.

19, Xullo 2015

O Venres dia 24 de Xullo, ás 9 da noite no Estadio de Espiñedo, será a xornada de presentación do primeiro equipo do CD Arenteiro, iniciando asi unha nova etapa coa vista posta na Preferente Galega.A gran novidade estará no novo corpo técnico, comandado polo novo adestrador Jorge Regal, con él como preparador físico debutará Diego López, que continúa no club onde xogou nas dúas últimas tempadas.

As outras novidades serán as novas incorporacións: o porteiro Marcos Macia que chega do Club Lemos; os defensas Vilachá -do Barbadás- e Maxi, que ven do CD Allariz; o centrocampista Marc -ex Lalín e Estudiantil-; o extremo Marcos Castro, que xogou a tempada pasada no Céltiga; e o dianteiro vigués Vitti, ex do AlertaNavia. Con eles, iniciarán o traballo os 13 futbolístas que foron renovados, asi como varios xuvenís e dous xogadores a proba.

O primeiro partido da pretempada xogarao o Arenteiro no Estadio de Espiñedo o sábado 1 de Agosto ás oito da tarde fronte a UD Barbadás da 3ª división.

27, Xuño 2015

Tras varios dias de negociacións, o club consigue o obxetivo de dar continuidade na plantilla a todos os xogadores que pretendía tanto a directiva como o novo adestrador Jorge Regal. Ademáis, xa están cerradas catro incorporacións que chegan para reforzar a plantilla para a vindeira tempada, na que o Arenteiro pretende mellorar o feito este pasado exercicio na Preferente Autonómica e repetir o éxito da Copa.

Por diversos motivos, de índole personal ou por decisión técnica causan baixa no club Brais, Quiroga, Choco, Marcos Nieto, Carlos Escudero e Manu. Tampouco seguirá o preparador físico Oscar Martinez, que a pasada tempada acompañou a Miki López nas responsabilidades técnicas.

O Club confirma a continuidade para a vindeira tempada de Pachi, Dani Arbo, Ocampo, Lois, Pana, Dafonte, Dani Vázquez, Martín Pérez, Victor Gallego, Bardelás, Marcos Sotelo, Sanginés e Gele.

Tamén seguirá no club Diego López, aínda que no seu caso será iniciando unha nova etapa, como adestrador físico e axudante de Regal.

As novas incorporacións para a vindeira tempada, xa confirmadas, son o carballiñés Marcos Castro, que regresa ao Arenteiro tras xogar esta pasada tempada no Céltiga. Do Barbadás chega o defensa Vilachá, e do Estudiantil o centrocampista Marc. Para reforzar a dianteira, o Arenteiro fíxose cos servizos de Vitti, procedente do AlertaNavia vigúes, co que marcou esta pasada tempada 21 goles, sendo o terceiro máximo goleador da Preferente. O Club tamén ven de confirmar a fichaxe do gardameta monfortino Marcos Macía, que chega procedente do Club Lemos. A última incorporación ao equipo é a do defensa central Maxi, que procede do CD Allariz.

15, Xuño 2015

O adestrador ourensán Jorge Regal e o club chegaron a un acordo definitivo, polo que o técnico dirixirá ao primeiro equipo do Arenteiro na Preferente Autonómica.

O Club aposta asi por un adestrador que conta con título nacional e con gran experiencia no fútbol ourensán, tras o seu paso polo CD Ourense, Pabellón Ourense CF e UD Barbadás.

Desde esta semana Jorge Regal xa está traballando para avanzar na confección da plantilla de xogadores, altas, baixas e renovacións, coa idea de configurar un grupo de garantías para afrontar unha tempada que se prevé moi competida na Preferente Autonómica.

Doutra parte, o Club quere recoñecer públicamente o enorme traballo realizado nos dous últimos anos pola adestrador Miki López ao fronte do primeiro equipo, do que se fixo cargo en 1ª Autonómica e deixa en Preferente, tras unha tempada na que se cumplíu con solvencia o obxetivo marcado pola  Xunta Directiva, lograr a permanencia na categoría da Preferente e lograr a Copa Deputación.

8, Xuño 2015

O Arenteiro proclamouse campión da XXXV Copa Deputación de Fútbol, título que os verdes consiguen por segunda vez na historia e tras derrotar a SD Bande nunha vibrante final desputada no Estadio do Couto de Ourense, que rexistrou un gran ambiente.

Os goles de Martín Pérez, Dani Vázquez e Dani Arbo deron a victoria ao equipo carballiñés, que sempre foi por diante no marcador que en dúas ocasións lograron igualar os da Baixa Limia, que foi un digno rival, con dous goles do dianteiro pontevedrés Diéguez.

O capitán Carlos Escudero recolleu o trofeo de campión no medio do delirio dos centos de afeccionados carballiñeses que vestiron de verde carballiñés o Estadio do Couto.

Despois, a celebración continuou no Carballiño, onde o equipo foi recibido na casa do concello polo alcalde en funcións, Argimiro Marnotes, e numerorosos afeccionados que ovacionaron aos campeóns.

1, Xuño 2015

Club Deportivo Arenteiro xogará este vindeiro domingo dia 7 de Xuño no Estadio do Couto de Ourense, ás seis e media da tarde,  a final da Copa Deputación 2014-2015 ante a Sociedade Deportiva Bande. 

Será a cuarta vez na historia  do club en acceder a gran final deste torneo, que so gañou o Arenteiro no ano 2002 ante a SD Nogueira de Ramuín, xa que perdería as outras dúas finais, as de 2005 e 2007 ante Verín e Barbadás.

Xa están á venda camisetas conmemorativas, que poden adquirirse en Café-Bar Soldado, Fútboleros Carballiño, Café-Bar Caserío, e no Stand da Praza Maior de 7 a 9 da tarde, e nestes mesmos lugares realizase a venda anticipada de entradas, que teñen un coste de 7 euros. Os rapaces dos equipos do fútbol base da Escola Municipal de Fútbol terán entrada gratuíta.

Para facilitar o desplazamento de afeccionados ata Ourense, o concello do Carballiño pon a súa disposición autocares gratuítos con saída ás cinco da tarde desde a Igrexa da Veracruz.

30, Maio 2015

O Arenteiro volverá desputar unha final da Copa Deputación, que gañou unha soa vez, no ano 2002. O vindeiro domingo dia 7 de Xuño, ás seis e media da tarde no campo do Couto, terá ocasión de gañar a segunda da historia ante a S.D. Bande. Os carballiñeses plántanse nesta final tras superar con solvencia ao Barbadás B por un global de 4-0 en semifinais.

C.D. Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Dani Arbo, Ocampo, Pana, Dafonte, Martín Pérez, Bardelás, Sanginés, Dani Vázquez e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Escudero, Victor Gallego, Quiroga e Sanginés.

Goles:

0-1. Minuto 40. Dani Arbo cabecea fora do alcalde do meta local aproveitando un lanzameto de falta ben executado por Marcos Sotelo.

0-2. Minuto 45. Xogada de pizarra do Arenteiro, falta que saca M. Sotelo abrindo á banda sobre Sanginés, éste envia un centro medido ao segundo pau onde volve aparecer Dani Arbo e, tamén de cabeza, fai o segundo da tarde.

0-3. Minuto 52. Penalti na área local sobre Sanginés que transforma Martín Pérez.

O Partido: O Arenteiro so pasou apuros nos primeiros compases do partido, cando dúas boas intervencións de Marcos Nieto foron decisivas para evitar que O Barbadás se adiantase no marcador, despois,  na segunda parte e xa co 0-3 no marcador o meta do Arenteiro estivo sensacional ao desviar un penalti que ademáis siñificou a expulsión de Ocampo por man dentro da área, polo que o Arenteiro xogou con 10 desde o minuto 54. Polo demáis, dous goles de estratexia nun intervalo de apenas 5 minutos deixaron ao Barbadás moi tocado, e xa na segunda parte foi fácil para o Arenteiro.

25, Maio 2015

Baixou o telón a liga 2014-2015 e o Arenteiro fixoo con derrota ante os pontevedreses do Marcón AT., que se xogaban a vida neste partido na derradeira xornada de liga nesta súa primeira visita oficial ao Estadio de Espiñedo, que na liña de toda a liga, volveu rexistrar unha gran entrada no graderío.

Tarde gris dos verdes que tan só na primeira parte fixeron méritos para sacar o partido adiante, pero que se viñeron abaixo na segunda parte, sobre todo despois de encaixar o primeiro gol.

A nota positiva do Arenteiro foi o debut co primeiro equipo dos xuvenís Pol e Esteban, e tamén a homenaxe ao capitán Carlos Escudero, que tras cinco tempadas xogou o seu último partido co Arenteiro en Espiñedo, non aínda o último coa camiseta verde, xa que aínda queda pendiente a competición copeira.

Tamén foi o último partido co Arenteiro en Espiñedo para o mister Miki López, que tras dous anos no club e conseguir deixar ao Arenteiro en Preferente, non continuará a vindeira tempada.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes