Deportes

17, Xaneiro 2011

O xogador belga de orixe africana Lamíl pode ser a nova sensación deste novo Arenteiro, alomenos polo visto no partido xogado no campo do Marco da Peroxa, ónde os carballiñeses gañaron os 3 puntos en xogo no primeiro partido da segunda volta da actúal competición de liga, e na que o Arenteiro necesita gañar 12 dos 19 partidos, agora xa só restan 11, nesta conta atrás para acadar unha salvación que de momento aínda é posible, necesitaríanse gañar todos os partidos da casa e un par máis de encontros fora, a tarefa non é doada pero tampouco imposible, para sumar un total de 45 puntos. O novo dianteiro- centro do Arenteiro, Lamíl, podería ser ese goleador que necesitaba con urxencia o equipo, polo visto na Peroxa é un xogador que pode cumplir as expectativas coas que foi fichado. Ademáís, a seguridade atrás do meta portugués Pedro e a chegada ó equipo do Carballiñes Takón, o ourensano Breogán Pereiro ou o Marroquino Munir, poden ser reforzos moi importantes. Eso sí, Romero deberá traballar a tope para correxir as moitas carencias que aínda presenta o equipo. Na Peroxa, a endeblez dos locais, que remataron o partido con 3 expulsados, tampouco vale para sacar moitas conclusións. O partido do vindeiro domingo ante o Porriño sí que xa pode marcar ese momento de inflexión para ver se o equipo é capaz ou non de reconducir a situación.

10, Xaneiro 2011

Dez anos despois Francisco Romero volverá adestrar ó Arenteiro. A Xunta Xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" comunicou hoxe a Mindo o seu cese á fronte da dirección técnica do equipo, agradecendolle o traballo feito durante os últimos meses. A derrota do pasado domingo en Ribadumia foi o detonante dunha decisión que busca un revulsivo que obre o milagre que se necesita para salvar a categoria, co equipo clasificado como penúltimo, e con só 9 puntos tralo remate da primeira volta. Para reconducir a situación, a Xestora contratou a Francisco Romero "Romerito", que se fará cargo desde esta mesma semana do equipo e xa o dirixirá o vindeiro domingo na Peroxa, iniciando asi unha nova etapa como adestrador do Arenteiro, do que antes xa fora tamén xogador. Romero regresa asi o fútbol activo, tras o seu cese no C.D. Ourense, fai xustamente agora un ano, en xaneiro de 2010. 

5, Xaneiro 2011

A Xunta xestora que preside Antonio Iglesias "Cadavid" tén moi claro que deberán  chegar a Espiñedo futbolistas contrastados para complir o obxetivo de salvar a categoria, e con esta idea están a traballar contra reloxio, para poñer a disposición de Mindo ó menor tempo posible novas pezas para un Arenteiro que se quere seguir o ano que vén na preferente terá que gañar 12 dos 20 partidos que lle restan á competición, para deste maneira estar a salvo tanto dos postos directos de descenso directo como dos posibles arrastres. A marxe de erro para a segunda volta é bastante limitado e por eso os novos rectores do club saben que teñen que acertar coas fichaxes e buscar eses novos xogadores, que unidos ó grupo xa existente, deberán loitar para ir remontando postos na táboa de clasificación. Asi que ás últimas incorporacións que xa vimos en Espiñedo no partido contra o Verín, como foron o meta portugués Pedro Velho e o mediocampista marroquino Munir, poderían unirse de forma inminente novos futbolistas, que xa este pasado martes tomaron parte no primeiro adestramento da semana e con bastantes boas sensacións, trátase de futbolistas que proceden de equipos da 3ª división andaluza e asturiana, e da 2ª división portuguesa. Ademáis, o Presidente da Xestora mantiña esta semana contactos na Coruña para traer Ó Carballiño "un xogador relevante". Xa está tamén confirmado o regreso ó Arenteiro de Takón, que xa militou no club durante as últimas temporadas. En canto a nova cúpula directiva, acompañan a Cadavid, Antonio Nogueira, Maximino González e Toni Mateo, axudados polo resto da anterior directiva.

 

17, Decembro 2010

As xestións que desde fai varias semanas se estivron levando a cabo para buscar una solución á situación transitoria que vive a Directiva do C.D.Arenteiro tras a renuncia presentada polo Ex-Presidente Antonio Valiñas, parece que se confiman como fructíferas e no transcurso da semana que ven faráse pública por parte da actúal directiva a proposta que será presentada ós socios do club. A fórmula elexida será a da constitución dunha Xunta Xestora que se fará cargo de inmediato da xestión da entidade deportiva e coa entrada na mesma dun grupo de empresarios da Comarca do Carballiño relacionados có sector da construcción, con eles integraránse na nova xestora os membros da actúal Directiva. O obxetivo inmediato do novo equipo rector do club será reforzar o equipo para salvarse do descenso de categoria na preferente sur do fútbol galego, aínda que a intención inicial vai más alá e pasaría por un proxecto sólido e ambicioso para o futuro inmediato do C.D. Arenteiro.

13, Decembro 2010

Un penalti executado no minuto 63 polo visitante Calo, a raìz dunha man do local Martìn nun remate que non albiscaba perigo algùn,  foi bagaxe suficiente para que O Choco se levarà de Espiñedo os derradeiros 3 puntos do ano.(0-1).

O cadro de Redondela vencìa polo mìnima nun encontro parello e cativeiro ante un Arenteiro, que puxo moito esforzo fìsico e moi pouco talento. Os xogadores do cadro pontevedrès tampouco realizaron un partido brillante, mais tiveron a fortuna de decidir o choque nunha xogada illada.

Onte empezaba a conta atràs para os homes de Mindo de cara a sumar puntos suficientes para salvar a categorìa.

A vindeira cita ca permanencia è o vindeiro domingo no municipal de San Pedro ante o Marìn C.F., outro rival que se move pola parte intermedia da clasificaciòn.

 

 

 

9, Decembro 2010

O.C.D.Arenteiro, caia eliminado na Copa Deputaciòn ante o Barbadàs (2-5), nun partido no que os de Mindo voltaron a amosar tòdalas sùas limitaciòns;  encaixando 2 goles nos 2 primeiros minutos de xogo.

A endeblez defensiva segue a lastrar calquer posibilidade de progresiòn e a pesares de conquerir un resultado positivo nos Carris, a escuadra verde non foi quen de plantarlle cara a un  contundente  Barbadàs que simplemente limitouse a aproveitar os errores da zaga local.

Noutro orde de couas, tampoco o filial carballiñès poido solventar a papeleta, caendo goledado na Queixeira a mans do Atl. Arnoia (6-2); tamèn quedaba apeado o Maside, que tralo empate sin goles, depois dos 90 minutos regulamentarios, foi doblegado na tanda de penaltis ante o Sta.Teresita.

Mellor lle foron as cousas ò Salamonde  eo Atl.Barbantes; ambos seguen adiante na Copa "B" tras superar respectivamente ò  Castrelo de Miño e o Coles:

Finalmente o Leiro, disputarà a sùa eliminatoria ante o Ribadabvia Atl. o dìa 26;  iste encontro aprazouse debido a merecida homenaxe tributada onte, ò gran Luis Sobrino, no propio San Bartolomeu.

 

 

7, Decembro 2010

Despois de perder en Sanxenxo de xeito contundente (4-0), O Arenteiro recibe, iste mèrcores,  a U.D.Barbadàs no partido de volta dos oitavos de  fnal da Copa Deputaciòn "A", nunha eliminatoria a priori moi aberta, tralo empate (1-1) do encontro de ida.

Para iste choque, Mindo, xa podrà contar con Diego Viñas, Iago, Tractor e Rubèn, baixas na pasada xornada en Sanxenxo. Asemade, tamèn è moi posible, que debute o gardamallas luso, Pedro Velho, se a Federacìòn Portuguesa tramita a tempo o seu transfer

Ista xornada copeira, tamèn, depararà outros atractivos encontros, xa na Copa "B"- eliminatorias a partido ùnico-:

A..T Arnoia-Arenteiro "B"

Maside-Santa Teresita

Castrelo de Miño- Salamonde

A.T. Barbantes-Coles.

Todos istes envites escomenzan às 16.00 horas

Xa de cara a pròxima xornada de liga na Preferente, o Arenteiro recibe en Espiñedo o Choco de Redondela, nun partido vital a tan sò catro partidos para o remate da primeira volta e cos deberes moi lonxe de facerse.

 

 

25, Novembro 2010

A Xunta Directiva de C.D. Arenteiro convoca ós socios e afecionados en xeral a unha reunión informativa que terá lugar este venres dia 26 ás 8 da tarde no salón de actos da casa do concello do Carballiño. Nesta convocatoria abordaráse a delicada situación tanto deportiva como económica que vive o club, e que pode incluso desembocar na demisión do actúal Presidente Antonio Valiñas, que se dá practicamente por segura e como primeiro paso para salvar a grave crise pola que atravesa a entidade. A actúal Directiva pretende con esta reunión lanzar un SOS entre a masa social, na búsqueda de posibles solucións, e tanto para o ámbito deportivo como para o social. En canto á parte deportiva, aínda se pensa que hai tempo para salvar a categoria, unha meta que pasa pola chegada de xogadores que lle aporten o equipo ese salto de calidade e experiencia que se necesita para reconducir a situación actúal, co equipo clasificado no penúltimo posto, pero ainda con posibilidades de salvarse do descenso si se produce esa esperada reacción. No tocante o aspe´cto social, a solución pasaría pola chegada de novos directivos que se sumen o grupo actúal, e coa idea fundamental de sanear o club, aínda que sen deixar de lado o aspécto deportivo.

24, Novembro 2010

Ante el éxito cosechado con la celebración del campus de verano de la Fundación Celta de Vigo en O Carballiño, el citado club de futbol optó por esta villa para celebrar uno de sus campus de invierno, que se desarrollarán en el campo de A Uceira del 27 al 31 de diciembre. Con motivo de la presentación de este campus de invierno, este miércoles, 24 de noviembre, a las 19:00 horas, estarán en la villa carballiñesa los representantes de la citada fundación, acompañados por los jugadores de la primera plantilla del Celta, Yago Aspas y Trashorras. La presentación tendrá lugar en el auditorio de O Caralliño, ubicado en la avenida del Balneario, y está dirigida a niños con edades comprendidas entre los 5 y los 14 años. Todos los interesados en vivir como un jugador profesional, descubrir las facetas y detalles del fútbol que le permitan ampliar y perfeccionar sus conocimientos y vivir una gran experiencia, deberán acudir a esta cita en el auditorio carballiñés.

13, Outubro 2010

Trala penosa imaxe amosada polo C.D Arenteiro ante o Nigràn o pasado domingo en Condominguez, os homes de Mindo acadaron un valioso empate ante o Barbadàs no encontro xogado no Municipal dos Carrìs (1-1), na ida da eliminatoria de oitavos de final da Copa Deputaciòn.

O vixente campiòn de Copa adiantàbase no marcador no minuto 2 de xogo, aproveitando un erro da zaga carballiñesa que durante os primeiros 20 minutos non foi capaz de controlar o potencial do seu rival.

Xa na segunda metade, o Arenteiro mudou radicalmente de mentalidade, cun xogo mais sosegado e vertical, conquerindo Kennedy o tanto do empate mediada esta etapa complementaria.

A seguinta cita do cadro verde serà iste vindeiro domingo na oitava xornada de liga, cando en Espiñedo reciba a visita do co-lìder do grupo, o Ràpido Bahia da comarca pontevedresa do Morrazo

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes