
O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense ven de presentar unha moción para reclamar un “financiamento xusto e suficiente” dos servizos sociais destinados ás persoas con discapacidade intelectual na provincia. A iniciativa foi presentada no Centro Ocupacional e Residencial "As Burgas" da Valenzá polo deputado provincial socialista e alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval, quen estivo acompañado de deputadas e deputados provinciais do PSdeG-PSOE.
A iniciativa busca apoiar publicamente a campaña "A discapacidade intelectual en loita. Sen financiamento non hai futuro" impulsada por FADEMGA Plena inclusión Galicia e instar á Xunta de Galicia a actualizar con urxencia os módulos do concerto social. Valcárcel denunciou que as entidades federadas a FADEMGA están a sufrir unha "asfixia económica" derivada do incremento dos custos salariais e de funcionamento, mentres os módulos do concerto social permanecen practicamente conxelados.
O deputado socialista explicou que a aprobación do XVI Convenio Colectivo supuxo incrementos salariais do 10% para traballadoras e traballadores, ao que hai que sumar unha inflación acumulada superior ao 10,5% e a suba do Salario Mínimo Interprofesional do 18,4% nos últimos anos. "Fronte a este incremento real dos custos operativos, que supera o 20%, a Xunta de Galicia só propuxo unha actualización dos módulos do concerto social que oscila entre o 5,40 e o 7,88%, o que resulta absolutamente insuficiente", denunciou o alcalde de Barbadás. O tamén alcalde de Barbadás lamentou que a Consellería de Política Social e Igualdade siga sen convocar unha mesa de negociación real e directa a pesares das peticións formais cursadas desde hai meses por FADEMGA e AEDIGAL.
"A ausencia de diálogo contrasta coa situación doutras comunidades autónomas que, co mesmo marco de financiamento, optaron por priorizar o incremento dos concertos e garantir a sustentabilidade das entidades sociais", asegurou Valcárcel. Segundo este, “tal situación evidencia unha clara falta de vontade política por parte da Xunta para abordar o problema de raíz, o que está a levar ao sector a unha situación límite que pon en risco servizos esenciais para milleiros de familias ourensás”.
Xosé Carlos Valcárcel destacou que FADEMGA Plena inclusión Galicia agrupa a 42 entidades que representan a 10.720 persoas con discapacidade intelectual e contan con 1.834 profesionais en toda Galicia. A súa rede comprende 34 centros ocupacionais, 30 centros residenciais, 27 vivendas tuteladas, 15 centros de educación e 14 centros de emprego. "Na provincia de Ourense, varias destas entidades prestan servizos indispensables que garanten dereitos fundamentais. A desaparición ou deterioro destes servizos suporía un duro golpe para moitas familias ourensás, que ficarían sen apoio para o coidado, educación, emprego e inclusión social dos seus achegados con discapacidade", advertiu o alcalde de Barbadás.
O deputado provincial socialista insistiu en que Ourense, polas súas particulares condicións sociodemográficas, precisa duns servizos sociais robustos e de calidade. "A Deputación non pode manterse á marxe e debe alzar a voz para reclamar solucións urxentes", afirmou Valcárcel.
O representante socialista recordou que do mesmo xeito que o seu grupo demandou a esta Deputación liñas de apoio complementario aos concellos en materia de Servizo de Axuda no Fogar polo insuficiente financiamento autonómico, agora urxe explorar mecanismos de apoio ás entidades de discapacidade intelectual provinciais mentres persista o desequilibrio nas achegas da Xunta.
Ademais de interpelar directamente ao goberno de Alfonso Rueda, a moción pide á Deputación de Ourense que estude liñas de financiamento complementarias para apoiar ás entidades de discapacidade intelectual da provincia pola insuficiencia de fondos autonómicos. "Non podemos permitir que a falta de compromiso da Xunta acabe coa labor esencial que estas entidades desenvolven na nosa provincia", concluíu Valcárcel.

O Salón de Plenos do Concello do Carballiño converterase este sábado, 25 de outubro, no epicentro da creación literaria galega coa celebración do 8º Encuentro Literario de Ourense, unha cita xa consolidada no calendario cultural do municipio e que reunirá a máis de corenta autores, blogueiros e influencers chegados de distintos puntos de Galicia e de fóra da comunidade.
A actividade, organizada por Cristín Ferro e Lizzie Quintas, desenvolverase en horario de 9:30 a 13:30 horas pola mañá e de 16:30 a 20:30 horas pola tarde, cun programa cheo de presentacións, mesas de debate, xogos e sorpresas. Durante a presentación oficial, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, destacou que “esta data xa forma parte do noso calendario cultural. É un punto de encontro de escritores e escritoras de Galicia e tamén de amantes da literatura.
Pero sobre todo, tamén unha xornada única onde, ademais das presentacións e o debate, hai moito humor e ata sorpresas”. Fernández convidou a toda a veciñanza a participar porque, segundo afirmou, “é unha actividade moi amena, diferente e que cada ano nos deixa un gran sabor de boca”. O edil aproveitou tamén para agradecer “o traballo, que é practicamente dende que rematan unha xornada ata a edición seguinte, de Cristín e Lizzie, quenes están detrás disto e nunca fallan”.
A sesión matinal comezará ás 9:30 horas coa benvida e dará paso, ás 9:45, á primeira mesa titulada Alma de cristal, na que participarán Clara Maio, Yoly Mosteiro, María Vila Tarela e Kohi Desu. Tras un breve descanso e sorteo, ás 11:45 terá lugar a mesa Voy a cuidarte, coa presenza de Antiliados, Magali R. Matar, Antía Martín e Rubén Benítez. A mañá pecharase con Seis historias por contar (12:45 h), un encontro no que Andrea (@susurrosentrepaginas), Esther (@diasinmas9), Noelia (@noelautnerstory), Estefanía (@lady.sailor.romantasy) e Andrea (@farfa_letras) compartirán experiencias, novidades e reflexións sobre o proceso creativo.
“As mesas da mañá van ser moi dinámicas e divertidas —adiantou Lizzie Quintas—. Non queremos presentacións convencionais, senón conversas cheas de preguntas, anécdotas e esas cousas que teñen chicha e que sempre fan rir e pensar ao público”.
Quintas explicou que, ademais, “este ano os xogos literarios non se repiten: temos probas totalmente novas, tanto pola mañá como pola tarde. A xente que veña vaise sorprender”. A actividade retomarase pola tarde ás 16:30 horas coa mesa Un amor al compás, protagonizada por Javier Romero, Espe Villanueva, Nora Deis, José Incoherente e Noelia Márquez. Ás 17:30, terá lugar un dos momentos máis especiais da xornada: a presentación da madriña desta edición, Rocío Mañana Bouzón, coñecida tamén como Lía GZ. “Escollela como madriña foi moi doado —explicou Cristín Ferro—. O evento pedíanos que fora unha persoa especial para nós e para Galicia. Este ano tocaba unha galega que ademais é galegofalante, e Rocío encaixaba á perfección. Recoméndovos moito que veñades á súa presentación, porque é unha autora con moitísimos libros, non só de poesía, senón tamén de prosa poética e novela. Seguro que vos sorprende”.
Rocío Mañana Bouzón, nacida na Coruña en 1992, cumpliu o seu soño de ser escritora en 2017, cando publicou o seu primeiro libro de prosa poética. Dende entón, alterna novela e poesía, sempre coa súa amada Galicia como pano de fondo. Este ano publicou Renacer, a súa obra máis íntima, escrita en galego, coa que pretende “chegar ao corazón das persoas e render homenaxe á súa terra”.
A tarde continuará cun concurso sorpresa ás 18:00 horas, seguido de novos xogos e sorteos, e culminará coa mesa final, titulada precisamente Renacer (19:30 h), na que participarán Alexia MC, Elizabeth Norlam, Lydia Chas e Zara Mist, antes da despedida e do sorteo final ás 20:25 horas. Lizzie Quintas destacou tamén o carácter aberto e inclusivo do encontro: este ano temos moitos autores e autoras noveis, que participan por primeira vez nun evento deste tipo.
Ademais de moitos galegos, tamén virá xente de Barcelona ou das Illas Baleares. O encontro está medrando dunha maneira bestial, e agardamos que siga sendo así”. Cristín Ferro, pola súa banda, quixo lembrar o espírito que define a cita: “Non é para contala, é para vivila. Recoméndovos que veñades, coñezades a todos os escritores e escritoras, moitos deles por primeira vez aquí, e desfrutedes dun día cheo de letras, humor e amizade”.
O evento conta co apoio do Concello do Carballiño e coa colaboración da editorial de autoedición Ediciones Arcanas, que un ano máis aposta por esta iniciativa cultural.

Isto xa non ten pés nin cabeza. Case 2 semanas de espera para unha consulta por enfermidade. E a situación vai cada vez a peor. Cupos médicos que están totalmente desequilibrados. Unhos teñen a metade de cartillas que outros. E non creo que o futuro centro integral de saúde da avenida do Balneario vaia solucionar o asunto.

Resulta paradóxico e preocupante que xusto cando se anuncia a adxudicación do novo centro de saude se dea novamente Unha problemática cada vez mais recorrente e grave, como e a falta de citas médicas, tendo que esperar unha semana, algo impensable en Boboras ata fai pouco,, as novas instalacions van estar moito mellor ca as actuáis non me cabe a menor dubida pero eso non evita outros problemas mais graves como a falta de citas cada vez mais acuciante. Non debemos de normalizar isto.
Cómo se pode apreciar e na imaxe vese claramente que e no centro de saude de Boboras por se alguen o pon en subida como xa se tentou facer anteriormente.
A responsabildade nun concello é de quen goberna, pero tamén da oposición, tamén a oposición debería exercerse con responsabilidade e non a golpe de ocurrencias e tonterías.
“No se entiende que el Ayuntamiento gaste dinero público en algo tan absurdo, instalando farolas dentro de los árboles, en un entorno natural que debería ser cuidado y no alterado”.
A qué hora escriben vostedes as suas notas de prensa?

O Consello da Xunta de Galicia informou na súa reunión desta semana de catro proxectos en materia de mellora do abastecemento de auga e saneamento que se levarán a cabo nos concellos de San Cristovo de Cea, Cenlle, Boborás e Leiro, que suman en total 3,5 millóns de euros.
Así, cómpre citar a posta a punto da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de San Cristovo de Cea, comprometida a comezos deste ano cun investimento de 1,1 millóns e que permitirá corrixir as deficiencias técnicas que presenta a actual infraestrutura, así como dotala de sistemas tecnolóxicos que garantan un funcionamento automatizado e eficiente.
Outra actuación igualmente destacada dentro do noso ámbito é a renovación de infraestruturas hidráulicas básicas na parroquia de Laias, en Cenlle, cun investimento previsto de 500.000 euros para resolver os problemas de abastecemento e de saneamento que sofre esta zona por mor da antigüidade e continuas avarías das súas redes.
Por último, Augas de Galicia está ultimando a licitación doutros dous proxectos hidráulicos en municipios das comarcas do Carbaliño e O Ribeiro.
A primeira destas actuacións —con 900.000 euros de orzamento— centrarase na renovación dos sistemas de abastecemento e saneamento na travesía da Almuzara, na N-541, en Boborás, bastante envellecidos e que presentan filtracións e un funcionamento deficiente, ademais de carecer dunha rede de pluviais efectiva que evite a sobrecarga da fosa séptica existente.
Tamén se renovará con 1 millón de euros a tubaxe de abastecemento entre Pazos de Arenteiro e a ETAP de Leiro (concellos de Boborás e Leiro), que ten máis de 30 anos de antigüidade e que sofre roturas frecuentes que xeran cortes na subministración, afectando a adegas e servizos municipais.

A área de Educación do Concello do Carballiño impulsa un expurgo na Biblioteca Municipal, un proceso técnico que permite liberar espazo físico e garantir a calidade, pertinencia e actualidade do fondo dispoñible para os usuarios e usuarias. Actualmente, as instalacións municipais contan con máis de 25.000 exemplares, dos que máis da metade se atopan en espazos non adecuados para a súa conservación e acceso público.
“Cremos que este expurgo é fundamental para empezar a darlle á Biblioteca do Carballiño o impulso que merece”, asegura Lorena Castro, concelleira de Educación, que recorda que hai 10 anos que non se levaba a cabo este proceso.
A realización do expurgo, que durará tres meses, inclúe o inventario e pre-catalogación básica de materiais a revisar, o rexistro documentado de baixas, a consulta institucional á Xunta se fora preciso pola Lei de Patrimonio Documental de Galicia e o tratamento final do material (reciclaxe, doazón ou destrución controlada).
O obxectivo, tal e como destaca a edila, non é só liberar espazo para a correcta organización dos fondos, senón tamén mellorar a accesibilidade da poboación, optimizar os recursos, garantir a calidade do fondo e conservar adecuadamente o patrimonio bibliográfico relevante. A análise realizada permitiu identificar a sobrecarga de materiais de baixa rotación, a presenza de enciclopedias e atlas obsoletos, a gran cantidade de publicacións periódicas de lexislación con escaso interese por parte da poboación ou o duplicado de volumes.
Deste xeito, o expurgo permitirá adecuar a dimensión do fondo ao tamaño da poboación do Carballiño (actualmente é moi superior), ademais de implementar unha correcta distribución e clasificación dos volumes conforme a criterios técnicos. “Deste xeito reafirmamos o compromiso da Biblioteca coa mellora continuada do servizo para satisfacer as necesidades dos seus usuarios e usuarias”, engade Castro.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) do Carballiño. Alí destacou o labor que desenvolve na atención ás persoas demandantes de emprego da contorna e avanzou que en 2026 se licitarán cun orzamento de preto de 2M€ e poñerán en marcha as obras para o seu traslado a un novo espazo no edificio do Centro Comarcal do Carballiño, dotado con máis de 900 m2 e que compartirá co Polo de emprendemento xa operativo alí.
José González destacou que esta actuación, que abranguerá tamén o acondicionamento exterior deste espazo, queda enmarcada no Plan de modernización de infraestruturas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración —que abrangue tanto as oficinas de emprego como os centros de formación dependentes— e que contará cunha partida nos Orzamentos de 2026 de arredor de 8 M€, consolidando o esforzo deste ano.
No caso do Carballiño, o conselleiro subliñou que o proxecto de integrar nun mesmo edificio a oficina de emprego e o Polo non é casual, xa que permitirá crear un espazo único de empregabilidade e talento, favorecendo as sinerxías entre o emprego por conta propia e allea, respondendo ás necesidades do tecido empresarial da contorna.
No marco do proceso de modernización do SPEG, González tamén salientou que a oficina do Carballiño —que atende os municipios do Carballiño, Boborás, Beariz, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea— conta ademais con ferramentas como EMi co obxectivo de casar de xeito máis eficaz as competencias das persoas demandantes de emprego coas necesidades do tecido produtivo. Esta ferramenta xa permitiu o perfilado competencial de máis de 79.000 persoas en Galicia, arredor de 16.000 persoas en Ourense. En canto ao Polo do Carballiño, puxo de relevo que é un dos catro activos na provincia —xunto cos de Baños de Molgas, O Barco e Verín— e xa axudou á creación de medio cento de empresas. Unha folla de ruta que avanzará no 2026 cun apoio autonómico de medio millón de euros, dos que 120.000 euros irán destinados ao polo desta vila.
O conselleiro destacou que o novo espazo incrementará as oportunidades laborais con impacto no territorio. Un eixo fundamental da Consellería que, sinalou, avanzará o vindeiro ano no desenvolvemento das políticas que permitan potenciar as oportunidades laborais dos galegos e galegas —xa sexa por conta propia ou allea—, a atracción de talento ou o pulo ao comercio local. Un traballo enmarcado dentro dos Orzamentos da Xunta para 2026, que por primeira vez superan os 14.000M€ (14.240M€), cun incremento de 300M€ que irá destinado ao 100% ás áreas sociais —Política Social, Educación, Sanidade e Emprego—, que en total reciben 3 de cada 4 euros das contas.

Los socialistas exigen explicaciones al alcalde y transparencia sobre los costes y
permisos de esta actuación en el río Avia´
El PSdeG-PSOE de Leiro muestra su sorpresa e indignación por la reciente instalación de farolas en el paseo fluvial del municipio, colocadas entre los árboles y a escasos metros del cauce del río Avia. Las imágenes, compartidas por numerosos vecinos y vecinas, muestran luminarias prácticamente ocultas entre las ramas, lo que hace imposible que cumplan su función de alumbrado público. Además, esta actuación podría afectar al dominio público hidráulico, por lo que el grupo socialista solicita a la Confederación Hidrográfica Miño-Sil y a la Consellería de Industria que aclaren si existen los permisos y proyectos técnicos correspondientes.
“No se entiende que el Ayuntamiento gaste dinero público en algo tan absurdo, instalando farolas dentro de los árboles, en un entorno natural que debería ser cuidado y no alterado”, señalan los concejales socialistas Manuel Rodríguez Vázquez y Pedro José González González.
El grupo socialista denuncia también la falta total de planificación y de criterio ambiental, recordando que en verano las copas de los árboles cubrirán por completo las luminarias, lo que obligará a realizar podas continuas que dañarán el arbolado y aumentarán los costes municipales. El PSdeG de Leiro exige al alcalde que explique quién autorizó esta actuación y bajo qué criterios técnicos, y reclama transparencia inmediata sobre el coste y el proyecto empleado.
Sobran verbas
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »