O PSdeG de Leiro denuncia “o risco vial e o despilfarro de 400.000€ na Ponte Esperela”, mentres a Xunta defende a execución das obras.
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Leiro, representado polos seus concelleiros Pedro José González e Manuel Rodríguez, cualificou de "temeridade técnica" a posta en marcha da sinalización semafórica da Ponte Esperela. Os socialistas denuncian que o novo sistema creou unha situación de risco crítico para os veciños que acceden desde a parroquia de San Clodio ou desde a estrada de Ribadavia. "É inadmisible que, tras gastar 400.000 euros, a solución técnica obrigue aos veciños de San Clodio e a quen vén de Ribadavia a detense no medio da calzada principal para acceder a Leiro. Estáselles deixando totalmente desprotexidos ante o…