Deportes

O Carballiño terá esta próxima fin de semana unha intensa actividade deportiva. Así, celebrarase un Campionato de Scalextric, e dúas Copas Deputación de Balonmán e Ximnasia Rítmica.
O sábado, 30 de marzo, terá lugar no auditorio municipal Manuel María o Campionato Scalextric O Carbaliño 2019 que organiza a Asociación Auria Slot en colaboración co concello do Carballiño.
Esta actividade desenvolverase na sala de exposicións do auditorio, onde se colocarán dous circuitos de grandes dimensións. Pola mañá, entre as 10 e 12h, todos aqueles que o desexen poderán adestrar sen custo algún, xa que pola tarde dende ás 15.30h terá lugar o campionato. O prezo de inscrición é de 4€, e os que desexen participar e non teñan coche poderán facelo cun coche prestado pola propia organización, que anima a cativos e adultos a vivir a experiencia do scalextric.
Tamén o sábado 30 de marzo, no pavillón de deportes Paco Chao, terá lugar a Copa Deputación Base Infantil, Alevín e Benxamín de Balonmán. Participarán 10 equipos formados por 100 rapaces e rapazas, pertencentes ás provincias de Ourense e Lugo.
E o domingo, 31 de marzo, tamén no pavillón de deportes Paco Chao disputarase a Copa Deputación de Ximnasia Rítmica. Desenvolverase en xornada de mañá e tarde, correspondente a unha fase da Copa Deputación na que participarán ao redor de 720 ximnastas.
A este evento calcúlase que acudirán unas 2.000 persoas entre deportistas e familiares. Os clubes participantes neste trofeo son o Club Burgas, Ximnasia Pavillón, Celanova, Barbadás, Maceda, Xinzo de Limia e o club anfitirión Marusia.

Empate sen goles entre Cétiga e Arenteiro no partido correspondente á 29ª xornada do campionato de liga na terceira división xogado nunha tarde con tempo veraniego no coqueto campo do Salvador Otero da Ila de Arousa.
O partido tivo unha parte para cada equipo. No primeiro periodo o Arenteiro foi o claro dominador sobre o rectángulo de xogo, sobre todo nos primeiros 25 minutos marcando un ritmo moi alto e embotellando ao locais na súa área, pero sen fortuna para poder abrir o marcador.
Tiveron varias aproximacións moi perigosas os verdes sobre a portería do Céltiga, onde o seu porteiro Marcos Bermúdez tivo que empregarse a fondo para evitar o gol dos carballiñeses, despexando un tiro a media altura de Fajardo e sobre todo, facendo o paradón da tarde cando tras un centro medido de HUgo Sarmantín cabeceou ben Pol, pero o meta local conseguíu desviar o balón, que petou no pau da portería, cando se cantaba o gol por parte dos numerosos afeccionados do Arenteiro desplazados a Illa de Arousa.
Na segunda parte, saíu mellor o Céltiga, que dispuxo tamén dun par de ocasións, pero fallo na definición. No último cuarto o partido nivelouse e ata pudo o Arenteiro marcar nun pase sobre o punto de penalti de Rubio que sacou un defensa in extremis cando Hugo Sanmartín estaba coa caña preparada.
Para ver a ficha do partido segue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459717
Crónica do partido no Diario de Arousa:
https://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/empate-apenas-ocasiones/20190324221031237652.html

Os verdes enfrontábanse na xornada 28 da competición de liga na tercveira división a un dos mellores equipos da segunda volta, e a pesar de sair derrotado o filial do Lugo foi un dos consxuntos que mellor xogou ao fútbol de todos cantos pasaron este ano por Espiñedo, por eso a victoria do Arenteiro cobra aínda máis valor.
Un triunfo fraguado sobre todo na primeira parte do Arenteiro, que tivo a fortuna de marcar o primeiro gol da tarde no minuto 1 de partido, cando tras unha asistencia de cabeza de Adil, o balón foi aos pes de Rober e éste enganchou un dereitazo que se colou pola escadra da portería visitante. Maxistral.
Tras unha bonita combinación do ataque verde pola banda esquerda que conseguiu culminar Adrián Pol chegou o 2-0, que deu tranquilidade ao equipo e tamén na grada.
A segunda parte xa foi outra historia. O Lugo traballou arreo para meterse no partido, aínda que non o conseguíu ata o minuto 76 por medio do seu goleador Antón Escobar, seguíu apretando, pero foi non obstante neste tramo final do partido cando ao contragolpe pudo sentenciar o partido o Arenteiro, con dúas xogadas nas que Sanmartín e Iván Rubio tiveron sendas ocasións.
Xa no tempo de desconto chegou a xogada polémica do partido, que ata ese momento era de total correción. Un xogador do Lugo, sen posibilade algunha de xogar o balón, simula unha agresión de Maxi -inexistente- e o árbitro coruñés Rodrigo García pica e expulsa con vermella directa ao defensa do Arenteiro. Para completar o despropósito sinala fora de banda a favor do Lugo cando era ao contrario, tiña que haber sacado o Arenteiro.
Para ver a ficha do partido segue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

O Arenteiro gañou (0-1) 3 puntos de ouro no partido de rivalidade co Ourense CF, eso si, sufrindo unha arbitraxe do colexiado Alexandre López Vila absolutamente tan desafortunada como lamentable e vergonzosa para un partido de terceira división.
O despropósito arbitral foi tal que chegou a convertir en saques de esquina a favor do Ourense foras de banda, sacou da chistera un penalti favorable aos locais que só él víu, e sobre todo, tivo un trato desigual á hora de xulgar aos dous equipos, cargou aos xogadores do Arenteiro con cartóns amarelos, oito en total, por ningún dos locais. E durante os 7 minutos de desconto expulsou con vermella directa a Noguerol por protestarlle un libre indirecto co que castigou ao Arenteiro ao interpretar non se sabe qué cando Rui Santos ía xogar o balón. Desquiciante.
Ao marxe da polémica arbitral e da victoria, o partido volve deixar danos colaterais para o Arenteiro, a maiores da sanción que terá Noguerol, tiveron que abandonar o terreo de xogo lesionados Hugo Sanmartín, con 27 minutos de xogo transcurridos, e Rober na segunda parte, tras sufrir unha entrada dun rival, que nin xiquera mereceu amonestación en opinión do colexiado.
No futbolístico, o único gol do partido foi obra de Rober cun tiro a media altura dende a frontal que sorprendeu a un adiantado Diego García, tras perder os locais o balón en defensa, ían apenas 7 minutos de partido. Despois da lesión de Hugo Sanmartín, o Arenteiro botouse atrás para defender a renta, e desta vez saíulle ben. O Ourense fallou un penalti no minuto 50, e os seus continuos ataques sobre a portería do Arenteiro foron infructuosos durante os 97 minutos de partido.
Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Empate a un gol no partido correspondente á 26ª xornada no campionato de liga de terceira división adiantado á tarde do sábado e desputado ante unha boa concurrencia no graderío de Espiñedo, que estreaba bancada con asentos.
O Arenteiro desaproveitou a oportunidade de quedarse cos 3 puntos ante un dos equipos máis flouxos de cantos este ano pasaron por Espiñedo, pouco máis fixo o Somozas que valerse dunha acción de Gerardo, tan bó xogador como marrullero, para empatar o partido cando o tempo xa estaba cumplido e xogábanse os últimos minutos do desconto.
Antes, Fajardo adiantara aos verdes no último minuto da primeira parte ao tranformar un penalti, se ben Rubio -que tivo que retirarse lesionado nun tobillo- a piques estivera de marcar vunta magnífica vaselina pero o meta visitante enviou a córner coa punta dos dedos.
Despois, no segundo periodo, o Arenteiro cedeu terreo buscando sentenciar á contra, e tivo dúas ocasións bastante claras para facélo pero perdoou, e quen perdoa no fútbol acabao pagando ao final, como asi foi no útimo suspiro do encontro.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
O deste Arenteiro é "para mirarllo" como se dí popularmente, está empeñado partido a partido en encaixar gol nos primeiros minutos, é como se lle quixera comezar os partidos dándolle ventaxa ao rival, e asi volveu suceder esta tarde no campo da Senra de Ribadumia.
Apenas ían 11 minutos cando os locais se adiantaron no marcador, aínda que en realidade xa tiveran polo menos dúas ocasións para facélo incluso antes.
Iván Rubio lograba empatar ao pouco tempo, apenas 3 minutos despois. Pero o Arenteiro seguíu empeñado en dar facilidades defensivas e se ao final da primeira parte chegouse con empate a un gol foi en gran parte mérito dun enorme Rui Santos, de largo o mellor do Arenteiro, que ata en 3 ocasións gañou o man a man cos dianteiros locais cando a afección local xa cantaba o gol.
O porteiro portugués do Arenteiro conseguíu que o partido seguise igualado no marcador ata 3 minutos para o final, cando o Ribadumia logrou o gol da victoria (2-1) e cando o Arenteiro xa estaba con 10 xogadores no campo tras a expulsión de Padrón no minuto 85 de partido ao ver o segundo cartón amarelo.
Con éste e o resto de resultados que se deron esta tarde, o Arenteiro cae a postos de descenso por primeira vez no que vai de liga.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Unha mala primeira parte e a falta de pegada tras a reanudación motivaron a derrota dun Arenteiro que acabou con 9 xogadores polas expulsións de Rober e Fajardo. O equipo da Terra Cha, que gañou 0-1, levouse 3 valiosos puntos do Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada.
O outravolta temperán gol do equipo contrario puxo o partido moi costa arriba para os verdes, que en toda esta primeira parte so inquietaron a meta visitante nun tiro lonxano de Ross, e puco máis, xa que a zona ancha foi durante os primeiros 45 minutos do Vilalbés, que xogou moi cómodo e sobre todo despóis de adiantarse no marcador.
Na segunda parte o Arenteiro intentouno, mellorou coa entrada no campo de Noguerol e Adil, e de feito xerou ocasións ante a portería do Villalbés, pero a falta de pegada dos verdes impedíulles polo menos o empate, que sería o máis xusto.
Ademáis das citadas expulsións de Rober e Fajardo, que se perderán o partido en Ribadumia, haberá que estar atentos a evolución de Portela e Martín, que tiveron que retirarse lesionados,asi como Ross, mancado nunha man.
Tampouco parece que Cassio chegará a tempo para ese partido, igual que Rubio.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
Quizás o resultado sexa algo abultado de máis, pero nada que obxetar á victoria dos coruñeses pola súa superioridade no transcurso do partido, sobre todo durante a segunda parte na que marcaron os 3 goles, xa que ao descanso chegouse co 0-0 inicial que facía albergar aos verdes esperanza de lograr algo positivo.
Pero todo se torceu aos 20 minutos da reanudación co primeiro gol local e á media hora desta segunda aproveitou o Laracha un penalti ao seu favor para poñer o partido moi de cara aos seu favor ao transformar a pena máxima dende os once metros. Xa co tempo cumplido redondeou o resultado o equipo larachés, xusto gañador do encontro.
E é que interpretacións aparte, no fútbol se concedes facilidades atrás e non estás fino adiante, pouco ou nada tes que facer.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

O Arenteiro desperdiciou ante o segundo clasificado da categoria, o Bergantiños CF, a oportunidade de seguir sumando puntos despois dun partido igualado e no que os erros defensivos dos verdes propiciaron que o equipo de Carballo se levase un triunfo do campo da Regueiriña de Barbantes, que rexistrou un gran ambiente.
E outra vez máis, o Arenteiro volve encaixar gol nos primeiros compases do partido, apenas ían 7 minutos cando o Berganitños se aproveitou do primeiro desaxuste defensivo dos verdes.
Pero en apenas 8 minutos o Arenteiro foi quen de darlle a volta ao marcador, con dous golazos de Fajardo, o primeiro cun zapatazo que se colou como un misíl na portería do Bergantiños e o segundo ao executar unha falta, o balón acabou dentro da portería visitante tras dar no poste.
Cando parecía que o Arenteiro chegaría en ventaxa ao descanso, no último minuto desta primeira parte, empatou o Bergantiños.
Os de Carballo lograron o gol da victoria no minuto 75 dende os 11 metros, penalti transformado por Rubén Rivera.
Ademáis da derrota, o partido deixa outro xogador lesionado, Casio que tivo que abandonar o campo mancando nun xeonllo cando apenas ían desputados 15 minutos, e xa co tempo cumplido resultou expulsado Maxi, ao ver o segundo cartón amarelo. Outras dúas baixas seguras para o partido de Laracha.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Partido aberto ata o pitido final, un empate (1-1) que deixa satisfeitos aos dous equipos porque calquera dos dous pudo gañar, pero tamén pudo perder, xa que ocasións, para desnivelar o empate houbo ante ámbas porterias no transcurso da tarde.
E outra vez, outra máis, o Arenteiro ten que remar contra corrente ao volver encaixar por teceira xornada consecutiva gol na súa portería no inicio de partido, pasoulle no Barco, tamén en Boiro, e nesta ocasión ante o Choco cando apenas ían 5 minutos de xogo, nunha xogada a balón parado que non acerta a despexar a defensa do Arenteiro, o balón vai ao poste da portería de Ruí e finalmente no rebote, para dentro.
Tardaron en reaccionar os verdes, e non o fixeron ata consumida a primeira media hora de partido, cando deron un paso á fronte e dispuxeron das mellores ocasións, unha moi clara de Hugo Sanmartín, que rematou fora por pouco tras a mellor xogada do Arenteiro nesta primeira parte, na que o premio chegou en forma de empate no minuto 42 tras un tiro cruzado a media altura de Hugo Samnartín.
Nos primeiros minutos da reanudación, outra boa combinación en ataque dos verdes culminou nun tiro de Fajardo dende a frontal da área, pero o balón foise un chisco alto, unha mágoa cando se cantaba o gol.
Certo é que a outra gran ocasión de desnivelar o marcador desta segunda parte foi dos visitantes, que perdonaron o gol, xa nos minutos finais.
Adil tivo que abandonar o campo no minuto 12 cunha lesión nun xemelgo, e Rober no descanso por molestias nun pe.
Bo ambiente, non notable afluencia de afeccionados no campo da Regueiriña de Barbantes, unha auténtica alfonbra, unha pena que non teña unhas dimensións un pouco máis grandes.
Este lúns o club decidirá se o partido ante o Bergantiños do próximo domingo se xoga xa en Espiñedo ou volve a facélo en Barbantes.
Para ver a ficha do partido sigue o seguninte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »