Deportes
O Arenteiro conserva tres puntos de ouro meritoriamente gañados no terreo de xogo e que, debido o carrusel de descensos motivos polos arrastres de 3ª división, resultan suficientes para estar fora de todo perigo. Os 49 puntos actúais sitúan o Arenteiro fora de toda continxencia, independientemente do resultado que acade este vindeiro domingo no derradeiro partido do campionato ligueiro en Espiñedo ante o Marín C.F., ún dos equipos inmersos na loita por manter a categoria. O Comité de Apelación volve asi desestimar, como antes xa fixera O Xuíz Único de competición, a reclamación presentada polo Arousa por presunta alineación indebida do Arenteiro no partido xogado en Espiñedo o pasado 7 da abril, e no que os arousanos caían sorpredentemente derrotados (3-2) polo "Baby Arenteiro". O Arousa quédalle agora unha derradeira posiblidade, que é a de acudir ó Comité de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia, algo pouco probable xa que a un partido do remate da liga o Aorusa xa perdeu toda opción posible cara o ascenso.
(Remitido) Carballiño fs "objetivo conseguido " segundo clasificado y a esperar el play off .....pero bueno como siempre lo importante es el Arenteiro asi que, semana soporifera sobre ese tema otra vez. Colmenero campeón de España con la selección gallega ......pero lo importante es quien va a hundir al arenteiro para el año si la directiva saliente si sale o la entrante si entra. Los benjamines de futbol sala (E.M.F) subcampeones gallegos pero hablareis de la derrota del arenteiro durante toda la semana. Oscar juvenil del carballiño fs campeon de españa con la seleccion gallega .....pero no importa lo importante sera saber como van las obras de espiñedo.
Por vez primeira neste tipo de competicións, O Concello do Irixo acollerá este domingo dia 9 da maio a celebración da 3ª proba puntuable para o campionato galego de Enduro, que atraerá a centos de afecionados procedentes de toda a xeografía galega. O Tenente-Alcalde Manuel "Lito" Cerdeira salientou "a importancia de que este acontecento se celebre no Irixo, xa que desta maneira serán centos de persoas as que coñezan o noso Concello e pasen entre nós a fin de semana". Son en total 90 os pilotos que tomarán parte nesta competición, como avanzou José Canda, en representación da organización, que conta coa colaboración do "Club Sobre Rodas", o "Moto Club Móvete na Moto", e o propio Concello do Irixo. O ambiente moteiro xa comezará a notarse na xornada do sábado, con motivo das verificacións técnicas e administrativas que se farán na praza do concello do Irixo. Desde este mesmo lugar, sairán os participantes neste campionato galego de Enduro o domingo ás 9 da mañá, para dirixirse atá montes próximos á localidade da Ermida, ónde terá lugar un circuíto especial de 5 kilómetros, para continuar despois polos por dintintos pobos no entorno do Irixo, atá completar un recorrido de 37 kilómetros. A entrega de premios faráse ás 4,30 da tarde. Entre os pilotos participantes estará Xacob Agra, que foi recentemente subcampión mundial desta modalidade deportiva.
Dous favores arbitrais e consecutivos abriron o camiño do triunfo para o líder da categoria no partido xogado esta tarde no campo de Espiñedo. Xa se consumía o primeiro cuarto da segunda parte e o Choco, atá ese momento, fora incapaz de superar ó Arenteiro, que se defendía con órden e criterio ante as acometidas en ataque do equipo redondelán. O primeiro gol dos visitantes chegaba tralo lanzamento dun córner e precidido de falta na área pequena ó porteiro local Pachi, que o árbitro non quixo ver. Practicamente na seguinte xogada, invéntase un penalti e ademáis deixa ó Arenteiro con 10 xogadores por expulsión do defensa Diego. O Choco tranforma a pena máxima e acabase o partido, descaradamente condicionado por dous erros arbitrais de bulto. Despois, viñeron os outros tres goles, cando o arenteiro xogaba con 9, xa que o árbitro aínda se encargaría de desequilibar aínda máis o partido expulsando ó local Juan, por doble amarela.
(Lolo Carril. Xefe de deportes de Cope O Carballiño) Pensan que son o ombligo de todo, e son o que son. Os capitalinos provincianos son aquéles que miran o resto por enriba do ombreiro, aínda que detrás desa actitude de soberbia e prepotencia, de suposta e falsa superioridade, o que en realidade se esconde é a súa frustración e complexo de inferioridade. Son incapaces da máis mínima autocrítca, aínda que o seu equipo sexa o único dunha capital galega que deambula por unha categoria que por moito que lle chamen "nacional" non pasa de ser unha competición autónomica, xogan en "regional" pero non teñen reparos para calificar de "peleles" a unhos rapaces que cada domingo saen ó campo para defender con orgullo ó equipo do seu pobo. Eso dixeron desde "a capital" este pasado domingo. O Arenteiro é "un equipo de peleles, sobre os que os rivais practican o pim pam pum". Unha cousa é a critica e outra ben distinta a falla de consideración e respeto para unhos rapaces e para un club histórico coma é o Arenteiro, que por certo, xa no seu dia e en competición oficial fixo "pim pam pum" sobre o equipo capitalino. Hai feridas que nunca cicatrizan.
Nin estaba no guión gañar o Arousa, como aconteceu o pasado mércores, e tampouco caer goleado por oito goles de diferencia ante o Porriño Industrial. É que por moita e lóxica diferencia que haxa entre ún dos equipos punteiros da preferente e outro que atá fai dúas semanas xogaba en 2ª autonómica, a fin de contas encaixar oito goles son moitos goles. Todo comezou a torcerse nos primeiros lances do partido cando o Arenteiro perdia a Alex, unha das referencias desde "baby Arenteiro", que tiña que abandoar o terreo de xogo lesionado. E tamén nada maís comezar o partido xa se puxo de manifesto a enorme diferencia que no aspecto físico existía entre os dous equipos, unha diferencia que se ía facendo maís evidente conforme ía avanzando o partido, cun Arenteiro que rematou o partido morto físicamente. Acaso seguramente pasase factura xogar tres partidos de competición en sete dias. A outra explicación a tan abultado resultado atopamóla no comportamento timorato da defensa e o porteiro locais, que non tiveron a súa tarde. Ante este panorama, o Porriño aprobeitou a ocasión para deixar un resultado para a historia en Espiñedo, un 0-8, que non se recorda en competíción oficial. Ó descanso xa gañaban 0-3, na segunda parte caeron outros cinco. Agora toca repoñerse e mirar cara adiante.
Nin os máis optimistas entre os numerosos afeccionados que acudiron esta noite a Espiñedo esperaban que este novo Arenteiro, integrado na súa totalidade por xogadores procedentes do equipo filial e que atá fai dúas semanas xogaban na 2ª categoria autonómica podían gañarlle a ún dos galos e aspirantes ó ascenso na preferente, o Arousa de Vilagarcia. Pero no fútbol todo é posible se hai gañas e ilusión e asi quedou demostrado neste partido valedeiro para a competición ligueira, que fora aprazado no seu dia polo mal estado no que se atopaba o municipal de Espiñedo. O Arousa chegou ó Carballiño pensando que ía gañar o partido sen baixar do autobús e confundiuse de pleno, resultou ser ún equipo mediocre no que se supón que xogaban futbolistas porque vestían con camiseta arlequinada, e pouco maís. Enfronte, unhos rapaces con raza e incluso non exentos de clase deronlle toda unha lección de pundonor e defensa dunhas cores. A eles, ós do Arousa, e a outros. Adiantabase o Arenteiro nos primeiros minutos do partido cun gol de Sampayo, e en apenas 20 minutos os arousanos dábanlle a volta ó marcador, e asi remataba a primeira parte. Parecía que todo estaba decidido, pero no segundo periodo chegaría a sorpresa. Os rapaces do Arenteiro non desmaiaban, e a doce minutos para o final Alex lograba o empate. Xa co tempo practicamente consumido chegaba o momento do éxtasis para a afección local, cando Juan lanzaba un chupinazo que se colaba na meta arousana. Ledicia nas bancadas de Espiñedo, ónde se celebrou a victoria local como facía tempo non se coñecía. Polo demáis, noite histórica, xa que o partido xogouse coa nova iluminación. Noite redonda.
O baby clube deportivo arenteiro vendeu cara a sua derrota pola mínima ante O Caselas, un solitario gol de novo do ex-arenteiro Fran servía para darlle oxíxeno a un Caselas que utilizou un xogo demasiado duro, e incluso por momentos, bruscos; así tamén o entendeu o colexiado do partido expulsando a dous locatarios.
O equipo de Mindo, completaba un muy digno partido, amosando unhas excelentes credenciais de futuro, solo a falla de pegada e a comprensible falta de oficio, impediu que iste ilusionante arenteiro colleitara un mellor resultado que por méritos mereceu, con todo hay que resaltar, a entrega e dignidade diste plantel que en ningún caso se achicou ante un rival espoleado pola súa afición, na procura de puntos redentores que eviten un,máis que posible descenso.
El domingo, 28 en el circuito de las Pedrajas ( Soria), se celebró la novena y última prueba del circuito de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS, en ella tomaron la salida setenta equipos, procedentes de toda la geografia nacional. El recorrido era de dos vueltas al campo de golf de las Pedrajas, por una pista de zahorra totalmente llana, excepto unos seiscientos metros con una pequeña subida, completando así los 8,2 Km. de que constaba la prueba. El equipo de CARBALLIÑO , una vez más esta temporada, se subió al
cajon del podiúm en tercer lugar, en la categoria master-50 , en esta prueba de Soria. Una vez finalizada la LIGA NACIONAL, termina como SUB-CAMPEON , en la temporada 2009-10 de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS siendo la primera vez que un equipo gallego , sube al podium en esta modalidad. Agradecer a los patrocinadores:ARION ,AGROBOTICA, GIMNASIO SPARTA su colaboración, para que la participación en la L.N.C. fuera posible.
anubis.
A tensión na relacións que desde fai varias semanas atrás mantiñan directiva e xogadores do Arenteiro, debido ó atraso nos pagos mensuais por parte do club, tivo o que pode ser o seu episodio definitivo ó rematar o encontro xogado esta tarde en Espiñedo ante o Xuventude de Cambados. O motivo, unhas declaracións recollidas hoxe por medios escritos, nas que os xogadores advertían que se non cobraban o diñeiro que se lles adebedaba, entón estarían dispostos a facerse cargo do club atá final de tempada, eso si, cunha única condición, que dimitise a actúal xunta directva, que preside Antonio Valiñas. A reacción dos directivos non se fixo esperar, e esixiron á plantilla e corpo técnico unha rectificación, que se retractasen das súas declaracións ou que se considerasen despedidos. Tamén foi inmediata a resposta dos xogadores, negandose a rectificar. Polo tanto, estamos ante unha insólita situación, na que o Arenteiro quedase sen xogadores na primeira plantilla. En principio, e salvo que se reconduzca a situación, a intención da actúal xunta directiva é seguir na competición da preferente con xogadores do equipo filial. Ademáis, na vindeiras horas agardan poder chegar a un acordo co adestrador Marquitos, para a resolución do contrato. Xa no aspecto deportivo, agora mesmo nun segundo plano, Arenteiro e Cambados repartiron os puntos, tras empatar a dous goles.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- seguinte ›
- última »