Mes: septiembre 2026

A festa da xuventude coa Gramola e a tirada de fogos artificiais dedicada á Festa do Pulpo, o máis destacado na programación deste venres 18 nas Festas do Setembro

A festa da xuventude coa Gramola e a tirada de fogos artificiais dedicada á Festa do Pulpo, o máis destacado na programación deste venres 18 nas Festas do Setembro

venres 18 de setembro. O Carballiño continúa este venres dia 18 a ritmo de festa, e tamén cun dos dias con máis atractivo no programa destas festas do setembro deste ano. A Charanga Dr. Anchoa arrancará o día cun pasarrúas ás 11,30 horas, que repetirá pola tarde, a partir das 19,30 horas, e tamén polas rúas do Carballiño terémos á charanga-espectáculo Os Festicultores A xornada continuará xa pola tarde, coa Orquestra Principal, que actuará na rúa Calvo Sotelo ás 20,00 horas, en primeiro pase, e ás 23,30 horas, en segundo pase. Ás 23,00 horas o Parque Municipal acollerá a segunda…
Read More

D. Antonio Fernández González -D.E.P.-

Faleceu en Fondo de Vila -Astureses- (Boborás) aos 87 anos. Sobriños: Pura, Flora, Tino, Amador e Toño Fernández e Pepita Fernández. Sobriños políticos: Antonio, Rosa Mari e Alejandro. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o venres día 18 de Setembro as 12 da mañá dende Tanatorio Veracruz Parque Empresarial O Carballiño (sala n1º) ata a igrexa parroquial de San Julián de Astureses (Boborás) na que se celebrará o funeral, e posterior incineración na intimidade familiar. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
O Templo da Veracruz gozará dun Ano Xubilar, do 31 de outubro próximo ata o 17 de setembro de 2027

O Templo da Veracruz gozará dun Ano Xubilar, do 31 de outubro próximo ata o 17 de setembro de 2027

Asi o deu a coñecer o Bispo da Diócese de Ourense, José Leonardo Lemos Montanet, coincidindo coa celebración da festividade do patrón do Carballiño, San Cibrán. Concédeselle a igrexas con reliquias importanes ou unha devoción especial, no caso do templo carballiñés coincide este "Ano Xubilar" coa conmemoración da chegada a O Carballiño do Lignum Crucis, fai 125 anos, asi como o 75 aniversario da construcción da Veracruz. Trátase dun "tempo santo que a Igrexa Católica concede a unha igrexa, neste caso ao templo carballiñés para outorgar a indulxencia plena aos fieis que a visitan e cumpran con algunhas condicións espirituais",…
Read More

D. Claudio López Fernández -D.E.P.-

Faleceu aos 94 anos. Esposa: María del Carmen Laura Muíña Hermida. Fillos: Carlos Francisco (+) e Fernando López Muíña. Filla política: Ana Florentina Delgado Luque. Sobriños, sobriños políticos, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conduccón o xoves día 17 as seis da tarde dende o velorio de San Cosme de Cusanca (O Irixo) ata a igrexa parroquial de San Cosme de Cusanca (O Irixo) na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse a partir das cinco da tarde.
Read More

Dña. Josefa González Pérez (Viúva de D. José Ogando Valiñas) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 82 anos. Fillos: Mª Teresa e Adolfo Ogando González. Fillo político: Jaime Lamas Balboa. Netos: Emma e Jaime Lamas Ogando. Netos políticos: Cyrelle García e Orleana Valdez. Bisneto: Natán. Irmá: Visita Gonznález Pérez. Irmáns políticos: Elina, Gerardo, Manuel e Saladina. Coidador: Álex. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o xoves día 17 de Setembro as seis da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres Carballiñ (sala nº2) ata o Templo da Veracruz (O Carballiño) no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Señorín. Favores polos que lles…
Read More
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pon en valor e a tradición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea, a máis antiga de España no seu sector e que “constitúe unha referencia para outros selos semellantes”, segundo afirmou na súa visita ao obradoiro de Aboamigalla.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pon en valor e a tradición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea, a máis antiga de España no seu sector e que “constitúe unha referencia para outros selos semellantes”, segundo afirmou na súa visita ao obradoiro de Aboamigalla.

Este forno de San Cristovo de Cea é un dos doce agrupados actualmente na IXP e ten recibido recoñecementos mesmo no ámbito internacional, tales como o premio Best Artisan Bakery 2025-Galicia, polo seu traballo como panadaría artesanal, algo que tamén foi posto en valor pola conselleira. Nesta visita, Gómez sinalou tamén que o Pan de Cea xera riqueza e emprego, como se pon de manifesto coas máis de 400.000 pezas anuais de produto certificadas e un valor económico estimado que supera o millón de euros. Trátase, así mesmo, dun pan que sobresae, ademais de pola súa calidade, pola súa antigüidade, o…
Read More
Comezan as Festas do Setembro no Carballiño, que se prolongarán durante toda a semana

Comezan as Festas do Setembro no Carballiño, que se prolongarán durante toda a semana

O Carballiño vivirá as súas festas patronais, con música na rúa, as tradicionais sesións de fogo, as verbenas e unha gran festa da xuventude para a noite do venres. Os festexos, organizados pola comisión de festas de San Cibrán co apoio do Concello, comezan este martes dia 15 e finalizan o sábado 19, como é tradición, coa Romaría da Saleta. O domingo 20 despediránse as atraccións festivas coa celebración do día do neno, con descontos en todas as atraccións intaladas este ano no Carballiño. Entre as citas máis esperadas pola poboación destacan as dúas tiradas de fogos de artificio (a…
Read More
Os mellores coches históricos de Galicia participan no memorial José Luis Blanco

Os mellores coches históricos de Galicia participan no memorial José Luis Blanco

A Praza da Veracruz convertirase este sábado nun escaparate dos mellores coches históricos de Galicia. O Club Gallego de Automóviles Antiguos, en colaboración co Concello do Carballiño, impulsa a cuarta edición do Memorial José Luis Blanco-Concentración de Coches Antigos, unha cita que reúne cada ano na vila a numerosos afeccionados ao motor. “Para nós é un orgullo acoller durante as festas patronais esta xornada tan especial, que nos sitúa no mapa galego do panorama automobilístico”, apuntou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación da actividade. Máis de 40 vehículos participarán na cita, que comeza ás 10,00 horas na…
Read More

D. Antonio Lorenzo Pérez (Veciño de San Martiño, 7 -Vidueiros-) D.E.P.-

Faleceu aos 88 anos. Sobriños de convivenza: Marifé, Manuel, Daniel e Bruno. Sobriños: Manuel e Benito Lorenzo; Manuel, Camilo e Mª Carmen González Lorenzo, Amadeo, Lorenzo e Mª Carmen Lorenzo. Sobriños políticos, bisobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á conducción o martes día 15 de Setembro dende as seis menos cuarto da tarde dende o velorio ata a igrexa parroquial de Santa María de Vidueiros na que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio parroquial. Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

Dña. María Seara Espiña (Viúva de José Otero Otero) -D.E.P.-

Faleceu en Pontevedra aos 99 anos. Fillos: José, María del Carmen e Juan Carlos Otero Seara. Fillos políticos: Elsa González (+) Isaac Gulías (+) e Mónica Abizaid. Netos: paola e Isaac Gulías, Paula e Marijose Otero. Irmáns, irmáns políticos, sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este martes dia 15 de setembro ás catro menos cuarto da tarde desde o tanatorio Pontevedra ata a igrexa parroquial de Santiago de Pardesoa, na que se celebrará o funeral e posterior inhumación no cemiterio parroquial, favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More