
Dúa mulleres xóvenes precisaron atención médica urxente tras sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono.
Quedaron durmidas e cun braseiro encendido no interior dunha vivenda no Camiño da Revoltiña, na capitalidade municipal de Avión. Afortunadamente, unha delas despertouse mareada e con vómitos e pudo avisar a unha veciña, que foi a que de inmediato chamou ao 112 pedindo axuda.
O operativo mobilizou ao Grupo de Emerxencias Municipais do concello de Avión, á Garda Civil e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon e trasladaron ás dúas mulleres afectadas.
Os efectivos do GES realizaron as medicións necesarias na vivenda afectada, procedendo a súa ventilación.

O Arenteiro Fotográfico despídese ata o próximo ano tras o éxito de participación desta edición, a primeira no Auditorio Manuel María. Desde o 13 de setembro e ata o pasado domingo, o público puido desfrutar de 17 exposicións de temática e perspectivas variadas.
O alcalde, Francisco Fumega, destacou no acto de peche da mostra a boa resposta do público, o que dá conta da importancia de apoiar as iniciativas culturais, “un eido no que O Carballiño sempre foi moi activo e mesmo pioneiro, con iniciativas coma esta, o festival de teatro ou as Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga), que precisamente comezarán o próximo 19 de novembro”.
Pola súa parte, Manuel Blanco, presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, impulsora do Arenteiro Fotográfico, valora moi en positivo a edición deste 2025: “Estivemos nun local excepcional que creo que serviu para darlle unha maior amplitude e visibilidade á mostra”.
O Auditorio Manuel María do Carballiño favoreceu a gran afluencia de visitantes, que se achegaron para desfrutar de teatro ou cine e aproveitaron para descubrir as exposicións fotográficas. “Ao ter centralizada a cultura no Auditorio compartimos público co resto de actividades”, apunta Blanco. Nese sentido, agradece a colaboración do edil de Cultura, Diego Fernández, e do resto do goberno municipal, pola cesión do espazo. “Da edición deste ano tamén temos que salientar a presenza dun fotoxornalista de nivel mundial como é Gervasio Sánchez, quen nos ofreceu unha magnífica masterclass”, recorda Manuel Blanco, que asegura que O Potiños xa ten a mirada posta na edición de 2026.

O Concello do Carballiño promociona a calidade da súa gastronomía na Fiera del Folpo da vila italiana irmá de Noventa Padovana, a quen se lle adicou a Festa do Pulpo deste 2025. Unha pequena delegación carballiñesa, liderada polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, desprazouse ata a localidade para participar na multitudinaria celebración, que congrega a preto de 100.000 personas nos seis días de festa.
“O obxectivo desta visita era dobre: dar a coñer o plato que máis indentifica ao Carballiño e a Galicia, ao tempo que dar a conocer a nosa vila como posible destino turístico para os miles de italianos que visitan cada ano España”, explica Dacal.
Co edil tamén viaxou Letizia, da Pulpería Fuchela, quen contou cun posto propio no evento para cociñar e vender pulpo. “Todo o mundo desfrutou moito do noso prato, é moi distinto ao deles, tanto no tamaño como na forma de cociñalo e aderezalo”, apunta Manuel Dacal.
A intención é repetir esta experiencia de intercambio gastronómico nas próximas edicións da Feira do Pulpo e da Fiera del Folpo. “Esta foi unha primeira toma de contacto moi satisfactoria, aínda que xa pedimos que se mellorase a localización do posto da pulpeira no futuro. Ela marcha encantada e disposta a repetir, e eles tamén queren vir ao Carballiño para promocionar o seu pulpo”, explica Dacal.

O Concello do Carballiño impulsa do 19 ao 23 de novembro o Festival Internacional de Curtametraxes Xociviga, que se consolida na súa segunda edición despois da renovación da proposta en 2024. “Este é un ano importantísimo porque ademais de continuar, consolidouse un novo modelo que foi un auténtico éxito en 2024.
O novo festival internacional no que se transformou as Xociviga é un motivo de orgullo”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación oficial da cita. Nese sentido, o edil destacou o traballo dos irmáns Mario e Daniel Fernández Filloy, artífices da renovación e directores artísticos do actual festival.
O éxito de 2024 tradúcese nas máis de 1.000 curtas recibidas desde a apertura da convocatoria desta nova edición, así como na crecente proxección internacional da cita cultural. “Esta nova etapa consolídase coa forza, coa intención de seguir medrando e co respaldo dun público que respondeu moi positivamente a este cambio”, resaltou Mario Fernández Filloy.
O público poderá desfrutar do 19 ao 23 de novembro no Auditorio Manuel María de producións audiovisuais de 22 nacionalidades distintas, desde Francia a China, Exipto ou Indonesia. “Teremos unha estrea mundial, estrearemos 18 curtas internacionais que se verán por primeira vez en Galicia e 4 que se verán por primeira vez en España”, detallou Mario Fernández Filloy. A estrea mundial, que se desvelará proximamente, terá lugar o día da inauguración, o mércores 19.
Catro seccións
O festival conta con catro seccións: Xentes, Xénese, Infantil e Videoclip. “O primeiro bloque, o máis grande, é a sección oficial internacional Xentes, na que se combinan 22 curtametraxes internacionais con 4 galegas”, indicou Daniel Fernández Filloy. As propostas inclúen estilos variados e linguaxes innovadoras.
“O xurado profesional otorgará o premio Xentes, valorado en 1.500 euros”, engadiu. As catro curtas galegas, por outra banda, tamén optan ao premio Xentes de aquí, valorado en 1.000 euros. “A sección Xénese dá cabida a curtas realizadas por menores de 30 anos do territorio peninsular, quen nos presentarán novas formas de facer cinema, de narrar e mesmo de imaxinar o mundo”, explicou.
Neste caso será un xurado novo o que entregue o galardón de 500 euros á mellor curtametraxe e o galardón de 500 euros á mellor dirección de fotografía xove. A sección Videoclip, pola súa parte, inclúe videoclips galegos que o público poderá votar polas redes sociais. O galardón á mellor produción é de 300 euros. “Este ano colaboramos cos centros educativos, polo que temos unha sección Infantil que reúne curtas de temáticas divertidas que apostan pola sensibilidade, o humor e a emoción como ferramentas para educar e entreter”, sinalou Daniel Fernández Filloy.
O público, ademais, poderá votar tras cada sesión para decidir o Premio do Público, valorado en 500 euros en metálico. “O sistema de votación que implementamos o ano pasado resultou moi enriquecedor e permitía coñecer en tempo real a opinión da audiencia. Sorprendeunos moito a alta nota media das votacións, sinal de que a selección foi moi ben recibida”, valorou Mario Fernández Filloy.
Una das novidades desta nova edición é un obradoiro infantil de foley e dobraxe, no que os nenos e nenas poderán descubrir como se fan os sons e como se dobran os diálogos nas producións audiovisuais. A actividade, dirixida a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos, levarase a cabo o sábado 15 de novembro.
Como paciente do Ambulatorio do Carballiño, insisto en que temos que sair a calle e protestar por unha Sanidade Pública de Calidade; temos que loitar por un ben tan necesario como é ter un médico que te poda consultar cando te atopas mal. Dende o ano 2020 a Sanidade caeu en picado, os traballadores da Administración Pública deixan moito que desear, hai moito deixadismo pola sua parte, moita xente ocupando cargos que non dan defendido, etc.
Dende o 2020 levan esmagándonos, afundindonos cos elevados precios, tanto na alimentación como na vivenda,( un abuso de precios en xeral en todo) e nós como borregos apandamos con todo ,da igual o que nos fagan que non se protesta por nada, bueno por case nada , Se suspenderan un partido DE FUTBOOL polo que fora, ahi si que se moveria a xente.
por que claro esta sociedad sen futbolistas non pode ir adiante pero sen MÉDICOS, CIRUJANOS, ENFERMEIROS, ALBAÑILES, CARPINTEIROS, FONTANEIROS, AGRICULTORES, GANDEIROS, ETC SI QUE PODEMOS VIVIR E SAIR ADIANTE.

O PSdeG-PSOE continúa coa súas reunións orgánicas pola provincia, e desta vez as e os representantes socialistas mantiveron un encontro no Carballiño, no que se constituíu a coordinadora comarcal Ribeiro/ O Carballiño, que estará dirixida por María Luz Roo Cabo, concelleira en Maside.
Na xuntanza participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; e a secretaria provincial de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. A comarca estivo representada por cargos do partido nos municipios do Carballiño, Maside, Punxín, Boborás ou O Irixo.
Dende a Executiva Provincial salientan que a reunión “permitiunos coñecer as necesidades da comarca, os puntos sobre os que temos que incidir a nivel municipal e escoitar as suxestións dos cargos do partido nestes concellos”. Asemade tamén apuntan que o obxectivo detrás destes encontros “é por a funcionar a maquinaria do partido e axustar o engranaxe coa vista posta nas municipais do 2027”.
Os socialistas apostan "por reforzar o partido nunha comarca clave no desenvolvemento da provincia e na que buscarán aumentar a representación nos municipios, obter novas alcaldía e, principalmente, formar as mellores candidaturas posibles para as eleccións do 27”.
A Executiva Provincial considera “primordial percorrer o territorio, escoitar a nosa xente, traballar cóbado con cóbado con eles e comezar a mobilizar ás bases do partido, atraer novos militantes e xerar espazos para o diálogo e o debate, tanto coa veciñanza, como cos axentes sociais”.
En relación á comarca do Carballiño "actualmente gobernase no Carballiño e en Maside e cóntase con representación nos municipios de Punxín, Boborás e O Irixo. A meta marcada é manter ambas alcaldías e tentar sumar algunha nova, ademais de lograr representación en municipios como San Amaro, Piñor, San Cristovo de Cea ou Beariz", subliñan.

Na tertulia deste venres 24 de outubro participan nos estudos de COPE O Carballiño Fátima Gómez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira, xunto a Xan Pinal.
Escóitaa aquí:

O grupo municipal de Espazo Común deu a coñecer as mocións que defenderá ante o pleno da corporación deste mes de outubro, a celebrar o próximo mércores dia 29, ese mesmo dia, antes da sesión ordinaria celebraráse un pleno extraordinario solicitado a instancias desta mesma formación política na que se pedirá un acordo da corporación para anular o convenio asinado polo alcalde do Carballiño coas empresas promotoras de novos parques eólicos.
Xa na sesión ordinaria, Espazo Común pretende a reprobación da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Torres, do grupo do PP, polos traballos realizados recentemente no parque municipal, que consitiron na tala de árbores e poda de outros, actuacións que defendeu a concellleira en base á urxencia dos mesmos para preservar a seguridade das persoas que visitan o parque municipal carballiñés.
Escoita aquí a Adolfo Nogueira, portavoz de Espazo Común:

O NOVOCINE de Leiro, premiado no apartado de cultura.O seu propietario e promotor, Enesto Romero, funda este emblema cinematográfico nos anos 80, anos nos que a industria de proxección está en franca crise en todo Europa e vive peches masivos das salas. El, teima no seu afán por mantelo vivo e non só o consegue senón que convértese en pioneiro no cine dixital e 3D na provincia de Ourense e un dos primeiros en Galicia, chegando a hipotecarse por lograr este soño. Dende o seu inicio mantén prezos populares e cine de estrea. Crea, ó tempo, un pequeno pero ilustrativo Museo do audiovisual dentro da propia sala sendo a única con programación estable que se mantén nas comarcas do Ribeiro e do Carballiño.
No ámbito do deporte, recibe o galardón a Escola Madokoan do Carballiño. Este equipo e escola nacidos ó abeiro do Ximnasio do mesmo nome na vila do Carballiño. Vén desenvolvendo un importante papel formativo e competitivo dende hai máis de 40 anos, cunha intensa actividade formativa con cativos na que é un referente a nivel galego, pasando por deportistas na elite competitiva e outras persoas xa en idade fóra da competición do hapkido, kick boxing e outros arte marciais, dando como froito a consecución de diversos campionatos e premios individuais e colectivos a nivel galego e español.
A título póstumo, o recoñecemento é para Antoi Rey Cornide.O Xurado ten en consideración a súa longa traxectoria vencellada co mundo da cultura musical carballiñesa e galega e co fomento da mesma, sendo un axente activo como integrante da Coral do Casino e Presidente da mesma. Foi tamén Presidente da Federación Coral de Galicia, membro do grupo de teatro Tiruleque do Carballiño, fundador e director do Coro de Cámara Música Viva, do Carballiño e membro da Coral Polifónica de Agolada (Pontevedra). Nun acto celebrado na Coruña, foille imposta pola Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario”, a insignia de prata “Marcial del Adalid” pola súa constancia no eido musical. Malia á súa enfermidade, seguiu activo ata que a súa decaída saúde llo permitiu. Defensor do papel das corais dentro do espectro cultural galego, Antonio Rey, reivindicou sempre ese papel e a necesidade de potenciar esa importancia.
SUPERACIÓN NO ÁMBITO DA EDUCACIÓN
Este galardón, creado pra premiar a aqueles alumnos da ESO, Ciclos formativos da Formación profesional e Bacharelato que, ademais da súa actividade como alumnos dos diversos centros das comarcas do Ribeiro e do Carballiño, sofren atrancos na vida cotiá que impídenlle o desenvolvemento normal das súas vidas e dos seus achegados. Por iso, o Xurado tomando en consideración a situación persoal da alumna e sendo sabedores do sobresforzo de superación persoal, acorda conceder dito Galardón a Icía Nogueira Crespo, alumna de 2º da ESO no IES nº 1 do Carballiño que, coa súa situación médica e funcional, con infinitas limitacións, convértese nun punto de partida desde o cal ela mesma, coa axuda da súa familia e do equipo educativo, constrúe día a día unha historia de vida marcada pola ilusión, a valentía e o compromiso coa aprendizaxe. O Carballiño, 17 de outubro de 2025. O Presidente
Hola a todo o mundo, pensó que lle pasa a todo o mundo,necesitaba unha cita con meu médico de cabeceira e fun a ventanilla queixarme e dixeronme “que tiña a axenda ocupada e que se tiña moito dolor que fora por urxencias “polo que non me pareceu ben,porque por urxencias non me iban arreglar nada.
E vergonza o que vas sin cita e tes algo e meteche diante de xente que igual estaba diante ca ti ou levaba tempo esperando para a cita.
PARA ALGO TEN A AXENDA OCUPADA,OU NON E ASÍ? Todos temos dereito a ir.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »