O líder impuxo a súa superioridade pola vía rápida, golendo sen apenas atrancos ao At. Vilariño no partido correspondente á 20ª xornada de liga desputado no campo do Medo, ante numerosos seguidores carballiñeses.
Deportes
Os verdes desaproveitaron as numerosas ocasións que tiveron ante a portería rival, e a falta de acertou pagouna o equipo deixando escapar dous puntos de Espiñedo nunha tarde infernal de frio, choiva e vento e co terreo de xogo moi pesado que perxudicou o xogo do Arenteiro ante un rival, o Ramirás, que sigue sendo a besta negra dos carballiñeses.
Os verdes comezan a segunda volta do campionato sumando outros tres puntos que os afianzan no liderato da 1ª autonómica, tras gañar un partido no que a S.D.C. Arrabaldo vendeu cara a derrota.
C.D. Arenteiro: Pachi, Carlos, Diego López, Lois, Óscar, Alex, Victor Gallego, Bardelás, Quiroga, Manu e Marcos Sotelo. Tamén xogaron Prada, Canexón, Omar e Martín.
Club Deportivo Arenteiro e a Selección do Ribeiro xogaron na tarde de reis un partido de fútbol de carácter solidario, a beneficio das actividades que desenvolve a Cruz Vermella. Os carballiñeses gañaron 3-1, aínda que desta vez o resultado era o de menos, porque en realidade quenes gañaron en solidariedade foron os preto de 50 fútbolístas que partiparon nesta acción benéfica.
Os alaricanos, que demostraron ser un bo equipo, adiantaronse cun gol aos 8 minutos e o Arenteiro, que afrontaba o partido con varias baixas, contestou con resposta de líder dándolle a volta ao marcador antes do descanso. Os carballiñeses despiden o ano como líderes, con 41 puntos.
O C.D. Arenteiro sigue lanzado na recta final da primeira volta do campionato de liga na 1ª auotonómica, desta vez os verdes fraguaron a victoria ante o Monterrei nunha intensa primeira media hora de partido na que o equipo carballiñés foi un autentico vendaval de xogo ante a portería visitante.
Prácido partido para o Arenteiro na súa visita ao campo da Moreira de Xinzo de Limia, os carballiñeses dominaron o partido de principio a fin, e suman unha nova victoria a domicilio que lles permite colocarse como líder da liga na 1ª autonómica.
Outra sufrida victoria dos verdes en Espiñedo, desta vez ante un bo Covadonga. O Arenteiro quedouse dende os inicios da segunda parte con 10 xogadores no campo tras ver cartón vermello directo Manu ao tocar o balón coa man para evitar o gol visitante. Pachi detivo o penalti e a partir de ahí o Arenteiro aguantou ben o resultado.
Efectivo partido dos carballñeses que endosaron ao líder Nogueira de Ramuín a primeira derrota da tempada no seu campo da Tella, o que lle permite ao C.D. Arenteiro continuar coa súa racha de imbatibilidade nas últimas 9 xornadas de liga, sumando 2 empates e 7 victorias.
Outros tres puntos para o casilleiro do C.D. Arenteiro, que suma desta maneira oito partidos consecutivos imbatido en liga, con dous empates e seis victorias nas últimas oito xornadas. Ante o Polígono San Cibrao os carballiñeses volveron sufrir, sobre todo ao xogar a última media hora de partido con 10 xogadores por expulsión de Alex.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »