Deportes
A famosa réplica que reproduce a copa do mundo ganada pola selección española de fútbol estará esta fin de semana no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Todas as persoas que desexen facerse unha fotografia poderán achegarse atá a casa do concello o sábado dia 8 desde as 6 da tarde ás 9 da noite, asi como o domingo pola tarde.
O vindeiro domingo dia 9 as españolas enfrontaránse a selección de Rusia no pavillón Paco Chao en partido preparatorio para o campionato do mundo, ás 12 de mañá e con entrada de balde. Durante esta semana, a selección española concentraráse no Apartohel Arenteiro, 26 persoas integran o grupo que se desplaza atá O Carballiño. A selección rusa chegará o sábado.
A estadia foi negociada polo Alcalde Argimiro Marnotes, que salientou esta iniciativa "polo que siñificará para o promoción do Carballiño". O Concelleiro de deportes, Rodrigo González, fixo referencia " aos beneficios económicos que para a hostelería e hotelería local reportará esta concentración e partido da selección española". Dos 23.000 euros de coste que tén a estadia ds seleccións e a organización do partido do domingo, ao concello carballiñés corresponde aportar 3.000 euros.
O Arenteiro volveu dar unha pobre imaxe, desta vez en Espiñedo e fronte a un inocente rival como resultou ser o C:D. Maceda. Asi e todo, o Arenteiro suma por victorias os 3 partidos xogados na casa no que vai de liga, sen dúbida os resultados están actuando como bálsamo para unha afección desexosa de aplaudir a este equipo que, de momento, non se da entonado na categoria. Certo é que os resultados acompañan, e non menos certo que o equipo non dá atopado un patrón de xogo e cóstalle moito resolver os partidos.
Fronte a un C.D: Maceda que non foi capaz de tirar unha sola vez entre os 3 paus en toda a tarde, o Arenteiro tivo que esperar o ecuador da segunda metade para desnivelar o marcador grazas a un penalti regalado pola defensa visitante tranformado por Iglesias, que o árbitro ordenou repetir e voveu materializar Iglesias. Xa no tempo de desconto, o mesmo xogador puxo un balón ós pés de Alén, que rematou a placer. Antes, Bardelás envíou un tiro desde fora da área que desviou a córner o meta visitante, moi ben colocado. Na primeira parte, o Arenteiro pudo adiantarse no marcador nun par de ocasións, unha tras unha falta lanzada por Pablo, o rexeite do meta do Maceda non o aprobeitou Alén, que enviou o balón alto. Tamén neste periodo estivo a punto de marcar Canexón, que peinou o balón de cabeza cará atrás e desviou nunha gran intervención o meta visitante, que se lesionaria nesta xogada e tivo que ser sustituído minutos despois.
Con esta nova victoria e a derrota da Peroxa fronte ao Allariz, o Arenteiro manda na categoria, agora líder en solitario con 13 puntos. O próximo partido, o domingo 9 no campo do Melias.
RESULTADOS DA 5ª XORNADA -1ª AUTONÓMICA
J5 | CD Ramiranes | 6 - 1 | CF Monterrey |
J5 | SD Valenza | 2 - 0 | CF Cortegada |
J5 | AD Covadonga | 2 - 1 | Poligono San Ciprian |
J5 | CD Arenteiro | 2 - 0 | CD Maceda |
J5 | UP Taboadela | 1 - 0 | SD Melias |
J5 | AT Villarino | 3 - 3 | Maside CF |
J5 | CD Velle | 0 - 0 | Ponte Ourense SAD |
J5 | SD Nogueira Ramuin | 1 - 1 | UD Barbadas B |
J5 | A Peroxa CF | 2 - 3 | CD Allariz |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 13 | 5 | 4 | 1 | 0 | 10 | 2 |
2 | UP Taboadela | 11 | 5 | 3 | 2 | 0 | 10 | 5 |
3 | A Peroxa CF | 10 | 5 | 3 | 1 | 1 | 10 | 4 |
4 | AD Covadonga | 10 | 5 | 3 | 1 | 1 | 15 | 10 |
5 | SD Nogueira Ramuin | 9 | 5 | 2 | 3 | 0 | 10 | 6 |
6 | CD Velle | 9 | 5 | 2 | 3 | 0 | 7 | 5 |
7 | SD Valenza | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 6 | 3 |
8 | CD Allariz | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 7 | 5 |
9 | Ponte Ourense SAD | 8 | 5 | 2 | 2 | 1 | 6 | 7 |
10 | CD Ramiranes | 7 | 5 | 2 | 1 | 2 | 9 | 6 |
11 | SD Melias | 5 | 5 | 1 | 2 | 2 | 7 | 5 |
12 | CF Cortegada | 5 | 5 | 1 | 2 | 2 | 7 | 10 |
13 | UD Barbadas B | 4 | 5 | 1 | 1 | 3 | 4 | 9 |
14 | Poligono San Ciprian | 3 | 5 | 0 | 3 | 2 | 4 | 6 |
15 | CD Maceda | 3 | 5 | 0 | 3 | 2 | 4 | 10 |
16 | Maside CF | 2 | 5 | 0 | 2 | 3 | 5 | 10 |
17 | CF Monterrey | 2 | 5 | 0 | 2 | 3 | 6 | 16 |
18 | AT Villarino | 1 | 5 | 0 | 1 | 4 | 6 | 14 |
Un empate a cero goles no campo do Poligono San Cibrao e grazas, porque se algún equipo mereceu ganar o partido foi o Polgono, que se fixo merecedor dos 3 puntos na segunda parte ante un Arenteiro que xogou o pior partido deste ano, fallón outra vez en defensa, cun medio campo inexistente trala sustitución de Luis Vilachá no descanso, e unha dianteira incapaz de crear perigo ante a porteria local. A única ocasión na que os carballiñeses se achegaron con certo perigo á porteria rival foi na primeira parte por medio de Alén, tras irse de dous defensores o seu tiro foise fora por pouco. Se ben no primeiro periodo o Polígono non inquietou a porteria carballiñesa, na segunda parte os locatarios dispuxeron de atá media ducia de ocasións para desnivelar o partido ao seu favor, por trres veces a falta de acerto dos dianteiros e noutras tres as magníficas intervencións de Samuel, esta tarde o mellor do Arenteiro, evitaron a derrota dos carballiñeses. Un mal partido do Arenteiro que en ningún momento soubo adaptarse á dureza do terreo de xogo, de terra, por momentos convertido nunha polvareda e cunha temperatura durante o partido de 30 graos.
O outro representante do fútbol comarcal, o Maside, deixou escapar os 3 puntos no partido xogado no Outeiro Grande ante o Velle, ao perder por 1-2. Con este resultado, e consumidas xa catro xornadas de liga, a situación dos masidaos comeza a complicarse, afundindose nos derradeiros postos da clasificación, en descenso directo á 2ª autonómica. Mentres, o Arenteiro cede o liderato en favor da Peroxa, co que empata a 10 puntos
O mellor que deixou o partido co Cortegada desde logo que foi o resultado, o 2-0 final no marcador que perimite ao Arenteiro sumar a terceira victoria da liga e seguir no liderato da categoria da 1ª autonómica. Foi un mal partido dos locais que xogaron toda a primeira parte moi despistados, sobre todo en defensa, aínda que a falla de acerto nos últimos metros do Cortegada deixaron os 3 puntos en Espiñedo. Nada máis iniciarse o partido o meta Samuel salvou un man a man cun dianteiro visitante no que pudo adiantarse o Cortegada. O gardameta carballiñés protagonizou a xogada polémica do partido cando se víu obrigado a derrubar a un atancante do Cortegada fora da área, e no que os afeccionados do Ribeiro pedían a vermella para Samuel, sen embargo o árbitro interpretou que o xogador visitante non encaraba a porteria e a xogada non supoñía unha ocasión manifesta de gol, polo que ensinou o cartón amarelo ao meta carballiñés. Antes; Iglesias, moi oportuno igual que o dia do Allariz, aproveitou un balón dentro da área marcar o primeiro gol do Arenteiro.
Tralo descanso, Dacosto cambeou a insegura defensal local, deixou no vestiario a César e Pana e no seu lugar entraron Viñas e Igor. Foi no tramo final do partido, tras a incorporación no equipo de Canexón, cando o Arenteiro tivo as mellores oportunidades para incrementar a súa aventaxe no marcador, e sería precisamente Canexón quen faría o 2-0 desde un tiro cruzado desde fora da área, minutos antes o propio Canexón protagonizara a mellor xogada do partido, ao canear a dous rivais e enviar un medido centro que ningúen soubo rematar.
RESULTADOS DA 3ª XORNADA
CD Velle | 1 - 0 | AT Villarino | |
SD Nogueira Ramuin | 3 - 1 | Maside CF | |
A Peroxa CF | 4 - 0 | Ponte Ourense SAD | |
CD Ramiranes | 0 - 2 | UD Barbadas B | |
SD Valenza | 0 - 0 | CD Allariz | |
AD Covadonga | 4 - 2 | CF Monterrey | |
CD Arenteiro | 2 - 0 | CF Cortegada | |
SD Melias | 2 - 2 | Poligono San Ciprian | |
UP Taboadela | 1 - 1 | CD Maceda |
CLASIFICACIÓN 3ª XORNADA
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 8 | 2 |
2 | A Peroxa CF | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 1 |
3 | SD Nogueira Ramuin | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 3 |
4 | AD Covadonga | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 10 | 6 |
5 | Ponte Ourense SAD | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 4 | 5 |
6 | CD Velle | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 |
7 | UP Taboadela | 5 | 3 | 1 | 2 | 0 | 5 | 4 |
8 | SD Valenza | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 |
9 | CD Allariz | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 |
10 | CF Cortegada | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 5 |
11 | CD Maceda | 3 | 3 | 0 | 3 | 0 | 4 | 4 |
12 | CD Ramiranes | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 4 |
13 | UD Barbadas B | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 3 | 7 |
14 | Poligono San Ciprian | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 |
15 | SD Melias | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 3 | 4 |
16 | Maside CF | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 5 |
17 | CF Monterrey | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 9 |
18 | AT Villarino | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 2 | 7 |
A goleada a domicilio do Arenteiro en Monterrei sitúa na segunda xornada de liga aos carballiñeses no liderato da 1ª autonómica, empatado a seis puntos coa Ponte-Ourense. O partido comezou cun cuarto de hora de retraso ao negarse o árbrtro a iniciar o mesmo sen que os locais identificasen co DNI aos seus xogadores.Abríu a conta goleadora do Arenteiro Marcos Sotelo, e logo empataría o Monterrei, nun fallo da defensa carballiñesa, un dos dianteiros do equipo local cabecea a placer e aínda que Pachi chega a desviar a traxectoria do balón ao poste, finalmente introducíase na porteria carballiñesa. Antes do descanso Bardelás faría o 1-2 cun tiro desde fora da área que, coa colaboración do meta local, sube ao marcador. Xa na reaunudación do partido chegaría o hat trick de Alén para resolver un partido ante un moi flouxo rival, como resultou ser o Monterrei. O primeiro ao controlar un balón na área e rematar a media altura, e os douus seguintes de idéntica factura, cunha vaselina sobre o porteiro local. O meta carballiñes Pachi relaxouse en exceso e permitíu o segundo gol do Monterrei, aínda que minutos antes do remate do partido evitou o terceiro cunha gran intervención, enviando a corner un balón que se colaba na portería carballiñesa. Ao final, 2-5 no marcador e segunda victoria consecutiva do C.D.Arenteiro, que o vindeiro domingo dia 18 recibirá en Espiñedo ao Cortegada.
RESULTADOS DA XORNADA AO COMPLETO
J2 | CD Velle | 3 - 3 | UP Taboadela |
J2 | AT Villarino | 1 - 2 | SD Nogueira Ramuin |
J2 | Maside CF | 0 - 0 | A Peroxa CF |
J2 | Ponte Ourense SAD | 2 - 0 | CD Ramirás |
J2 | CD Allariz | 3 - 1 | AD Covadonga |
J2 | CF Monterrei | 2 - 5 | CD Arenteiro |
J2 | CF Cortegada | 2 - 1 | SD Melias |
J2 | Poligono San Ciprian | 1 - 1 | CD Maceda |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | CD Arenteiro | 6 | 2 | 2 | 0 | 0 | 6 | 2 |
2 | Ponte Ourense SAD | 6 | 2 | 2 | 0 | 0 | 4 | 1 |
3 | A Peroxa | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 3 | 1 |
4 | CF Cortegada | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 3 |
5 | UP Taboadela | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 3 |
6 | SD Nogueira Ramuín | 4 | 2 | 1 | 1 | 0 | 3 | 2 |
7 | AD Covadonga | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 6 | 4 |
8 | CD Allariz | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 2 |
9 | SD Valenza | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 3 | 2 |
10 | CD Ramirás | 3 | 2 | 1 | 0 | 1 | 2 | 2 |
11 | CD Velle | 2 | 2 | 0 | 2 | 0 | 4 | 4 |
12 | CD Maceda | 2 | 2 | 0 | 2 | 0 | 3 | 3 |
13 | CF Monterrei | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 5 |
14 | Polígono San Ciprián | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 1 | 2 |
15 | SD Melias | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 1 | 2 |
16 | Maside CF | 1 | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | 2 |
17 | AT Villarino | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 2 | 5 |
18 | UD Barbadas B | 0 | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 7 |
Un tempo para cada equipo e os 3 primeiros puntos da liga para o Arenteiro no partido xogado no municipal de Espiñedo ante un C.D. Allariz que vendeu cara a derrota. No primeiro periodo o Arenteiro foi amo e señor do partido, o Allariz tirou o primeiro tiro a portería no minuto 43, antes, á media hora de partido Iglesias aprobeitou un balón co que se atopou dentro da área para facer o primeiro gol da tempada en Espiñedo, e tamén antes o Arenteiro tivera un par de ocasións para adiantarse no marcador.
Xa na reaunudación do partido, ós 10 minutos, o árbitro expulsou por doble amarela a Gabriel, e desde este momento o partido cambeou radicalmente, o Allariz pasou de dominado a claro dominador, adiantou con decisión as súas liñas e dispuxo de atá dúas oportunidades moi claras para igualar no marcador. Sen embargo, sería novamente Iglesias quen tería outra oportunidade para sentenciar o partido, pero non soubo definir ante o porteiro visitante. A 8 minutos para o final o Allariz tamén se quedaba con 10 xogadores por expulsión dun dos seus defensores, aínda asi o resultado estivo aberto atá o pitido final.
C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga en Espiñedo fronte a un dos equipos chamado a moverse na zona noble da clasificación, o C.D. Allariz, que ven de eliminar ao Ourense B na fase previa da Copa Deputación. Pola súa parte, o Maside F.C., que sucumbia ante o Verín (0-2) na mesma ronda de copa, viaxará na primeira xornada atá o campo do Ramirás. En ambos casos, será o vindeiro domingo dia 4 de setembro.
Antes, Maside e Arenteiro, que este ano volven coincidir en competición oficial na primeira autonómica, desputarán o tradicional partido das festas do San Vitorio masidao, o sábado 27 de agosto ás 19:00 horas no campo municipal do Outeiro Grande. O Arenteiro chega a este encontro, tras gañar este pasado domingo o torneo triangular que se xogou no campo do Melias, cos locatorios ós que derrotou por 0-1 cun gol de Adrián Iglesias, e có Nogueira de Ramuín, co que empatou 0--0.
Xa na 2ª autonómica, a primeira xornada de liga, que tamén arrancará o domingo 4 de setembro, ten os seguintes enfrontamentos:
- C.D. Trives - C.D. Cea
- Leiro C.F. - Ribeiro F.C.
- At. Barbantes - Barra de Miño
- Amoeiro - Stº. Teresita
Poucas novidades presenta este Maside F.C., que este ano regresa á primeira categoria autonómica. O Adestrador Paco Domínguez, que ascedeu ó equipo na pasada campaña, confia no mesmo grupo de xogadores, ó que se incorporan Gallardo, procedente do C.D. Arenteiro, e tamén do desaparecido Arenteiro-B chegan a Maside, Iñaqui e Varela. En canto as baixas, está a de Alex Bardelás, fichado polo Arenteiro.
O primeiro test serio do Maside xógase este sábado dia 20 ás 18,30 horas no Outeiro Grande, recibindo ó C.D. Verín da preferente, ó que se enfrontará en partido único da fase previa da Copa Deputación. Xa nas Festas do San Vitorio, o sábado 27 ás 7 da tarde, tamén no Outeiro Grande, o Maside medirá forzas en partido amigable ante o C.D. Arenteiro, có que este ano coincidirá na mesma categoria..
Perder 0-2 contra un equipo punteiro da terceira non é un mal resultado para un equipo da 1ª autonómica, claro que neste caso o resultado era o de menos. Certo é, ademáis, que o Ourense só apretou o acelerador no primeiro cuarto de partido, nese periodo conseguíu os dous goles, o primeiro deles en propia meta, e a partir de ahí o Ourense baixou o ritmo no xogo, certo é tamén que este Ourense terá moito que mellorar se quere aspirar a dar o salto de categoria, como é a súa aspiración. Polo que respecta ao Arenteiro, foi de menos a máis, e a punto de expirar a primeira parte, Iglesias tivo unha clarísima ocasión de recortar no marcador, pero o seu tiro, só ante o meta ourensano, non atopou porta. Xa na segunda metada, o Arenteiro estivo moito mellor, e tivo atá un par de novas oacisións para facer gol. O final, boas sensacións as que deixaba nas bancadas de Espiñedo este xoven Arenteiro, que ofreceu detalles certamente positivos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- …
- seguinte ›
- última »