Deportes

21, Marzo 2010

Dúas penas máximas decidiron o signo do partido, unha en cada área. A primeira cando se xogaba o minuto 35 da primeira parte, man dun defensor do Arenteiro que aprobeitaba o Portonovo para adiantarse no marcador, tras transformar o penalti, raso e pola parte dereita da portería de Iván, que a punto estivo de tocar balón. A segunda vez que o árbitro sinalaba os once metros era a favor do Arenteiro, por un claro derrubo a Nicol, pero Martín fallou, ou mellor dito, se se quere, o porteiro portonovense acertou a desviar o tiro de Martiín, moi axustado ó pau dereito pero tamèn moi flouxo. Corría o minuto 17 do segundo periodo, e foi  a xogada clave que pudo cambear o rumbo do partido, xa que aínda quedaba media hora de partido e o Arenteiro non o estaba facendo mal desde a reanudación. O Arenteiro ofreceu dúas caras moi distintas neste partido, durante a primeira parte de xogo gris e co equipo moi metido atrás, se ben salvo o penalti, o Portonovo non creou ocasións claras de gol. E unha segunda cara, na segunda parte, máis ambicioso e mellor asentado no terreo de xogo do campo de Baltar. Despois de fallar o penalti, os carballiñeses viñeronse outra vez abaixo por varios minutos, o que propiciou as oportunidades do Portonovo, mentres que o último cuarto de hora o Arenteiro recuperou o equilibrio perdido no centro do campo e volveu intentar ír polo partido, pero xa foi un querer e non poder.

14, Marzo 2010

Nin Arenteiro nin Celanova foron capaces de alterar o marcador nos primeiros 45 minutos de partido, aínda que as mellores oportunidades foron para os celanovenses. Neste periodo, a única xogada na que o Arenteiro levou perigo foi por medio de Martín, ó que o meta visitante derrubou fora da área grande e impedíu que prosperase a xogada. O dianteiro carballiñés era o último xogador e ademáis cortabase unha manifesta ocasión de gol, polo que o gardameta celanovense tiña que haber sido expulsado. O árbitro, que incialmente non pitara nada e rectificou despois a instancias do linier, perdonoulle a vermella e ensinou a amarela. Curiosamente, e cando xa pitara o final da primeira parte, o árbitro deixaría o Celanova con dez , ó expulsar a un dos xogadores por protestar. Xa na reaunudación, os celanovenses borraronse do partido, e o Arenteiro aprobeitou tres regalos consecutivos da defensa forasteira para. en apenas dez minutos, sentenciar o partido. Primeiro foi Nacho Currás, que cabeceou a placer á saída dun corner. O segundo de Nicol, tras recoller un balón cedido pola propìa defensa do Celanova, e o pouco tempo, Nacho Currás, noutro corner e outra vez sen marca,  dentro da área pequena sen que ningúen lle estorbase. O Arenteiro, que atá entón estaba ofrecendo outra tarde de sopor en Espiñedo, resolvia o partido no primeiro cuarto de hora desta segunda parte. Logo, chegarían aínda os outros dous goles, obra de Martín e Oliveira, para completar a manita a este inofensivo Celanova, que moito terá que mellorar en defensa se quere manter a categoria.

13, Marzo 2010

El domigo dia 7 se disputó la octava  prueba de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS,  en el circuito situado en el monte AÑARBE ,perteneciente al paque natural AIAKO HARRIA, muy próximo a Errenteria (San Sebastián)  A las once y media de la mañana , se daba la  salida a los noventa equipos participantes en esta edicción, para recorrer la distancia de  casi 8 km. muy exigentes  por las cuestas que había, pero accesible. Hay que destacar la cantidad de aficcionados , muy próximos a los tres mil, fueron los que se acercaron  esa mañana, para presenciar la carrera  de canicross, los cuales estuvieron animando todo el tiempo, tanto a los musher como a los perros. En cuanto al equipo de Carballiño, subió al podium una vez mas  esta temporada, en esta ocasión lo hizo en el tercer lugar del cajon, continuando una semana mas en el segundo puesto de la LIGA NACIONAL, en master-50, agradecer  a los colaboradores , como son : ARION, AGROBOTICA, GIMNASIO  
ESPARTA ,  que hacen posible que este equipo corra la LIGA NACIONAL DE CANICROSS. ENHORABUENA a los organizadores,  y a los colaboradores, por el éxito que obtuvieron.
anubis.

28, Febreiro 2010

Alguén podería chegar a conclusión errónea que nos últimos dias choveu máis no Carballiño que no resto de Galicia, tras saberse que este domingo tivo que adiarse o partido que tiñan que xogar no campo municipal de Espiñedo o Arenteiro e o Arousa, debido a gran cantidade de auga acumulada no terreo de xogo. Foi o único encontro de futbol de categoria autonómica que tivo que aplazarse por este motivo, o calamitoso estado no que se atopaba o campo. En realidade, non choveu no Carballiño maís que no resto do país, senón que o recinto deportivo municpal ten prácticamente inutilizado o sistema de drenaxe e cando chove non filltra a auga. O problema arrástrase desde que o Concello do Carballiño utilizou Espiñedo para o concerto do artísta brasileiro Carlinhos Brown, en xuño de 2007. Daquéla instalárase un macro-escenario sobre o terreo de xogo, equipos de luces e son, e camións de gran tonelaxe accederan ó recinto deportivo. A desfeita causada entón fixo que tiveran que investirse 60.000 mil euros, que aportou unha empresa privada, para recuperar o terreo de xogo, quedou coma unha alfombra verde perfecta, pero comezou a deteriorarse o pouco tempo coa chegada dos invernos. Ademáis, en xaneiro de 2009 os ventos do ciclón Klaus derrubaron unha parte do muro exterior, que desde fai tempo atrás xa amenazaba perigo de derrubamento. Un ano despóis a inercia municipal mantén as pedras tiradas no chan, e o muro sen reconstruirse. Non parece que os responsables muncipais do Carballiño teñan a Espiñedo entre as súas prioridades, aínda que o mínimo que podería exisirselle é que reparasen o que coa súa irresposabilidade estragaron.

21, Febreiro 2010

Nin Barbadás nin Arenteiro demostraron esta tarde ser dous dos equipos que forman parte do pelotón que loita por meterse nos postos de privilexio desta liga. Os locais, moi lonxe do equipo sempre perigoso dos últimos anos, e o Arenteiro na súa liña de irregularidade á que xa nos tén acostumados esta tempada, cun primeiro tempo no que foi tan malo coma o Barbadás, e algo mellor na segunda parte, curiosamente cando se quedou con dez xogadores no campo por doble amarela ó defensa Padín. Foi entón cando mellor controlaron o partido os carballiñeses, que tiveron unha inmellorable ocasión para adiantarse no marcador nun balón que, co porteiro local batido, non lograron cabecear nin Tacón nin tampouco Fran. A dez minutos do final, Juan José -que acababa de entrar no lugar de Fran- protagonizou outra curiosa xogada: desde caseque o centro do campo vé adiantado ó porteiro do Barbadás e lanza un chupinazo sobre a porteria local que vai por enriba do traveseiro por moi pouquiño, de tal maneira que o efecto óptico fai que pareza que o balón acabase dentro da portería, incluso o linier dá o gol e provoca unha curiosa confusión, que logo aclara o árbrito sinalando saque de portería. Tivo que quedarse o Arenrteiro con 9 xogadores no campo, por expulsión de Gil, para que o Barbadás lograse fabricar unha clara ocasión na portería de Iván, pero cando xa os seguidores locais cantaban o gol, apareceu providencial baixo paus Nacho Currás para despexar o balón. Malia acabar o Arenteiro o partido con dous expulsados a arbitraxe foi correcta e o reparto de puntos fixo xustiza os poucos méritos de unhos e outros, nun partido malo que pudo gañar ou perder calquera dos dous.

19, Febreiro 2010

RECORD DE PARTICIPACION: 105 mushser y 105 perros  se dieron cita en MADRID.  El domingo 14, a las 11,30  al pié de los cordeles de la sierra del  GUADARRAMA, en MORALZARZAL,tomaron la salida los 105 equípos participantes  en la séptima carrera de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS. En una mañana soleada, los equipos procedentes de distintos puntos de la geografía nacional y con una temperatura de -4 grados,( ideal para la  práctica del canicross), pudieran disfrutar de un circuito que estaba en perfectas condiciones , siendo llano en casi su totalidad, pues solo tenia una pequeña cuesta en el medio del recorrido, hacia que éste fuera 
rápido..Por otra parte destacar  la amplitud de los caminos, en donde era muy fácil adelantar, así como también recordar  que gran parte del circuito,transcurria por una CAÑADA REAL (camino que en su momento se usó  para la trashumancia) En esta ocasión el equipo de CARBALLIÑO, tuvo  que conformarse con el 
tercer puesto, siendo el protagonista el perro LEO que en los  últimos 500 metros llevó en volandas a sú mushser y así adelantar a un rival  directo,llevandole al  tercer cajon del podium, y poder continuar en ese 
segundo puesto en master-50 de la LIGA NACIONAL DE CANICROSS.
Agradecer a ,los colaboradores:GIMNASIO ESPARTA, ARION Y AGROBOTICA, por sun colaboración con el equípo de ACADE. FELICITAR al ayuntamiento de MORALZARZAL Y A LA ORGANIZACION , por el gran  
trabajo que hicieron.
saludos ANUBIS

14, Febreiro 2010

Tres goles de Martín e pouco máis, ésta pode ser a frase que resume o visto nesta neste domingo de antroido en Espiñedo. O Arenteiro volveu ofrecer unha tarde rácana de fútbol á súa parroquia, menos numerosa do habitual, fose plo frio ou pola celebración do antroido, ou porque este equipo non engancha, o certo é que espiñedo rexistrou a pior entrada da tempada. O resultado pode resultar moi engañoso, xa que malia o 3-0, nin moito menos o Arenteiro fixo un partido de bó nivel, e moito terá mellorar se quere aspirar a chegar ás xornadas finais do campionato con opcións ós postos de ascenso. O Arenteiro gañou este partido, e atá con certa comodidade, porque desta vez tivo o santo de cara. Martín inaugurou o marcador cando se consumiía o primeiro cuarto de partido, e fixo o segundo no sempre sicolóxico minuto 45. O Tomiño non foi capaz de marcar nin de penalti. Có 2-0 no marcador os visitantes poideron meterse no partido á media hora da segunda parte, pero impedíuno o meta Iván, despexando o balón. Ó pouco, o trigoleador Martín, finiquitaba o partido. O Arenteiro quedabase cos tres puntos aproveitandose dos erros en defensa do Tomiño. Con esta victoria, os carballiñeses sitúanse quintos na táboa, a dous puntos do 2º e a 4 do líder Choco.

8, Febreiro 2010

El pasado fin de semana se celebraba el III canicros de Rodeiro, puntuable para la LIGA NACIONAL y la LIGA GALLEGA.  Tomaron la salida 40 equipos , procedentes de distintos puntos de la geografía  española, y una buena representación de equipos gallegos, para recorrer la distancia de 10 Km. , muy  embarrados por la cantidad de agua que había caÍdo.
La climatología acompañó en esta ocasión , a los mas peludos del  equipo, ya que con la temperatura de 9 grados y la lluvia que  estaba cayendo, los perros corren mucho mejor.
En esta  VI carrera de la LIGA NACIONAL, hay que destacar  el estricto control veterinario, puesto que se detectó en algún perro la falta de continuación de las vacunas obligatorias en esta compitición, así como una 
estricta vigilancia  de las  reglas de canicross , durante el  recorrido , ya que cada 25Om. se encontraba un  JUEZ , así como cámaras de video, fotógraficas, incluso una cámara camuflada, obteniendo un resultado 
fantástico, puesto que no hubo reclamaciones y solo se registraron dos faltas.
El equipo de carballiño, formado por J.FERNANDEZ  Y  LEO , que están en el club ACADE de Santiago, patrocinado por ARION-AGROBOTICA-GIMNASIO ESPARTA, los que le permiten  asistir a las pruebas  ,subieron de segundos al podium en la categoria master 50, de la L.N. y de primeros  en la L.G.
ENHORABUENA a la organización, y agradecer al concello de RODEIRO, patrocinadores, guardiacivil,voluntarios,tvg.,jueces de la F.G.D.I. por su colaboración, asi como al público en general, por su presencia  en esta prueba. SALUDOS.  ANUBIS.

7, Febreiro 2010

O partido foi pésimo na súa primeira parte polos dous equipos, apenas cunha ocasión en ambas porterias, pobre bagaxe atancante de unhos e outros que se foron o descanso sen mover o marcador. Na reaunudación, tampouco se albiscaban cámbeos de actitude nin no Pontellas nin pola parte do arenteiro, e todo parecía indicar que o partido sería para o que lograse marcar un gol.  E precisamente, cando xa se consumira o ecuador da segunda parte sería o Arenteiro quen se adiantaba no marcador, xa pudo facélo antes nun cabezazo de Martín que se foi fora por pouco, pero foi Tacón quen enganchou dentro da área grande un zurdazo que se colou axustado ó pau, inalcanzable para o meta local. O partido poñíase de cara e parecía que o máis dificil estaba feito. Pouco durou a alegria, porque o Pontellas foi quen de voltear o marcador en cinco minutos aciagos para o Arenteiro, primeiro cun disparo desde caseque 40 metros que con Iván fora da porteria non conseguiu despexar ningún defensa e de seguido aproveitando un fallo de marcaxe da defensa carballiñesa, que deixaron o dianteiro local para que poidese cabecear a placer o gol da remontada. O Arenteiro, que xogou os últimos minutos con 10 por doble amarela a Oliveira, aínda tería ocasión de empatar no último suspiro do partido, cando un remate a media altura de Nicol foi enviado a corner nunha gran intervención do meta local. Mención aparte merece a labor do árbitro, que castigou en exceso ós carballiñeses, ensinandolle atá oito tarxetas, mentres se amosaba condescendiente cos locais. A derrota fai descender o Arenteiro atá o séptimo posto da clasificación, descolgandose do obxetivo do ascenso.

31, Xaneiro 2010

A sangría de puntos nesta liga en Espiñedo parece que non tén fin.  O Arenteiro volveu a repetir o guión de anteriores partidos, adiantandose no marcador, índose ó descanso por diante, e atá xogando contra un rival que se quedou con 10 xogadores os últimos 20 minutos de partido, nin asi. O Sanxexo, que non tirou a portería en todo o partido levouse outro punto do chollo de Espiñedo. E xa tén mérito, non tirar entre os tres paus en 90 mintuos e levarse o empate a un gol. E é que, para máis desgracia, efectivamente, o gol do Sanxenxo chegou ó saque dun corner que non acertaron a despexar nin Tacón nin o meta Iván, entre os dous, fixeron o gol do Sanxenxo. E o pior, a imaxe que toda a segunda parte volveu dar este Arenteiro que non sabe a qué xoga, sen patrón de xogo e sen apenas máis recursos que a vontade que poñen algunhos xogadores, e con algunhos outros en alarmante baixa forma. Adiante, por exemplo, só Nicol -autor do gol- foi quen de levar perigo á portería rival. Atrás, algo mellor coa entrada de Jorge no equipo, e no centro do campo cada quen facendo a guerra pola súa conta, sen moito acerto. Ante este panorama, os recambeos de Marquitos foron dar entrada no terreo de xogo a Oliveira no úlimo cuarto de hora, e a Marcos Castro cando faltaban 3 minutos, acaso éste último fose para perder tempo e amarrar o empate. Quen sabe.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes