Mes: septiembre 2026

A Xuntanza Anual Amigos da Terra de Montes pon en valor “o verbo dos canteiros”. Escoita aquí a entrevista a Tomás Sancho.

A Xuntanza Anual Amigos da Terra de Montes pon en valor “o verbo dos canteiros”. Escoita aquí a entrevista a Tomás Sancho.

A Asociación Amigos da Terra de Montes celebrou este sábado en Beariz a súa Xuntanza Anual, nunha xornada que transcorreu cunha ampla participación e cun ambiente de convivencia, recoñecemento e compromiso coa cultura da comarca. O encontro contou coa presenza de dous deputados provinciais de Pontevedra, dos alcaldes de Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Beariz, así como de socios, familiares, veciñanza e persoas vinculadas a Terra de Montes. A programación iniciou a xornada coa celebración da misa de acción de grazas e tamén en memoria dos socios falecidos e continuou coa Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación. Durante a sesión presentouse o balance…
Read More
O IES Manuel Chamoso Lamas dá un novo paso na súa internacionalización coa concesión de dous novos proxectos Erasmus+

O IES Manuel Chamoso Lamas dá un novo paso na súa internacionalización coa concesión de dous novos proxectos Erasmus+

O IES Manuel Chamoso Lamas consolida a súa aposta pola internacionalización coa concesión de dous novos proxectos Erasmus+ KA122 para o período 2026-2028, un destinado á Educación de Persoas Adultas (KA122-ADU) e outro á Formación Profesional (KA122-VET). Trátase dun importante avance na estratexia internacional do centro, que pretende que as oportunidades de mobilidade e aprendizaxe europea cheguen progresivamente ao conxunto da comunidade educativa e teñan tamén impacto no propio contorno de O Carballiño e comarca. Os dous proxectos foron presentados na convocatoria Erasmus+ 2026 e serán desenvolvidos co apoio do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE). O proxecto…
Read More
O Arenteiro saíu derrotado do campo de Baltar na segunda xornada da Terceira RFEF despóis nun partido no que o Portonovo conseguíu adiantarse por medio dun penalti cando apenas ían 14 minutos xogados, antes ainda co empate inicial o árbitro Ivan Carrillo comeuse un clarísimo penanti na área local. Unha arbitraxe que deixou unhas sensacións moi malas e aplicando distintos criterios nos cartóns amarelos, un para os locais e cinco para o Arenteiro. Coa mínima ventaxa chegouse ao descanso tras unha primeira parte na que o Arenteiro tivo o gol preto nun remate á media volta do coreano Biho que…
Read More

D. Raúl Álvarez Pereira (Natural de San Vicente -Avión-) -D.E.P.-

Faleceu no Carballiño aos 94 anos. Esposa: María Rodríguez Martínez. Filla: Marité Álvarez Rodríguez. Fillo político. José Antonio Costal Vaqueiro. Netas: Montse e Lucía. Neto político: Luis Felipe. Bisneta: Emilia. Irmáns, irmáns políticos, sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución o luns día 14 de Setembro as seis da tarde dende Tanatorio Pompas Fúnebres O Carballiño (sala nº2) ata o Templo da Veracruz (O Carballiño) no que se celebrará o funeral, e posterior inhumación no cemiterio de Santa María de Couso (Avión). Favores polos que lle quedarán moi agradecidos. O velorio abriráse o domingo…
Read More
Flores acolle esta fin de semana a XXX Feira-Festa da Pepa Loba. Consulta aquí o programa.

Flores acolle esta fin de semana a XXX Feira-Festa da Pepa Loba. Consulta aquí o programa.

Un total de 18 artesáns participan este ano na Feira Festa da Pepa Loba no barrio de Flores, este anos dedicada aos afiadores e paragüeiros, que se desenvolerá desde o venres 11 ao domingo 13 de setembro baixo organización da Asociación Cultural Tradicións e Buscas, un evento que xunta mercado tradicional, artesanía e artes plásticas, tanto en exposición como para venda, ademáis un completo programa de actividades durante os tres dias. A programación comeza o venres 11 ás 18.00 horas coa apertura oficial do recinto para a exposición e venda de mercancías. A xornada continuará ás 20:00 h. horas en…
Read More

1º Cabodano D. Agustín Ramos Requejo “De Saneamientos Ramos” -D.E.P.-

Falecido o día seis de Agosto de 2025 no Carballiño aos 86 anos. Esposa: Angelines Pérez Elián. Fillos: Marian e Agustín Ramos Pérez. Fillo político: Eliseo Fernández Alonso. Netos: Manuel e Santiago. Irmáns: Ramón, Eladio (+), Dolores (+), Luis (+) e Manuela. Irmáns políticos: Maite, Nieves, Manuel (Chagas) e Ana. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 12 de Setembro as seis da tarde no Templo da Veracruz (O Carballiño). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano D. Manuel Vázquez Quintela (Viúvo de Dña. Esperanza Moure Pinal – Mesón O Rancho- ) -D.E.P.-

Falecido o día 8 de Setembro de 2025 en O Carballiño aos 78 anos. Filla: Emilia Vázquz Moure. Fillo político: Nazario Fernández Taboada. Neto: Ian Fernández Vázquez. Irmáns políticos: Matilde, Ovidio e María Luisa. Tía: Benita. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 12 de Setembro as sete da tarde no Templo da Veracruz (O Carballiño). Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More

1º Cabodano D. Emilio Crespo Fernández “Melucho da Ventela” -D.E.P.-

Falecido o día 8 de Setembro de 2025 en Pousada (Maside) aos 87 anos. Esposa: Aurita Pérez Bernárdez. Fillo: Manuel Crespo Pérez. Netas: Noelía e Carolina Crespo López. Irmás: Modesta e Mercedes Crespo Fernández. Irmáns políticos: Rosalía, Pura, Hermesindo, Obdulia, Gerardo, Lola e Carmen. Sobriños, primos e demais familia. Róganlles unha oración e a asistencia ao funeral de cabodano o sábado día 12 de Setembro as seis da tarde na igrexa parroquial de Santa María de Dacón.Favores polos que lles quedarán moi agradecidos.
Read More
Roubo de película no Estanco nº 5, tras empotrar un turismo contra a porta de entrada

Roubo de película no Estanco nº 5, tras empotrar un turismo contra a porta de entrada

Un grupo formado por cinco ou seis persoas, según o testimonio de algunhos veciños, protagonizaron en tempo récord este roubo arredor das dúas da madrugada deste xoves no estanco situado na esquina entre as rúas Julio Rodrúgez Soto e Venezuela, a escasos metros da praza de abastos do Carballiño. Os ladróns utilizaron dous turismos, un deles foi o que empotraron contra a porta do establecemento e conseguindo asi acceder ao interior, en poucos minutos e con gran rapidez cargaron varias caixas de mercancía nos vehículos, dándose posteriormente á fuga, antes de que chegase a Garda Civil. Os veciños da contorna…
Read More

Dña. Teresa Fernández Penedo (Viúva de Manuel Crespo Álvarez) -D.E.P.-

Veciña da Rúa Río Xares nº 9-Ourense, faleceu aos 101 anos. Os seus fillos: Sindo (Xubilado de Caixa Galicia) e Manolo (Empregado de Abanca) Fillas políticas: Sari e Elena. Netos: Lorena, Juan e Alba. Neta politica: Dina. Irmás políticas: Aurora Crespo Álvarez e Rosa Vázquez. Sobriños, primos e demáis familia. Róganlles unha oración e a asistencia á condución que terá lugar este venres dias 11 de setembro ás cinco da tarde desde o tanatorio As Burgas de Ourense (Sala nº 6) ata a igrexa parroquial de Santa Teresita do Vinteún-Ourense, na que se celebrará o funeral e posterior inhumación no…
Read More