As Letras Galegas, música, teatro, cine e exposicións para este maio cultural do concello do Carballiño.
O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Cultura e da Concellería de Educación, propón máis dunha vintena de actividades culturais ao longo do mes de maio, coa celebración das Letras Galegas como eixo central. A poboación poderá desfrutar de concertos, festivais, teatro, presentacións de libros, cine ou exposicións fotográficas, entre outras actividades. O mes arrancou coas exitosas xornadas lúdicas “Dados e historias”, promovidas pola asociación Monxes do Tentáculo, e cun Auditorio Municipal cheo para festexar os 50 anos da Banda do Irixo. A programación continúa mañá, coa obra “Babas descobre as estacións” de Trémola Teatro, unha proposta dirixida…