Deportes

29, Novembro 2009

Espiñedo viviu unha nova tarde de derrota para o Arenteiro, esta vez foi o Estradense quen se levou os tres puntos, a cuarta vez no que vai de liga, 14 xornadas, antes xa o fixeron Barbadás, Portonovo e Caselas. Se ás catro derrotas sumamos o empate ante ó Cruceiro de Hio, estamos segurante ante o pior Arenteiro como local das últimas temporadas. O equipo segue sendo incapaz de dar unha alegría á sufrida parroquia carballiñesa, e eso que desta vez o Arenteiro púxose por diante no marcador grazas a un gol de Diego Soto e atá conseguíu irse ó descanso por diante no marcador. E incluso nos primeiros vinte minutos da reaunudación, o Arenteiro foi controlando o partido, aínda que os da Estrada, moito mellor posicionados no campo, xa avisaran da súa perigosidade en varias ocasións. Sen embargo, e despois de que Martín fallase cando tivo  a oportunidade de sentenciar o partido, todo se veu abaixo tras unha desgraciada xogada na que Valeiras marcou en propia meta e empatou o partido. A partir de entón, o Arenteiro desapareceu do partido e un Estradense con maior oficio aproveitou para gañar o partido con dous novos goles. Con este resultado, os da Estrada abren unha brecha de seis puntos sobre o Arenteiro, que descende atá o séptimo posto na táboa de clasificación.

21, Novembro 2009

A imposiblidade de reunir once xogadores, ante a avalancha de baixas na plantilla, unhos por lesión e outros por enfermidade, levou o C.D. Arenteiro a solicitar a suspensión do partido de liga que este domingo dia 22 tiña que desputar ante o líder Porriño Industrial, no campo do Lourambal de Porriño. Atá catorce baixas no parte médico das últimas horas obrigou o equipo carballiñés a solicitar ante o Porriño e a Federación Galega de Fútbol a suspensión deste encontro correspondente á 13ª xornada do campionato ligueiro, que queda pendiente de nova data para a súa desputa.

15, Novembro 2009

O Arenteiro xogou por vez primeira na súa historia un partido campo de futbol da Uceira, onde se enfrontou en partido de liga ó Caselas, e perdeu por 0-2. O mal estado no que se atopaba o terreo de xogo do campo de Espiñedo, onde tería que xogarse o encontro, levou a directiva do club a adoptar esta decisión na mesma mañá do domingo, e despois de comprobar a gran cantidade de auga que se acumulaba no terreo de xogo de Espiñedo, que parecía maís unha piscina que un campo de fútbol. Por este motivo, o encontro trasladouse o novo campo de herba artificial da Uceira, onde malia as fortes e continuas chuvias caídas no Carballiño durante toda a fin de semana, pudo celebrarse o partido con absoluta normalidade. O bó estado no que se atopaba o moderno terreo de xogo da Uceira sorprendeu e mesmo recolleu os eloxios dos aproximadamente 150 afeccionados que desafiando a desapacible tarde achegaronse a presenciar o encontro. A magoa, o resultado, novamente adverso para un Arenteiro empeñado en perder na casa o que gaña fora. A victoria visitante fraguouse na primeira media hora de partido, xa que o Caselas saíu máis metido no encontro ca un Arenteiro que non espabilou atá os últimos dez minutos da primeira parte. Xa na segunda metade, o partido foi practicamente un monólogo verde, con atá media ducia de ocasións fallidas ante a meta do Caselas, que conseguiría o seu segundo gol xa no minuto 90. O resultado, desta vez, pudo ser atá algo inxusto se se quere, pero tamèn é certo  que o equipo que non é capaz de facer gol tampouco merece gañar un partido. En definitiva, terceira derrota nesta liga do Arenteiro, e as tres como local, que deixan os carballiñeses en terceira posicicón na clasificación, a dous puntos do Estradense, segundo calsificado, e a cinco do líder Porriño Industrial e próximo rival do Arenteiro no desplazamento do vindeiro domingo.

9, Novembro 2009

Un cativeiro Arenteiro, como cativeiro foi o partido, logrou traer os tres puntos para o Carballiño. Os verdes fixeron desta vez da necesidade unha virtude e malia as numerosas baixas no equipo titular, aprobeitaron as contadas ocasións e primeiro Fran, e despois Martín, e xa a once minutos para o final Diego Soto, conseguiron os tres goles para neutralizar os dous marcados polos cambadeses. Un partido gris, igual que a tarde, o visto no campo de Burgans e ante un Cambados que moito terá que traballar se quere manter a categoria. Mentres, o Arenteiro, case con un equipo de circustancias, tivo desta vez a sorte de cara e conseguíu unha victoria que lles permite os verdes seguir a estela de Porriño, o líder a catro puntos, e o Estradense, segundo clasificado do que o Arenteiro se sitúa a ún punto ocupando a terceira posición na táboa clasificatoria, e  aínda a tiro deses dous primeiros postos que dan dereito ó ascenso á terceira división. Claro que se ese fose o obxetivo, este Arenteiro tén moitísimo que mellorar.

2, Novembro 2009

Terceiro tropezón consecutivo do Arenteiro en Espiñedo, tras a derrota ante o Barbadás e o empate có Cruceiro, chegou unha nova derrota e desta vez ademáis de forma contundente por cero a tres ante o Portonovo. O equipo das rias baixas non fixo nada do outro mundo, simplemente aprobeitar as dúas ocasións que tivo de gol, e un penalti para impoñerse desta maneira a un Arenteiro con alarmante falta de pegada, e fallón nos últimos metros. O Arenteiro atragántaselle os partidos na casa, ante unha parroquia que volveu ser numerosa pero bastante decepcionada pola evolución do equipo en Espiñedo. A verdade é que a afeccíon permanece bastante apática, e máis que animar ó equipo -apenas o fixo- censurou coas súas protestas a labor arbitral, que pudo influir decisivamente no resultado, xa que o segundo gol do Portonovo estivo precedido dun fora de xogo e antes, xa concedera un penalti ós portonovenses por unha posble falta de Jorge sobre Cebreiro, que inicialmente pitou fora da área e tras as protestas visitantes cambeou de opinión e sinalou o punto dos once metros. O árbitro principal, da delegación de Lalín, un tal Soto, mellor que se dedique a outra cousa, porque o seu non é a arbitraxe. Nefasto. Claro que unha mala arbitraxe non pode ser desculpa nunha derrota merecida pola escasa capacidade de reaccón do Arenteiro. O domingo que ven, en Cambados, a recuperar o perdido.

16, Outubro 2009

(Redacción. Lolo Carril) Marquitos xa ten decido o once inicial que desde as cinco da tarde do domingo sairá en Espiñedo para enfrontarse ó Cruceiro de Hio. Na portería segue a alternacia, sendo turno desta vez para Zafra. Na defensa, regresa Xurxo no lateral dereito tras cumplir o partido de sanción, con Alfredo na parte esquerda e Valeiras e Jorge polo centro. Iago e Diego Soto no medio centro, Nicol e Oliveira polos extremos, Fran na media punta e Martín como xogador maís adiantado. Completan a convocatoria Iván, Marcos Castro, Padín, Nacho Currás e Tacón. Enfronte, un Cruceiro de Hio que despois dun inicio de liga titubeante xa acumula agora tres victorias consecutivas, as que veñen de lograr ante Ribadumia, Covadonga e Marín. Tampouco chega en mal momento o Arenteiro, que o pasado domingo recuperaba o liderato da categoria grazas o seu triunfo na Lomba de Vilagarcia ante o Arousa.

11, Outubro 2009

O Arenteiro volve ser o lider da categoria tras a traballada victoria conseguida hoxe polos verdes no campo da Lomba de Vilagarcia, onde se impuxo ó Arousa por 1-2, con goles de Oliveira e Martín. O Arenteiro controlou en todo momento o partido. Tras unha primeira parte na que os carballiñeses estiveron mellor asentados que o seu rival no terreo de xogo chegaríase o dencanso sen que se movese o marcador. Na reanudación, ós poucos minutos chegaría o gol do Arousa que se adiantaba no marcador no lanzamento dunha falta e nun clamoroso fallo da barreira verde. Tras o gol, o Arousa pasou a facerse momentáneamente co control do partido, pero só por unhos minutos, porque sería novamente o Arenteiro quen pasou a dominar o xogo e crear as mellores ocasións de gol ante a portrería do Arousa. Aínda co 1-0 no marcador o árbitro escamoteou un claro penalti cometido sobre Nicol, antes de que chegaran os dous goles de Oliveira e Martín que finalmente farían xustiza no marcador. O mesmo Martín e Nicol terían dúas boas oportunidades para incrementar a ventaxa carballiñesa, mentres que o Arousa apenas chegou a crear perigo ante a porteria defendida hoxe por Iván. O Arenteiro foi máis equipo que o Arousa e polo tanto xusto vencedor.

9, Outubro 2009

O adestrador carballiñés prepara unha revolución no equipo titular que o Arenteiro presentará este domingo dia 11 de outubro, desde as cinco da tarde, no campo da Lomba de Vilagarcia, ónde agarda o líder da categoria, o Arousa. Seguramente, o once que comezará o partido presentará varias novidades, unhas por necesidade debido a lesións ou a ausencias obrigadas coma a de Xurxo, sancionado, e outras por disposición táctica. Asi, con Zafra na portería, para os laterais contase de inicio con Gil e Padín, e con Nacho Currás e Valeiras para o centro da zaga, serían pois tres novidades na liña defensiva que atá agora viña sendo habitual. Outro dos cámbeos estará na demarcación que pasará a ocupar Diego Soto, que volverá o seu posto do ano pasado no centro do campo, xunto a Iago, Nicol e Alfredo. E tamèn haberá novidades na dianteira, xa que Marquitos apostará desta vez por dous dianteiros, optando por Oliveira para acompañar ó pichichi Martín. Con este equipo, o Arenteiro tratará de sorprender ó Arousa, se consigue a victoria, os carballiñeses volverán recuperar o liderato na clasificación da preferente autonómica, que perderon o pasado domingo en Espiñedo trala derrota ante o Barbadás.

26, Setembro 2009

O Arenteiro viaxa co equipo titular ó completo, e coa idea -adiantada polo adestrador Marquitos- de saír ó campo do Alivio cun 4-3-3, que sería o integrado por Iván na portería, unha defensa con Xurxo, D.Soto, Jorge e Nacho Currás; no medio centro estarán José Juan, Iago, Marcos Castro e Alfredo, e na punta o goleador Martín, con Tacón -que entraría no equipo titular- facendo labores de enganche e media punta. Completarán a expedición Valeiras, Victor Oliveira, Fran e Nicol. O obxetivo é volver acadar os tres puntos, sería entón a quinta victoria consecutiva en liga, sendo conscientes de que enfronte agarda un Tomiño que ofrece sempre o seu mellor nivel como locatario. O partido na vila do Baixo Miño comezará ás cinco da tarde do domingo.

13, Setembro 2009

Con dous auténticos golazos, o primeiro de Martín cun zurdazo desde o borde da área grande que se colou polo ángulo da portería, e o segundo de Alfredo, ó executar de forma maxistral unha falta e cando o partido entraba na súa recta final, foron suficientes para ganar esta tarde no campo do Revel ante os locatarios do Sanxenxo, que marcou o seu gol por medio dun penalti que se inventou o árbrito do encontro. O mellor deste segundo desplazamento consecutivo dos verdes foron os dous goles e a victoria, xa que o Arenteiro xogou un partido moi irregular, sobre todo na segunda parte. Consumidas tres xornadas de liga, o Arenteiro conta os partidos por victorias e suma nove puntos que o manteñen líder, agora xa en solitario, e con dous puntos de avantaxe sobre Estradense e Arousa, que son segundo e terceiro.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes