Deportes

14, Novembro 2018

Club Club Deportivo Arenteiro comunica que a partir deste mércores 14 de Novembro, Manel Vázquez deixa de ser adestrador do equipo de terceira división, con él tamén abandonan o club todos os seus colaboradores no cadro técnico.

Este días atrás, o técnico trasladoulle ao presidente do club o seu desexo de renunciar ao seu cargo como adestrador e máximo responsable da dirección deportiva do primeiro equipo, expoñendo motivos de índole persoal que nada teñen que ver coa marcha deportiva na actual competición, motivos que son respectados e entendidos por esta Xunta Directiva.

O Club expresa o seu agradecemento público a Manel Vázquez polo seu traballo, esforzo, paixón e entrega a Club Deportivo Arenteiro durante estas case catro tempadas que exerceu como adestrador, levando a CD Arenteiro a vivir a súa etapa máis exitosa dos últimos 25 anos. Fíxose cargo do equipo en Preferente a mediados da tempada 2015/16 logrando o 7º posto, na tempada 2016/17 conseguíu guiar ao Arenteiro ao ascenso á terceira división, categoría na que consolidou ao equipo na tempada 2017/18. Na actual tempada deixa ao equipo clasificado no 8º posto tras 12 xornadas de liga.

O mesmo agradecemento faise extensible dende o club a todo o seu equipo técnico, o 2º adestrador Julio Nóvoa, o preparador físico Santi Ferrón, o utillero Zeus Álvarez, e o delegado Manuel Bolaño. A todos desexámoslle moita sorte e que sigan acadando grandes éxitos.

Ademáis o Club anuncia que pasa a exercer como adestrador en funcións Juan Carlos Aguiar, adestrador de porteiros, que dirixirá ao equipo o próximo domingo en Paiosaco.

11, Novembro 2018

Aos 12 minutos o marcador de Espiñedo xa sinalaba o 0-3 favorable aos coruñeses, un resultado que xa non se movería no resto do partido nunha tarde para esquecer por parte do Arenteiro.

No primeiro minuto primeiro gol dos visitantes, que dous minutos despois -no 3 de partido- se encontraron co segundo gol tras un inoportuno resbalón de Rui. Tampouco tardaría en chegar o terceiro e defintivo 0-3, no minuto 12 de partido.

Un horrible inicio de partido dos verdes ao que o equipo non soubo reaccionar en ningún momento, ainda que quedaba moito tempo por diante, pero o Arenteiro xa non foi capaz de volverse meter no partido.

Toca correxir erros e pensar no partido de Paiosaco o próximo domingo, queda moita liga e o Arenteiro sigue octavo na clasificación.

Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

10, Novembro 2018
4, Novembro 2018

Alondras e Arenteiro empataron a un gol no partido correspondente á 11ª xornada do campiontao de liga na terceira división xogado no campo do Morrazo de Cangas, nunha tarde de forte choiva, con tal cantidade de auga que na segunda parte deixou o terreo de xogo impracticable para o futbol.

E de tal maneira que os xogadores de ambos equipos tiveron que facer un enorme derroche físico ante as contínuas frenadas do balón, e asi durante toda a segunda parte, na que o único que podía intentarse eran os desplazamentos longos de balón e esperar un golpe de fortuna que decidise o partido.

Adiantouse o Arenteiro co 0-1 no minuto 28, cun centro de Hugo Sanmartín que mandou Ross e tal como viña o balón ao fondo da portería local, dez minutos máis tarde empatou o Alondras aproveitandose dunha das poucas concesións que fixo en defensa o Arenteiro.

Na segunda parte, pouco pode comentarse xa que o estado do terreo de xogo condicionou o desenvolvemento do partido. Se acaso, destacar dúas boas intervencións de Rui Santos en dous balóns que collían portería pero que o gardarredes do Arenteiro desviou con solvencia. E nos minutos finais dous saques de esquina consecutivos a favor do Arenteiro, o primeiro deles rematado por Portela e salvado sobre a liña de gol por un defensor local.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Crónica do partido en Faro de Vigo:

https://www.farodevigo.es/deportes/2018/11/05/crisis-instala-o-morrazo/1...

 

31, Outubro 2018

Máis de cen pilotos participarán esta fin de semana na VI XTremo Mesego, que se disputará no Carballiño coa asistencia de grandes figuras nacionais e internacionais do enduro.

Así, entre os inscritos figuran Pol Tarrés, gañador das dúas últimas edicións; Álex Hidalgo e Ni Esteves, gañador portugués da clase Expert Lagares 2018.

O evento, que terá lugar o sábado 3 e o domingo 4, e que contará con pilotos procedentes de Cataluña, Euskadi, Andalucía, Madrid, Galicia e Portugal, entre outros lugares, foi presentado este mediodía polo concelleiro de Deportes, Manuel Dacal, e o presidente de XTremo Mesego, Juan Caderno.

O programa da sexta edición de XTremo Mesego comezará ás 11,00 h do sábado 3, en Pena Cobertoira, onde terá lugar unha proba especial cronometrada, cuxo remate está previsto para as 14,30 h.
Tamén o sábado, pola tarde, a partir das 17,00 h., celebrarase o prólogo urbano na rúa Ben Cho Sey.
E o domingo, día 4, terá lugar a partir das 10,00 h., en Pena Cobertoira, a última proba, cuxo remate está previsto para as 15,30 h.

28, Outubro 2018

 Ninguén en Espiñedo, nin xiquera o público visitante, se explican cómo non se pode pitar un penaltí tan claro e ademáis cando o colexiado lucense Iván Abel Bruzos estaba a apenas un par de metros da xogada para ver como o defensor do Céltiga derriba clarísimante a Hugo Sanmartín, inexplicable.

O penalti que non quixo pitar o árbitro chegou no tramo final do partido cando o marcador xa estaba empatado e co Arenteiro envorcado sobre a portería do Céltiga en pos do gol que lle dera unha victoria que finalmente non chegaría.

O Céltiga encoentrouse cun gol cando apenas ían 9 minutos de partido, e pouco máis fixo durante o resto da tarde. Tampouco o Arenteiro estivo acertado durante a primeira parte, de fútbol rácano por ambos bandos.

Na segunda parte o guión do partido foi xa moi distinto, e cun único equipo sobre o terreo de xogo, os verdes acorralaron na súa área ao Céltiga, que unhas veces con fortuna e os postes, outras pola falta de finalización dos dianteiros verdes, e noutra cunha gran intervención do gardameta Marcos Bermúdez, conseguiron sair vivos de Espiñedo e regresar a Illa de Arousa cun punto.

O Arenteiro nesta segunda parte tivo que esperar a que chegase o empate cun autogol de Capi e so lle faltou un pouco de acerto nos últimos minutos para gañar un partido que fixo méritos suficientes para conseguilo.

Espiñedo rexistrou unha entrada practicamente habitual, a pesar do Barsa-Madrid e, sobre todo, o tremendo frio desta tarde, con apenas 5 graos de temperatura ambiente no horario do partido. 

Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

 

26, Outubro 2018

 Arenteiro é o único equipo da Terceira División que compite co horario televisivo do Barsa-Madrid, o club mantén o seu horario tradicional e recibirá dende aa cinco da tarde ao equipo arousano do Céltiga, a priori, un rival directo na loita por manter a categoria.

Os verdes terán as baixas de Adil, lesionado, e Adrián Pol, por acumulación de cartóns amarelos.

21, Outubro 2018

Un solitario gol do dianteiro local Escobar ao inicio da segunda parte foi sufiente para que o Arenteiro regrese a O Carballiño cunha derrota, nun partido para esquecer dos verdes que non souberon sacar ventaxa a superioridade numérica no campo, xa que o Lugo B xogou a maior parte do partido cun xogador menos por doble cartón amarelo.

Pero non era o dia do Arenteiro, que saíu mal e propiciou un carrusel de oportunidades para os locais que salvaron os postes e un outra vez enorme Rui Santos.

Tras quedar o Lugo B cun xogador menos, o partido foise equilibrando, ata que no inicio da segunda parte chegou o gol local. A partir de ahí, os lucenses defenderon a ventaxa no marcador sen grandes agobios, porque o Arenteiro estaba moi espeso e non era capaz de dar coa tecla.

Asi e todo, Mitogo dispuxo de unha clara ocasión para empatar, pero cando xa os verdes cantaban o gol, un defensor do Lugo B salvou in extremis.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

13, Outubro 2018

O mellor da tarde, a gran entrada no Estadio de Espiñedo con máis de 1200 persoas, o pior, a arbitraxe do colexiado Gabriel Rial Quintairos ao que o partido lle quedou demasiádo grande, lamentable labor arbitral que escamoteu dous claros penaltis na área do Ourense durante a primeira parte, e por si esto fora pouco inventouse o que pitou a favor dos visitantes e que lle valeu o empate.

Pero o máis lamentable foi a permisividade que tivo cos xogadores visitantes no transcurso do partido, permitindolle a reiteración constante de faltas sen ensinar cartón amarelo, tan so dous en todo o partido, un deles tras a durísima falta sobre Adil, que motivou que o xogador do Arenteiro tivese que ser retirado do campo e trasladado en ambulancia ao centro médico cunha lesión que pode ser grave. Pois ben, nesa xogada o árbitro nin xiquera amonesta ao xogador do Ourense, xa que a amonestación posterior é por protestar. Desafortunada arbitraxe, moi cuestionada dende a bancada.

O encontro, típico Arenteiro-Ourense CF, moi intenso e de poucas ocasións en ambas áreas, aínda que con xogadas decisivas pola nefasta actuación arbitral.

Mitogo adiantou aos verdes cun gran gol na primeira parte, e aos 11 minutos da reanudación empatou o Ourense cun penalti que cambeou radicalmente o decorado do partido, que deu alas ao equipo de Oira, e pola contra deixou medio tocado ao Arenteiro. Aínda asi, Mitogo gozou dunha clara ocasión para volver poñer o marcador favorable aos verdes, pero o seu remate ao borde da área pequena foise alto.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

11, Outubro 2018

O Ourense CF, cunha das mellores plantillas da categoría a pesar do mal inicio de liga, pon a proba o bo momento do Arenteiro, que ven de gañar os 3 últimos partidos.

O Partido, correspondente á 8ª xornada do campionato de Terceira División, adiantouse ás 17:30 horas do sábado, atendedo desta maneira o club varias peticións do fútbol provincial.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes